Por unha compra superior a 50€ gastos de envío gratis. 

Se hai algún libro que non atopas, conseguímolo!

                                                                                                                                                            
CASTELAO - Máis alá - Inacio e Iván Suárez
Terceira entrega da serie «Castelao». Durante a Asemblea de Monforte das Irmandades da Fala, Castelao recibe o encargo de recoller nun artigo para a revista Nós a experiencia da súa viaxe por Europa. Isto levarao a rememorar a súa estadía de 1921 en París coas súas continúas visitas aos museos, e os seus encontros co filósofo Bergson, o pintor Corredoira e o músico Manuel Quiroga, entre outros, a través dos cales poderemos ver algúns dos seus posicionamentos éticos e estéticos, ao mesmo tempo que se amosa a súa vida cotiá na Pontevedra daquela época.
12,00 € 12.0 EUR
GRANDARROIBA - Cristian F. Caruncho
"Mentres o cinema coreano ou chinés nestes días gaña premios e prestixio alá por onde pasa por contar, a maioría das veces, historias do seu rural, aquí parece que nos dá vergoña, con celebradas excepcións como a de Oliver Laxe, e no campo da BD, de Cristian F. Caruncho, que nos recordan co seu traballo que a nosa Galiza segue a contar e a merecer ser contada, e estas historias poden interesar tanto aquí como alén das nosas fronteiras."
13,90 € 13.9 EUR
A MIÑA VIDA NAS ESTRADAS - Gloria Steinem (Trad. Raquel Senra)
A miña vida nas estradas es la historia amena, conmovedora y profunda de como Gloria fue creciendo, y con ella también creció el movimiento revolucionario por la igualdad, desde su primera experiencia de activismo feminista en la India a su trabajo como periodista en los años sesenta; del torbellino de las campañas electorales a la fundación de la revista Ms.
22,90 € 22.900000000000002 EUR
MILÚ E O EDIFICO DAS PERSOAS EXTRAORDINARIAS- Abel Tomé
Milú vive coa súa nai na cidade de Parisia, no edificio Les Marginaux, onde todos os nenos que o habitan posúen un don que os fai extraordinarios. O don de Milú é construír soños. Coa escusa de que o edificio está estartelado, as autoridades mandan un aviso para que se desaloxen as vivendas canto antes. Pero Milú e os outros nenos e nenas teñen un plan para tentar evitar que os expulsen dos seus fogares. Unha luminosa fábula social sobre o poder da imaxinación infantil para soñar un mundo mellor. O optimismo e a fantasía propios da infancia convértense nesta historia nun antídoto contra a intolerancia e o odio, e fan posible o milagre de transformar en tenrura, audacia, amor, humor e esperanza a tráxica realidade que padecen a diario multitude de persoas, vítimas das grandes desigualdades do mundo.

12,95 € 12.950000000000001 EUR
DESCUBRAMOS O CORPO - Cee Cee Mia e Julie Lecomte
Pregúntaste como funciona o teu corpo? Pois sígueme!
Vamos alá... descubramos o corpo!
Chámome Minúsculo e, aínda que non vos son moi grande, o mundo que nos envolta non ten nin un segredo do que eu non saiba. Transfórmome en Súper Mi para partir a descubrilo.
12,95 € 12.950000000000001 EUR
LAPISLÁZULI (O regreso das superguerreiras) - Alba Rozas
Nun mundo escindido entre a maxia e a tecnoloxía, feiticeiras e feiticeiros caciques gobernan co pretexto de salvagardar a xente do común dunha praga centenaria de robots asasinos. Non obstante, só as depositarias das pedras de poder, cinco mozas convertidas en superguerreiras, demostraron ser capaces de erradicar semellante ameaza. Malia que desapareceron sete anos atrás do fragor da batalla, deixando escapar o inimigo, será certo que agora están de volta? Arrasarán por fin cos robots? E o máis desconcertante de todo: que fai un robot disfrazado de vaqueiro?
18,00 € 18.0 EUR
O FABRICANTE DE SOMBREIROS - Pinto e Chinto
O señor Martus sempre diciía que lle gustaría ter duascentas cabezas para lucir douscentos sombreiros ao mesmo tempo. Fabricou moitos, ao cal máis estrafalario. Os seus sombreiros eran para quitar o sombreiro. Tan extraordinarios que ata as cabezas de allo os levaban. Se queres coñecer algúns deles, entra neste libro. Pero antes deixa o teu sombreiro no colgadoiro do vestíbulo.
17,00 € 17.0 EUR
MAS FUTVOL POR FABOR - Leandro Barea
Páxinas a todo cor que recopilan as viñetas e intervencións urbanas menos lamentables de Leandro Barea.
14,90 € 14.9 EUR
A CAÍDA DE GUIOMAR - Alba Rozas
Tras un século baixo a protección da raíña Guiomar , as terras de Eabaca vense ameazadas polo aparición dun monstruoso cabalo e a chegada da Orcavella , unha criatura cun poder tal que ninguén lle pode facer fronte . Só cando a pandeireteira Aima decide acompañar a guerreira Tegra na súa viaxe polas catro parroquias do reino , a esperanza volve agromar . Non obstante , a súa misión non será doada , pois mouros , nubeiras , xans , luciñas e xente cativa terán que unir forzas se queren conservar a liberdade .

14,00 € 14.0 EUR
FEMININO SINGULAR EN PLURAL - Concha Blanco
É ben sabido que a historia ten una débeda coas mulleres. Moitas foron silenciadas, invisibilizadas ou agochadas por pertenceren a ese xénero tantas veces proscrito. É tempo de cambio, de erguer a voz, de devolverlles o que foi delas, de crear futuro e restaurar (na medida do posible) aquel pasado. É tempo de equidade. Por iso este libro, de xustiza poética, vai por e para elas, mulleres pioneiras, valentes e loitadoras. Feminino singular, en plural é un canto agradecido a mulleres que loitaron individualmente e con moitos atrancos pola súa colectividade para intentaren acadar unha sociedade máis afable, xusta e de igualdade entre mulleres e homes. *** Neste libro encontrarás unha serie de poemas biográficos, ilustrados por Laura Romero, dedicados a mulleres galegas singulares, que fixeron cousas moi importantes pero que foron ocultadas e silenciadas ao longo da historia, tamén outros nos que recorda as mulleres anónimas, as máis próximas a nós. Poemas que comentan Sabela e Roi, unha nena e un neno coma vós, ás veces con sorpresa, porque non sabían dalgunha delas nin das súas vivencias e méritos malia os anos transcorridos. Animádevos a seguir a proposta de Concha Blanco e creade vós tamén unha biografía ou poema sobre mulleres que consideredes singulares, que pensedes deban ser coñecidas para divulgar o esforzo que realizan no seu ámbito de actuación.
14,35 € 14.35 EUR
O LOBO FELIZ - Miguel Guido e Olaya Naveira
Había unha vez un lobo grande e negro que vivía moi lonxe da xente e moi triste, porque ninguén o quería cerca.

Mais un dia, a sabia curuxa deulle un consello que cambiaría a súa vida...
20,00 € 20.0 EUR
BASTA! Guía de autodefensa feminista para adolescentes (e máis) - María Kronsky e Marion Le Muzic

Ser muller nesta sociedade implica enfrontarse a comportamentos machistas de forma regular. Como identificar e afrontar esas condutas? Neste cómic atoparás un conxunto de técnicas para que te sintas máis preparada: posturas corporais, defensa verbal, o xiro de cento oitenta graos, a intervención paradóxica, a defensa física... En definitiva, diferentes ferramentas para axudarche a que te sintas máis libre e segura, tanto nos espazos públicos como na esfera privada.
18,00 € 18.0 EUR
O PICOTO DO PAI - VV.AA.
Nunha pequena aldea encerrada entre montañas nunha zona fronteriza entre Galicia e Portugal, os anciáns, todos aqueles que cumprían certa idade ou que xa non servían para o traballo, eran levados a morrer no alto dun monte. Deixábanselles alí cunha manta e un pedazo de pan mentres esperaban a morte.

">
16,00 € 16.0 EUR
HISTORIA VISUAL DO RC CELTA (1923-2023) - César Cequeliños e Jorge Campos
O Celta fai cen anos. Cen anos de goles, de bágoas, de sorrisos, de unión. Con este libro descubrirás os momentos e as persoas que fixeron posible esta fazaña.
19,95 € 19.95 EUR
HISTORIA DA GALICIA PEQUENIÑA - César Cequeliños e Jorge Campos
O pasado de Galicia como nunca cho contaron.
Mapas , obxectos , acontecementos e personaxes para que nos coñezamos mellor .
19,95 € 19.95 EUR
TRES CONTOS PARA NENAS MALAS - José Ovejero
Este libro recolle tres contos que lle dan a volta por completo ao sentido da tradición. As nenas protagonistas demostran grande enxeño e valentía para esquivar os problemas que lles pon diante a vida. O texto de José Ovejero e as ilustracións de Miguel Robledo lévannos a un universo cheo de humor e crítica social sobre temas como o patriarcado, a monarquía ou o capitalismo. Unha delicia pequena que se desfruta ao grande.
19,95 € 19.95 EUR
NOITE NO CEMITERIO - Carlos Vega
No alto do cemiterio de Vilatorcida érguese unha casa que só abre as súas portas ás pantasmas. O terrorífico Conde Silas, dono da mansión, coa axuda do seu fiel servente, domina todas as ánimas do lugar. Alí, os espectros descobren o cruel destino que lles agarda a aqueles dos que non queda rastro na memoria das persoas vivas.

Cando Lolo e o seu irmán Quin van vivir para a casa máis próxima ao camposanto e se atreven a explorar os seus segredos, o poder do Conde vese ameazado por primeira vez. Non obstante, para o vencer, Lolo deberá superar o propio medo e aceptar a verdade máis arrepiante da súa vida.
14,00 € 14.0 EUR
A FROITA DO COÑECEMENTO - Liv Strömquist (Trad. David Á Álvarez) BANDA DESEÑADA
Liv Strömquist enfoca con orixinalidade a historia dos xenitais das mulleres nesta obra gráfica instrutiva e tremendamente divertida. Nun colorido mosaico que vai desde a Grecia antiga até a actualidade, a autora desvela séculos de represión sexual e rompe con numerosos prexuízos. Por estas páxinas deambulan, entre outros personaxes, a Bela Dormente, deusas hindús e bruxas medievais, Sartre e Freud.

Cunha documentación minuciosa e cun humor mordaz, Strömquist debuxa a percepción que a sociedade tivo da vulva, o clítoris e a menstruación ao longo da historia. Expón, así mesmo, os mecanismos de estimagtización, politización e patoxilización dos xenitais das mulleres, e o efecto devastador que isto tivo na súa sexualidade.
19,90 € 19.900000000000002 EUR
VISITANTES DA ESTRELA VERMELLA - Tomás G. Ahola
Dril e Gat viven no val, que é un lugar pequeno pero confortábel. Alí non hai guerras, tampouco propiedades. Todo o mundo colabora no sustendo dos demais. O mellor de todo é que a través dos cristais do Val vense as estrelas máis fermosas.
Porén, algo terríbel acontece e de súpeto acaban nun lugar inmenso e estraño ao que chaman a Terra. Alí, os destinos da xente son dominados por un goberno tiránico ao que moi poucas persoas se atreven a facerlle fronte.
Malia que só son unha moza e un mozo adolescentes, a súa chegada pode cambiar o futuro de millóns.
14,00 € 14.0 EUR
DENTRO DESTE LIBRO VIVEN DOUS COCODRILOS - Claudia Souza
O medo está presente na infancia de todas as persoas... Ese medo que asusta mais tamén fascina. Unha pode poñerlle medo a calquera cousa. A que lle temos medo? Como enfrontarse a ese medo? Podemos espantalo? Tamén iremos descubrindo que esas cousas que nun principio nos dan medo, axiña tornarán en insignificantes. As ilustracións resultan fascinantes: parecen querer fuxir do papel para se converter nunha fantástica película de animación.
6,00 € 6.0 EUR
ULA E VINCA - O feitizo da primavera - María Brenn
Cando Vinca aparece misteriosamente na casa de Ula, a bruxa non sabe que facer con ela. Antes de se decatar, a cativa sorprenderaa cos seus inesperados poderes. Pero, de onde vén, e que é realmente Vinca? Embárcate nesta fermosa e máxica aventura para descubrilo.
16,90 € 16.9 EUR
POLA NOITE - Lenka Chytilová e Martin Sojdr
Aínda que xa caeu a noite, non todo o mundo dorme na fraga. Os raposos cazan, as ras croan a todo meter, as formigas seguen co trasfego do día. As curuxas observan todas as actividades dende as alturas. Anímate a pasear de noite pola fraga e a escoitar os grilos co seu cri-cri-cri, os reiseñores a chiar e os lobos a ouvear. Coa mesma, descubrirás como se orientan pola noite os animais e por que lles presta estar espertos despois do solpor.

16,90 € 16.9 EUR
FROITAS E VERDURAS - Joli Hannah
Nesta historia podes aprender os segredos do cultivo de froitas e verduras cn Marga e Antón e poñelos en práctica. As ilustracións achegan moita información importante. Tamén hai que encontrar cousas agochadas en cada páxina, mentres recordas cores e os números.
Atréveste a plantar tomates na túa casa ?
Se non tes unha horta a man podes transpantalos a testos máis grandes. A divertirse !
15,80 € 15.8 EUR
NA RIBEIRA - Petra Bartikova e Marcel Kralik (Trad. María Reimondez)
Os ríos, as pozas, as lagoas... Que farían o animais sen todo iso? Sen auga non sobrevirían. Mesmo algúns viven nela, ben por baixo da superficie...
Acompáñanos a coñecer o reino animal acuático e subacuático.
Neste libro atoparás moitas fendas que explorar.
15,40 € 15.4 EUR
A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA - Werner Holzwarth e Wolf Erlbruch
Pode pasarlle a calquera, pero un día saíu do tobo e alguén lle fixo aquilo na cabeza. Quen sería? A pomba, o cabalo, a lebre?
16,00 € 16.0 EUR
TARTARUGA VS. LEBRE (O Desquite) - David Pintor
Unha transgresora versión da fábula clásica que nos propón un desenlace diferente, no que tanto a perseveranza como a intelixencia xogan un importante papel.
14,00 € 14.0 EUR
ORELLAS DE BOLBORETA - Luisa Aguilar e André Neves
Ter as orellas grandes, o pelo rebelde, ser alto ou baixo, fraco ou gordecho... Ata a característica máis nimia pode ser motivo de parodia entre os nenos. Cómpre un libro para demostrarlles que eses comportamentos son reprobables. Especialmente aos que son sinalados polos demais, a mensaxe que transmite este relato é que convirtan en positivo aquilo que para outros sexa motivo de mofa. Porque as características que nos diferencian hai que poñelas en valor para que nos distingan como seres especiais e únicos. Recoñecer e mesmo reivindicar a diferenza fainos fortes, aceptándonos como somos e reforzando a nosa personalidade.
14,00 € 14.0 EUR
A LINGUAXE DAS PLANTAS - O seres más fascinantes do planeta - Helena Harastová
Que pasaría se as plantas tivesen súper poderes dos que nada sabemos? Podería ser que as plantas sexan as donas do mundo? Cando miras para as plantas e as árbores seguramente dirás: moi bonitas, pero un pouquiño aburridas. As plantas nin andan nin falan e aínd por riba non fan nada cando as arrincamos, cortamos e cando lles prendemos lume. Pero sabemos o que facemos? Hai moitos científicos recentes que poñen patas arriba a nosa percepción tradicional das plantas e das árbores. Agora non só sabemos que se interesan polo mundo que as rodea, senón que reaccionan ante el. Ademais, comunícanse de xeitos que quen nos dera aos humanos!
20,00 € 20.0 EUR
A ÚLTIMA FRONTEIRA - Cecilia Heikkilä
Esta é unha historia íntima e tenra, chea de calor e corazón, sobre unha viaxe planificada desde hai moito tempo a un lugar moi especial. È unha celebración da aventura, a natureza e un vínculo especial entre un avó e o seu neto. Este libro explora sen moralismos a necesidade de protexermos e preservarmos os espazos salvaxes e os hábitats naturais a través dunhas ilustracións impactantes cheas de cores e texturas rechamantes que evocan á perfección a emoción da viaxe e a marabilla das vastas paisaxes naturais. Descrición O avó e o osiño comparten o soño de visitar a última fronteira: un lugar especial e difícil de atopar cheo de criaturas salvaxes e marabillosas, un lugar onde o aire arrecende a arume de piñeiro, un lugar que só viron nunha postal. Os dous estudan mapas, len libros e practican a acampada para preparárense para a súa aventura. Despois zarpan para o norte, pero cando chegan alí, atopan un porto animado cheo de tendas, onde parece que ninguén lembra a última fronteira. Existirá aínda o fermoso lugar dos seus soños ou nunca poderán atopalo? Esta historia íntima e colectiva de abraio e aventuras explora a través dun carrusel de imaxes en movemento temas como a celebración da natureza e a fraxilidade das paisaxes salvaxes, ao tempo que, de forma paralela, fainos ser conscientes dos afectos familiares e dos vínculos que nos unen á vida en todas as súas dimensións, do persoal ao colectivo, do íntimo ao universal.
17,50 € 17.5 EUR
NÓS ESTAMOS AQUÍ - Oliver Jeffers
Nós estamos aquí, apuntamentos para vivirmos no planeta terra é unha das obras imprescindibles de Oliver Jeffers. En este libro Oliver cóntalle o seu fillo de dous meses como é o lugar onde vivimos, un mundo as veces desconcertante, máis ainda cando acabas de chegar a el. Nesta guía que comeza no espacio, pasando polo planeta, as persoas, o clima... fai un fermoso percorrido que nos fará entender como é o lugar onde vivimos e a importancia de coidar del.
16,00 € 16.0 EUR
EL CONEJO BLANCO - Bata
Un animal minúsculo le gana la partida al grandullón. Una invitación divertida al juego de palabras basado en un cuento popular portugués y adaptado al sistema de pictogramas.
14,00 € 14.0 EUR
A CULTURA DO MEL NA COSTA DA MORTE - Carme Toba Trillo
Na presente obra, a investigadora Carme Toba, ofrécenos unha viaxe antropolóxica ao mundo da cultural do mel en Galicia e, nomeadamente, na Costa da Morte. Esta monografía é froito de moitos anos de documentación e labor investigadora ao redor da historia da produción e dos usos do mel na cultura galega e, sobre todo, dun minucioso traballo de campo documentando o patrimonio etnográfico vencellado á cultura do mel.

A monografía "A cultura do mel na Costa da Morte" é froito dunha ardua investigación que comezou a raíz de ter localizado a autora na súa aldea alvarizas e toponimia referente ao mel.
20,00 € 20.0 EUR
O CLAMOR DAS VIRXES - Marga Cancela
“Desde a ficción do realismo máxico, Marga Cancela recrea a historia dunha das súas tías, Manola Negreira, quen, entre 1939 e 1958, deu voz e visibilidade a un grupo de mulleres de aldea que, como a mesma Manola, sufriron en carne propia, durante a súa adolescencia, abusos e violacións a mans dun dos caciques da Galicia máis poderosa. O resultado é unha novela sobre o feminismo. Ou, mellor devandito, sobre un grupo de mulleres que, sen sabelo, foron feministas e, unha vez superados o medo e a vergoña, loitaron polos seus dereitos coa única arma que tiveron ao seu alcance: a dignidade”.
Antonio Fontana, escritor, xornalista, crítico literario vinculado durante longos anos co diario ABC como coordinador da sección de libros do suplemento ABC cultural.
“Baixo un mundo apracible ocúltanse historias atroces agravadas, ás veces, pola impunidade e o silencio. Nese marco Marga Cancela tece unha historia, aparentemente sinxela, na que se fala tamén de amor, compromiso, sororidade. Do efecto terapéutico dos animais e de como a natureza nos pode sandar. Unha historia que é un paseo evocador e único pola ruralidad galega. Algunha vez Tolstoy dixo: “Pinta a túa comarca, e pintarás o mundo”. Ou clamor dás virxes envólvenos nun relato cheo de tensión que desvela os grandes temas que, con frecuencia, esconden os pobos”.
17,90 € 17.900000000000002 EUR
O INCREÍBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS - Oliver Jeffers
Un día Henry decidiu comer unha palabriña… logo unha folla e logo un libro. Foise facendo máis e máis listo ata que, ehem… descubriu que igual comer libros non é a mellor maneira de aprender. Crítica e enfoque pedagóxico: Este é un libro sobre a animación á lectura e a relación entre as persoas e os libros. Descubre o gozo da lectura a través da viaxe de Henry polo mundo do coñecemento… e do brécol.
14,90 € 14.9 EUR
MULLERES - Maria del Carmen Rey Núñez
Pode unha muller escapar dun destino marcado pola adversidade ? Pode ese destino herdarse por liña materna?
Mulleres é unha historia centrada nas vidas de varias mulleres e en como se fan coas rendas da súa existencia arrepoñendose a todo ao que o mundo as condenou. Mulleres que levantan a cabeza , que saen adiante polos seus propios medios, mulleres que se enfrontan aos seus medos e que conquistan un futuro mellor sacando as unllas, erguendo a voz.
18,00 € 18.0 EUR
HEICHAS CONTAR - Contribución ao corpus mitolóxico galego - Rafael Quintía
Esta obra es un compendio de 175 lendas recollidas del polo antropólogo Rafael Quintía ao longo de quince años de trabajo de campo por Galicia. Una escolma de material mitolóxico que servirá para engrosar aínda máis o valioso fardel da nuestra literatura oral.
20,00 € 20.0 EUR
VERMELLA - Sabela Losada Cortizas
Cando Flor atopa unhas pingas de sangue no cuarto de baño comeza, xunto con Leo, a investigación de tan estraño suceso... Foi un accidente? Quen é a vítima? Serán quen de resolveren este enigma?
14,35 € 14.35 EUR
CONCHA DO CAÑIZO - Xulia Feixoo
Concha do Canizo. Este pandeiro que toco… é o novo e agardado traballo da etnomusicóloga Xulia Feixoo no cal aborda as prácticas de transmisión oral protagonizadas polo pandeiro na Terra das Frieiras. O fío condutor é a historia de vida da propia Concha construída a partir dun conxunto de entrevistas e gravacións musicais, até o de agora inéditas, que lle foron realizadas nun período de sesenta anos (1952-2012). O libro contén fotografías, bailegramas, transcricións musicais e lingüísticas e información dos usos e costumes na sociedade tradicional de alto valor antropolóxico, histórico, etnográfico e filolóxico. O CD inclúe gravacións orixinais realizadas por Alan Lomax en 1952 e polos compiladores Xabier Díaz, Xosé Lois Foxo, Leni Pérez, Miguel Souto e Xisco Feijoó e Guillerme Ignacio cedidas en exclusiva para a presente publicación.
20,00 € 20.0 EUR
ROMACEIRO TRADICIONAL (Breve antologia das recolhas do Seminario Menéndez Pidal na Galiza (1977-1983) - Jose Luis Forneiro e Sergio De la Ossa
O Romanceiro, ese conxunto de poemas narrativos transmitidos
oralmente, eríxese como representante ibérico da balada europea.
Neste xénero se centra o filólogo José Luis Forneiro para afondar
aspectos temáticos, de transmisión e particularidades dos romances
galegos. No eido musical, o musicólogo Sergio de la Ossa elabora unha
profunda análise, que nos achega, tamén auditivamente, aos aspectos
que caracterizan o romanceiro.
20,00 € 20.0 EUR
GALICIA - Todo un mundo - Ricardo Grobas
Un recorrido fotográfico por toda Galicia, por sus paisajes costeros y de interior, sus pueblos, sus ciudades y su patrimonio monumental. Una apetecible invitación a descubrir Galicia, a través de las magníficas imágenes del fotógrafo Ricardo Grobas.
35,00 € 35.0 EUR
MAPA ECOSOCIAL DE GALICIA - Rebeca Fdez Hermo e Xosé Veiras
O obxectivo desta obra é trazar un mapa ecosocial da nosa terra. Fai unha fotografía actual, para coñecer o contexto e determinar cales son os eidos nos que debemos avanzar para conseguir unha sociedade máis xusta, equitativa e respectuosa co medio.

A obra permítenos retratar as dúas crises que debemos afrontar como sociedade: a crise ecolóxica (o cambio climático, a crise da biodiversidade, o esgotamento dos recursos enerxéticos, os incendios forestais etc.) e a crise social (de desigualdade, de coidados, de calidade de vida etc.). Cada capítulo vén ademais con infografías e cun cadro de boas prácticas que recolle proxectos e iniciativas que xa están a traballar nas posibles solucións.
22,50 € 22.5 EUR
O LIBRO DOS MEDOS - María Canosa
Un fermoso libro para recorrer os medos mediante contos e poemas.
18,00 € 18.0 EUR
O APALPADOR E A NENA SEN MEDO - Celtia Figueiras e Sonia García
O Apalpador trae cada ano desde o Courel castañas, presentes e aquilo que non temos. Por iso a Nena sen medo lle escribiu unha carta moi especial, pedíndolle o que a ela lle faltaba, o seu desexo: palabras para encher o corazón e coas que poder voar en soños. Palabras en galego.
9,00 € 9.0 EUR
APALPADORA - Antía Vázquez Figueiras e Patri De Pedro
Mergúllate na vida da Apalpadora, da súa vida na montaña e do seu mundo fantástico de lendas galegas.
16,00 € 16.0 EUR
MARY ANNING Cazadora de dragones - Jordi Bayarri e Dani Seijas
Mary Anning de pequeña acompañaba a su padre a recoger fósiles en las escarpadas costas de Lyme Regis, en el sur de Inglaterra. De esta pasión convertida luego en profesión surgieron hallazgos que fueron esenciales para la evolución de la entonces incipiente disciplina de la Paleontología. Aunque la mayor parte de las veces su labor fue silenciada por la comunidad científica de su época, sus descubrimientos ayudaron a asentar la idea de que el mundo tenía millones de años de antigüedad y que criaturas desconocidas y extrañas lo habitaron mucho antes de que la Humanidad apareciera. Mary Anning removió toneladas de rocas para sacar de ellas los vestigios de los dragones del pasado.
12,00 € 12.0 EUR
DEICHE OS OLLOS E MIRACHES AS TEBRAS - Irene Solá
Irene Solà regresa cunha novela exuberante repleta de historias malditas e personaxes atemporais. A masía Clavell está agochada nun remoto posto nos montes de Les Guilleries. Resiste en tempos de guerra, rodeada de cazadores, bandoleiros, carlistas, maquis, pantasmas e demos. Habitada por mulleres, vivas e mortas, desprezadas por bruxas, feas, malfeitoras e retranqueiras, os seus cuartos gardan centos de anos de recordos: os de Joana quen para atopar un marido fixo un pacto que orixinou unha proxenie maldita; os de Bernadeta, a quen lle botaron tanta auga con tomiño nos ollos cando era nena que acabou vendo o que non debía. Ou os de Blanca que naceu sen lingua e xa non fala, pero observa. Unha obra máxica chea de luz, morte, encantamentos e fabulacións.
17,00 € 17.0 EUR
ESCONXUROS PARA UN REI - Mari Carmen Rey Núñez
Zeltia, posuidora de capacidades precognitivas especiais, é vendida pola súa nai Xacinta (que por mor de ter o pelo roxo e pencas fuxe da inquisición de Castela,) e mais o seu pai a unha meiga da montaña de Lugo.

Con ela Zeltia pasa por unha fase de aprendizaxe até que esa meiga morre nun incendo, o que obriga a Zeltia a fuxir iniciando unha viaxe a Compostela disfrazada de rapaz. Alí empeza unha nova vida e acaba coñecendo ao rei Filipe IV, co que inicia unha relación de amor pasional.

Novela de fácil lectura, con un punto de novela picaresca ao inicio que vai avanzando cara unha novela de corte histórico, na que autora nos presenta diversas situacións de abuso de poder, inxustizas, feminismos e loita de clases.
23,00 € 23.0 EUR
CANCIONEIRO DE BUÑO - Dolores Cancela Pérez
Rescátanse neste Cancioneiro de Buño 84 coplas de tradición oral, recolleitas a principios do século XX de boca dunha mociña de 17 anos, Dolores Cancela Pérez, e publicadas orixinariamente no Boletín da Acaddemia Galega: memorias dos devanceiros, alicerce ou raiceira do que somos.
16,00 € 16.0 EUR
A RATIÑA PRESUMIDA - Bata
Todos os animais querían casar coa ratiña, pero ningún era o que ela buscaba... Unha versión do conto popular adaptado ao sistema de pictogramas.
14,00 € 14.0 EUR