Por unha compra superior a 50€ gastos de envío gratis. 

Se hai algún libro que non atopas, conseguímolo!

                                                                                                                                                            
CHAMÁDEME SIMBAD - Francisco Castro
O avó é un pirata que non lembra nada. Paulo, un mariñeiro que vive as aventuras con el. Unha nube de desmemoria cóbreo todo na mente do avó. Hai piratas por todas partes en forma de adultos que non entenden nada. Só Paulo, coa súa ollada de neno, pode entender o avó...
14,00 € 14.0 EUR
LUISA VILLALTA - Alma de violino - Beatriz Maceda e Eli Ríos
Luísa Villalta soubo escoitar o silencio e a realidade que lle tocou vivir e plasmalo na súa obra. Comprometida e coherente, teceu os vimbios dunha sociedade equitativa e igualitaria. Nesta biografía ilustrada, mergullamos nalgunhas das palabras e das músicas que ela ceibou ao vento para achegarnos a unha muller tan polifacética como fascinante.
15,50 € 15.5 EUR
ALCALDESA VERMELLA - El Hematocrítico
Un relato que explica que a sociedade non se constrúe abase de desexos, senón coa colaboración de todos e todas.

Un misterioso personaxe chegou á fraga. Axiña corre o rumor de que é o mesmísimo xenio da lámpada marabillosa, así que os habitantes do lugar deciden reunirse para facer unha listaxe de peticións. Carapuchiña Vermella, que será a encargada de falar con el, non pode nin imaxinar que estará nas súas propias mans, e nas dos outros personaxes dos contos, a posibilidade de facer do bosque un lugar mellor.Un misterioso personaxe chegou á fraga. Axiña corre o rumor de que é o mesmísimo xenio da lámpada marabillosa, así que os habitantes do lugar deciden reunirse para facer unha listaxe de peticións. Carapuchiña Vermella, que será a encargada de falar con el, non pode nin imaxinar que estará nas súas propias mans, e nas dos outros personaxes dos contos, a posibilidade de facer do bosque un lugar mellor.
15,95 € 15.950000000000001 EUR
MEMORIA DO SILENCIO - Eva Mejuto
Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943. Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa. Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca a vida por axudar a quen o necesita. Frieda foxe da Holanda nazi e do seu pasado, arelando empezar unha nova vida en América como directora de orquestra. Tempos difíciles onde o medo e o silencio tecen unha rede de segredos e intrigas cun fin último: a liberdade. Novela a tres voces que explora, entre ficción e realidade, un capítulo pouco coñecido do noso pasado recente: Galicia durante a II Guerra Mundial. Eva Mejuto regresa á narrativa xuvenil con Memoria do silencio, finalista do Premio Jules Verne, logo da súa incursión con 22 segundos (Xerais 2017).
13,50 € 13.5 EUR
VIOLETA AS AGACHADAS - Ramón D. Veiga e Abi Castillo
A Violeta nada lle gusta máis que xogar ás agachadas. Na casa, sempre busca o mellor lugar onde esconderse: debaixo das camas, dentro dos armarios, nas lacenas da cociña... E cando xa non lle queda ningún escondedoiro por descubrir, procura outros refuxios. E así... Un álbum ilustrado onde aprender e percorrer os meses do ano e as súas características seguindo os soños de Violeta, a protagonista.
13,50 € 13.5 EUR
DEZ GATIÑAS VIAXEIRAS - Eva Mejuto e Víctor Rivas
Dez gatiñas curiosas, rebuldeiras, intrépidas, van coas súas mochilas percorrendo toda Galicia. Ata onde as levará a súa viaxe? Con base na tradición oral e un gran sentido do humor, Eva Mejuto e Víctor Rivas crean unha divertida aventura ao longo da xeografía galega, chea de ritmo e con moito que descubrir en cada páxina.
13,50 € 13.5 EUR
UNHA VECIÑA DE PELÍCULA - Iria Misa
O verán preséntase longo e aburrido para os xemelgos Elsie e Simón, mais todo dá un xiro inesperado cando chega unha nova inquilina á casa do lado. Entre os obxectos do máis curioso que Alice leva ao novo fogar, destaca un vello reprodutor de cine que axiña chama a atención dos irmáns. Grazas a el, e guiados pola estrafalaria veciña, os rapaces vivirán aventuras só imaxinables na gran pantalla. Será unha viaxe tan sorprendente que nin tan sequera a maxia do cine poderá explicar.
12,95 € 12.950000000000001 EUR
É TEMPO DE ENTROIDO - Ramón D. Veiga e David Sierra
É tempo de Entroido, de festa, de máscaras, de filloas e de cocido. E que pasa cando se xuntan algúns dos personaxes máis senlleiros do Entroido para darse unha boa paparota? Que non deixan nin a vergonza do galego!
15,95 € 15.950000000000001 EUR
GALAICOFOBIA - Alexandre Peres Vigo
Desde unha profunda vocación didáctica, en Galaicofobia afóndase no coñecemento dun fenómeno tan experimentado pola sociedade galega como poucas veces nomeado: o desprezo polo pobo galego. A través das súas páxinas, o autor deita a súa ollada nos numerosos testemuños literarios que ao longo da historia mostraron as súas filias e, sobre todo, as súas fobias contra Galicia, a súa lingua e a súa cultura. Nesta viaxe no tempo descubrimos non só a orixe e evolución da galaicofobia, senón tamén unha serie de tópicos antigalegos, crueis e ridiculizadores, nacidos na Meseta castelá. Esta é, en definitiva, unha obra clara e sintética que dá resposta á eterna pregunta que boa parte da sociedade galega leva facéndose moito tempo: por que nos tratan así?
22,96 € 22.96 EUR
A FERIDA IMAXINARIA - Berta Dávila
A ferida imaxinaria`` conta a historia de dúas parellas de irmás distanciadas, dous peixes laranxas e un ganso doméstico. E tamén a dos habitantes da aldea de Soutelo, cerca de Viveiro. Falta pouco para que se produza a primeira eclipse solar total que poderá verse nesa zona do mundo en moito tempo, pero ningunha das protagonistas ten un interese especial no fenómeno. As catro están mergulladas na súa propia escuridade. As personaxes desta novela están fuxindo, pero non sempre saben de que. Coma se fosen corpos celestes,..
17,95 € 17.95 EUR
A LADROA DA BIBLIOTECA DE MEIRÁS - Eva Mejuto
Unha fermosa historia sobre unha nena e os libros da biblioteca do Pazo de Meirás.

O prohibido era excitante e aterrador ao tempo. O perigo de ser vista, o medo de que desen con ela, formaba parte dun xogo ao que Mariña estaba prendida. Coábase na mellor biblioteca do mundo, co universo enteiro para ela arrombado nos andeis. Ata que non puidese saír da aldea, ese era, sen dúbida, o único paraíso posible. Ás veces a felicidade era tal que esquecía onde estaba e o perigo que corría. Facía mal en coller «prestados» os libros? Á familia roubáranlle a casa para facer a residencia de verán do Xeneralísimo, así que estaba no seu dereito. E ese verán pasarían tantas cousas que todo cambiaría de vez na vida de Mariña, no Pazo de Meirás e, talvez, no país enteiro...O prohibido era excitante e aterrador ao tempo. O perigo de ser vista, o medo de que desen con ela, formaba parte dun xogo ao que Mariña estaba prendida. Coábase na mellor biblioteca do mundo, co universo enteiro para ela arrombado nos andeis. Ata que non puidese saír da aldea, ese era, sen dúbida, o único paraíso posible. Ás veces a felicidade era tal que esquecía onde estaba e o perigo que corría. Facía mal en coller «prestados» os libros? Á familia roubáranlle a casa para facer a residencia de verán do Xeneralísimo, así que estaba no seu dereito. E ese verán pasarían tantas cousas que todo cambiaría de vez na vida de Mariña, no Pazo de Meirás e, talvez, no país enteiro...
13,50 € 13.5 EUR
JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA - Ledicia Costas
O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía? Na botica do vello Philipot custódiase un importante segredo: alí, aparentando normalidade, viven a avoa Melisa e Violeta, dúas mulleres rodeadas dun halo de misterio. A chegada de Jules Verne á botica revolucionará as vidas desta singular familia. O tempo esgótase: a avoa Melisa está enferma e necesitan atopar unha cura. Mais hai ocasións en que non se pode loitar contra a forza da natureza. Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta é unha homenaxe ás novelas de aventuras, unha viaxe no tempo cargada de maxia onde todo é posible.O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía? Na botica do vello Philipot custódiase un importante segredo: alí, aparentando normalidade, viven a avoa Melisa e Violeta, dúas mulleres rodeadas dun halo de misterio. A chegada de Jules Verne á botica revolucionará as vidas desta singular familia. O tempo esgótase: a avoa Melisa está enferma e necesitan atopar unha cura. Mais hai ocasións en que non se pode loitar contra a forza da natureza. Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta é unha homenaxe ás novelas de aventuras, unha viaxe no tempo cargada de maxia onde todo é posible.
13,50 € 13.5 EUR
OS MEGATOXOS E O APRENDIZ DE DRUÍDA - Anxo Fariña
Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo. O día en que Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa comezaron o curso, apenas se coñecían. Mais un accidente inesperado fará que as súas vidas muden para sempre. Decataranse de que teñen algo especial en común, máis aló de asistir ao mesmo instituto, e que nas súas vidas hai preocupacións máis fondas que entregar a tempo os traballos de clase. Estraños poderes, aventuras sorprendentes e misteriosos encontros. Os catro mozos terán que viaxar no tempo para procurar respostas na terra dos seus antepasados, os celtas...
14,50 € 14.5 EUR
A MIÑA AMIGA INVISIBLE - Eduardo Santiago
Cando a súa familia abandona a cidade para vivir nunha aldea preto do bosque, Uxía descobre un mundo descoñecido onde nada é o que parece. O veciño máis próximo é un apicultor rabudo que non quere que ninguén se achegue ás súas colmeas; a nova escola tampouco é como esperaba: está farta de soportar o acoso e as burlas dos máis brutáns simplemente polo seu aspecto e por ser máis intelixente ca todos eles. Coa inesperada aparición dunha amiga invisible intentará superar todos os atrancos que a realidade teima en poñer no seu camiño.

Un conto de fadas pouco convencional sobre o poder da imaxinación para enfrontar problemas reais.
12,95 € 12.950000000000001 EUR
MAMÁ, QUERO SER ZIGGY STARDUST - Iria Misa
Aine contaba nove anos a primeira vez que viaxou cos seus pais de vacacións. Naqueles días, ademais de percorrer a cidade, visitaron unha exposición. Era sobre unha estrela de rock que mudaba de aspecto coma os camaleóns. Un arreguizo estraño percorreulle o corpo cando se fixou na roupa que vestía, pois non soubo se era de home ou de muller. Emocionouse ao ver que tiña o cabelo roxo, tan semellante ao seu. Escoitou aquela canción que falaba dun extraterrestre que só quería cantar e bailar e tivo unha revelación: Aine, de maior, sería igual que Ziggy Stardust, un músico marciano que podía ser todo o que lle dese a gana. Coa axuda de Thomas, o seu inseparable amigo imaxinario, íao lograr.
13,50 € 13.5 EUR
LA CASA DE BERNARDA ALBA - Federico García Lorca
La casa de Bernarda Alba constituye un exponente más de la capacidad de Federico García Lorca para aunar la tradición y la vanguardia por medio de un teatro simbólico de índole muy personal que le sitúa entre los valores más destacados del canon internacional.
El autor granadino continúa en el camino de la experimentación con temas, personajes y géneros de la tradición teatral, a los que presenta desde inusitadas perspectivas y filtra por el tamiz de unas modernas técnicas expresivas deudoras de las más renovadoras vanguardias del momento, junto con una profundización en las posibilidades connotativas de los símbolos.
9,95 € 9.950000000000001 EUR
USHA - María Reimóndez
Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa estancia en Devastana, unha vila do estado de Karnata, na India. A rapaza galega, que acompañaba a súa nai, membro dunha ONG, rememora a vida cotián da súa escola india. Alí amigou con Lakshmi e Deepak, aprendeu canarés, coñeceu novos costumes e lendas, enfrontouse con dificultades imprevistas e, sobre todo, cunha nova visión da vida, ata entón, descoñecida para ela. Usha aprendeu na India que alí o seu nome significa a primeira luz do mencer. Nunca o esquecerá. Usha, novela escrita por María Reimóndez e ilustrada por Ivñan Sende, é un portelo aberto para que os lectores galegos mozos poidan enchouparse da cultura e da visión da vida dunha comunidade popular da India. Unha novela emocionante que interroga e interesa ao lector sobre unha realidade cultural que a maior parte descoñece.
12,50 € 12.5 EUR
CARAMOMIA - VV.AA.
O aburrimento entrou de cheo nas vidas de Roque, Mafalda, Mabel e Brando xogándolles malas pasadas. Están empezando a ver cousas moi estrañas no barrio. É posible que a súa veciña sexa algo máis ca unha anciá encantadora? Será certo que garda relación cos misteriosos roubos que se están producindo na cidade?
O Hematocrítico, María Lado, Daniel Landesa e Ledicia Costas uníronse para crear Caramomia, un divertido misterio a oito mans.
12,95 € 12.950000000000001 EUR
QUE TEMPOS! - Xaquín Marín
Preséntanos Xaquín Marín un conxunto das súas achegas á revista Tempos Novos: unha escolma atemporal que retrata a realidade galega e define o xeito que ten o noso debuxante de estar no mundo. Unha obra gráfica monumental repleta de intelixencia, humor e amor.
22,00 € 22.0 EUR
AS ESCUMAS DA LETRA (Bibliografía de Luisa Villalta) - Esperanza L. Mariño Davila
A teor do subtítulo do libro, na biografía, con sólidas raíces na cidade da Coruña e na súa prolongación atlántica, pódese percibir a evolución da escritora, a configuración da personalidade xunto coa forxa do compromiso social e político, nun vencello particular coa lingua e a literatura, mais tamén co ensino público e sempre con Galiza. Nunha liña de coherencia absoluta entre vida e obra, o volume componse de dúas partes, pois os aspectos biográficos compleméntanse co estudo da extensa obra literaria. Segundo unha cita textual da autora Esperanza Mariño, o feito de ser Luísa Villalta unha “escritora polifacética que desenvolveu os catro xéneros literarios -poesía, narrativa, teatro e ensaio- xunto coa tradución e o xornalismo sendo, ademais, prolífica, con certeza constitúe algo pouco habitual no mundo literario. Cómpre salientar unha faceta minimizada, como a do exercicio da crítica literaria que, a pesar de ter sido menos practicada, nela demostrou unha agudeza e precisión pouco usuais. Sen esquecer tampouco a cooperación na elaboración de manuais didácticos para o ensino secundario. As editoriais nas que publicou foron moi diversas, pero sempre se caracterizaron polo compromiso coa lingua e cultura galegas. Relacionado co anterior, estivo pronta a colaborar en publicacións periódicas ou volumes colectivos e mesmo en revistas en liña.” En conclusión, o estudo pormenorizado e global garante unha imaxe fidedigna e completa de Luísa Villalta, como ser humano e como artista, do mesmo xeito que corrobora a súa importancia para a lingua e literatura galegas e, por extensión, para a cultura, alicerzada na escolla para o Día das Letras de 2024.
20,00 € 20.0 EUR
MULLERES ESPONTANEADAS - Ángel Arcay Barral
Resultado da investigación de Ángel Arcay Barral sobre as nais solteiras de finais do século XVIII, este ensaio presenta os datos sobre a existencia dunha figura xurídica única en Galicia, que abría a porta á normalización da existencia de nais solteiras con todos os dereitos, o que lles permitía vivir a súa sexualidade sen dobregarse á vontade masculina.
12,00 € 12.0 EUR
ESTRELAS GALEGAS NA CIENCIA (Unha historia de persoeiros e de achados asombrosos) - VV.AA.
Estrelas Galegas da Ciencia é un libro para nenos, ilustrado, de ton divulgativo e divertido, que pretende explicar a historia da ciencia feita en Galicia e a dos seus persoeiros e achados científicos máis significativos. Cando se crearon as universidades e centros galegos de investigación? Quen foron aqueles científicos e inventores máis sobresaíntes ao longo da historia? Cales foron os achados máis fascinantes? Nesta historia da ciencia contada a nenos, responderanse estas preguntas e moitas outras. Un libro necesario e sorprendente, para un público sempre curioso e con vontade de aprender o que non se atopa nos libros de texto.
14,00 € 14.0 EUR
DESAMARMOS O CAPITALISMO - O amor como acción política - Lann Hornscheidt (Trad. María Reimóndez)
Que significa amar? Até que punto o acto de amar está influenciado socialmente? Por que lle interesa ao capitalismo que entendamos o amor como algo restrinxido á esfera privada? Que ten que ver o amor coas nosas escollas conscientes cando mercamos unha prenda de abrigo, un quilo de laranxas…?

De todo isto fala Desamarmos o capitalismo. A partir dunha análise dos conceptos do amor como algo privado, romantizado e consumible, Lann Hornscheidt analiza as diferentes dimensións que ten o amor na nosa sociedade e como, mediante a súa repolitización e diversificación, podemos crear vínculos complexos coa vida doutras persoas.

Neste libro que desafía o binarismo de xénero e a redución do xénero á sexualidade, Lann combina ensaio, creación literaria e exercicios de reflexión para que vexamos que o amor é unha das accións máis políticas que poden existir.
18,00 € 18.0 EUR
CASTELAO - O pobre tolo - Inacio e Iván Suárez
Primeira entrega de oito, esta serie aborda a biografía do intelectual e político Daniel A. Rodríguez Castelao. Excelentemente ambientada e documentada, sinxela e ao tempo narrativamente ambiciosa, este tratamento da vida dunha das grandes figuras na cultura e a historia galega non ten precedentes en dimensión e calidade.

Neste volume da excepcional serie biográfica sobre esta gran figura da cultura e da historia galega coñecemos un Castelao no desterro político, exercendo de funcionario en Badaxoz, en 1934. Alí coñece outros galegos e interésase pola situación social en Estremadura. Vivindo entre a morriña e as escapadas a Portugal, nunha das súas viaxes atopa un libro que marcará a súa vida nese momento, unha etapa fundamental para entender moitas das súas ideas.
12,00 € 12.0 EUR
CASTELAO - Máis alá - Inacio e Iván Suárez
Terceira entrega da serie «Castelao». Durante a Asemblea de Monforte das Irmandades da Fala, Castelao recibe o encargo de recoller nun artigo para a revista Nós a experiencia da súa viaxe por Europa. Isto levarao a rememorar a súa estadía de 1921 en París coas súas continúas visitas aos museos, e os seus encontros co filósofo Bergson, o pintor Corredoira e o músico Manuel Quiroga, entre outros, a través dos cales poderemos ver algúns dos seus posicionamentos éticos e estéticos, ao mesmo tempo que se amosa a súa vida cotiá na Pontevedra daquela época.
12,00 € 12.0 EUR
GRANDARROIBA - Cristian F. Caruncho
"Mentres o cinema coreano ou chinés nestes días gaña premios e prestixio alá por onde pasa por contar, a maioría das veces, historias do seu rural, aquí parece que nos dá vergoña, con celebradas excepcións como a de Oliver Laxe, e no campo da BD, de Cristian F. Caruncho, que nos recordan co seu traballo que a nosa Galiza segue a contar e a merecer ser contada, e estas historias poden interesar tanto aquí como alén das nosas fronteiras."
13,90 € 13.9 EUR
A MIÑA VIDA NAS ESTRADAS - Gloria Steinem (Trad. Raquel Senra)
A miña vida nas estradas es la historia amena, conmovedora y profunda de como Gloria fue creciendo, y con ella también creció el movimiento revolucionario por la igualdad, desde su primera experiencia de activismo feminista en la India a su trabajo como periodista en los años sesenta; del torbellino de las campañas electorales a la fundación de la revista Ms.
22,90 € 22.900000000000002 EUR
MILÚ E O EDIFICO DAS PERSOAS EXTRAORDINARIAS- Abel Tomé
Milú vive coa súa nai na cidade de Parisia, no edificio Les Marginaux, onde todos os nenos que o habitan posúen un don que os fai extraordinarios. O don de Milú é construír soños. Coa escusa de que o edificio está estartelado, as autoridades mandan un aviso para que se desaloxen as vivendas canto antes. Pero Milú e os outros nenos e nenas teñen un plan para tentar evitar que os expulsen dos seus fogares. Unha luminosa fábula social sobre o poder da imaxinación infantil para soñar un mundo mellor. O optimismo e a fantasía propios da infancia convértense nesta historia nun antídoto contra a intolerancia e o odio, e fan posible o milagre de transformar en tenrura, audacia, amor, humor e esperanza a tráxica realidade que padecen a diario multitude de persoas, vítimas das grandes desigualdades do mundo.

12,95 € 12.950000000000001 EUR
DESCUBRAMOS O CORPO - Cee Cee Mia e Julie Lecomte
Pregúntaste como funciona o teu corpo? Pois sígueme!
Vamos alá... descubramos o corpo!
Chámome Minúsculo e, aínda que non vos son moi grande, o mundo que nos envolta non ten nin un segredo do que eu non saiba. Transfórmome en Súper Mi para partir a descubrilo.
12,95 € 12.950000000000001 EUR
LAPISLÁZULI (O regreso das superguerreiras) - Alba Rozas
Nun mundo escindido entre a maxia e a tecnoloxía, feiticeiras e feiticeiros caciques gobernan co pretexto de salvagardar a xente do común dunha praga centenaria de robots asasinos. Non obstante, só as depositarias das pedras de poder, cinco mozas convertidas en superguerreiras, demostraron ser capaces de erradicar semellante ameaza. Malia que desapareceron sete anos atrás do fragor da batalla, deixando escapar o inimigo, será certo que agora están de volta? Arrasarán por fin cos robots? E o máis desconcertante de todo: que fai un robot disfrazado de vaqueiro?
18,00 € 18.0 EUR
O FABRICANTE DE SOMBREIROS - Pinto e Chinto
O señor Martus sempre diciía que lle gustaría ter duascentas cabezas para lucir douscentos sombreiros ao mesmo tempo. Fabricou moitos, ao cal máis estrafalario. Os seus sombreiros eran para quitar o sombreiro. Tan extraordinarios que ata as cabezas de allo os levaban. Se queres coñecer algúns deles, entra neste libro. Pero antes deixa o teu sombreiro no colgadoiro do vestíbulo.
17,00 € 17.0 EUR
MAS FUTVOL POR FABOR - Leandro Barea
Páxinas a todo cor que recopilan as viñetas e intervencións urbanas menos lamentables de Leandro Barea.
14,90 € 14.9 EUR
A CAÍDA DE GUIOMAR - Alba Rozas
Tras un século baixo a protección da raíña Guiomar , as terras de Eabaca vense ameazadas polo aparición dun monstruoso cabalo e a chegada da Orcavella , unha criatura cun poder tal que ninguén lle pode facer fronte . Só cando a pandeireteira Aima decide acompañar a guerreira Tegra na súa viaxe polas catro parroquias do reino , a esperanza volve agromar . Non obstante , a súa misión non será doada , pois mouros , nubeiras , xans , luciñas e xente cativa terán que unir forzas se queren conservar a liberdade .

14,00 € 14.0 EUR
FEMININO SINGULAR EN PLURAL - Concha Blanco
É ben sabido que a historia ten una débeda coas mulleres. Moitas foron silenciadas, invisibilizadas ou agochadas por pertenceren a ese xénero tantas veces proscrito. É tempo de cambio, de erguer a voz, de devolverlles o que foi delas, de crear futuro e restaurar (na medida do posible) aquel pasado. É tempo de equidade. Por iso este libro, de xustiza poética, vai por e para elas, mulleres pioneiras, valentes e loitadoras. Feminino singular, en plural é un canto agradecido a mulleres que loitaron individualmente e con moitos atrancos pola súa colectividade para intentaren acadar unha sociedade máis afable, xusta e de igualdade entre mulleres e homes. *** Neste libro encontrarás unha serie de poemas biográficos, ilustrados por Laura Romero, dedicados a mulleres galegas singulares, que fixeron cousas moi importantes pero que foron ocultadas e silenciadas ao longo da historia, tamén outros nos que recorda as mulleres anónimas, as máis próximas a nós. Poemas que comentan Sabela e Roi, unha nena e un neno coma vós, ás veces con sorpresa, porque non sabían dalgunha delas nin das súas vivencias e méritos malia os anos transcorridos. Animádevos a seguir a proposta de Concha Blanco e creade vós tamén unha biografía ou poema sobre mulleres que consideredes singulares, que pensedes deban ser coñecidas para divulgar o esforzo que realizan no seu ámbito de actuación.
14,35 € 14.35 EUR
O LOBO FELIZ - Miguel Guido e Olaya Naveira
Había unha vez un lobo grande e negro que vivía moi lonxe da xente e moi triste, porque ninguén o quería cerca.

Mais un dia, a sabia curuxa deulle un consello que cambiaría a súa vida...
20,00 € 20.0 EUR
BASTA! Guía de autodefensa feminista para adolescentes (e máis) - María Kronsky e Marion Le Muzic

Ser muller nesta sociedade implica enfrontarse a comportamentos machistas de forma regular. Como identificar e afrontar esas condutas? Neste cómic atoparás un conxunto de técnicas para que te sintas máis preparada: posturas corporais, defensa verbal, o xiro de cento oitenta graos, a intervención paradóxica, a defensa física... En definitiva, diferentes ferramentas para axudarche a que te sintas máis libre e segura, tanto nos espazos públicos como na esfera privada.
18,00 € 18.0 EUR
O PICOTO DO PAI - VV.AA.
Nunha pequena aldea encerrada entre montañas nunha zona fronteriza entre Galicia e Portugal, os anciáns, todos aqueles que cumprían certa idade ou que xa non servían para o traballo, eran levados a morrer no alto dun monte. Deixábanselles alí cunha manta e un pedazo de pan mentres esperaban a morte.

">
16,00 € 16.0 EUR
HISTORIA VISUAL DO RC CELTA (1923-2023) - César Cequeliños e Jorge Campos
O Celta fai cen anos. Cen anos de goles, de bágoas, de sorrisos, de unión. Con este libro descubrirás os momentos e as persoas que fixeron posible esta fazaña.
19,95 € 19.95 EUR
HISTORIA DA GALICIA PEQUENIÑA - César Cequeliños e Jorge Campos
O pasado de Galicia como nunca cho contaron.
Mapas , obxectos , acontecementos e personaxes para que nos coñezamos mellor .
19,95 € 19.95 EUR
TRES CONTOS PARA NENAS MALAS - José Ovejero
Este libro recolle tres contos que lle dan a volta por completo ao sentido da tradición. As nenas protagonistas demostran grande enxeño e valentía para esquivar os problemas que lles pon diante a vida. O texto de José Ovejero e as ilustracións de Miguel Robledo lévannos a un universo cheo de humor e crítica social sobre temas como o patriarcado, a monarquía ou o capitalismo. Unha delicia pequena que se desfruta ao grande.
19,95 € 19.95 EUR
NOITE NO CEMITERIO - Carlos Vega
No alto do cemiterio de Vilatorcida érguese unha casa que só abre as súas portas ás pantasmas. O terrorífico Conde Silas, dono da mansión, coa axuda do seu fiel servente, domina todas as ánimas do lugar. Alí, os espectros descobren o cruel destino que lles agarda a aqueles dos que non queda rastro na memoria das persoas vivas.

Cando Lolo e o seu irmán Quin van vivir para a casa máis próxima ao camposanto e se atreven a explorar os seus segredos, o poder do Conde vese ameazado por primeira vez. Non obstante, para o vencer, Lolo deberá superar o propio medo e aceptar a verdade máis arrepiante da súa vida.
14,00 € 14.0 EUR
A FROITA DO COÑECEMENTO - Liv Strömquist (Trad. David Á Álvarez) BANDA DESEÑADA
Liv Strömquist enfoca con orixinalidade a historia dos xenitais das mulleres nesta obra gráfica instrutiva e tremendamente divertida. Nun colorido mosaico que vai desde a Grecia antiga até a actualidade, a autora desvela séculos de represión sexual e rompe con numerosos prexuízos. Por estas páxinas deambulan, entre outros personaxes, a Bela Dormente, deusas hindús e bruxas medievais, Sartre e Freud.

Cunha documentación minuciosa e cun humor mordaz, Strömquist debuxa a percepción que a sociedade tivo da vulva, o clítoris e a menstruación ao longo da historia. Expón, así mesmo, os mecanismos de estimagtización, politización e patoxilización dos xenitais das mulleres, e o efecto devastador que isto tivo na súa sexualidade.
19,90 € 19.900000000000002 EUR
VISITANTES DA ESTRELA VERMELLA - Tomás G. Ahola
Dril e Gat viven no val, que é un lugar pequeno pero confortábel. Alí non hai guerras, tampouco propiedades. Todo o mundo colabora no sustendo dos demais. O mellor de todo é que a través dos cristais do Val vense as estrelas máis fermosas.
Porén, algo terríbel acontece e de súpeto acaban nun lugar inmenso e estraño ao que chaman a Terra. Alí, os destinos da xente son dominados por un goberno tiránico ao que moi poucas persoas se atreven a facerlle fronte.
Malia que só son unha moza e un mozo adolescentes, a súa chegada pode cambiar o futuro de millóns.
14,00 € 14.0 EUR
DENTRO DESTE LIBRO VIVEN DOUS COCODRILOS - Claudia Souza
O medo está presente na infancia de todas as persoas... Ese medo que asusta mais tamén fascina. Unha pode poñerlle medo a calquera cousa. A que lle temos medo? Como enfrontarse a ese medo? Podemos espantalo? Tamén iremos descubrindo que esas cousas que nun principio nos dan medo, axiña tornarán en insignificantes. As ilustracións resultan fascinantes: parecen querer fuxir do papel para se converter nunha fantástica película de animación.
6,00 € 6.0 EUR
ULA E VINCA - O feitizo da primavera - María Brenn
Cando Vinca aparece misteriosamente na casa de Ula, a bruxa non sabe que facer con ela. Antes de se decatar, a cativa sorprenderaa cos seus inesperados poderes. Pero, de onde vén, e que é realmente Vinca? Embárcate nesta fermosa e máxica aventura para descubrilo.
16,90 € 16.9 EUR
POLA NOITE - Lenka Chytilová e Martin Sojdr
Aínda que xa caeu a noite, non todo o mundo dorme na fraga. Os raposos cazan, as ras croan a todo meter, as formigas seguen co trasfego do día. As curuxas observan todas as actividades dende as alturas. Anímate a pasear de noite pola fraga e a escoitar os grilos co seu cri-cri-cri, os reiseñores a chiar e os lobos a ouvear. Coa mesma, descubrirás como se orientan pola noite os animais e por que lles presta estar espertos despois do solpor.

16,90 € 16.9 EUR
FROITAS E VERDURAS - Joli Hannah
Nesta historia podes aprender os segredos do cultivo de froitas e verduras cn Marga e Antón e poñelos en práctica. As ilustracións achegan moita información importante. Tamén hai que encontrar cousas agochadas en cada páxina, mentres recordas cores e os números.
Atréveste a plantar tomates na túa casa ?
Se non tes unha horta a man podes transpantalos a testos máis grandes. A divertirse !
15,80 € 15.8 EUR
NA RIBEIRA - Petra Bartikova e Marcel Kralik (Trad. María Reimondez)
Os ríos, as pozas, as lagoas... Que farían o animais sen todo iso? Sen auga non sobrevirían. Mesmo algúns viven nela, ben por baixo da superficie...
Acompáñanos a coñecer o reino animal acuático e subacuático.
Neste libro atoparás moitas fendas que explorar.
15,40 € 15.4 EUR
A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA - Werner Holzwarth e Wolf Erlbruch
Pode pasarlle a calquera, pero un día saíu do tobo e alguén lle fixo aquilo na cabeza. Quen sería? A pomba, o cabalo, a lebre?
16,00 € 16.0 EUR