Onde estamos?
ULA Libraría Social, non só fai referencia a Unha Libraría Amiga, tamén resposta a pregunta: U-la? Onde está ela?
Este proxecto atopa a súa tenda física no corazón da Ría Muros-Noia, en concreto no entorno rural da Serra de Outes, capital do Concello de Outes.
A razón pola que o logo deste proxecto é dunha cor augamarina, é porque se algo define a este lugar que habitamos é a súa existencia entre as augas agasalladas a partir da desenbocadura do Río Tambre, a fermosura do Río Tins, e as montañas que nos regalan vistas como as do Monte Tremuzo. Ademáis é un territorio cunha alta porcentaxe de patrimonio histórico como petroglifos, gliptogrifos e castros, ou os diversos monumentos como a Igrexa de Santo Ourente de Entíns ou A ponte do Ruso. Así mesmo, é terra de inspiración e nacemento de poetas, como os irmáns Añón.
Polo tanto, é unha entorna literaria, inspiradora e creativa, chea de historias contadas e cantadas e outra moitas pendentes de contar e cantar.
Imaxes de Turismo de Outes