Por unha compra superior a 50€ gastos de envío gratis. 

Se hai algún libro que non atopas, conseguímolo!

                                                                                                                                                            
AS ILLAS CÍES - Xelís De Toro
Nestas illas, é certon que estamos ante paisaxes grandiosas que nos mostran a pequenez do ser humano, pero é precisamente esa pequenez o que máis me move por dentro, eses espazos onde hai rastros de xente que tratou de sobrevivir. Non nos enganemos, as Cíes teñen un clima moi duro e unha paisaxe moi difícil de habitar.

30,00 € 30.0 EUR
SENDAS DE ONS - Anxos Sumai e Pablo Rosendo
Sendas de Ons, o libro co que El Patito Editorial inaugura a Colección Illadas, cadernos de viaxe que axuntarán nun mesmo volume dúas visións de cada unha das illas galegas: a dun escritor e a dun astista plástico. Para os habitantes do continente, cando a auga era fertilizadora, bondade divina, o arquipélago foi lugar de peregrinación. Hai milenios diso, dende que Ons se representaba nos illarios transmitidos de voz en voz como manancial de vida e coiraza contra as tempestades destrutoras do Mar Maior.
30,00 € 30.0 EUR
LA ISLA DE AROUSA - Marielle Durand e Gracia Lacal
Mi intención de comprender A Illa con los parámetros de tierra adentro se estaba volviendo absurda. El problema, pronto me di cuenta, era que, por mucho que me empeñara en utilizar el mar como referencia y dejarlo a mi derecha, aparecía por la izquierda en cualquier recodo. No resulta fácil orientarse si aparecen mares por todas partes.
30,00 € 30.0 EUR
O TESOURO DE PIRATA FRANK - Mal Peet e Elspeth Graham
Este é un libro cheo de cores e de aventuras. O neno cruza o mar, chega á illa, escala as montañas, nada no pantano, sube as escadas e chega a unha palmeira, todo para atopar o famoso tesouro de Pirata Frank.Neste conto acumulativo de ida e volta a rima e as accións mestúranse cun ritmo trepidante e divertido.
16,50 € 16.5 EUR
MEIGALLO_98H - Conchi Regueiro
Novela xuvenil que non só combina as características da novela de misterio con elementos clásicos da narrativa de terror, do horror de corte lovecraftiano, ou das presenzas inquietantes propias das películas de slashers. Nas súas páxinas tamén se mesturan recursos tan actuais como os creepypastas, nun diálogo entre as vellas e as novas formas de asustar.
19,00 € 19.0 EUR
TRES MULLERES GALEGAS DE ARMAS TOMAR (María Balteira, María Castaña e María Soliña) - Guillermina Domínguez e Felicia Estévez
Guillermina Domínguez, historiadora, e Felicia Estévez, filóloga, actualizan un traballo que tivo xa un gran percorrido e que obedece a unha demanda tanto nos centros de ensino como nos focos de investigación do papel das mulleres na historia e da súa visualización na sociedade actual. O seu obxectivo non é facer unha profunda investigación, senón só –que non é pouco– transmitir o pulo que mulleres como as que son o eixo da publicación lle deron á mesma historia, o que loitaron, o que sufriron por seren mulleres. A obra, estruturada en tres partes, comeza cada unha delas cunha reflexión sobre a vida das mulleres no tempo que a cada unha das protagonistas lles tocou vivir: o século XIII para María Balteira, o XIV para María Castaña e o paso do XVI ao XVII para María Soliña. As autoras empregan como fontes, ademais de bibliografía, documentos históricos que consultan en arquivos ou cantigas medievais, contrastando a interpretación que estas fontes ofrecen sobre as tres Marías coa súa propia, tendente a desbotar os mitos que a ideoloxía patriarcal creou sobre as tres protagonistas... como sobre outras tantas mulleres.
13,25 € 13.25 EUR
MEMORIA PARA XOANA - Marica Campo
Xoana, a que está por vir, a desexada, resultado dun acto libre de compromisos, recibe de súa nai o legado da memoria persoal e colectiva, legado que a sitúa na realidade das mulleres da familia e que lle entrega a modo de advertencia e prevención, mais tamén como impulso para buscar a propia felicidade e lugar no mundo.
Non exenta de crítica social, esta historia, encadeada sobre a maternidade ao longo de distintas xeracións dunha familia, é tamén unha historia colectiva, e como tal relativiza as “verdades absolutas” dunha época, e anima a loitar pola propia felicidade e transformar a sociedade máis aló de convencionalismos.
12,00 € 12.0 EUR
A FUXIDA - Cristina Rey
A fuxida conta a historia de Sumailla e a súa familia andina, pero non só, pois, como apunta o xurado “ensambla a historia colonial coa realidade galega da emigración desde unha visión crítica, abordando cuestións como a desigualdade social, o abuso de poder, a familia ou a amizade. É unha novela de protagonismo feminino que incide na necesidade dos lazos de sororidade para enfrontar as situacións máis difíciles da vida dos personaxes”, ao que engadimos que é unha alegación contra o racismo.
13,50 € 13.5 EUR
GUÍA DA ECOLOXÍA COTIÁ - Ramsés Pérez Rodríguez
A presente guía é o resultado do traballo desenvolvido polo seu autor nos últimos sete anos en diferentes programas de educación ambiental e desde a súa responsabilidade neste eido en ADEGA. A súa finalidade é a de achegar ideas ao debate sobre o modelo de sustentabilidade, especialmente no referido ao ámbito do consumo e á ecoloxía doméstica, así como divulgar prácticas que incidan en actitudes e comportamentos coherentes coas ideas defendidas. O actual modelo de sociedade de consumo comeza a dar síntomas de esgotamento, sendo cada vez máis frecuentes as mostras de insustentabilidade. A crise ambiental preséntase logo como unha oportunidade e suscita un apaixonante reto colectivo e individual. A guía non só pretende presentar unha presa de receitas máxicas para facer máis verde o día a día, senón tamén provocar a reflexión sobre a relación co medio reflectida nas actuacións como consumidoras e consumidores, para despois presenta algunhas iniciativas que faciliten a redución do impacto ambiental.
11,05 € 11.05 EUR
GUÍA DOS ANFIBIOS E REPTILES DE GALICIA - Moisés Asensi Cabirta
Esta guía estuda os 14 anfibios e 29 réptiles que é posíbel observar en Galicia, ilustrados a toda cor por Calros Silvar. Acompáñase a súa descrición coa información sobre a situación e riscos actuais que padecen, mapas de distribución e cunha completa clave de identificación con debuxos detallados das características morfolóxicas das distintas especies estudadas. Como novidade, inclúese un anexo que permite diferenciar as especies de máis difícil identificación. Recollendo o mellor da divulgación e dos estudos realizados con anterioridade sobre a herpetoloxía galega, esta guía convértese, ademais, nun magnífico punto de partida para que persoas afeccionadas ao contacto coa natureza coñezan un mundo sempre sorprendente e "escorregadizo" e nun manual de uso imprescindíbel para estudantes e especialistas.
16,55 € 16.55 EUR
A HORTA SEN QUÍMICOS - Xan Pouliquen
Este é un documento de consulta, desde un enfoque adaptado ás características do clima e do solo galegos, para todas aquelas persoas que desexen cultivar a súa horta sen utilizar ningún tipo de produto químico, nin "mineral", nin "sulfatos", nada. Para eses que acaban de entrar na súa nova casa e reservan no xardín un anaco para horta; para aquelas que queren comer tomates sen teren que sulfatalos; para estes que acaban de conseguir unha parcela no horto comunitario do concello.

Tamén os que se dedican a isto da horta ecolóxica para venderen o froito do seu traballo atoparán aquí información útil, pero deben saber, con todo, que moitas ideas e prácticas descritas non son aplicábeis á produción comercial.

A horta é para pasalo ben, facer exercicio e compartir cos veciños, as netas ou a parella. Este libro é pequeno, non pretendemos facer aquí unha enciclopedia. Por iso, a idea foi procurar dar información práctica e directamente aplicábel, cunha redacción apropiada para un público máis ben novato.
21,85 € 21.85 EUR
FEMINISMO DE PETO (Kit de superviviencia) - Bel Olid
A miña fantasía é unha metralleta. Cando vou pola rúa e un descoñecido me chama o que sexa:metralleta. Cando o político que sexa fai o comentario machista que sexa:metralleta. Cando o bispo lle conta á prensa que como pretendemos que non nos violen, se pedimos o aborto libre é gratuíto: metralleta.
Pode semellar unha fantasía violenta, pero non é; é unha fantasía de autodefensa. Non teño metralleta nin a quero ter. O que quero é o dereito a imaxinala.
16,00 € 16.0 EUR
O MAL QUERER - Natalia Carou
Cibrán Ulloa ten todo canto un rapaz de dezaseis anos puidera desexar: é fillo único dunha respectada familia da alta sociedade, vive nunha magnífica mansión, estuda nos mellores colexios privados, viaxa cos seus pais a países exóticos, visita praias paradisíacas, ten teléfono e ordenadores dotados coa última tecnoloxía e recursos económicos sen limites. É un gran amante do mar, ten incluso un barco veleiro propio. Malia todo iso, non quixeras estar no seu lugar. Cando Iria Fraga chega ao centro de menores Monteorellán para facer un informe pericial psicolóxico sobre o rapaz, despois de que este cometese un delito, descubre que nesta historia nada é o que parece. Cibrán Ulloa vive nunha brillante burbulla dourada, pero no seu interior arde un lume moi negro.

14,35 € 14.35 EUR
A SOMBRA DO MAL (Antoloxía do novo relato galego de misterio)- VV.AA.
Os relatos que conforman esta antoloxía xorden dun berce común: a sombra do mal. Desde ese ollar escuro, un total de vinte escritores debullan historias arredor do xénero negro, da intriga e o suspense. Un indixente que remata cunha pistola na man, uns estraños asasinatos a carón entre a realidade e a lenda, un triángulo amoroso saído de control ou un crime acontecido nun avión entre Londres e A Coruña e do que ninguén sabe nada son algunhas delas.

Unha lectura áxil e entretida coa que descubrir o misterio nestas novas voces.
21,90 € 21.900000000000002 EUR
TLALPOTEC - Fábulas, mitos e cosmogonías - Gabriel Celester Barreiro
“Dende neno quero ser deus. Conténtome co rol dun deus cativo, de terceira ou cuarta fila do Olimpo, pero coa capacidade de xogar ao meu antollo con persoas, personaxes e persoeiros, talmente como adoitan facer os irresponsables deuses. Porque iso é, no fondo, todo escritor: un deus ocioso que zarandea ás súas criaturas de acó aló coma unha nena os seus monecos, para compensa-la demencia de vivir.

Diso vai boa parte deste libro, de crear mundos e ata as divindades que mangoneen eses mundos. Fraccionado en tres partes, cabe dicir que a división en lendas, parábolas ou calquera outro apartado literario, é sempre artificiosa. Os lindes da fábula cos mitos, coma os de tantas leiras da nosa terra, son tan imprecisos que a nada que un mova o marco dunha teogonía cae no romance ou na epopea con suma facilidade.

Na primeira parte (Fábulas) procurei conserva-lo aire clásico do xénero rebaixando coellos, asnos e raposos a condición humana con fines pedagóxicos. Na segunda (Mitos), sen perder de todo ese propósito didáctico, compracinme en deforma-los modelos estereotipados por pura diversión. A terceira (Cosmogonías) foi un desafogo, unha vinganza contra os sanguinarios deuses aztecas, os lumes da Santa Inquisición e, sobre todo, para instar aos deuses a deixarnos un pouquichiño en paz, que xa abonda de tantas pragas, políticos e demais calamidades”. G. C. B.
17,90 € 17.900000000000002 EUR
COGOMELOS- VV.AA.
Aprende a recoñecer os 50 cogomelos máis comúns de Europa Occidental. Con este libro aprenderás a recoñecer os cogomelos máis comúns, os seus usos, como ir ao monte a apañalos e outros aspectos de interese sobre a súa conservación.
11,05 € 11.05 EUR
ÁRBORES - Henrique Niño e Carlos Silvar
Aprende a recoñecer as 50 especies de árbores máis comúns en Europa Occidental en calquera época do ano. Os textos e ilustracións detallados da súa follas, flores e froitos, da cortiza e do aspecto xeral nas distintas estacións proporcionan o coñecemento suficiente para identificalas. Tamén achega interesante información sobre os seus usos e os beneficios que nos proporcionan aos seres humanos e aos animais en xeral.
11,05 € 11.05 EUR
GUÍA DOS MAMÍFEROS DE GALICIA - Juan Ignacio Diaz e Yosy Cartelle
Gañadora do Premio Isaac Díaz Pardo ao mellor libro ilustrado dos III Premios da Edición de Galicia. O galardonado foi Calros Silvar Esta guía pretende dar a coñecer a todas as persoas interesadas este tesouro da natureza galega que son os mamíferos. Recolle por primeira vez noventa e oito especies de mamíferos terrestres e mariños que viven en estado salvaxe, utilizan os seus hábitats de xeito sedentario, migratorio ou con presenza accidental en Galicia. As ilustracións de Calros Silvar non só reproducen fielmente cada unha das especies, tamén achegan detalles de grande importancia para unha perfecta identificación en caso de dúbida. Acompáñase a súa descrición coa información sobre a situación e riscos actuais que padecen, mapas de distribución e cunha complexa clave de identificación coas características morfolóxicas das especies estudadas.
16,55 € 16.55 EUR
GUÍA DAS ÁRBORES DE GALICIA - Henrique Niño e Calros Silvar
Esta guía pretende ser útil ás persoas interesadas en coñecer as distintas árbores que se poden atopar no deambular polos montes e campos galegos. Inclúe todas as especies, tanto as consideradas autóctonas, como aquelas alóctonas naturalizadas.
24,40 € 24.400000000000002 EUR
FODEMOS? De que (non) falamos cando falamos de sexualidades
De que (non) falamos cando falamos de sexualidades? Seguir o desexo, compartir o pracer. Parece doado, non? E aínda así vivimos sexualidades condicionadas por expectativas, suposicións e tabús que nos dificultan a escoita.

Fodemos? explora os camiños que nos poden levar a sexualidades máis humanas, a relacións máis agradables.

Fodemos? é un ensaio sobre as relacións sexoafectivas e os prexuízos ás que están asociadas.
18,00 € 18.0 EUR
20,00 € 20.0 EUR
PANDERETEIRAS DE MENS - Beatriz Busto Miramontes
Decia Teresa da Canónigha , a máis nova das cinco tocadoras/cantadoras de Mens , que a ela o que lle levaba idea era o baile , pero todos a coñecemos por pandereteira . Este é un libro que fala da historia de vida e do repertorio das cinco mulleres bergantiñás que foron coñecidas no universo do folclores como Pandereteiras de Mens .

20,00 € 20.0 EUR
PALABRAS DE PIEDRA - Ginés Cruz
Palabras de piedra pretende visibilizar la realidad de todas las personas con Trastorno del Espectro Autista (TEA) y de sus familias, en un mundo que no está diseñado para ellas y al cual deben adaptarse, a veces desde la soledad más absoluta y a pesar de la incomprensión e incluso del rechazo.
17,00 € 17.0 EUR
ESPAZOS NATURAIS DE GALICIA (Mapa para pintar)
Mapa para pintar dos espazos naturais de Galicia. Inclúe os principais espazos de protección da natureza e tamén unha escolma de fauna e flora autóctona. A partir dos 2 anos.
6,00 € 6.0 EUR
OS SEGREDOS DAS IRMÁS ASOREY - Marta Estévez
A proclamación da II República, o 14 de abril do 1931, coincide coa morte do prestixioso doutor Asorey en Santiago de Compostela e co asasinato da lavandeira que se ocupaba de facer a bogada na casa del. A incerteza do tempo histórico e o medo das súas catro fillas, que vivían con el, vainas obrigar a tomar unha decisión que condicionará as súas vidas para sempre.
Unha novela de personaxes, que recrea un mundo a piques de mudar para sempre.
21,90 € 21.900000000000002 EUR
TINTA DO MAR (Pequena biografía de Luisa Villalta)
Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004), foi unha escritora,docente e violinista galega, homenaxeada no ano 2024 co Día das Letras Galegas. Unha intelectual poliédrica que traballou en distintos campos, e en todos ben: poesía, teatro, narrativa, ensaio, música e colaboradora habitual en xornais e revistas. Foi unha muller feminista, ecoloxista e amante da nosa lingua, comprometida cos movementos sociais e culturais como a Festa da Palabra Silenciada e Burla Negra, e formou parte da Mesa Pola Normalización Lingüistica e da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega.
6,00 € 6.0 EUR
O ESPERTAR - Kate Chopin (Trad. Iria Taibo)
Edna Pontellier vive un matrimonio cómodo, mais anódino, en Nova Orleans, no século XIX. Aínda que se leva ben co marido, a presenza dun atractivo amigo da familia e a calor do verán á beira do golfo de México van transformar o seu xeito de ver a vida para sempre. O espertar, de Kate Chopin, escrita no 1899, lese no noso tempo coma se se acabase de inventar. As emocións da protagonista, nai e muller casada que non atopa acougo para o seu aborrecemento, seguen a trabar nas mulleres actuais. O espertar do título refírese a ese momento no que unha muller entende qué é o importante da vida, aquilo que a eleva sobre os demais, e decide experimentalo aínda que iso poña en risco todo o que lle parecera permanente.
18,00 € 18.0 EUR
MIQUITS - Alba de Evan, Xabier Domínguez e Paula Cheshire
Miquits é un gato, mais non un calquera, é o familiar dunha bruxa! Xunto ela vive aventuras perigosas e emocionantes para se esmendrellar coa risa. Atréveste a acompañalo? Con esta banda deseñada para cativos, queremos achegar a historia do gatiño Miquits, o gato dunha bruxa. Xunto con ela vivirá mil e unha aventuras, aprendendo o valor da amizade e do compañerismo.
12,90 € 12.9 EUR
ANDRÉ - Óscar Senra Gómez
Uma grave acusaçao de cinquenta anos atrás agita a familia Fredberg, e dous irmâos decidem viajar de Vedra a Oslo á procura de respostas. Mas, apesar de partilharem fuso horário, o tempo corre em paralelo na Galiza e na Noruega.
Recorda como ás vezes golpeava suavemente o video do relógio com o dedo indicador e ficava calado olhando para ele, ausente. Um dia atreveu-se a perguntar-lhe que pensava nesse momento. A resposta chegou-lhe de mui longe, apenas audível. "É incrível pensar que aqui temos exactamente a mesma hora que em Alesund, verdade?"
Ainda que pode ser lido de jeito independente, André encerra a Trilogia de Vedra, da qual também formam parte Sete dias com Elisa e 1928 km.
13,00 € 13.0 EUR
O CAMIÑO DO LUME - María Oruña
Arthur Gordon, o pai do mozo de Valentina Redondo, atopa no castelo de Huntly, que acaba de comprar, nun cuarto secreto, unha pista sobre o paradoiro das memorias de Lord Byron, supostamente queimadas hai case douscentos anos, xusto cando a tenente está de vacacións en Escocia. A nova chama a atención da prensa, pero algo horrible vai complicalo todo. Ao tempo, viaxaremos ao Aberdeen do século XIX para coñecer a historia de paixón prohibida e libros entre a moza Mary McLeod, de boa familia, e Jules Berlioz, un libreiro cun pasado difícil, cuxo misterio sobrevive até os nosos días. Na quinta novela de ‘Os libros de Puerto Escondido’ María Oruña proponnos unha viaxe a través das evocadoras terras escocesas e dos libros luminosos e arrebatados do romanticismo británico.
20,90 € 20.900000000000002 EUR
AS ARELAS DE MARIÑA - Maria del Carmen Rey Núñez
Mariña, a protagonista da novela, non coñeceu o amor dos seus proxenitores. Era unha empregada que atendía e lle daba agarimos. Con todo, ela fixábase no proceder dos seus. Sobre todo, no da avoa materna, á que consideraba excepcional, soberbia. De maior, quería ser coma ela.
Xa no colexio, na compaña de dona Celia, a súa tartaruga, tentou materializar todos os seus anhelos: incluso o de namorar a don Amador, o crego. As monxas xa non sabían a que santo rezar. Raro era o día que a nena non argallase unha desfeita.
15,00 € 15.0 EUR
O ATALLO - Miquel Martin i Serra (Trad. Isaac Xubín)
O narrador e protagonista desta novela vainos contando o seu paso da infancia á adolescencia con tal naturalidade que poderiamos lelo por toda a eternidade. É fillo dos criados dos donos dun chalé no Empordá (Catalunya) e para ir á escola en bicicleta usa un atallo á beira dun estanque de parrulos e un carballo vello e grande. Mais todo está a piques de mudar, non só a súa voz e o seu corpo, tamén a paisaxe na que se criou, transformada pola especulación inmobiliaria. 'O atallo' conseguiu un grande éxito de crítica e público e varios recoñecementos a obra publicada. Mereceu o Premio Maria Àngels Anglada e o Premio Setè Cel. Foi finalista do Premio Òmnium á mellor novela do ano 2020.
18,00 € 18.0 EUR
MULLERES EN COMPOSTELA - Encarna Otero e Luis Ruiz Padrón
Compostela é territorio de mulleres, espazo no que elas traballaron, viviron, crearon cultura, sonrriron, coidaron e pasearon. Mulleres invisibeis, anónimas, silenciadas, esquecidas, e que o debuxante Luis Ruiz Padrón colocou en espazos que elas construíron e deseñaron, que foron lugares dos seus soños, case sempre realizados >>. Con estas palabras, Encarna Otero - historiadora e feminista, como ela se autodefine- introdúcenos nas breves biografías de dezanove mulleres compostelás, coñecidas unhas, case anónimas outras, pero todas importantes para unha cidade que elas axudaron a construir e cuxa actividade se reflicte neste libro nos espazos onde viviron, recreados nas luminosas ilustracións do arquitecto malagueño Luis Ruiz Padrón.
15,00 € 15.0 EUR
AGORA QUE CALA A NOITE - Elba Pedrosa
Voces de mulleres que berran, que se expresan, que se quixan e que se liberan. Voces que lle plantan cara á violencia machista en todas as súas facetas e que reclaman protagonizar as súas propias facetas e que reclaman protagonizar as súas propias vidas. Elba Pedrosa tece nos tres relatos que se entrecruzan en Agora que cala a noite unha narración viva, directa e actual.
17,00 € 17.0 EUR
VOCACIÓN DE LIBERTAD - Alejandro Pedregosa
Una biografía cautivadora que pone en valor la figura de una intelectual pionera desterrada de la memoria colectiva.
14,00 € 14.0 EUR
AS NAIS NON - Katixa Aguirre
Unha nai que —supostamente—afogou na bañeira os seus bebés xemelgos. Unha escritora que no momento de parir o seu primeiro fillo se decata de que coñeceu a —suposta— asasina cando eran mozas. Unha novela moderna,que xoga con mestría coa narración e a reflexión. Katixa Agirre conseguiu un grande éxito internacional con esta obra. Unha visión literaria sobre a maternidade que provoca a reflexión e o debate.
19,00 € 19.0 EUR
GALICIA, UN MUNDO POR DESCUBRIR
Una guía a todo color de fotografías de Galicia, acompañadas de textos en castellano e inglés, para descubrir toda la riqueza natural y arquitectónica de esta tierra.
20,00 € 20.0 EUR
TRABALLADORAS DA LIBERDADE - Basado en Rosa M. Ferreiro
Once mulleres, once relatos. Lembranzas todas do período máis difícil da historia recente do noso país, que determinou a vida das súas familiase as súas propias.
15,00 € 15.0 EUR
CARMIÑA SIERRA - Aurora Marco
Entre as poucas mulleres que ingresaron no Seminario de Estudos Galegos en 1923, a primeira admitida naquela entidade científica, a poucos días de se constituír, foi unha cesureña que percorreu case todo o século XX, Carmiña Sierra Domínguez (Pontecesures, 1906-Caracas, 1996). Esta obra de Aurora Marco descúbrenos unha biografía totalmente descoñecida . Carmiña Sierra estudou Filosofía e Letras en Compostela, obtivo unha cátedra de Literatura Española e exerceu en varios centros de ensino medio fóra de Galiza. Tras a sublevación militar, rexentou co seu home unha granxa en Cortinallas (Pontecesures) e, tras ser detida polo súa militancia política e compromiso antifranquista, estivo tres anos encarcerada en Ventas. A comezos dos anos 50 exiliouse en Venezuela.
19,50 € 19.5 EUR
TRANSICIÓN ECOLÓXICA (Manual de uso) - Varios
O cambio climático e o esgotamento dos recursos provocarán crises cada vez máis dramáticas se non reaccionamos con moita rapidez. A boa nova é que existen solucións e que non teñen por que ser punitivas: ao contrario, poden permitirnos vivir mellor. Apostar pola transición ecolóxica non significa propor un simple reverdecemento ádo sistema actual, senón adoptar un novo modelo económico e social, que rompa coa ditadura do PIB. Un modelo que renove as nosas formas de consumir, producir, traballar e convivir; que favoreza o pracer, as relacións, o tempo libre; que permita e fomente a participación da cidadanía.
18,50 € 18.5 EUR
O CONTO DE TRADICIÓN ORAL - Camiño Noia Campos
Un breve ensaio composto por seis capítulos nos que se fala da historia e caracterización do conto popular de tradición oral. Desde a creación no século XIX da nova disciplina do folclore a partir da publicación dos contos dos Irmáns Grimm, analízase o conto como xénero narrativo da oralidade fronte á lenda; preséntanse as teorías sobre a orixe dos contos, os traballos inaugurais da Escola de Folclore de Helsinki e dos seus continuadores e analízanse os tipos de contos. Finalmente constátase a relación entre a oralidade e a escritura na que viviron gran parte dos contos orais e a utilización dos contos en psicoloxía e psiquiatría como representacións simbólicas e en antropoloxía como representación da sociedade real.

5,00 € 5.0 EUR
CONTOS DE SEU - Xosé Tomás
"Contos de Seu" é unha homenaxe. A un autor, Ánxel Fole, e, sobre todo, a unha visión do mundo, que é o que unha cultura ten e a fai ser o que é: a súa mirada.

Unha mirada que esculca, amable na dureza, de verdades suxeridas, e de estoica aceptación das cruezas da existencia. Esa mirada desta cultura, a galega, é a que tan maxistralmente plasmou Fole na súa obra, nos seus contos. Personaxes narrados e vivencias descritas, riqueza nas palabras e nos recantos dos pensamentos, retrato fotográfico de lugares e momentos, de relacións vitais, dun universo que foi.
10,00 € 10.0 EUR
IRMÁS - Oito diálogos contra a desmemori- Varias
Oito escritoras actuais renden homenaxe a algunhas das mulleres máis destacadas na Galicia do período 1916-1936. Mujeres que, desde logo, non correron a mesma sorte que os seus contemporáneos, homes, que si permanecerían nas páxinas da nosa Historia formando parte das coñecidas como Irmandades da Fala.
A través de poemas, relatos ou ilustracións, en Irmás. Oito diálogos contra a desmemoria (Alvarellos Editora) conflúe a mirada de oito mulleres do pasado e oito do presente. Este volume xorde a partir do «Proxecto Irmás», impulsado por Culturalia GZ, a entidade que comanda o escritor e activista cultural Martiño Maseda. A obra está coordinada pola tamén escritora, e docente, Beatriz Dourado.
14,00 € 14.0 EUR
MEMORIAS DUN EXGALEGO - Josiño Araújo
"Comecei a odiar a miña familia o día en que nacín". Así arrinca esta biografía de odio. Anxo, o seu narrador e protagonista, é a personificación do autoodio: despreza as súas orixes, a súa terra e a súa clase social. Odia a súa deforme nai, o seu fracasado pai, o seu beato irmán, a súa rancorosa avoa e o seu inútil único amigo. Odia o cheiro da súa vila mariñeira, odia os seus veciños pailáns e odia a súa rústica lingua. Cre que a vida lle ten preparado algo mellor que a mediocridade que o rodea, que a súa beleza e o seu intelecto merecen algo máis, polo que o seu único obxectivo é marchar e romper para sempre cos vínculos que o atan ao lugar e ás persoas que o viron nacer. Ninguén o deterá no seu camiño ao "éxito". Nesta novela acompañamos a Anxo na súa fuxida das orixes e asistimos abraiados e, en moitas ocasións, mortos de risa, ao seu fulgurante ascenso ao máis baixo. Vantaxista, disoluto, libertino e tamén ruín, perverso e depravado son algúns dos adxectivos que adornan este odiador que, de xeito descarnado e hilarante, nos narra a súa vida. En certos momentos quizais nos lembre, por razóns moi diversas, outros personaxes literarios como Ignatius J. Reilly de A conxura dos necios ou Adrián Solovio de Arredor de si. Unha novela picaresca que nos atrapará coa súa hábil construción de caracteres e co seu trepidante ritmo cinematográfico. Atención ao inesquecible final.
21,95 € 21.95 EUR
CANCIONERO DO FISTERRA GALEGO III - Manuel Quintáns
A literatura popular interésase por aquilo que é motivo dos desacougos e inquedanzas da comunidade, dos seus soños e esperanzas, das súas ledicias e satisfacións. Lembrando (contos e lendas), aconsellando (ditos e refráns), cantando (cancioneiro)... Na crenza, sen dúbida, de que é mesmo o esquecemento, en canto forma sobre todo de ignorancia, o maior atranco no desenvolvemento e progreso da comunidade, do ser humano. Só seremos dende o coñecemento de quen somos e quen queremos ser.
16,00 € 16.0 EUR
CANCIONERO DO FISTERRA GALEGO I - Manuel Quintáns
Inclue os cancioneiros particulares do home, da muller, de vellos e vellas, da familia, do casamento e do amor.
15,00 € 15.0 EUR
CANCIONERO DO FISTERRA GALEGO II - Manuel Quintáns
Este segundo tomo do Cancioneiro do fisterra galego inclúe os cancioneiros particulares " do traballo" (oficios e profesións, o mar e o campo), "do tempo", "dos valores", "de santos e romarías", "de curas, santos, demos e meigas", Un conxunto que debuxa o mundo material e espiritual desta comunidade humana do noso Fisterra.
14,00 € 14.0 EUR
A NENA DO VESTIDO DE FLORES - Manuel Fontemoura
Dania Vitoria é unha nena de once anos con dous ollos, dúas pernas, dous brazos, unha cabeza… vaia, o normal. Mais quen quere ser normal? Dania Vitoria é tamén unha nena Asperger. Asperger? Vaia palabra tan rara e tan mal entendida!

Velaquí a historia dunha nena dotada dunha grande imaxinación para quen todos os días teñen a súa propia aventura.
15,00 € 15.0 EUR