Por unha compra superior a 50€ gastos de envío gratis. 

Se hai algún libro que non atopas, conseguímolo!

                                                                                                                                                            
LA FLOR, A MI MADRE, POESÍA DISPERSA E TRADUCIÓNS - Rosalía de Castro
Despois de «Cantares gallegos» (1863), «Follas novas» (1880) e «En las orillas del Sar» (1884), esta entrega, que recolle o resto da produción poética de Rosalía de Castro, acaba por completar un conxunto lírico extraordinario que converte a autora nun referente contemporáneo da literatura europea. «La flor» (1857), «A mi madre» (1863) e o conxunto da súa poesía dispersa e traducións, entre o que hai verdadeiros tesouros poéticos, enriquecen e completan un proxecto de sólida envergadura e acaban de perfilar con sorprendentes achegas unha figura única e irrepetible das letras galegas e españolas. Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaísta, ademais dos seus estudos sobre Méndez Ferrín («A espiral no espello. Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego»), vén centrando as súas investigacións no Rexurdimento (Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Fernández Morales) e nas súas orixes (o Padre Sarmiento). Esta edición crítica de «La flor, A mi madre, poesía dispersa e traducións» ofrece, ademais dun longo estudo introdutorio, un detallado repertorio de notas sobre os textos e pormenorizados comentarios de cada un dos poemas.
22,95 € 22.95 EUR
EN LAS ORILLAS DEL SAR - Rosalía de Castro
Despois de «Cantares gallegos» (1863) e «Follas novas» (1880), «En las orillas del Sar» (1884) é un salto adiante e definitivo por parte da autora á hora de situarse na literatura moderna europea, na «Weltliteratur». Contrariamente á visión da obra como unha dimisión, demóstrase aquí o seu intenso carácter nacional galego, tanto no histórico-político, como no cultural ou literario. O Sar da Terra de Iria e de Compostela-Conxo é o río da vida da autora e mailo río da súa literatura. Agora que se apaga e que remata, Rosalía edifica unha extraordinaria arquitectura lírica e formal para o acabamento, para as súas voces e os seus límites, para as súas dúbidas e abismos. «En las orillas del Sar» é final e cume dunha escritora extraordinaria. Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaísta, ademais dos seus estudos sobre Méndez Ferrín («A espiral no espello. "Bretaña, Esmeraldina" e o sistema literario galego»), vén centrando as súas investigacións no Rexurdimento (Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Fernández Morales) e nas súas orixes (o Padre Sarmiento). Esta edición crítica de «En las orillas del Sar» ofrece, ademais dun longo estudo introdutorio, un detallado repertorio de notas sobre os textos e pormenorizados comentarios de cada un dos poemas.
23,50 € 23.5 EUR
A XUSTIZA POLA MAN - Violencia e conflitividade na Galicia comtemporánea - VVAA
«A xustiza pola man» achega unha panorámica sobre as formas de conflitividade e violencia cotiá na Galicia contemporánea. Partindo dunha óptica común, inténtase comprender a sociedade a través dos conflitos e dunha das súas posibles derivacións, a violencia, entendida esta non como unha manifestación de irracionalidade, senón como síntoma das oposicións e loitas de poder inherentes a calquera comunidade. En definitiva, preténdese expoñer unha visión afastada dos estereotipos que afondan nunha Galicia resignada aos designios do poder imperante. «Un análisis novedoso, detallado y coherente sobre la violencia en el pasado que descubre las diferentes caras de la violencia, sus mutaciones y el lugar central que ha ocupado en la historia». Óscar Bascuñán Añover (Universidad Complutense de Madrid). «Uma obra de leitura indispensável e urgente para quem deseje pensar a Galiza num tempo longo, além dos estereótipos sobre o conflito e a violencia». Paula Godinho (Universidade Nova de Lisboa). «No tempo do retorno da política do medo e do neofascismo, estudar a violencia contribúe a suspender a súa aparente irracionalidade e axuda a entender o pasado e o noso presente». Álex Alonso Nogueira (City University of New York).
26,95 € 26.95 EUR
A BARCELONESA - Xabier Paz
En «A Barcelonesa» a morte desencadea a narración. Un edifico notable, que liga a montaña luguesa coa Habana, coa Mariña e coa cidade da Coruña, atravesa tres xeracións como testemuña dos seus avatares e define o espazo vital de avós, pais e fillos. Nesta novela tan persoal, Xabier Paz reconstrúe, coa súa habitual vocación estilística, os case cen anos de tensión entre a vida familiar e os acontecementos sociais que conforman as biografías particulares e vontades dos personaxes: a emigración cubana, o retorno triunfal, a guerra, a ruína económica e a loita pola supervivencia érguense como metáfora do país. A memoria vai compondo esta narración a dúas voces nun intento de completar a mera visión individual. Os dous narradores coa mesma partitura interpretan cadencias ben diferentes. O contraste entre a visión sensual e distante coa máis íntima e identitaria permite a contemplación contrastante dun pasado común. O edificio familiar, cumpridos os cen anos, aparece como sede da memoria doméstica e social, lugar onde reclamar os ausentes.
19,50 € 19.5 EUR
A TETA SOBRE O SOL - Olga Novo
Desde todos os confíns da terra e dos tempos se sabe onde residen a beleza e a verdade, aínda que todo se cale e todo se tema porque a paixón se controla furiosamente baixo o disfrace do decoro, baixo a presión da conveniencia, baixo as sete chaves do inferno da mentira e do desamor. Por iso onde escribamos lugar entenderán patria e onde digamos desexo entenderán provocación: todo se distorsiona nos ollos que miran pero non ven e nas palabras que xulgan pero non crean.
12,95 € 12.950000000000001 EUR
POESÍA REUNIDA - Xela Arias
O volume Poesía reunida (1982-2004) dá conta da obra poética de Xela Arias e quere contribuír á súa difusión e coñecemento. A escritora ocupou un lugar de seu na cartografía literaria das últimas décadas e a súa obra está en consonancia coa renovación do discurso poético producida dos anos 80 en diante, así como coa proliferación dos discursos do feminismo, aos que acompañou como pioneira. Xela Arias, que manifestou en numerosas ocasións un sentimento de soidade xeracional, reivindicou a condición de muller escritora e reaccionou con contundencia contra o carácter invisibilizador das etiquetas. Para ela, a poesía era «un trato coa búsqueda da vida poderosamente iluminada». Edición, introdución e notas de María Xesús Nogueira Pereira.
23,95 € 23.95 EUR
CANCIÓNS - Xela Arias
«Cancións» contén as letras que Xela Arias escribiu para o grupo de rock vigués Desertores na segunda metade da década dos anos 80 e un CD da banda gravado en xullo de 2021 que reúne todos os temas escritos pola poeta. Como di Teresa Cuíñas Lavandeira no limiar, estas cancións «son unha mostra do diálogo poético e musical que cultivou durante toda a súa vida». «Teño que recoñecer que me sinto moitísimo máis influída polo mundo do rock'n'roll que polo dos poetas galegos», declarou no seu día Xela Arias. Patti Smith, Lou Reed, Radio Futura ou Joy Division estiveron detrás do pulo creativo dunha poeta que sempre procurou a complicidade da música.
15,50 € 15.5 EUR
NÓS NUS - Olga Novo
«Nós nus», é unha mestura de líquidos íntimos que tiran do poema coma dun becerro. Os deste libro son versos que levan o erotismo do corpo, do sacho e do alpendre no seu útero de bruxa. A autora abriu as coxas e pariu a verba.
13,50 € 13.5 EUR
INTEMPÉRIOME - Xela Arias
«Intempériome», o derradeiro libro de poemas publicado por Xela Arias en 2003, racha, desde o propio título, as convencións lingüísticas para facer un uso libre, exploratorio e rebelde da sintaxe e da voz, examinando o territorio da existencia, do amor e da morte. A través dos versos flúe a sinceridade dunha poeta aberta, espida, que rompe a palabra para inxectarlle significados contestatarios e invocar a lectora ou lector a que se libere da alienación. En palabras da poeta Iolanda Zúñiga, que se dirixe a Xela Arias no limiar do libro, «Íspeste para asimilar, sen estorbos, o alento do suburbial». Esta edición contén un CD coa gravación dos poemas na voz de Xela Arias acompañada dos músicos Pablo Carrera, Macarena Montesinos e Elena Vázquez, baixo a dirección de Fernando Abreu.
15,50 € 15.5 EUR
SONORA - Chus Pato
«Sonora» é unha conversa entre o poema e a morte. Sonoro é o ollo do lago: algo cae e produce nove acordes, nove ondas no fulgor da noite. Sonora é a alianza que se herda, o anel que grava o nome na cara interna do metal. Sonoro é o coito, a éxtase. Sonora, a orfandade materna que sitúa a escrita deste libro na rompente da estirpe.
12,95 € 12.950000000000001 EUR
DENTE DE LEITE - Arancha Nogueira
dente de leite é ante todo un libro nostálxico, sobre a inocencia perdida, que parte do recordo dun verán na infancia. O cotián, desde a tenrura e a lucidez dunha nena, vai amparado na figura totémica da nai, omnipresente no proceso de aprendizaxe da cativa, malia que no futuro a lembranza converte a nai nunha estraña, como case todo o que poboaba a nenez. En dente de leite, amais de ollar a maternidade desde os ollos da filla, Arancha Nogueira constrúe a narrativa das medras nun poemario agridoce pero cálido, que abeira a infancia e a idade adulta dunha xeración que ansía o regreso da protección constante, da emoción da descuberta.
14,50 € 14.5 EUR
OS SERES QUERIDOS - Berta Dávila
Cinco anos despois de ser nai, a protagonista desta novela atópase inesperadamente na disxuntiva de decidir se quere volver selo ou non. O recordo doloroso do primeiro ano de crianza do seu fillo devólvelle un reflexo da experiencia que non resulta doado encaixar, atravesado pola culpa e o arrepentimento. Desde o relato das derradeiras semanas do ano, onde as reunións familiares se mesturan con acontecementos repentinos, a narradora fálanos da familia e da parella, dos lazos que non se escollen, pero tamén do loito, da amizade e da capacidade da literatura para recoller aquilo ao que nos custa poñerlle nome. Berta Dávila configura en «Os seres queridos», Premio Xerais de Novela 2021, un autorretrato incómodo sobre o que significa o amor maternal, unha historia que afonda nas arestas controvertidas da maternidade e confronta o relato edulcorado. Pero, por enriba de todo, a autora constrúe unha novela sobre os vínculos que nos atrapan e nos sosteñen, sobre se iso que somos é tamén o que queremos ser.
16,95 € 16.95 EUR
OS ANOS TRANQUILOS - Llerena Perozo Porteiro
Cando María García nace, a comezos do século XX nunha aldea da montaña asturiana, as súas cartas semellan estar botadas. Todo parece indicar que o destino dela será medrar, vivir e morrer onde naceu. Mais aquela rapaza, que cría contar coas súas mans como único patrimonio, descubrirá axiña un comodín extraordinario que lle vai permitir percorrer medio mundo: a súa mente prodixiosa. Coa imaxinación, co instinto e coa intelixencia, María sorteará os mares bravíos das normas, vencerá atrancos e prexuízos e superará fronteiras físicas, mentais e sociais. «Os anos tranquilos» é a historia vertixinosa dunha muller extraordinaria que, ademais de traballar coas súas mans, pode ser quen de vivir como unha gran señora pola súa capacidade de aprendizaxe e mesmo, cando é preciso, empregar as armas necesarias para matar.
19,50 € 19.5 EUR
XA VEMOS PALMEIRAS - Ana Cabaleiro
Vinte persoas descoñecidas van pasar unha fin de ano ao deserto de Merzouga, no Sáhara marroquí, unha viaxe organizada que atravesa o país. Non é máis ca unha excursión ordinaria que calquera podería facer cun todo terreo e cun simple mapa, pero acabará por converterse nunha travesía singular, liderada por un guía fumado e dous condutores bérberes esquivos. Desa experiencia, unha das viaxeiras volve convencida de que, durante unha noite que dormen ao raso, foi trabada por un espírito do deserto e que desde entón anda polo mundo agoniando cunha brasa dentro. É a única viaxeira galega, unha rapaza de aldea que de pequena soñaba con explorar o continente africano e que de adulta se debate entre a vulgaridade do turismo e o feitizo da literatura e do mito.
17,50 € 17.5 EUR
ANALFABETA - Érica Esmorís e Dani Padrón
Teño cinco anos e xa sei ler e escribir. A maioría dos meus compañeiros ten seis e non len nin escriben tan ben coma min. Mesmo hai un neno que apenas le e só escribe o seu nome. Eu chámolle analfabeto e os meus compañeiros rin. Pero el non. Tampouco se enfada. Non sabe que é o peor insulto do mundo.
15,95 € 15.950000000000001 EUR
ANTOLOXÍA DA LÍRICA GALEGO-PORTUGUESA
Esta Antoloxía da lírica galego-portuguesa é unha obra monumental. A través dela, os lectores e lectoras galegos teñen acceso, por primeira vez desde unha edición galega, a un corpus tan amplo como xeneroso da nosa lírica medieval. Da man do especialista en estudios literarios medievais Xosé Bieito Arias Freixedo ofrécese por fin a oportunidade de acceder ao máis salientable do cancioneiro profano -cantigas de amigo, cantigas de amor e cantigas de escarnio e maldicir-. Poemas de Martin Codax, Airas Nunes, Don Dinis, Meendinho ou Pero Meogo, por só citar algúns entre unha amplísima nómina de autores e de textos seleccionados, dispostos nunha edición que conta cun amplo e accesible estudio introductorio e que analiza e nos guía, con erudición e sinxeleza, por este tesouro literario que é a nosa lírica medieval.
36,50 € 36.5 EUR
A PARTE FÁCIL - Ismael Ramos
As personaxes deste libro están medrando. Ou quizais non se decaten de que xa remataron de medrar. Da adolescencia á trintena, as voces que tecen "A parte fácil" aprenden a convivir con sentimentos de culpa que non lles pertencen, coa vergonza, con segredos familiares antigos e recentes... A dificultade para comunicarse co mundo déixaos illados na inquietante xordeira de quen afunde a cabeza relaxadamente nunha bañeira chea de auga e sopesa a idea de non erguerse nunca máis. Os contos de "A parte fácil" conforman o primeiro libro de narrativa de Ismael Ramos.
17,95 € 17.95 EUR
NINGUÉN MORREU DE LER POESÍA - Aldaolado
Ninguén morreu de ler poesía é unha instantánea do país da poesía, unha postal, unha guía de viaxes, un souvenir, un «estiven en Aldaolado e acordeime de ti». Pégao na porta do frigorífico. Técelle un tapete de fío e pono derriba da tele.
14,50 € 14.5 EUR
ALGUÉN NOS LEMBRARÁ - Antoloxía de relatos LGTBIQ+
Unha casa de bonecas, un campamento, cartas, amigues, tritóns, resacas, amor, odio, coidados, memoria... Moitas son as historias que durante séculos ficaron exiliadas entre as liñas, que non foron permitidas ou que se ignoraron á mantenta. Hoxe as marxes alzan a voz para enunciar con orgullo a narrativa dunha realidade diversa.O que tes entre as mans é unha antoloxía con quince perspectivas novas e diferentes arredor da disidencia de sexo e xénero. Quince voces de ata 30 anos que escriben co convencemento de que, como dixo Safo, "Alguén nos lembrará".
14,90 € 14.9 EUR
HEARTSTOPPER (GAL) - Alice Oseman
O Charlie e o Nick están no mesmo instituto, mais nunca se coñeceron... ata o día en que teñen que sentar xuntos. Axiña se fan amigos, e o Charlie comeza a namorar do Nick, aínda que pensa que non ten ningunha oportunidade. Mais o amor funciona de xeitos sorprendentes, e o Nick está máis interesado no Charlie do que calquera deles pensa. Este é o primeiro volume da serie best-séller HEARTSTOPPER escrita e debuxada pola autora premiada Alice Oseman.
16,50 € 16.5 EUR
OS SUICIDANTES - Diego Ameixeiras e Tomás Guerrero
Nunha cidade do futuro, devastada por un réxime económico fóra de control, os individuos son arrastrados cara ao abismo. Un camiño que ninguén querería percorrer: o camiño da morte autoproducida, executada coas propias mans. As mentes están atravesadas por unha angustia indefinible e centos de vidas causan baixa definitiva cada día para un sistema que só busca a supervivencia da produción. Pero Marion, a pesar de todo, é unha resistente. E non só porque estea evitando inflixirse a morte, senón porque nela comeza a nacer unha resposta a esa tiranía que alimenta, contra os seus propios intereses, a propagación dunha doenza chamada «A gran dor». Aínda que non está orgullosa do seu traballo, Marion leva tempo sendo unha suicidante. Unha operaria da destrución. Aplaca o suplicio mental dos seus clientes a cambio de diñeiro. Mata, elimina, liquida. Pertence a unha banda armada que opera contra o réxime, pero sen cuestionar a súa brutalidade. Ata que chegue o día en que quizais mude o vento da traxedia.
18,95 € 18.95 EUR
DONA PROBLEMAS, SALVADORA DA ESCOLA - El Hematocrítico
Durante unha das súas misións, Carlota, Dona Problemas, ten un accidente cun mestre, e este ten que coller uns días de baixa. A substituta será, nada máis e nada menos, que A Túa Profe Riquiña, unha «influencer» especializada en educación que, ademais, expón toda a súa vida nas redes. O que podía parecer algo superdivertido, convértese nunha tortura para os estudantes, e Dona Problemas terá que usar todo o seu enxeño para salvar a escola.
12,50 € 12.5 EUR
O CLAN DAS BARBIES - Antía Yáñez
Nun mundo onde semella que os cartos poden comprar todo, tres persoas atópanse na clínica de fertilidade Eva. Non se coñecen, pero ese encontro fortuíto será o inicio dunha amizade xurdida da desesperación e da carraxe. A Alma gustaríalle ser invisible, pero as cargas familiares, as do presente e as do pasado, impídenllo. Carla fixo o imposible por salvar un pai que só sabía querer unha muller morta. An loitou desde ben pequeno por cumprir coas expectativas da nai, mesmo se tiña que esquecerse da súa propia identidade. Nesa sala de espera comezan a entender que o pecado orixinal que arrastran non é culpa súa, e que todo sacrificio ten un límite. Estas tres vidas entretécense ata que as costuras non dan máis de si, rebentando de forma violenta e dando paso ao que realmente agochaban debaixo: vinganza. Antía Yáñez proponnos, a través da historia deste clan de subalternas, un antídoto cheo de furia e sororidade co que facer fronte á precariedade, á discriminación e á explotación. Porque a violencia nunca é a solución. Ata que o é.
18,50 € 18.5 EUR
HEARTSTOPPER 2 (GAL) - Alice Oseman
O Nick e o Charlie son mellores amigos. O Nick sabe que o Charlie é gay, e o Charlie está seguro de que o Nick non o é. Mais o amor funciona de xeitos sorprendentes, e o Nick está a descubrir todo tipo de cousas sobre as súas amizades, a súa familia... e sobre si mesmo. Este é o segundo volume da serie best-séller Heartstopper, escrita e debuxada pola autora premiada Alice Oseman.
16,50 € 16.5 EUR
ALÉN DA NÉBOA - Pedro Rodríguez Villar
Ata onde estarías disposto a chegar para evitar a tristeza? Mario leva tempo pensando en acabar coa súa vida e decide apuntarse a un novidoso programa de doazóns de felicidade a través do que consegue toda a alegría de Lucky a cambio da súa tristura. Ledicia naceu en Baroña, unha aldea illada por unha densa néboa onde todos deben medrar felices para poder salvar os seus deuses abatidos. Escudriñando as vidas de Ledicia e de Mario descubriremos unha sociedade que, como a nosa, loita por curar a súa tristeza e ansiedade, pero... a que custo?
15,50 € 15.5 EUR
FURIA - María Reimóndez
Tras a morte da súa nai, Cecilia, unha adolescente de dezaseis anos, non sabe como convivir coa dor. Por se non fose pouco, unha pandemia, un cambio de casa, a precariedade e a incomunicación coa súa tía avoa énchena de rabia ante o mundo que a rodea. Cando a cousa parece que xa non podería empeorar máis, atópase co boxeo. Grazas a este deporte e a unha serie de persoas que a acompañarán, Cecilia atopa a confianza nas propias forzas para buscar unha vida plena, para atopar o seu lugar seguro. "Furia" non é só a historia dunha moza que se enfronta á perda e á dor, senón unha reflexión sobre os afectos e o valor verdadeiro, un canto de amor ao boxeo e unha constatación da importancia de termos sempre alguén na nosa esquina que nos guíe á hora de evitar os golpes eludibles e nos acompañe para encaixar os inevitables.
12,95 € 12.950000000000001 EUR
GUÍA DAS PLANTAS DE GALICIA - Xosé Ramón García
A "Guía das plantas de Galicia", do botánico Xosé Ramón García, é un instrumento imprescindible para o coñecemento básico da actual flora do noso país. A partir dunha terminoloxía sinxela, permítenos a determinación polo miúdo das especies que os estudosos e afeccionados poden atopar nas saídas ao campo ou nos paseos pola súa contorna. O libro comeza cunha introdución xeral que trata da recolección, preparación e conservación das plantas, nomenclatura botánica, posibilidades que ofrece Internet e xeoloxía de Galicia. Contémplase a normativa legal actualizada sobre protección dos hábitats naturais e a listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial de Galicia, que inclúe o "Catálogo galego de especies ameazadas", así como o "Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España". Ademais, en cada especie tratada indícase a categoría con que pode estar no devandito catálogo, así como a posible consideración de invasora pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN). Logo, aborda a obra as claves que permiten a determinación ata o nivel de especie ou subespecie, para entrar nas fichas descritivas dos 1715 taxons (a maioría dos que en Galicia existen), indicándose o nome considerado correcto, sinónimos máis habituais, nomes populares en galego, castelán e inglés, descrición -con especial atención ás características que teñen valor diferencial-, hábitats máis habituais e fenoloxía da floración. A "Guía das plantas de Galicia" contén, ademais, 1493 fotografías que ilustran o aspecto xeral da planta ou aspectos relevantes para a súa identificación, así como outro tipo de iconas nos casos que se consideran oportunos. A obra remata cun vocabulario en que se glosan os termos empregados, unha bibliografía básica e un completo índice alfabético.
56,50 € 56.5 EUR
CIRCE - Madeline Miller
CIRCE. UNA HEROÍNA. UNA HECHICERA. UNA MUJER QUE ENCUENTRA SU PODER. CAERÁS BAJO SU HECHIZO. En el palacio de Helios, dios del sol y el más poderoso de los titanes, nace una niña. Pero Circe es una niña rara: carece de los poderes de su padre y de la agresiva capacidad de seducción de su madre. Cuando acude al mundo de los mortales en busca de compañía, descubre que sí posee un poder, el poder de la brujería, con el que puede transformar a sus rivales en monstruos y amenazar a los mismísimos dioses. Temeroso, Zeus la destierra a una isla desierta, donde Circe perfecciona sus oscuras artes, doma bestias salvajes y se va topando con numerosas figuras célebres de la mitología griega: desde el Minotauro a Dédalo y su desventurado hijo Ícaro, la asesina Medea y, por supuesto, el astuto Odiseo. Pero también la acecha el peligro, y Circe concita, sin saberlo, la ira tanto de los humanos como de los dioses, por lo que acaba teniendo que enfrentarse con uno de los olímpicos más imponentes y vengativos. Para proteger aquello que ama, Circe deberá hacer acopio de todas sus fuerzas y decidir, de una vez por todas, si pertenece al mundo en el que ha nacido o al mundo mortal que ha llegado a amar. Repleta de personajes de una intensidad inolvidable, con un estilo cautivador y un suspense apasionante, "Circe" es todo un logro narrativo, una embriagadora épica de las rivalidades familiares, las intrigas palaciegas, el amor y la pérdida, así como una celebración de una fuerza femenina indómita en un mundo de hombres.
11,50 € 11.5 EUR
UN ANARQUISTA - Diego Ameixeiras
Barcelona, primavera de 1977. Miguel Duarte acaba de chegar á cidade. Ten vinte anos, traballa de camareiro no Nebraska, un bar das Ramblas onde o patrón soña con películas do Oeste, e vive agardando algunha experiencia que o eleve por enriba da súa timidez. Para iso está Montse, unha estudante de familia acomodada pola que se sente atraído dende hai tempo. Con ela experimentará o amor, o sexo, os praceres da vida. Pero está, sobre todo, unha cidade disposta a pisar o acelerador da historia: Barcelona experimenta un renacemento do movemento anarquista que se enfronta aos consensos da Transición. Duarte, personaxe desconcertante para algúns, capaz de acoitelar un home por vinganza, enérxico militante antiautoritario para outros, verase envolto nesa corrente que o arrastrará ata o caso Scala. Entre a ficción e a crónica histórica, cun pé nos feitos reais e outro na pura fabulación, esta novela recrea os sucesos máis vibrantes daquela breve primavera libertaria. Unha loita social que sería desbaratada, en xaneiro de 1978, polos servizos de intelixencia da Policía. Queda unha pregunta: quen era Miguel Duarte?
17,50 € 17.5 EUR
PEL DE CORDEIRO - Ledicia Costas
Catarina pertence a unha estirpe de bruxas. Herda da súa avoa o oficio e afonda nos segredos das plantas medicinais. Críase nunha consulta demencial, onde acoden enfermos con todo tipo de doenzas. Nos últimos anos da Inquisición, no medio da fame e a miseria, elas son o máis semellante a un doutor que existe en Merlo, pero cunha diferenza: son necesarias pero tamén odiadas. Lola é unha muller do século XXI que atravesa unha crise persoal. Entra en contacto cunhas forzas que non comprende. A ruptura coa súa parella, as súas dúbidas sobre a maternidade e o desbloqueo de recordos que tiña esquecidos provócanlle un colapso. Ledicia Costas afonda no espertar sexual, na violencia e na maxia con grandes doses de fantasía. Unha novela hipnótica, que explora o erotismo e a escuridade e nos envolve nunha atmosfera tan terrible como preciosa.
19,50 € 19.5 EUR
O SEGUNDO SEXO (Simone de Beauvoir)
Coa publicación desta segunda entrega d' O segundo sexo culmínase felizmente o proxecto de ofrecer en galego unha obra clave para entender o universo das mulleres e as coordenadas do feminismo, ao tempo que as nosas letras se enriquecen cun texto fundamental para a humanidade que xerou, despois de sesenta anos da súa aparición, unha rede de pensadoras e activistas que transcende xeracións, clases e países. Neste volume, «A experiencia vivida», Simone de Beauvoir analiza a situación de opresión que viven as mulleres na sociedade. Na primeira parte, «Formación», estuda a infancia, a adolescencia, a mocidade e a iniciación sexual; incorporando o lesbianismo. Continúa na segunda, «Situación», analizando varios aspectos da figura adulta femenina, como a muller casada, a nai, a vida social, a prostitución, a madurez e a vellez. Prosegue na terceira, «Xustificacións», abordando diferentes actitudes das mulleres, retratando á «narcisista», á «namorada» e á «mística». Finaliza, na derradeira parte da obra, «Cara á liberación», propoñendo no seu único capítulo, «A muller independente», as dúas vías que teñen as mulleres para saír da súa situación de opresión, sen obviar as dificultades que atoparán nesa loita: a independencia económica como presuposto de calquera otra emancipación legal, social ou xurídica e a loita das mulleres como colectivo consciente da súa opresión.
33,50 € 33.5 EUR
UN CAN - O hematocrítico
Moncho é un can, aínda que algúns non queiran recoñecelo. Un conto de humor sobre o dereito a ser diferente.
11,50 € 11.5 EUR
O CERVO E A SOMBRA - Diego Ameixeiras
Mateo, o protagonista desta vibrante e conmovedora novela de Diego Ameixeiras, tenta saír adiante vendendo cocaína e deixándose enredar polos estraños negocios que lle ofrece Silvio, o seu mellor cliente e un vello amigo co que se sente en débeda. Ao mesmo tempo, mentres se esforza en superar a morte dos pais nun accidente de tráfico, ocúpase de atender a Eulalia, unha mestra xubilada que xa non pode levarlle flores ao seu irmán morto. Na loita por superar a orfandade e non renderse ante as circunstancias, Mateo procura o apoio de Andrés, un sacerdote que anos atrás o axudou a desintoxicarse e agora insiste en solucionarlle as dúbidas de fe. A inesperada aparición de Irene na cidade, unha relación que o marcou para sempre, e o descubrimento da Barronka, un edificio rehabilitado por un grupo de anarquistas, prenden en Mateo unha chama de esperanza para seguir vivindo. Pero os seus terrores non están dispostos a abandonalo. Todo é unha lembranza. A lembranza bañada en sangue dos derradeiros días da súa vida.
18,95 € 18.95 EUR
RETORNO - María Reimóndez
Nun mundo onde a «Cobiza» deu paso á destrución, no momento en que as «Multitudes» se atopan na encrucillada, «Retorno» desentraña as capas que compoñen a cerna desta «Triloxía dos seres completos». Nesta nova e derradeira novela conflúen todas as voces, os tempos e as historias dos libros precedentes para enfrontarse a unha pregunta vital: en mans de quen deben estar as decisións que determinan a supervivencia do planeta? Unha vez máis, Reimóndez tira da filosofía, da ciencia, da aventura e dunha escrita complexa e profunda para, dende voces que superan o humano, dar unha resposta innovadora e emocionante ás preguntas do presente a través dunha potente historia de ficción.
18,95 € 18.95 EUR
COBIZA - María Reimóndez
Esta apaixonante novela de ciencia ficción feminista foi merecedora do I Premio Pinto e Maragota á diversidade sexual e de xénero organizado polo Concello de Pontevedra e Xerais. O xurado destacou «a súa altísima calidade literaria e unha nova e revolucionaria reflexión sobre a construción do sexo e do xénero, das identidades e das orientacións sexuais, así como unha profunda ollada feminista e ecoloxista na reflexión sobre o futuro do planeta». Luz habita o presente nun mundo que se divide entre os Recunchos e as Capitais, estas últimas só accesibles mediante a chamada «lotería da fertilidade». Gañala implica un acceso descoñecido á opulencia. Nun futuro marcado polo cataclismo denominado a Gran Desconexión, tres seres creados de materia vexetal, pero con forma humana, son capturados por un barco negreiro para chegar a un continente descoñecido. Aquí descubrirán como os seus corpos son clasificados como mulleres e comodificados, vendidos, para manter as estruturas de poder dominantes.
19,95 € 19.95 EUR
A CARA DO CORAZÓN - Dolores Redondo
En agosto de 2005, cando o furacán Katrina está a piques de devastar a cidade de Nova Orleáns, Amaia Salazar ten vinte e cinco anos e participa nun curso de intercambio para policías da Europol na Academia do FBI, nos Estados Unidos. Inesperadamente, a subinspectora en prácticas pasa a formar parte do equipo de investigación dirixido por Aloisius Dupree, que persegue a un asasino en serie cuxa estratexia é actuar sempre en escenarios asolados por grandes catástrofes. Será entón cando Amaia Salazar, que con doce anos estivera perdida nos bosques do Val do Baztán durante dezaseis horas, comprenda os motivos polos que o seu propio pasado a converte na elixida. A cara norte do corazón desvela incógnitas e descobre a xénese do vínculo entre Amaia Salazar e Aloisius Dupree, o misterioso especialista en comportamento criminal, ao tempo que nos transporta á infancia de Amaia en Elizondo. A escrita fascinante de Dolores Redondo volve conxelar o alento das lectoras e lectores nesta novela.
26,95 € 26.95 EUR
A HORA DE ESPERTARNOS XUNTOS - Kirmen Uribe
A Karmele Urresti a Guerra Civil sorpréndea na súa Ondarroa natal. Mentres a poboación foxe ao exilio, ela decide quedar curando os feridos e tratando de liberar o seu pai, que foi encarcerado. Ao remate da guerra debe abandonar a súa terra e partir cara a Francia, onde pasa a formar parte da embaixada cultural vasca. Alí coñece ao que será o seu home, o músico Txomin Letamendi. Xuntos percorren media Europa até que, a piques de caer París en mans dos alemáns, foxen a Venezuela. Xaora, a Historia irrompe de novo na súa vida. Cando Txomin decide sumarse aos servizos secretos vascos, a familia regresa en plena Segunda Guerra Mundial a Europa, onde el realiza labores de espionaxe contra os nazis até que é apresado en Barcelona, baixo unha ditadura á que non sobrevivirá. Karmele terá que arriscar a súa vida e partir, soa desta volta, coa esperanza cega de quen deixa atrás o máis prezado. "A hora de espertarmos xuntos" é a gran novela sobre a historia vasca, española e europea desde o século XX até os nosos días.
24,95 € 24.95 EUR
BIRIMBAO - Celso Emilio Ferreiro
A aparición de "Birimbao. Poemas de mí para ti (1937-1939)" supón un verdadeiro acontecemento literario. Esta obra de Celso Emilio Ferreiro desvélanos como é a poesía que o autor de Celanova ideou e escribiu ao longo da guerra civil e axúdanos a entender a xénese da súa expresión poética, que nunca abandonou. Xavier Ferreiro Loredo, fillo de Celso Emilio, mergúllanos nos poemas para analizalos desde unha óptica persoal, organizándoos en tres partes «Poesía de parapeto», «Birimbao: poemas de mí para ti» e «Memorias de mis caminos». O libro tamén incorpora documentos en prosa de Celso Emilio Ferreiro e sobre Celso Emilio Ferreiro, froito dun proceso de intensa pesquisa en arquivos e hemerotecas, e inclúe ademais diversos apéndices documentais e fotográficos. Corenta anos despois do falecemento do autor de "Longa noite de pedra", este libro confirma que esa luz da súa poesía, «o lume que alampea», leva inserida unha forza tan enorme que é capaz de transcender o tempo.
21,95 € 21.95 EUR
POESÍA GALEGA COMPLETA - Ramón Cabanillas
Este volume, preparado polos catedráticos Xosé Ramón Pena e Xosé María Dobarro, reúne todos os poemarios publicados por Ramón Cabanillas, así como a súa obra poética dispersa, introducindo importantes novidades ecdóticas con respecto ás dúas edicións de obra completa anteriores, tanto a publicada en 1959 nun único volume polo Centro Galego de Bos Aires como a editada por Xesús Alonso Montero entre 1979-1981. O establecemento dun novo índice de poemas, a confección dunha táboa de correspondencias entre os textos aparecidos en diversos volumes, a inclusión de numerosas novidades con respecto ao seu lugar de publicación e o rigor na actualización da edición textual fan deste volume un referente para o coñecemento da obra dun poetas primeiros en lingua galega do século XX.
38,95 € 38.95 EUR
DOCES E LAMBETADAS - Receitas con historia - Matilde Felpeto Lagoa
Este é un libro para ler, para aprender a elaborar doces e lambetadas e para gozar da cociña con todos os sentidos. Desde que se comezou a empregar o mel para adozar e conservar alimentos, ou desde que empezaron a elaborarse con améndoa, cereais, leite, ovos, azucre, ata o descubrimento do cacao, do chocolate, da vainilla, da canela e de diversas froitas, transcorren séculos nos que, paralela á historia da humanidade, se vai forxando a historia da gastronomía. Estas elaboracións culinarias naceron ligadas a unha cultura, a un pobo, e outras foron creación dunha cociñeira ou cociñeiro, pero todas se espallaron polo mundo e perduran no tempo. Cada unha das receitas ten unha historia e unha evolución que se conta no libro. Matilde Felpeto ofrécenos máis de 50 deliciosas receitas con historia: desde a torta de Santiago ás filloas, desde as natas de Belém ao mousse de chocolate, desde a torta real de Allariz ao arroz con leite, desde a crema queimada ao tiramisú; mais tamén o pão-de-ló á charlota, os brownies, os melindres, o roscón de reis, a torta San Marcos ou o pudin de castañas, entre outras moitas.
26,95 € 26.95 EUR
ESPERTA DO TEU SONO - Lola Rontano
«Esperta do teu sono» toma como motivo central o conflito da mina de Corcoesto, en Cabana de Bergantiños, para presentar en clave de intriga unha ficción que mestura ecoloxía, desobediencia civil, loita pola terra e solidariedade entre comunidades rurais e urbanas. Entre misteriosas mortes e vellos rancores, Vila Amparo, un porto de mar da Costa da Morte, será testemuña da paulatina toma de conciencia e organización por parte dunha veciñanza que non acepta un destino colonial. O bibliotecario, as profesoras, Vitoria, o percebeiro Urbano, os mestres xubilados, a peixeira Carmela, o Tetris e mais Rou protagonizan un núcleo de resistencia na vila nunha loita histórica que se enfrontou á corrupción das elites políticas e económicas no goberno.
19,50 € 19.5 EUR
SUPER PATACA - Enredo cósmico - Artur Laperla
O Rei Lesma e o seu novo amigo, Rah o Tirano, acaban de estrelarse na cidade. Superpataca acode veloz ao lugar do accidente. O problema agora é: que fai Superpataca co Mastigador, o ladrón que acaba de deter por roubar no banco Ricachón? Precisa ter as mans libres! Por se fose pouco, tres cazarrecompensas espaciais, Raio Cero, a implacable Rigoberta e Óscar o feixoniano, tamén chegaron á Terra á captura dos prófugos. Conseguirá Superpataca poñer orde a esta ensalada?
13,00 € 13.0 EUR
SUPER PATACA - Zort III, O rei extraterrextre - Srtur Laperla
SuperMax era el superhéroe mejor peinado del universo, hasta que... No, no vamos a contarte la historia, ¡Mejor léetela! En serio, no te puedes perder las aventuras de nuestro amigo tubérculo. Por primera vez una auténtica nave extraterrestre visita la tierra. Lástima que sea la nave de Zort Tercero, el terrible Rey Babosa. Con la ayuda de su único subdito, el fiel Robotín, pretende llevarse un recuerdo muy especial de nuestro planeta. Por suerte, Super Patata, incluso sin querer, siempre está donde se le necesita.
12,00 € 12.0 EUR
SUPER PATACA - A orixe de superpataca - Artur Laperla
O maléfico doutor Malévolo transformou a Supermax, o defensor da xustiza co mellor peiteado, nunha pataca. E non só iso, senón que ameaza con transformar en pataca a todo aquel que lle leve a contra. Co que non contaba o doutor Maligno é con que Supermax, aínda que agora sexa unha pataca, non é un tubérculo calquera. É Superpataca.
12,00 € 12.0 EUR
SUPER PATACA - A vinganza de malicia maligna - Artur Laperla
Un polo con insomnio, unha vinganza, un exército de mandrís, o secuestro da encantadora Olivia Perdigón e, por se fose pouco, a cadeliña Trufa brincando e ouveando sen parar. Poderá Superpataca con todo?
12,00 € 12.0 EUR
AMELIA FANG - Baile Barbárico - Laura Ellen Anderson
Le encanta jugar a atrapa el goblin y pasar tiempo con Pulposi, su calabaza de compañía. No soporta el Baile Barbárico que organizan sus padres porque es un aburrimiento total. Ah, y una cosa: Amelia es una vampira. Cuando el príncipe de Nocturnia, que es un mimado, rapta a Pulposi, Amelia y sus amigos tienen que planear un rescate de lo más arriesgado. Pero en el Reino de la Oscuridad no todo es lo que parece... Acompaña a amelia en esta monstruosa aventura. ¡No muerde!
15,50 € 15.5 EUR
LOS SUEÑOS DE DIEZ NOCHES - Natsume Soseki
Al soñar accedemos a una nueva visión de nuestra historia, inalterada por los dictados de la conciencia: aparecen diluidas las exigencias de la razón y toman la palabra, sin orden ni concierto, los deseos, los temores, la memoria… En este relato, Sōseki se interna en el territorio de lo onírico trasladando al papel la materia de sus sueños, y cuanto esta nos revela sobre su vida y la realidad de su tiempo.
10,00 € 10.0 EUR
CHILE 1973-2023 - Contrarrevolución y resistencia - VVAA
Chile 1973-2023: Contrarrevolución y Resistencia es la continuación lógica de La Vía Chilena al Socialismo, 50 años después (2 tomos, 2020). También es un proyecto único en su tipo que reúne un conjunto de trabajos sobre el desarrollo y las consecuencias de la dictadura chilena desde 1973 hasta la actualidad. Sus 59 capítulos, organizados en dos tomos, constituyen un esfuerzo inédito hasta la fecha de un colectivo de alrededor de 200 autores, revisores, correctores, asesores, artistas y editores, coordinados con el objetivo de profundizar la comprensión de las múltiples dimensiones del régimen militar encabezado por Augusto Pinochet, así como de sus efectos en la sociedad chilena contemporánea.

El primer tomo, Historia, recoge trabajos provenientes desde las ciencias sociales y las humanidades sobre distintos nudos problemáticos de la dictadura y de lo que va del ciclo neoliberal. El segundo, Memoria, reúne testimonios y experiencias de una diversidad de militantes, artistas, intelectuales, sujetos del campo popular y de los pueblos indígenas que han impulsado prácticas y experiencias políticas en este mismo período de tiempo. Complementando una perspectiva nacional, en ambos tomos se integran textos que abordan la solidaridad internacionalista con las luchas contra la dictadura, provenientes desde países como Canadá, México, Brasil, Panamá, Cuba, Venezuela, Euskal Herria, España, Estados Unidos, Italia, Reino Unido y Argentina, entre otros.

Juntos, ambos tomos se complementan, entregando una perspectiva original, plural y rigurosa, fundamentada en datos cuantitativos y cualitativos que se podrán conocer con tal de robustecer los análisis de diferentes sectores del campo político, académico y popular.
47,00 € 47.0 EUR
NADA EN COMÚN - José Antonio Buil
"Nada en común" ya es un título, de por sí, provocativo. Atrevido título en unos tiempos donde formar parte de un rebaño de cualquier índole parece obligado para vivir en sociedad. Esa aparente negación absoluta no es lo habitual. A la gente le gusta buscar lo que hay en común, parece que eso les refuerza y les da seguridad. Un libro con este título nos da idea de la fuerte personalidad de su autor.
15,00 € 15.0 EUR
LA SOCIEDAD NO BINARIA - Meg-John Barker e Alex lantaffi
Gran parte del pensamiento de la sociedad opera de una manera muy rígida y binaria: algo es bueno o malo, correcto o incorrecto, un éxito o un fracaso, etc. Desafiando esta limitada forma de pensar, este innovador libro analiza cómo los métodos de pensamiento no binarios pueden aplicarse a todos los aspectos de la vida y ofrecer nuevas y mejores formas de entendernos a nosotres mismes y de relacionarnos con les demás.


Utilizando experiencias de género bisexuales y no binarias como punto de partida, este título aborda las cuestiones clave del pensamiento binario acerca de nuestras relaciones, cuerpos, emociones, bienestar y nuestro sentido de la identidad, y establece una selección de prácticas que pueden ayudarnos a pensar de forma no binaria.


Esta original y reveladora guía fomenta la reflexión sobre cómo vemos y entendemos el mundo en el que vivimos y cómo doblamos, desdibujamos o rompemos los códigos binarios de la sociedad.
20,95 € 20.95 EUR