O proxecto

ULA Libraría Social é unha libraría con tenda física na Serra de Outes, no corazón da Ría Muros-Noia. O obxectivo deste proxecto é principalmente xerar un espazo de confianza e creación accesible para todas as persoas que queiran achegarse a él, tomando de base o traballo entorno á lectura.

ULA ten tres piares fundamentais: a venda de libros e artículos de artesanía na tenda física e online, ser un espazo de actividades socio-culturais e artísticas, e a intervención socio-comunitaria tendo a lectura como base do seu traballo.

ULA A Tenda

ULA A tenda é un espazo localizado na Rúa Capela 11, Serra de Outes (Outes - A Coruña) sendo éste o espazo físico que da terra a este proxecto. Un espazo con libros e productos artesanais, onde atoparás un espazo de lectura con café e té para poder desfrutar dos teus libros nun ambente tranquilo, acolledor e quentiño grazas a nosa estufa e sofás que che farán sentir como na casa. Ademáis, poderás recibir asesoramento sobre os productos e acudir a diversas formacións e actividades que acontecerán no espazo.

ULA Cultural

ULA Cultural é a parte do proxecto que se desenvolverá principalmente no espazo da libraría. Nel podes atopar actividades culturais, sociais, charlas, formacións, recitais e presentacións ao longo do ano, que farán do espazo unha aprendizaxe conxunta. Ademáis, na ULA Cultural hai apertura para novas propostas, polo que se tes algo que ofrecer, non dubides en contactanos polo mail: info@ulalibrariasocial.com

ULA Social

ULA Social é a patiña máis humana e optimista do proxecto. Confía na intervención social e cultural como axente de cambio para conseguir un mundo mellor, fomentando proxectos amigables que teñen como base a defensa e respeito de todas as realidades e procesos. Dentro da ULA Social podes atopar diversas iniciativas no ámbito da:

  • Promoción da lectura na mocidade
  • Campañas de sensibilización
  • Formacións para todas as idades
  • Intervención grupal e comunitaria
  • Programas europeos