Por unha compra superior a 50€ gastos de envío gratis. 

Se hai algún libro que non atopas, conseguímolo!

                                                                                                                                                            
CRONICA VIVA DO PENSAMENTO GALEGO - Marcelino Agís Villaverde
Esta obra viu a luz co obxectivo de sensibilizar e levar
ao gran público unha visión sintética e esencial do que foi a vida e a obra de figuras senlleiras da nosa historia cultural e do presente.Guiado por un talento didáctico exemplar, escrito cun estilo sinxelo, diáfano e atraente, sen pretensión erudita ou sistemática, e penetrado de quentura, humor e subxectividade, é un libro ideal para iniciar e incitar ao coñecemento necesario dos nosos grandes pensadores.
26,70 € 26.7 EUR
ROSALÍA DE CASTRO - Cantos de independencia e liberdade (1837-1863) - María Xesús Lama
Esta obra recibiu unha axuda á edición do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. “Premio Fervenzas Literarias 2017 ao Mellor Ensaio do ano”. "Premio Nacional de Ensaio 2018"
Neste primeiro volume da biografía de Rosalía de Castro nárranse as súas orixes familiares e os seus anos de mocidade. María Xesús Lama, profesora de estudos galegos na Universidade de Barcelona e editora de Cantares gallegos, pescuda con rigor e admiración, con obxectividade non exenta de paixón, na vida da poeta en Galicia e Madrid nun tempo de ideais e de aprendizaxe para a mocidade que na segunda metade do século XIX decide intentar vivir da pluma. A autora aproveita as últimas descubertas da investigación filolóxica e histórica para afondar nas viraxes inesperadas que obrigan a poeta a regresar a Compostela coa carga dunha responsabilidades familiares que lle fan reconsiderar a orientación da súa vida.
27,90 € 27.900000000000002 EUR
MIGRANTAS - María Alonso Alonso
é un libro de conversas coas que marcharon forzadas por unha crise, ou crises, que nada teñen que ver con elas.
Un libro de historias en primeira persoa sobre a nova diáspora galega onde falan as súas protagonistas, e que intenta romper coa idea patriarcal da emigración galega. Os testemuños das mulleres que aquí participan abordan temas relacionados cos sentimentos de pertenza e de desarraigamento, a idea de fogar, o concepto de tránsito ou o do regreso imposible. As historias que dan forma a este libro son historias dispares condicionadas por variadas causas e con diferentes resultados, historias de superación e de frustración, en moitos casos, que quedarán como memoria oral dunha xeración e dunha época.
20,35 € 20.35 EUR
NON É TARAMUNDI - Luis Manuel García Mañá
Os anos cincuenta representan para Galicia e comarcas limítrofes novos avances para a mellora da situación económica. España remata o “racionamento” e consegue entrar na ONU. A existencia do ferrocarril de vía estreita de Vilaoudriz a Ribadeo vai dirixíndose cara á súa fin, o mesmo que certos modos de vida. Constrúense novas estradas en substitución de vellos camiños polos que circulan vehículos de motor xunto aos de tracción animal. Algunhas mulleres reivindican un papel de igualdade cos homes nunha sociedade máis plural. Pero o Rexime resístese a ceder.
16,75 € 16.75 EUR
MERLÍN E FAMILIA - Álvaro Cunqueiro
O libro fundacional da narrativa de Cunqueiro, poboado de personaxes inverosímiles pero absolutamente verdadeiros cos que a invención do seu autor chega a cotas prodixiosas. Publicada en 1955, esta é a novela coa que Cunqueiro comezou a súa obra narrativa logo de escribir varios libros de poemas. A historia dun Merlín xa vello e refuxiado nas terras da Miranda luguesa chega ao lector a través do relato dunha testemuña directa, o paxe Felipe de Amancia, que lembra os tempos nos que traballou como criado do mago. A historia desenvólvese cunha permanente tensión entre o marabilloso e o cotián; pola casa de Merlín pasan numerosos e curiosos personaxes na procura de consello, mais tamén se narran as aventuras de Felipe cando vai facer os encargos do seu amo. Un universo único na literatura xorde nas fascinantes e engaioladoras historias que conta esta novela, que desde o momento da súa publicación supuxo un fito no tocante á renovación da narrativa galega. En Cunqueiro, a arte do narrador, adobiada dun fino sesgo humorístico, sorprende pola capacidade para facer convivir o mito co mundo cotián.
16,55 € 16.55 EUR
A SEREA DO MUNDO - Encarna Otero
Fermoso álbum con textos de Encarna Otero e ilustracións de Elisa Gallego Picard
17,60 € 17.6 EUR
MEMORIAS DUN NENO LABREGO - Banda deseñada - Xosé Neira Vilas
Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre.”
Así comeza o libro máis lido e traducido da literatura galega. Unha das obras que fundan a nosa narrativa contemporánea e que agora se presenta por vez primeira nunha adaptación gráfica.
Iria Aldegunde, con mestría e sensibilidade, pon en imaxes ese mundo que Balbino contempla ao seu redor cos ollos moi abertos e que adoece por entender, pois, como el afirma, vimos ao mundo cunha alforxa de preguntas.
Nesta novela gráfica atoparedes moitas desas respostas.
21,30 € 21.3 EUR
CABALGAREMOS TODA A NOITE - Carlota Gurt
Carlota Gurt debuta na literatura con Cabalgaremos toda a noite, un talentoso libro que nos achega á liberdade, un abismo de desexos e medos ao que nos asomamos transitando por unha corda frouxa, con personaxes próximos, que poderían ser calquera de nós, cos seus amores e medos. Un avanzar ás escuras cara a metas aparentemente inalcanzables, que ao final non o son.

Un traballo cheo de humor, retranca e mala uva, que nos trae sorrisos e desacougos.
15,10 € 15.1 EUR
MILLENIALS - Unha xeración entre dúas crises - Raquel C. Pico
A xeración millennial medrou na España que “vai ben” e estaba chegando á idade adulta cando o país estaba na “Champions da economía”. Todo apuntaba a un futuro cor de rosa, mais a realidade acabou sendo moi diferente. A crise de 2008 freou a súa entrada no mundo laboral e a pandemia foi un golpe inesperado cando estaban comezando a ver unha lixeira recuperación. E agora seguen atrapados nunha sorte de eterna xuventude precaria. Dano colateral dunha sucesión de crises históricas, esta xeración está queimada pola precariedade laboral, o inaccesible mercado da vivenda, por ter que pospoñer unha e outra vez os grandes fitos da vida adulta. E, se miran ao futuro, non son optimistas. Malia todo, a gran conquista millennial é, xustamente, que as relacións, as actividades e as realidades importantes poden ser as que decidan que sexan.
20,75 € 20.75 EUR
MAR BRANCO - Crónicas de Rusia e Europa Oriental - Brais Suárez González
Moscova é o centro dun remuíño de crónicas que van dos Balcáns ao Báltico, dun Kíiv enfermo a un San Petersburgo concupiscente e das chairas árticas á tropical Crimea, pasando por retiros ortodoxos e cidades remotas. En tren e autostop, o percorrido obedece á fascinación estética que a arquitectura brutalista e as paisaxes xeadas suscitan nun xornalista que prefire ser escritor. Polo camiño, da man da literatura e novos personaxes, Rusia desprega a súa cultura, gastronomía e carácter. Pero tras a liberdade eufórica e inconsciente das primeiras viaxes, ábrese paso unha visión máis madura, co sabor da emigración e o fedor do nacionalismo e da guerra, que revela as tebras do país e pon final ao libro.
25,00 € 25.0 EUR
O TEMPO DOS LAGARTOS - Carlos Negro e Raquel Senra
A fenda, as escamas, a metamorfose; este libro intenta ser un punto de sutura entre un tempo clausurado e unha expectativa de cambio; desa crise abrollan imaxes e palabras nun acto de supervivencia que transforma o amor nun dente de león a voar polo aire, porque medrar manca a pel, a casa, os adentros.
16,00 € 16.0 EUR
ANTOLOXÍA DA LITERATURA GALEGA (1981-2011) GAL-ENG - Jonathan Dunne
Esta Antoloxía da literatura galega 1981-2011 é unha continuación da histórica Antoloxía da literatura galega 1196-1981 publicada en 2010 e presenta, en edición bilingüe galego-inglés, sesenta textos de sesenta escritores galegos contemporáneos.
30,75 € 30.75 EUR
ANTOLOXÍA DA LITERATURA GALEGA (1196-981) gal-eng - Jonathan Dunne
ESTA Antoloxía da literatura galega 1196-1981 proponse introducir o lector á literatura galega tal e como se leva expresando durante case oitocentos anos.

27,30 € 27.3 EUR
DURMINDO SOBRE OS ESPELLOS - Jordi Sierra i Fabra
Diego ten 19 anos. Un día descobre que o seu avó, a quen cría morto, vive en Cuba. Na procura deses retrincos familiares agochados, Diego viaxa á illa caribela. Alí atopa un vello, unha historia e mais a Tania, o seu primeiro amor.
15,50 € 15.5 EUR
UNHA HUMANIDADE VIVIDA - Alfonso Zulueta
Alfonso Zulueta de Haz (1924-2017) foi home de fondas conviccións e compromisos. Neste libro recóllense testemuños de persoas que o acompañaron por distintas etapas dunha vida marcada polas preocupacións políticas, sociais e culturais, eidos en que desenvolveu unha intensa actividade. Desde o Cineclub e o Ateneo de Pontevedra ata a creación, xunto coa súa dona, María Teresa Fernández Cabaleiro, da Asociación Juan XXIII para a atención de discapacitados intelectuais e a Fundación Sálvora, de asesoramento das súas familias, ata as presidencias do Partido Galego Socialdemócrata (PGSD), o Consello Social da Universidade de Vigo, o Consello da Cultura Galega, a editorial SEPT e a Fundación Penzol. Tamén foi vicepresidente de Editorial Galaxia e colaborou noutras moitas entidades de tipo social e cultural.
22,00 € 22.0 EUR
O CAMIÑO DE SANTIAGO - Guía de guías - Laura Méndez Vergel
El Camino de Santiago. Guía de guías analiza el itinerario jacobeo para un estudio sociohistórico a través de las ideas que se reflejan en los tiempos por los que transitó, y dar luz a las mentalidades que fueron apareciendo en la transición del pleno medievo al bajo medievo en la sociedad occidental, centrándose en cuatro conceptos: actores, motivaciones, camino y creación, en cuya revisión histórica se aprecian matices que se van reformulando con el cambio de pensamiento medieval.

Laura Méndez Vergel (Zamora, 1990) es graduada en Historia da Arte por la Universidad de Salamanca y contratada predoctoral del Programa Nacional de Formación del Profesorado Universitario na USC, donde elabora su tesis de doctoramiento sobre el orden y caos en la cosmovisión bajomedieval en la literatura y en el arte de los siglos XII-XIII.
17,00 € 17.0 EUR
NOTICIAS DA MODERNIDADE - A muller moderna na prensa galefa dos anos 20 - Raquel C. Pico
Estamos na Galicia dos anos 20 e asistimos a unha revolución:
as mulleres cortan o pelo, fuman e bailan charlestón!, e os medios galegos non poden parar de falar de todo iso. “A muller dos nosos días é inquieta e dinámica”, asegura unha crónica. “Farei golf, pintareime, non me prohibirás, querido, que saia no meu Chevrolet sen o cravo do marido”, promete a protagonista dun poema. Internarse nos medios galegos de entón permite descubrir unha Galicia un tanto esquecida e que parece case secreta, a da época dourada da muller moderna. Ademais de cambiar o corte de pelo e o das saias, as mulleres do momento estudan, traballan e son vistas con certa incomprensión polos señores da súa época.
19,20 € 19.2 EUR
GUERRILLEROS ANTIFRANQUISTAS DA PROVINCIA DA CORUÑA - Lupe Martínez
Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña é unha parte da Historia dos homes e mulleres que fixeron que aquela idea de que en Galicia a sublevación dos militares franquistas foi un paseo sen resistencia, virase nunha falsidade perfectamente constatada, plena de argumentario intelixente, deixando que falen os documentos.
É este un traballo rigoroso onde a autora achega un catálogo de combatentes antifranquistas que actuaron na provincia da Coruña, tamén con conexións noutras provincias. Recóllense biografías individualizadas e un amplo contexto onde situar o fenómeno das guerrillas na provincia da Coruña, a máis activa e combativa, aínda que en todo o país tivo un papel importante tras o final da Guerra Civil e a posterior ditadura.
Homes e mulleres senlleir@s, como Benigno Andrade García Foucellas, Manuel Ponte Pedreira, Adolfo Allegue Allegue Riqueche e Marcelino Rodríguez Fernández Marrofer, comparten protagonismo con outros e outras menos coñecidos, grazas a un salientable traballo de pescuda arquivística que nos achega Lupe Martínez.
28,40 € 28.400000000000002 EUR
DUBLINESES - James Joyce
James Joyce publicou Dublineses en 1914. Unha colección de quince relatos escritos dun xeito realista nos que se retrata a clase media de Dublín e arredores durante os primeiros anos do século XX. No momento en que o autor escribe estas narracións, o nacionalismo irlandés e a súa defensa da identidade nacional estaban en plena efervescencia. O centro da concepción narrativa de Joyce é a idea da epifanía, a dunha revelación do senso da vida como consecuencia dunha experiencia concreta. Para o autor deste libro, a busca da identidade nacional representaba unha parálise, unha pexa no progreso da arte e da cultura cara a esa revelación. E Dublín estaba na cerna dese movemento regresivo. Por iso hai nestes contos un intento de representar o paso do tempo, da infancia á vellez, como un proceso de iniciación e iluminación que conclúe na historia final, “Os mortos”. Para poder levar a cabo ese proceso, o autor do Ulises remataría por exiliarse.
20,65 € 20.650000000000002 EUR
ANARQUISTAS GALEGOS EN AMÉRICA - Bieito Alonso
Este de Bieito Alonso é un verdadeiro libro de Historia como descuberta do pasado. Descóbrenos o descoñecido do pasado e achéganos pasados descoñecidos. Afeitos como estamos en Galicia a camiñar sempre polos mesmos estreitos carreiros marcados polos devanceiros, cunha máis que marcada tendencia filolóxica, a obra de Alonso tráenos a frescura dun coñecemento historiográfico anovador e sobre un tema que por máis visitado e revisitado non deixa de ser un pozo sen fondo. Do limiar de Lourenzo Fernández Prieto.
24,00 € 24.0 EUR
A FABRICA DO TEATRO - Michel Pruner
O sexto volume da colección Biblioteca de teatro que editan Galaxia e o IGAEM que nace como ferramenta útil para consulta e espallamento de todo o relacionado co mundo do teatro. Unha colección que propón diferentes maneiras de abordar o xeito teatral.

Michel Pruner en A fábrica do teatro presenta os diversos axentes que participan no teatro, definfindo polo miúdo o seu estatuto e presentando as súas funcións básicas: o autor dramático, o actor, o director de escena, o escénografo, o figurinista... O libro parte da realidade de que a elaboración dun espéctaculo teatral é un traballo colectivo que comporta aspectos moi diversos, desde os culturais ata os técnicos ou económicos.
28,75 € 28.75 EUR
10,00 € 10.0 EUR
A NOITE DO CORVO - Abel Tomé
"Asasinato. Catro persoas mortas. Todos membros da mesma familia. Casa do faro na Illa de Gothard. Véxote alí en trinta minutos"
A familia Haggerty aparece brutalmente asasinada no interior da súa casa. Gonçalves á tenente da policía de Beth, unha urbe onde o luxo e o diñeiro do centro lle vira as costas aos barrios degradados da periferia. Será o encargado de sersolver o crime axudado por dous axentes novos: Pietre, un home solitario cunha obsesión enfermiza polo sexo, e Lúa, exemplar e inocente, obragada a coidar dun pai enfermo. Os tres enfrontaranse á hostilidade da Illa de Gothard, unha vila ancorada no medievo, cunha mitoloxía propia e un goberno todopoderoso representado polo chanceler Aindan Faol. O tenente Gonálves debaterase entre ambos os mundos procurando dar resposta ao crime da Casa do Faro sen deixar atrás un recordo que fai pendurar perigosamente do fío da súa existencia.
18,90 € 18.900000000000002 EUR
A CARÓN DO LUME - Mónica Prego
A carón do lume ofrece un monllo de receitas galegas, humildes e tradicionais, que pretende espertar un recordo, transmitir o sentir e a historia que vai de par de cada unha delas. Esas receitas que as avoas facían a carón da lareira, o centro das casas. Este é un regalo de Mónica Prego (Pandebroa.es) para fillos e netos, para que no futuro poidan coñecer e entender algo máis daquel xeito de vida.
21,00 € 21.0 EUR
A VOLTAS CÓ PRATO - TVG
Reunidos ao redor dunha gran cociña, foi como xurdiu este libro que vos ofrecemos, cociñando e probando, algo espeluxados, como auténticos exploradores da gastronomía na procura do sabor definitivo.

Este é o resultado dun amoroso cociñado en grupo, un belisco da nosa pequena gran vida sendo parte do programa da TVG A voltas co prato.

21,50 € 21.5 EUR
HISTORIA DO FÚTBOL FEMENINO EN GALICIA - Irene González e Vero Boquete
A publicidade dunha marca de brandy insistía hai varias décadas en que o fútbol era “cousa de homes”. Mentira! A relación da muller co deporte rei comeza milenios antes da súa estandarización por parte dos ingleses en 1863, resistindo heroicamente desde aquela a todos os intentos de afastalas da súa práctica.

En Historia do fútbol feminino en Galicia repásase todo ese traxecto de resiliencia e sororidade, con especial énfase na súa historia en Galicia, desde os tempos da pioneira, Irene González, ata a actualidade, en que a xeración de ouro das Vero Boquete, Mari Paz Vilas e compañía comeza a deixar paso a unha nova fornada de talentos, narrado cun estilo ameno, pero rigoroso, que se combina con entrevistas ás protagonistas e outras colaboracións de primeiro nivel.
18,70 € 18.7 EUR
O MAIO - Manuel Curros Enriquez
Por fin un clásico da literatura galega como álbum ilustrado. Blanca Millán converte o poema de Curros Enríquez nunha festa visual delicada, chea de lirismo e pracer estético. Un libro imprescindible para que as nenas e os nenos coñezan un poema esencial de nós.
16,50 € 16.5 EUR
A VIAXE DE ANA - Alberte Momán
Un libro fermoso nacido da imaxinación de Alberte Momán e adobiado coa cor e a fantasía de Lidia Nokonoko. Unha fábula chea de luz que nos conta que o importante non é o que parecemos, senón quen somos en realidade.Ana quere saír xogar. E sae. Pero cada vez que pisa a rúa, algo lle fai ver que non todo anda ben na súa vida. Daquela, volve, e cóntallo á avoa.
18,20 € 18.2 EUR
CANTA, MIÑA RULA, CANTA - Antonio García Teijeiro
Dous grandes artistas, un da palabra e outro da ilustración
xúntanse para facer este delicado libro, poeticamente cheo de luz e de música. Sons que inspiran o poeta. Versos que inspiran o artista. A voz poética, que tan ven coñecemos, de Antonio García Teijero estoura ata o infinito nunha incrible sinfonía de cores como nunca antes se viu.
18,20 € 18.2 EUR
UN MUNDO SEN LUZ - Kike Gómez
Certo día, sen previo aviso, a luz esfumouse, aínda que ninguén semellaba decatarse do que acontecera. As semanas sucedíanse sen que a xente a botase de menos, mais as cousas estaban por cambiar. Ao mirar cara arriba por fin se decataron: apagárase o Sol! Mais, quen será capaz de arranxalo?
16,50 € 16.5 EUR
AS FILLOAS DE MANOLA - R. Peralta e Blanca Millán
Chovía a cachón, e as nubes eran tan negras que non deixaban pasar o sol. Ía un frío que metía medo, e a avoa Manola estaba cansa de estar coas galiñas e de sachar nos regos. Só quería unha boa cea de filloas, mais as visitas non paraban de chamar á porta para pedirlle un pouquiño disto ou daquilo.



Será quen de gozar das súas filloas preparadas a carón do lume?

17,00 € 17.0 EUR
SOMO HIP-HOP. AAVV
Mentres a comunidade estadounidense da década de 1970 vibraba coa música funk e disco nos clubs de moda dos barrios ricos de Nova York, algo máxico estaba a piques de suceder nos guetos da periferia, onde comeza a xerminar un novo movemento sociocultural, artístico, reivindicativo e transgresor que en poucos anos chegaría a todos os recunchos do planeta… Falamos do movemento hip hop, composto polos seus cinco elementos: breaking, rap, graffiti, turntablism e beatbox.

Neste libro descubrirás os fundamentos, trucos e segredos de cada unha destas disciplinas, xunto cunha ampla colección de ilustracións orixinais.
22,00 € 22.0 EUR
PUF! Vaia peido... - Luisa Martínez Lorenzo
Neste libro atoparás unha manchea de nomes populares, trampulleiros e divertidos.

Úsanse para chamar a algúns dos seres vivos que atopamos no noso contorno, pero tamén nos fan pensar noutras cousas ben diferentes e, case sempre, disparatadas. Ademais, sorprenderaste coñecendo o xeito de vida dos animais, plantas e fungos aos que se refiren.
16,45 € 16.45 EUR
VICHES ISO? - José Arcas
Viches iso? é unha chamada de atención para erguer a cabeza e descubrir un mundo novo ao noso redor: na praia, na aldea,
na cidade, e facer un singular percorrido pola vida desas aves, para nós, “invisibles”.
22,00 € 22.0 EUR
CANTOS DE DOR E LIBERDADE - Voces galegas por Palestina
Este libro, que reúne 42 poemas e 12 ilustracións, quere ser máis unha expresión da inmensa solidariedade galega co pobo palestino. Do mesmo modo que millares de persoas saen ás rúas da Galiza en protesta polo xenocidio que o sionismo está a cometer en Gaza, poetas e artistas alzan aquí as súas voces e as súas mans para deixar constancia da dor e da rabia por tanto crime e tanta infamia, mais tamén da esperanza dun futuro de Paz e Liberdade en toda a terra da Palestina.

Os dereitos de autoría e os beneficios deste libro, impulsado conxuntamente polas entidades solidarias Galiza por Palestina, Mar de Lumes, Jenín e Pallasos en Rebeldía coa colaboración de BDS-Galiza, e materializado pola editora Tempo Galiza, irán integramente destinados á UNRWA para a axuda humanitaria á poboación de Gaza.
19,00 € 19.0 EUR
19,00 € 19.0 EUR
DESVENDANDO ROSALÍA E A SÚA OBRA - Francisco Rodríguez
Este libro é máis un contributo para desvendar a verdadeira Rosalía e a real significación da súa obra da man de quen, con obras fundamentais como Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro (1988) ou Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria (2011), contribuíu como ninguén a deitar por terra os estereotipos e deturpacións interesadas sobre a nosa autora nacional e a restaurar a súa figura.

Reunimos aquí unha colección de artigos publicados por Francisco Rodríguez nos últimos anos en diversos dixitais, xornais e publicacións especializadas, sempre co ánimo de facer chegar ao grande público unha outra imaxe de Rosalía de Castro, resultado de anos de investigacións e análises rigorosas, fiel á realidade mais aínda hoxe non plenmanente asumida.

Nas páxinas deste libro vaise perfilando unha Rosalía pioneira non só na escrita en galego, mais tamén na defensa da Galiza frente ao proceso de asimilación política polo novo Estado centralista español, coñecedora das ideas socialistas e profundamente identificada coas clases populares galegas, especialmente coas mulleres labregas. Unha Rosalía coraxosa, consciente do seu papel e determinada a exercer como escritora pese a quen pesar e asumindo os custos persoais desa decisión. Unha muller heterodoxa en múltiples aspectos. Unha galega que só se identificou coa súa patria e que nunca desertou da causa da Galiza. A nosa Rosalía.
15,00 € 15.0 EUR
PROBLEMÁTICA NACIONAL E COLONIALISMO. O CASO GALEGO. - Francisco Rodríguez e Ramom L. Suevos
Problemática nacional e colonialismo. O caso galego, publicado en 1978, veu sintetizar a análise da cuestión nacional desde unha perspectiva marxista e aplicada á realidade galega. Como todas as grandes obras, é fillo do seu tempo, mais tamén absolutamente vigorante. Nun momento de forte debate sobre reforma ou ruptura e a necesidade dun proceso constituínte galego propio, virou logo nun referente teórico da posición de ruptura democrática e defensa da soberanía do nacionalismo galego e nunha peza fundamental de formación política para millares de persoas. Consta que, esgotada a única edición, circulou en fotocopias e en formato PDF. Non hai mellor proba de que continúa a ser un libro vixente e necesario. Quen se quixer achegar a un “concepto histórico e anti-esencialista” de nación, á explicación da inserción dependente da Galiza no sistema capitalista do Estado español ou a unha visión dialéctica do dereito de autodeterminación ten neste libro a chave para facelo.
14,50 € 14.5 EUR
CORREDORA - María Reimóndez
Genet Mullugueta naceu nunha aldea de North Wolloh en Etiopía. Dende noviña o que máis lle gustaba era correr e correr polo ventre da montaña. Mais a fame, a guerra e a figura do pai obrígana a acompañar a súa nai e a pedir esmola polas rúas inseguras e caóticas de Addis Abeba. Alí, vendendo panos nos cruzamentos, Genet coñeceu a Abebe, un médico e voluntario da federación de atletismo que, sorprendido coa súa resistencia e velocidade, lle propón adestrar en Meskel Square. Dende entón, a súa vida mudará, como a doutras nenas, mozas e mulleres etíopes que corren contra si mesmas sen fin. Corredora é unha historia colectiva de superación deportiva. Recolle a tradición atlética de Etiopía na busca activa de talentos entre as crianzas do rural ou empobrecidas nas cidades.
13,50 € 13.5 EUR
BÁRBARAS! - María Reimóndez
Por incrible que pareza, falar da menstruación segue sendo complicado e mesmo controvertido. Un proceso corporal e cultural que afecta nalgún momento da vida a máis da metade da poboación humana non debería ser un tema fundamental de reflexión? Cun enfoque desenfadado e co obxectivo de facernos reflexionar, Bárbaras! utiliza a menstruación como vía de entrada para achegarnos unha gran diversidade de temas: os corpos, o sexismo, a ecoloxía, o racismo, a transfobia. Porque, ao final, falar da regra é falar do mundo enteiro e, en particular, de tantas Bárbaras! que se negan a seguir os ditados e que, coa súa rebeldía, crean un mundo mellor para tantas outras.
13,95 € 13.950000000000001 EUR
22 SEGUNDOS - Eva Mejuto
O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase. "Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá -ou non quererá comprender- nada. O distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse tantas cousas... E por iso fago este vídeo, porque non quero ter máis medo, nin vergoña de ser quen son." Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede. "22 segundos" relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe -sen poñerlle etiquetas- que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer. Unha obra que busca visibilizar, desde a empatía, un colectivo de persoas historicamente silenciadas e denigradas que loita por que as leis -e a sociedade- deixen de consideralas enfermas.
13,50 € 13.5 EUR
NON PENSES NUN ELEFANTE ROSA - Antía Yáñez
Aurora é nova, independente, ten traballo, amigas, vive soa na cidade, le novelas eróticas, sae cando quere e déitase con quen lle prace. Todo sería perfecto... se non fose porque na súa existencia case nada vai como debería. A súa vida cambalea, a súa parella abandonouna, foxe das súas amigas para non ter que dar explicacións e prefire manterse afastada da familia. Un día, por casualidade, Aurora coñece a Brais, un neno de dez anos, curioso, impertinente, con pinta de superdotado pero de familia desestruturada, do que non é quen de librarse. Cun extraordinario sentido do humor e abordando a fondo o tema da saúde mental, Antía Yañez relátanos a historia de Aurora, unha «millennial» autoesixente e perfeccionista que vive a súa vida coma unha voráxine que non é capaz de controlar. As páxinas de «Non penses nun elefante rosa» son divertidas, atrevidas, profundas, politicamente incorrectas e vertixinosas, e arrastrarán canda si moitas lectoras e lectores que lerán esta novela coma se visen unha serie sobre o tempo que vivimos.
19,50 € 19.5 EUR
O INCENDIO - Sara Vila Alonso
Unha adolescente narra os acontecementos que marcaron os meses previos a un devastador incendio. O lume arrasou Neboeiro, a aldea da súa avoa, e cambioulle a vida para sempre. As primeiras experiencias sexuais, o acoso escolar, a morte e o forte vínculo coa súa avoa e cunha cadela abandonada determinan o devir da historia, ambientada nun rural descoidado que esmorece. Cunha voz que escribe dende a inxenuidade, a tenrura e o humor, esta novela de Sara Vila Alonso explora a intimidade dunha nena que se fai adulta nun mundo hostil e violento, pero onde tamén afloran os afectos, a amizade e o pracer. «O incendio» é un relato sobre o lume, aínda que o importante sexa todo o que sucede antes de que comece a arder.
17,95 € 17.95 EUR
A LAVANDEIRA DE SAN SIMÓN - Eva Mejuto e Bea Gregores
«Nunca vira esta parte da illa, nin a torreta nin o enreixado, nin os gardas cos fusís que vixiaban, nin os centos de homes que agardaban detrás deles, coa fame e o medo nos ollos. Desde a nosa casa só se vían unhas poucas árbores e a ponte. Máis nada. As cousas non sempre son como parecen...» A illa de San Simón foi, durante a Guerra Civil, cadea e campo de concentración de máis de seis mil homes inocentes. Moitas foron as mulleres que axudaron, desinteresadamente, a facerlles máis soportable a condena levando comida e roupa limpa á illa. Esta é unha de tantas historias de mulleres e crianzas que padeceron a represión e a inxustiza, e que loitaron por cambiar o mundo que lles tocou vivir.
17,50 € 17.5 EUR
PAN GALEGO - Edu Lavandeira
Os galegos efectivamente somos en ocasións reservados, humildes e non moi dados a presumir de nada. Ata que toca falar de pan. Aí non hai reservas nin miramentos. Os galegos non temos problemas en dividir o pan en dúas categorías: o que é pan e o que non. Entre o segundo grupo atópase todo aquel pan que non sexa galego. «Iso non é pan nin é nada» é unha frase que calquera galego pode dicir ante un pan que non é galego. E é que a memoria gustativa dos nosos antepasados permitiu que hoxe en día en Galicia se atopen, para min, os mellores pans e a mellor bolaría do mundo. Lembro perfectamente o día que lle comentei a alguén que ía facer un libro sobre o pan galego. -Ah, pero o pan galego dá para un libro? Sorrín de orella a orella e non dixen nin si nin non. -Non o sabes ben. O pan galego non dá para un libro, dá para unha enciclopedia. De aí que, se cadra, ata agora non se fixese ningún. Ningún coma este, claro. Con carácter enciclopédico e eterno. E que reúne as receitas, técnicas e os pans (e a bolaría e as empanadas) máis emblemáticos de Galicia. Porque o pan galego non é un, son moitos. O pan galego é un territorio inabarcable, inmenso. E se non me cres, abre o libro porque cho vou demostrar.
22,95 € 22.95 EUR