Por unha compra superior a 50€ gastos de envío gratis. 

Se hai algún libro que non atopas, conseguímolo!

                                                                                                                                                            
O ESPÍRITO DAS MACEIRAS - Silvia Tasende
Estrela Aboi está pensando en vender a casa familiar, un paraíso latexante cheo de vivencias iniciáticas. Unha novela coral na que Morriña, a aldea familiar e máxica, é protagonis-ta xunto cunha serie de personaxes entrañables.
Mais é posíbel poñerlle prezo ao primeiro amor, á me-moria, á infancia; ás raíces?
O espírito das maceiras é, en esencia, un libro de amor escrito cos temas propios da condición humana: o camiño entre a infancia e a madurez, a procura da identidade, a con-secución dos soños, o legado familiar e o compromiso coa nosa contorna.
17,90 € 17.900000000000002 EUR
NARRATIVA E TEATRO - Castelao
La narrativa y el teatro completo de Castelao, acompañados de las ilustraciones realizadas por el propio autor para cada libro. Alfonso Rodríguez Castelao es una figura sin la cual no se puede comprender la significación de Galicia contemporánea. Su obra escrita, ampliamente diversificada en distintos géneros -narrativa, teatro, ensayo, pensamiento, discurso, articulos de prensa, correspondencia- nunca disoció arte de compromiso, ética y estética, entendiendo la obra artistica como un vehículo de concienciación y afirmación de la identidad de un pueblo.
16,00 € 16.0 EUR
Outear
Investigación sobre o patrimonio material e inmaterial de Outes.
15,00 € 15.0 EUR
A AGONÍA DAS FOLERPAS - Óscar Reboiras Loureiro
A aldea de Salgueiro leva décadas abandonada. A súa propietaria, a Xunta de Galicia, decide convertela nun complexo turístico. En pleno Parque Natural do Xurés, e afastada de todo, é o enclave ideal para descansar. Ou para que un asasino en serie enterre as súas vítimas. Unha noviña xornalista chega por casualidade ao lugar. O que en principio é un achado arqueolóxico, convértese nun suceso que revoluciona a actualidade informativa. A agonía das folerpas xunta todos estes ingredientes e, sobre todo, as vidas dos seus protagonista. Tres seres solitarios que buscan, cada un ao seu xeito, evadirse dunha existencia baleira. Tres persoas que non semellan encaixar e que, non obstante, acaban formando equipo co obxectivo de descubrir que esconden as mortes de Salgueiro.

26,01 € 26.01 EUR
SUPERSTICIONES DE GALICIA - Jesús Rodríguez López
Varios autores se ha ocupado en describir alguna que otra de las supersticiones gallegas. La mayor parte de los poetas regionales que describieron costumbres del país, han tocado con la superstición, que acompaña a muchos de los actos de nuestro pueblo. En esta obra se abordan supersticiones gallegas que nunca antes se habían dejado por escrito.
19,00 € 19.0 EUR
NINGUÉN QUEDA - Brais Lamela
Entre o verán sufocante de Nova York e as montañas neboentas de Negueira de Muñiz, Ninguén queda segue os pasos dun mozo galego na metrópole nor­teamericana mentres rastrexa a historia dunha muller desaparecida nos asentamentos de colonización da Terra Chá levantados pola ditadura na década de 1960.

Os pisos de estudantes no estranxeiro, as comunas que emerxen dos restos dos encoros e os perso­naxes ensimesmados que acumulan fragmentos de tempo esquecido conflúen nun relato sobre a existencia do fogar en circunstancias límite; un relato que traza o contorno do abandono e o desposuimento mais tamén o da supervivencia obstinada.

Cunha linguaxe interrompida, que transita e hibrida as fórmulas do ensaio interpretativo e as estratexias da ficción, Brais Lamela escribe unha obra sobre o arraigamento e a intersección de mundos, unha arquitectura literaria sutil que atopa novas posibilidades de escritura e asume desvíos e fracasos, un artefacto impuro, crebadizo, conmovedor.
18,00 € 18.0 EUR
MULLERES EN COMPOSTELA 2 - Encarna Otero e Daniel Pagans
Compostela, territorio de mulleres, abre nesta segunda entrega, novos camiños: mulleres que fixeron roteiros, comadres de vidas. Por iso, elas tamén contaron. Traballaron, viviron, iluminaron a súa contorna, coidaron, amaron e fixeron andainas de sosego e de loitas. Camiños nos que teceron redes, construíron amizades, con tenrura e rabia, con carraxe e amores para crear novos territorios de dereitos, de cultura, de ciencia, de riqueza. Por esas andainas que elas abriron circulan hoxe miles e miles de mulleres novas, de rapazas que pisan terreos xa consolidados e, no testemuño que deixaron, mírase a cantar no bico e a estrela no peito.
15,00 € 15.0 EUR
CANTACONTOS DE NADAL
Un cofre en cartoné que inclúe catro historias tenras e divertidas: Voa, voa, estrela. Baseado na panxoliña “Vuela, vuela, esa estrella”. Carmela e o seu burrico. Baseado na panxoliña "Burrito sabanero”. A festa dos pastores. Baseado na panxoliña "El rock de los pastores”. O nariz de Rodolfo Baseado na panxoliña “Rodolfo el reno”.

18,95 € 18.95 EUR
EL LECTOR DE JULIO VERNE - Almudena Grandes
¿Qué puede escuchar detrás de la puerta el hijo de un guardia civil en un pueblo de Jaén en 1947?
Lectura de bachillerato para la ABAU en la Comunidad Gallega 2021-2022.Nino, hijo de guardia civil, tiene nueve años, vive en la casa cuartel de un pueblo de la Sierra Sur de Jaén, y nunca podrá olvidar el verano de 1947. Pepe el Portugués, el forastero misterioso, fascinante, que acaba de instalarse en un molino apartado, se convierte en su amigo y su modelo, el hombre en el que le gustaría convertirse alguna vez. Mientras pasan juntos las tardes a la orilla del río, Nino se jurará a sí mismo que nunca será guardia civil como su padre, y comenzará a recibir clases de mecanografía en el cortijo de las Rubias, donde una familia de mujeres solas, viudas y huérfanas, resiste en la frontera entre el monte y el llano. Mientras descubre un mundo nuevo gracias a las novelas de aventuras que le convertirán en otra persona, Nino comprende una verdad que nadie había querido contarle. En la Sierra Sur se está librando una guerra, pero los enemigos de su padre no son los suyos. Tras ese verano, empezará a mirar con otros ojos a los guerrilleros liderados por Cencerro, y a entender por qué su padre quiere que aprenda mecanografía.
11,95 € 11.950000000000001 EUR
A NOITE DO OSO - Abel Tomé
É 1984. Despois de tanto tempo, a xornalista Alexandra Moure regresa dende a capital á súa vila natal para acudir ao enterro do seu avó. Os días que pasa na casa familiar son unha continua revelación para ela, onde comeza a ser consciente dos feitos que a comunidade construíu durante anos, ocultos tras o silencio. Historias de nazis, da guerra, da mitoloxía, da morte Alexandra irá descubrindo os segredos da aldea de Caim nunha viaxe interior onde meditará sobre o pasado, as relacións familiares e o vínculo emocional que sente con Sylvia Plath. E, todo isto, sen esquecer que, quizais, sexa ela a que arrastre o maior e terrible segredo.

19,90 € 19.900000000000002 EUR
FEMINISMO TERAPEUTICO - María Fornet
Unha obra motivadora que nos convida a expresar unha versión máis auténtica e libre de nós mesmas. Reflexiona sobre os grandes temas da psicoloxía feminista partindo de tres grandes piares: I) A conexión cunha mesma, II) A desaprendizaxe imprescindible da educación feminina e III) A orientación á acción. Neste contexto, a psicóloga e escritora María Fornet, especializada en asesoramento con perspectiva de xénero, propón unir feminismo e psicoloxía para axudar as mulleres a atopar o seu lugar no mundo. Para a autora, a problemática feminina é especial como consecuencia directa do xustillo ao que están sometidas as mulleres e das expectativas que imprime nelas a socialización. Ningunha intervención psicolóxica, afirma, pode resolvela se non adopta unha mirada de xénero. O feminismo sanda. Feminismo terapéutico pretende recoñecer a desigualdade e traballar diferentes técnicas para que as mulleres atopen a súa propia voz. Unha viaxe apoderadora e práctica que combina autodescubrimento, creatividade, narrativa e grandes figuras femininas para reflexionar, gozar e transformar a propia vida.
19,50 € 19.5 EUR
A NOITE DO LOBO - Abel Tomé
É 1984. Despois de tanto tempo, a xornalista Alexandra Moure regresa dende a capital á súa vila natal para acudir ao enterro do seu avó. Os días que pasa na casa familiar son unha continua revelación para ela, onde comeza a ser consciente dos feitos que a comunidade construíu durante anos, ocultos tras o silencio. Historias de nazis, da guerra, da mitoloxía, da morte? Alexandra irá descubrindo os segredos da aldea de Caim nunha viaxe interior onde meditará sobre o pasado, as relacións familiares e o vínculo emocional que sente con Sylvia Plath. E, todo isto, sen esquecer que, quizais, sexa ela a que arrastre o maior e terrible segredo.
19,00 € 19.0 EUR
CANTARES GALLEGOS - Rosalía de Castro
Rosalía de Castro (1837-1885) é a voz emblemática da nosa literatura, símbolo do Rexurdimento cultural no século XIX, e Cantares gallegos, publicado por vez primeira o 17 de maio de 1863, representa o primeiro gran paso cualitativo cara á madurez poética de Galicia.
Inspirada nas raíces do seu pobo, nos ritmos e fórmulas tradicionais, na fala viva, nos costumes e nas xentes que a autora sentía arredor de si, este libro vai máis alá e encarna, dende sempre, a esencia máis íntima do sentimento galego.

16,95 € 16.95 EUR
EL VIENTO CONOCE MI NOMBRE - Isabel Allende (bolsillo)
Una historia de violencia, amor, desarraigo y esperanza Viena, 1938. Samuel Adler es un niño judío de seis años cuyo padre desaparece durante la Noche de los Cristales Rotos, en la que su familia lo pierde todo. Su madre, desesperada, le consigue una plaza en un tren que le llevará desde la Austria nazi hasta Inglaterra. Samuel emprende una nueva etapa con su fiel violín y con el peso de la soledad y la incertidumbre, que lo acompañarán siempre en su dilatada vida.Arizona, 2019. Ocho décadas más tarde, Anita Díaz, de siete años, sube con su madre a bordo de otro tren para escapar de un inminente peligro en El Salvador y exiliarse en Estados Unidos. Su llegada coincide con una nueva e implacable política gubernamental que la separa de su madre en la frontera. Sola y asustada, lejos de todo lo que le es familiar, Anita se refugia en Azabahar, el mundo mágico que solo existe en su imaginación. Mientras tanto, Selena Durán, una joven trabajadora social, y Frank Angileri, un exitoso abogado, luchan por reunir a la niña con su madre y por ofrecerle un futuro mejor. En El viento conoce mi nombre pasado y presente se entrelazan para relatar el drama del desarraigo y la redención de la solidaridad, la compasión y el amor. Una novela actual sobre los sacrificios que a veces los padres deben hacer por sus hijos, sobre la sorprendente capacidad de algunos niños para sobrevivir a la violencia sin dejar de soñar, y sobre la tenacidad de la esperanza, que puede brillar incluso en los momentos más oscuros.

13,95 € 13.950000000000001 EUR
O PEQUENO LIBRO DA INTRÉPIDA EIRE - juáncho
Cando un ousado libro quere transcender, busca o xeito de narrar unha historia épica. Poucos hai tan impetuosos coma este. Nas súas páxinas é el o protagonista. O libro dentro do libro. E, xunto a el, unha nena valorosa. Unha aventura onde a natureza, o misterio e as emocións se abren camiño a cabalo da afouteza da pequena Éire. O amor desta nena pola súa xente vaina levar tan lonxe que lle será difícil atopar o camiño de volta.
20,20 € 20.2 EUR
VILA PASPÁN - Rodrigo Cota e Fernando Tomé
Vilapaspán é unha aldea asombrosa, curiosa e misteriosa. Escrita por Rodrigo Cota e ilustrada por Fernando Tomé.

15,40 € 15.4 EUR
23,40 € 23.400000000000002 EUR
23,40 € 23.400000000000002 EUR
ROSALÍA DE CASTRO (Conto ilustrado) - VVAA
Chega a nova colección de Cumio que homenaxea a figuras importantes da nosa cultura. Os MIUDIÑOS de Cumio escritos por Alba De Evan e Xabier Domínguez, achegan a vida de autoras, cantantes, poetas, escritores e artistas de todo tipo ao público infantil. As ilustracións desta colección de Miudiños veñen da man dunha das ilustradoras do momento no noso país: Bea Gregores. A través desta colección, os máis pequenos e pequenas disfrutarán dos BIOPOEMAS: poesías que falan da vida de alguén, da súa personalidade, gustos ou do que o fan especial. Un recurso literario que adapta feitos biográficos ao xénero poético. Un recurso literario que adapta feitos biográficos ao xénero poético. En definitiva, unha vida feita poema. Este álbum encadernado en rústica con acabado natural leva tamén un deseño especial coa encuadernación suíza. Perfecto para: -Traballar na casa a lectura breve e rimada. -Achegar grandes figuras da nosa cultura aos mais pequenos. -Traballar na aula coas grandes figuras das letras e da arte.
14,96 € 14.96 EUR
22,90 € 22.900000000000002 EUR
DETECTIVE FERRUCHI
Sol Cortés decide darlle un xiro radical á súa vida. Deixa a cidade onde vive e o seu traballo como padronista en Inditex para regresar á súa vila natal, despois de moitos anos, e abrir unha libraría. Aos poucos días aparece brutalmente asasinado Xan Sequeiro, un veterinario introvertido e cun don especial para curar animais. A trama céntrase na investigación paralela deste crime que realiza Sol e durante as súas pescudas xorden unha morea de personaxes peculiares e sorprendentes que amosan, unhas veces con humor e outras con gravidade, temas da sociedade actual que invitan á reflexión. Ao longo da historia visibilízanse colectivos minoritarios que reivindican o valor da diferenza e rachan cos prexuízos. «Detective Ferruchi» tamén lles dá voz a todas esas mulleres que desde os anos oitenta axudaron a levantar un imperio téxtil internacional grazas ao seu traballo nas cooperativas. Un traballo duro pero que para moitas significou a súa independencia económica. «Detective Ferruchi», de Marta Villar, é unha novela coral e divertida contada cun ton irónico e eficaz que consegue manter a intriga ata o final.
21,95 € 21.95 EUR
DESTROZA ESTE DIARIO - Keri Smith
Puede que seas un experto destrozador y que hayas devorado uno o varios ejemplares de Destroza este diario. O tal vez esta sea tu primera vez (pst, puede que esta experiencia te cambie la vida). Sea como sea, no busques más, has encontrado el libro perfecto para destrozar.Te presentamos el nuevo Destroza este diario, íahora en una impresionante edición a todo color! Dentro encontrarás retos para pintar, romper, transformar y dar rienda suelta a tu creatividad; una mezcla de tus retos favoritos y otros completamente nuevos. Destroza este diario. Ahora a todo color te invita a destrozar en colores: mezcla pinturas para crear barro, deja que la suerte elija el tono, recorta tiras de papel de brillantes colores, y mucho más.¿Qué colores usarás para destrozar tu diario?
12,95 € 12.950000000000001 EUR
QUIENES SE MARCHAN DE OMELAS - Ursula K. Le Guin
Con descripciones deliberadamente vagas y vívidas, el narrador describe un festival de mediados de verano en la ciudad utópica de Omelas, cuya prosperidad depende de la miseria perpetua de un chico. Quienes se marchan de Omelas fue nominado al Premio Locus al mejor relato corto en 1974 y ganó el Premio Hugo al mejor relato corto en el mismo año.
18,00 € 18.0 EUR
NON TE AMOLA - Xela Arias
A súa primeira achega á narrativa; un texto que é unha biografía emocional dunha infancia que se proxecta, vizosa, cara aos nosos días. Unha descuberta dunha sensibilidade magnífica. Un acontecemento literario que se abeira, ademais, ao traballo dunha grande ilustradora como Luz Beloso.
20,30 € 20.3 EUR
TRAS DO CEO - Manuel Rivas
Unha cuadrilla de cazadores, urbanos e con relacións de amizade e negocios, participa nunha batida na que o obxectivo é «O Solitario», un lendario porco bravo, considerado moi perigoso, a quen se lle atribúe unha morte e ataques a participantes noutras cazarías. No escenario agreste da batida, dúas mulleres sendeiristas afrontan una situación de risco e os cazadores acoden na súa axuda. Despois, o que comeza sendo unha conversa informativa e amábel vai ir derivando nunha tensa discusión, sobre a caza e outros asuntos da vida, até chegar a un punto de violencia verbal. As mulleres, nai e filla, abraiadas pola situación, deciden fuxir. Dombodán, o máis novo da cuadrilla e o único que é natural de Tras do Ceo, o territorio onde transcorre a historia, vai narrando os feitos que se suceden nunha xornada trepidante. E faino cunha ollada propia, que perturba e engaiola a un tempo, levándonos da comedia ao inferno. A nova obra de Manuel Rivas é unha novela negra radical, salvaxe, sen edulcorantes, e que forma parte dun proxecto literario que ten por fondo a caza do home polo home e a depredación social e natural.
18,95 € 18.95 EUR
MÁIS ALÓ DE FISTERRA - Francisco Álvarez Koki
Cando eu era pícaro aló pola Corda do Nordés falaban dun túnel desde Europa a América: ben o podía haber. Explicaría millor a intensa simbiose poética que vive Francisco entre as terras da Fisterra e as outras terras Mais aló de Fisterra. É unha simbiose suxestiva xa que logo arela superar a dobre vida, a terríbel esquizofrenia producida polo contraste brutal entre dous mundos tan opostos.

Eiquí en Nova Iork todo son interiores: o restaurante onde traballa, o camiño de ferro por debaixo do cemento, a vivenda nun sótano. Cando saía coller o sol, só se pode sentar nun banco de cemento: non ve o sol senón o avesío do tempo gris de Nova Iork. Alí sentado soña el sempre nas solainas de pedra de Pontevedra. (Naceu Francisco na Guarda fai uns trinta anos).

Francisco xamais tivo tempo pra ler; ca seque non tivo tempo pra aprender a ler. El é un verdadeiro facedor de poesía: É UN AUTÉNTICO.

Por iso el cre no fondo do seu ser que ten que haber algo mellor ca “mil, un millón de verbas falsas”.
15,00 € 15.0 EUR
U-LA LÚA ? - Celtia Figueiras
Lúa é unha gatiña pequena, algo tímida e asustadiza. Vive coa súa avoa nunha humilde casa. No exterior contan cun fermoso xardín no que Lúa pasa as horas xogando soa. Non ten irmáns e a avoa lle deixa saír fóra, mais Lúa soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas e amigos para xogar.
Unha historia sobre o amor, a familia e a amizade, onde valores como a tenrura, o respecto ou a solidariedade cobran importancia para levarnos a un mundo onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade.
9,00 € 9.0 EUR
OS MISTERIOS
Nesta fábula para o público adulto creada poloa utor de banda deseñada Bill Watterson, un reino pretérito vese afectado por desgrazas inexplicables. Coa esperanza de lle por fin a ese tormento, o rei envía os seus cabaleiros a descubrir a orixe de tan misteriosos acontecementos. Anos despois, un único e maltreito cabaleiro regresa a palacio.
Para as ilustracións do libro, Watterson e mais o debuxante John Kascht traballaron durante varios anos en estreita e inédita colaboración. Ambos os dous artistas renunciaron á súa forma de traballar previa co afán de, xuntos, inventaren o que ningún deles era quen de anticipar; velaí, en por si, un misterioso proceso.
20,00 € 20.0 EUR
COMO MATAR A UN INMORTAL
Cuando "lemy, un joven aprendiz de alqui- mista, se encuentra por casualidad el elixir de la eterna juventud, no puede creerse la suerte que ha tenido. Hasta que un acciden- te le obliga a bebérselo para sobrevivir. y es la Muerte quien viene a su encuentro. Risha es una segadora encargada de recolectar las almas de los muertos y devol- verlas al Ciclo de la Reencarnación. Pero el espíritu de ese aprendiz de alquimista se resiste a abandonar su cuerpo. Decidida a culminar su trabajo, ella lo arrastra al mundo Espiritual. No podría haber elegido peor momento, pues allí la Gran Muerte busca al ladrón de una sustancia que podría poner en peligro el equilibrio entre ambos planos. Entre rumores de traición, Risha y su equipo deberán averiguar cómo matar a ese inmortal antes de que la ira de Uróboros sa- cuda de nuevo el universo.
11,00 € 11.0 EUR
O PRINCIPIÑO - Antoine de Saint-Exupéry
Un libro para todas as idades repleto de melancolía, fantasía, misterio e sabedoría, que o converten nunha obra mestra. Este é un libro fundamental da literatura universal. Trata da historia dun neno, príncipe nun planeta sen xente, que un día abandona o seu reino desenganado dunha flor da cal está enamorado. Na viaxe que emprende por distintos planetas coñece sucesivamente a un rei, un vaidoso, un bebedor, un home de negocios, un faroleiro e un xeógrafo. Finalmente chega á terra, onde atopa a unha flor, un raposo, un garda-agullas, un comerciante e un aviador caído no deserto que trata de arranxar a avería do motor do seu avión. O home e o neno falan e fanse amigos, pero o pequeno quere volver ó seu planeta, onde está a súa flor, e déixase morder por unha serpe velenosa. Non é este o episodio menos enigmático e misterioso dun libro que todo el é un puro misterio. A tradución galega de Carlos Casares é hoxe considerada unanimemente como unha auténtica xoia literaria.
13,50 € 13.5 EUR
LUZ (A historia non contada de Jesse Owens e Luz Long) - Francisco Castro
Nas Olimpíadas de Berlín de 1936, un atleta negro asombrou o mundo. Jesse Owens gañou catro medallas e avergoñou o nazismo, que o consideraba inferior pola súa cor de pel, dando unha lección deportiva; pero nada do seu éxito sería posible sen un atleta alemán que xogou a vida por axudalo.
Este libro conta a historia real de Luz Long, represaliado por Hitler por axudar a un competidor, negro. Unha historia de amizade, respecto e camaradería, nun tempo escuro de racismo, represión e violencia.
Francisco Castro recupera a súa figura para contarnos unha fermosa historia que non debe ser esquecida.
14,50 € 14.5 EUR
UBASUNTE - Paula Carballeira
Ubasute fai referencia no título ao termo xaponés que significa literalmente “abandono dunha anciá”, o presunto costume de deixar nunha montaña ou nun lugar afastado un parente vello ou enfermo. Existen referencias desa práctica na tradición oral de numerosas culturas, pero ningunha proba.

En palabras da propia autora, esta obra trata sobre “as diferentes maneiras que hai de deixar para sempre algo, alguén ou incluso de abandonarse a un ou a unha mesma. Tamén aborda a dificultade de apartar os recordos e o sentimento de culpabilidade, malia que se opte por cambiar de espazo como estratexia para distanciarse deles”.

Hai linguas que só teñen unha palabra para o abandono, pero iso non quere dicir que non haxa diferentes maneiras de deixar para sempre algo, a alguén. Pouco importa que intentes cambiar de espazo, que creas que indo ao Xapón conseguirás afastar a culpa. Non existe un lugar no mundo onde fuxir de ti, e mesmo as pantasmas acoden cando as chamas, con poesía ou cos recordos. Ademais, no teatro, tamén as pantasmas cobran vida diante dos nosos ollos.
12,40 € 12.4 EUR
ESPANTALLO AMIGO - Xosé Neira Vilas
Hai homes coma espantallos e espantallos coma homes. O protagonista desta obra ten un corazón de pexego, morno e bo coma os seus feitos. Esta é a historia dun espantallo que en vez de espantar os melros, faise amigo dos animais e dos rapaces. Un día, para defender unha figueira das peteiradas voraces dos melros, o tío Ramón de Rebordena colle a machada, corta uns casqueiros miúdos de pino manso, átaos cun vimbio e fai unha cruz. Despois vai enchendo aquel esquelete con palla, ponlle un melón no sitio da cabeza e acaba por vestilo cunha chaqueta e uns pantalóns remendados. Ata lle mete dúas cereixas nos ollos e un pexego no sitio do corazón. Así naceu Espantallo.
12,30 € 12.3 EUR
4 PEZAS de Carballo Calero (A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A Arbre e Auto prisioneiro
Estas 4 pezas foron recollidas nesta edición facsimilar recollidas polo autor no volume Tetro completo, publicado por Edicións do Castro no ano 1982.
6,00 € 6.0 EUR
O SEGREDO DAS BURGAS - Andrés Pombo Graña
Porque o que ninguén sabía é que baixo das pedras da cidade se oculta un mundo de demos vingativos, un Averno espantoso que agocha segredos incribles polos que moitos poderían chegar a matar. Esta é unha novela de bruxería e corrupción, de demos que aprenden a ser mellores e de homes que poñen a súa vida ao servizo de causas satánicas. Andrés Pombo Graña debuta na narrativa galega cunha novela de enorme madureza que vai enguedellarnos dende os primeiros capítulos para non soltarnos. Malia o terror que ás veces se agocha entre as súas páxinas. Malia a escuridade toda. Unha novela luminosa.
15,10 € 15.1 EUR
CONTAS DE BUXO - Raquel Fernández Fernández
Lara é unha adolescente que saca boas notas e que nunca dá problemas, pero iso muda cando abandona Gondomar e sobe a un autobús sen lle dicir a ninguén a onde vai. Tras dela, un desengano amoroso, os silencios da súa familia e un león que, sen descanso, a persegue nos seus pesadelos.

Sen saber moi ben como, remata en Ribadeo, unha vila unida estreitamente a aquel último verán que compartiu coa súa nai antes de que esta a abandonase.

Dende alí, coa axuda do seu curmán e, ao mesmo tempo que a familia e a policía a buscan, irá debullando un pasado descoñecido e arrepiante para ela.

A moza, coa praia das Catedrais de fondo, pronto empezará a comprender que as verdades a miúdo non o son tanto.
15,10 € 15.1 EUR
PIONEIRAS DA CIENCIA EN GALICIA - Manuel Rey Pan e Eduardo Rolland
Abrirse camiño profesionalmente, aínda máis. E moi en especial en sectores, aínda a día de hoxe, moi masculinizados, como o da investigación científica. Este libro aborda o papel xogado polas pioneiras da ciencia no noso país. Conta, pois, a súa epopea para ser tomadas en serio nese mundo de homes en tempos, incluso, en que se dubidaba da capacidade intelectual das mulleres para poder entender as máis básicas cuestión da vida. No camiño que aínda nos queda por percorrer para chegar a esa Igualdade, tamén no eido científico, as mulleres que aparecen neste libro resultaron esenciais. Investigadoras, teóricas, estudosas… todas elas puxeron as bases para que hoxe unha investigadora non sexa unha rareza dentro dun laboratorio…
21,75 € 21.75 EUR
LA MALA COSTUMBRE - Alana S. Portero
El desgarrador viaje vital de una niña atrapada en un cuerpo que no sabe habitar. Una novela deslumbrante que no se parece a nada que hayas leído. Un fenómeno literario internacional antes de su publicación.

«La mala costumbre nos enseña a volver a mirarlo todo otra vez y a entenderlo mejor.» Bob Pop
«Una voz transportada por la belleza y la rabia, un canto para las arcángeles derribadas que se alzan con audacia fraternal, sostenida, libre.» Belén Gopegui
«Un libro hermosísimo, cruel y redentor sobre el camino que recorremos hasta convertirnos en quienes somos.» Elena Medel
«Una escritora en mayúsculas, cruda y brillante. Un debut arrebatador lleno de buenos augurios. Una herida sin nombre que por fin podrá cicatrizar.» María Sánchez
«Una novela devastadora. A cada página te traga y te devuelve a la vida. A Alana se la lee con emoción y admiración.» Iván Repila

Narrada desde una singular y desgarradora voz en primera persona, La mala costumbre recorre la adolescencia de una niña atrapada en un cuerpo que no sabe habitar, que intenta comprenderse a sí misma y al mundo en el que vive, desde su infancia en una familia de clase obrera en el barrio de San Blas, arrasado por la heroína en los años ochenta, hasta las noches clandestinas en el centro de Madrid de los noventa. Como en una versión bastarda del viaje del héroe, yonquis, divas pop y ángeles caídos la acompañan en un viaje vital en el que, al final, serán otras mujeres quienes le ayuden a superar la violencia que encuentra a cada paso.
La mala costumbre es una novela cruda y feroz, pero también poética y conmovedora, en la que los extremos se tocan para mostrarnos por qué el resentimiento y la rabia contra el sistema son completamente válidos para sobrevivir en una sociedad que no acepta a los que son diferentes.
Dueña de un universo creativo único en el que conviven el teatro, la historia clásica y el activismo, Alana S. Portero debuta en la ficción con esta novela deslumbrante que se ha convertido en un fenómeno editorial internacional antes de su publicación.
19,00 € 19.0 EUR
EL LIMO - Rosa Jiménez
El arco iris de neón de la Rainbow, la discoteca del pueblo, atrae a los más fiesteros cuando los bares empiezan a cerrar. Entre los jóvenes arracimados a la entrada y bajo una de las escasas farolas, dos chicas acorralan a Olivia. Pronto los vítores de pelea se mezclan con la música que se cuela por la puerta del recinto. Las vacaciones están llegando a su fin. Y con él las escapadas con la pandilla, las persecuciones al chico que a una más le gusta. Hasta que el sonido de un guantazo paraliza la escena, un relámpago fugaz que separará a dos primas para siempre. ¿Es posible perdonar una antigua agresión? ¿Dejarán de hablarse sin comprender qué sucedió aquella noche? Tal vez los incidentes del verano oculten algo a lo que no quieren enfrentarse y que es lo que de verdad importa: nadie, por más que se lo proponga, sale indemne del limo.
19,90 € 19.900000000000002 EUR
EL HOMBRE DEL MUNDO ES BOSQUE - Ursula K. Le Guin
En el planeta Athshe, el ciclo de la vida, la cultura, las costumbres, los modos mentales nacen y se desarrollan en la estabilidad autónoma del cosmos, pero la llegada de una expedición terrestre cambiará dramáticamente el pacífico modo de vida de los nativos del planeta.
13,95 € 13.950000000000001 EUR
UN MAGO DE TERRAMAR - Ursula K. Le Guin
En el mundo de Terramar la magia es un elemento indispensable. Un principio fundamental rige ese mundo: el equilibrio entre la vida y la muerte, que pocos pueden alterar. Pasados diez años, Ged capaz ya de actuar en beneficio de otros, decide recobrar la mitad de un anillo perdido en las tumbas de Atuan; sin embargo la sacerdotisa le involucrará en las profundidades de Terramar. ". ¡Déjate llevar por la magia de Terramar!
14,96 € 14.96 EUR
LA MANO IZQUIERDA DE LA OSCURIDAD - Úrsula K. Le Guin
Los guedenianos tienen una particularidad que los hace únicos: son hermafroditas, y adoptan uno u otro sexo exclusivamente en la época de celo, denominada kémmer. En Invierno, Ai contacta con Estraven, un alto cargo que le mostrará cuán diferente puede llegar a ser una sociedad donde no existe la diferenciación sexual.
15,95 € 15.950000000000001 EUR
CUENTOS DE TERRAMAR - Úrsula K. Le Guin
¡Déjate llevar por la magia de Terramar!Los cinco cuentos reunidos en este libro, que fueron ganadores de los Premios Locus y Endeavour en 2002, exploran y extienden el mundo creado en las Historias de Terramar. El volumen también contiene un ensayo sobre los habitantes, las lenguas, la historia y la magia de Terramar. Esta aclamada continuación del reino mágico de Terramar confirma a Ursula K. Le Guin como una de las más brillantes escritoras de nuestro tiempo.
. La última entrega del emblemático ciclo de Terramar, en nuestra colección Bibliotecas de Autor.. Ursula K. Le Guin destaca por ser una de las autoras cumbre en el catálogo de Minotauro y una eminencia de la literatura de género.. Esta obra ha inspirado populares sagas de fantasía posteriores como Harry Potter.

15,95 € 15.950000000000001 EUR
ANIMALES FANTÁSTICOS - José Jorge Letria e André Letria
Un recorrido por los iconos de la mitología y las creencias populares, desde el Centauro al Hombre Lobo, pasando por el Unicornio o la Esfinge, entre otros. Sueños y miedos que perviven a través de los siglos.
16,00 € 16.0 EUR
27 HISTORIAS PARA TOMAR SOPA - Bernasconi
Aínda que á sopa lle falte sal, sempre a poderemos facer máis apetecible contando unha historia. E se son 27, moito mellor.
14,00 € 14.0 EUR
AS HORAS MORTAS - Emma Pereira
Concibido como unha guía de lugares mais tamén como un compendio de historias para ler desde o sofá, este libro percorre unha pequena parte dos máis de 3.600 cemiterios da nosa comunidade autónoma, desde o histórico Santo Amaro ata un dos cemiterios máis pequenos do mundo. Da tumba dun Nobel ata a dun actor proposto ao Óscar.
A autora viaxa, ás veces soa e outras acompañada por persoeiros vencellados ao cemiterio que visita para coñecer máis de cerca as lendas e as historias reais, ás veces con límites difusos, achegando á nosa literatura unha viaxe única e persoal, resultando unha antoloxía de lugares fúnebres e rituais e crenzas relacionadas coa vida e a morte.
Percorridos como a Ruta dos Cemiterios indianos do norte, os cemiterios illegos, os desaparecidos, republicanos, protestantes e de disidentes, son algunhas das propostas d’As horas mortas.
28,00 € 28.0 EUR
IRENE A PORTEIRA - Xulia Pisón e Óscar Losada
O de Irene González é un caso único no mundo. Na década dos vinte do século pasado foi a primeira rapaza que rompeu barreiras no fútbol, ao se converter na porteira e capitá do equipo masculino coruñes ao que deu nome: O Irene F.C.

14,00 € 14.0 EUR
FEDERICO GARCÍA LORCA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA - Henrique Alvarellos
Pasear con García Lorca por Santiago de Compostela. Oírlo recitar, cantar, tocar el piano, observar cómo dibuja, cómo escribe, con quién habla, qué lugares visita… Esta es la crónica del poeta andaluz por tierras gallegas que nos presenta Henrique Alvarellos. Es la historia de una atracción por una ciudad en la que vivirá días inolvidables y dedicará grandes momentos de creación.

Un volumen ilustrado con más de 70 documentos y fotografías, numerosas anécdotas y testimonios, muchos de ellos muy desconocidos. Inclúye el trazado de la primera ruta lorquiana por la ciudad de Santiago de Compostela.
19,80 € 19.8 EUR