Por unha compra superior a 50€ gastos de envío gratis. 

Se hai algún libro que non atopas, conseguímolo!

                                                                                                                                                            
AS MULTIPLES CORES DA VIDA- Maria Victoria Carrera e Nazaret Blanco (coords.)
Máis de medio século despois das revoltas de Stonewall Inn (Nova York, 1969), os avances en relación á situación das persoas LGBTI son innegables en practicamente todas as sociedades que se consideran a si mesmas desenvolvidas, máis queda aínda moito por conseguir.

Neste libro, coordinado por María Victoria Carrera Fernández e Nazaret Blanco Pardo, achéganse traballos onde se nos amosa a dura realidade que ten que enfrontar este colectivo: discriminación, violencia, dificultades de integración, etc., á vez que se fan propostas de estratexias para promover unha sociedade máis xusta e libre de discriminacións e violencia.
24,65 € 24.650000000000002 EUR
A DONA DE AURIA - Andrés Pombo Graña
A novela é a continuación de O segredo das Burgas de 2018, seguindo as aventuras do medio-demo Ciprianiño, Cip para os amigos, a meiga Landelina e a súa mestra, dona Ádega.

A historia comeza cando a meiga de meigas é chamada ao Edificio Simeón para tratar cunha invasión de trasnos. O que semella un simple caso de falcatruadas sobrenaturais pronto desvela ser unha conspiración para manter a Cip e os seus amigos entretidos. Ao mesmo tempo, dúas rapazas, Candela e Irene, chegan a Ourense levando un obxecto misterioso.

No transcurso da investigación, Cip e Landelina coñecerán personaxes do mundo máxico de Ourense, descubrirán que é o obxecto que gardan Candela e Irende e como se relaciona cun antigo mal que está a piques de retornar.
15,50 € 15.5 EUR
EL GRAN LIBRO DE LOS SUPER TESOROS QUE DE VERDAD IMPORTAN - Susanna Isern e Rocio Bonilla
La familia, los recuerdos, los maestros, la naturaleza, los animales, los amigos, los sueños… Las cosas más importantes no son las materiales.

Existen SUPERTESOROS muy valiosos que nos hacen felices y que debemos cuidar. ¿Cuáles son los tuyos?

19,70 € 19.7 EUR
PARTES DE GUERRA - Ignacio Martínez de Pisón
La gran novela colectiva de la Guerra Civil española escrita por algunas de las voces más importantes de la literatura española de todos los tiempos. «Estos treinta y tantos relatos están con toda seguridad entre los mejores que se han escrito acerca de la Guerra Civil [...] Pero lo que este antólogo ha intentado no ha sido reunir un ramillete de buenos relatos sino contar la Guerra Civil, o al menos una gran parte de ella, a través de las historias escritas por algunos de nuestros mejores narradores. De ahí el orden cronológico, que propone un recorrido desde poco antes del 18 de julio del 36 hasta poco después del 1 de abril del 39. De ahí también cierta aspiración a la globalidad: en este volumen encontrará el lector relatos escritos originalmente en español pero también en catalán, gallego y vasco, relatos escritos por hombres y por mujeres, de derechas y de izquierdas, de autores que pertenecen al mainstream y autores que no, relatos ambientados en la España nacional y en la republicana, en el frente y en la retaguardia, en el campo y en la ciudad, en el norte y en el sur...»
27,96 € 27.96 EUR
EL GRAN LIBRO DE LOS SUPER PODERES - Susanna Isern e Rocío Bonilla (Ilust.)
Todos tenemos un talento que nos hace únicos y especiales. A algunos se les dan bien las matemáticas y a otros la cocina. Unos son aventureros y otros prefieren leer. Descubre qué te hace diferente a los demás, ni mejor ni peor. ¿Cuál es tu talento?

Una colección de talentos bellísimamente ilustrada que te hará reflexionar sobre la identidad, y sobre tus virtudes y capacidades.
17,90 € 17.900000000000002 EUR
OS PANTALÓNS DE LUISA - Susanna Isern e Esther Gili
Luisa era unha nena valente que, desde ben noviña, loitou polo que cría xusto e defendeu a igualdade das mulleres. Viviu nunha época na que as mulleres debían levar saia, a pesar de que en moitas ocasións fose incómoda e non lles permitise moverse con liberdade. Luisa decidiu cambialo; a solución era tan doada como pór uns pantalóns, pero estiveron todos de acordo coa súa decisión
15,90 € 15.9 EUR
EL MIEDO - María Hesse
María Hesse, traducida en 18 países y con más de 400.000 lectores, lleva su arte a la cumbre de su esplendor para plantarle cara al miedo

"Una obra de redención que exorciza las heridas a traves de una prosa sincera y sin artificios y unos dibujos de alto colorido y sensualidad. Un emotivo trabajo cromático y semántico que contagia de esperanza. [...] Hesse ha desarrollado un estilo reconocible por los tonos vibrantes y el trazo curvilíneo y acuoso. Un efecto al que contribuye no solo su tecnica, sino tambien un vocabulario plástico altamente sensitivo y feminista".María Ovelar, SMODA (El País)

"Una de las ilustradoras con más personalidad que hay ahora mismo en España".Más de uno (Onda Cero)

¿Cuál es el origen de nuestros miedos y cómo podemos exorcizarlos?

En este libro, visceral y hermosísimo, María Hesse le planta cara a sus propios temores: los que la han acompañado a lo largo de su vida, como a tantas otras mujeres. Así, con un lenguaje íncreíblemente visual y alegórico, van desfilando por estas páginas la ansiedad, la manipulación, la precariedad, el cambio, la soledad, la locura, la maternidad, la vejez o la muerte en un libro que mezcla la autoficción, elemen
22,90 € 22.900000000000002 EUR
545 RECETAS PARA TRIUNFAR - Karlos Arguiñano
El nuevo libro de Karlos Arguiñano llega fiel a su cita para inspirar los menús y la alimentación de todo el año. El gran regalo navideño

El más veterano, popular y querido de los cocineros de la tele vuelve a sorprender con un libro que ya es de referencia en la bibliografía culinaria. Karlos Arguiñano ha querido volcar aquí su ingenio para hacer recetas asequibles a todos los niveles, con productos fáciles de conseguir y que aseguran el triunfo en la cocina. Porque, para Karlos, cocinar es un placer cuya recompensa es la alegría de compartir y la promesa de la buena salud.

Como es marca de la casa, en estas páginas hay inspiración para entrantes, ensaladas, huevos, platos de cuchara, arroces, masas, carnes, pescados, postres y mucho más. Todo hasta completar 545 recetas para inspirarse en el día a día con la seguridad de que siempre salen bien, en una edición a color, con fotos, consejos infalibles y mucha claridad en la explicación de los procesos.

Sin duda, el nuevo número uno de los títulos más vendidos en Navidad.
25,90 € 25.900000000000002 EUR
O LIBRO SECRETO DE MORTIÑA - Barbara Cantini
Hai amizades que che son ben especiais, sobre todo se a túa amiga é unha... zombi, coma Mortiña...! Nestas páxinas poderedes compartir as vosas paixóns, soños, medos e todos os segredos máis secretos. Escribir, xogar e debuxar canda Mortiña será divertido a máis non poder. «NON CONTAREI NADA DOS NOSOS SEGREDOS, PALABRA DE MORTIÑA!».

16,00 € 16.0 EUR
TEATRO COMPLETO - Luisa Villalta
Henrique Rabuñal estuda e edita a obra dramática de Luísa Villalta, incluída a peza inédita Os pasos contados. O teatro ocupa un lugar moi relevante na súa biografía. Lectora e espectadora de teatro, estudosa do Hamlet de Cunqueiro, editora e tradutora, cómplice de autores e autoras, actores e actrices.

O seu teatro evoluciona desde o simbolismo e expresionismo a textos onde o feminismo, e tamén a ollada crítica sobre a sociedade, están moi presentes e seguen a ser actuais.
22,00 € 22.0 EUR
NO TODO EL MUNDO - Marta Jímenez Serrano
Marcelo y Eloísa no lo saben, pero están abocados a dejarlo. Claudia y Fran piensan que esta vez todo será distinto. Nerea cree que no está enamorada de su profesor, y Luis, que se ha enamorado de su alumna. Eva no soporta tener que compartir a Pedro con la pequeña Rita en semanas alternas. Guille no sabe si le gusta Carmen o si la odia… Los relatos de No todo el mundo ofrecen una visión caleidoscópica del amor que nace y muere en la gran ciudad. Entre ilusiones y desengaños, nos sumergimos en una clarividente reflexión sobre la manera en que nos definen las relaciones que mantenemos y cómo encajamos nuestra singularidad en la mirada del otro.

Con la elegancia y madurez narrativa que ya demostrara en Los nombres propios, Marta Jiménez Serrano construye en su segundo libro un mapa de la intimidad preciso, minucioso y delicado. Emotivo pero también irónico, unas veces radiante y otras agridulce, No todo el mundo funciona como un espejo en el que no podemos sino vernos reflejados y nos recuerda que todos, para bien o para mal, en algún momento hemos visto nuestra existencia sacudida por el implacable poder del amor y sus consecuencias.
18,90 € 18.900000000000002 EUR
MORTE ACCIDENTAL DUN ANARQUISTA - Dario Fo
En 1920, o inmigrante italiano, Andrea Salcedo, caeu desde o edificio do FBI en Nova York, e, en decembro de 1969, o mesmo lle ocorreu ao anarquista Giuseppe Pinelli, na xefatura de Policía de Milán.Estas mortes accidentaisö sérvenlle a Dario Fo para escribir Morte accidental dun anarquista, comedia non só entretida e enxeñosa, senón que se constitúe nunha denuncia da inxustiza, a represión e a falsidade e contra o terrorismo de Estadoö, porque a sátira é a arma máis eficaz contra o poder, que non atura o humor, nin sequera os gobernantes que se chaman democráticos, porque a risa libera o home dos seus medosö (Dario Fo).
14,40 € 14.4 EUR
TIVEN A CHAVE, A BICICLETA E OS CATRO LIBROS - Primeiras científicas na Universidade de Santiago
Lonxe está aínda de ser unha realidade en todo o mundo, pero ninguén se atrevería hoxe a cuestionar a igualdade intelectual das mulleres e o seu dereito á educación. Tempo atrás, a situación era moi diferente, e chegar a onde nos atopamos requiriu moitos esforzos e moito tempo. Ese camiño é o que a autora percorre neste libro, onde nos explica que, dalgunha maneira, a entrada das mulleres na universidade foi un exercicio épico no que tiveron que loitar contra prexuízos e supostas argumentacións “científicas” para xustificar o que non é máis ca discriminación. Un texto que nos fai ver que, sen o labor desas pioneiras, a realidade, a delas, a de todos, sería aínda moito peor. Alén disto, a autora céntrase, moi en especial, nas mulleres científicas, no seu traballo cheo de dificultades, mais tamén de éxitos innegables.
19,70 € 19.7 EUR
O TRIÁNGULO INSCRITO NA CIRCUNFERENCIA - Víctor F. Freixanes
O Triángulo Inscrito na Circunferencia é a primeira novela de Víctor F. Freixanes, coa que se situou decontado entre as figuras máis sobranceiras da narrativa galega de fins do século XX. Reeditada agora en versión revisada polo autor, confirma o seu posto de obra clásica da narrativa galega contemporánea. Fresco intemporal en que as épocas se funden e confunden nun quimérico Mar dos Espellos, trátase dunha obra en que o real e o irreal, o tanxible e o imaxinado teñen a mesma forma aos ollos da xente con problemas moi palpables e prácticos, mais cuxa vida sempre está a abeirar o mítico e o fabuloso, como en certas obras literarias medievais. Polo seu alento narrativo e o pulo da súa imaxinación, O Triángulo inscrito na Circunferencia é unha das creacións máis singulares da novelística galega.
26,70 € 26.7 EUR
A EXPRESIÓN DRAMÁTICA NA EDUCACIÓN - Gavin Bolton
Este libro estuda a relación entre expresión dramática e aprendizaxe nunha perspectiva histórica, desde os inicios do século XX ata principios da década de 1980. Analiza a expresión dramática nas súas dimensións de ferramenta educativa e de experiencia estética, considerando os vínculos entre ambas as dúas. Tamén se poñen de relevo aspectos metodolóxicos e prácticos a partir da análise de traballos de aula. Un libro fundamental para coñecer a historia da educación teatral e para afondar na súa praxe diaria.
28,50 € 28.5 EUR
PERDER (2016-2021) - Roberto Salgueiro
En Perder, Roberto Salgueiro fai unha escolla de textos escritos entre 2016 e 2021, período que se corresponde a unha nova etapa da súa dramaturxia, máis fragmentaria, formalmente arriscada e creada a pé de escena para voces femininas.
14,40 € 14.4 EUR
O CASO DO ASASINO INVISIBLE - Jordi Sierra I Fabra
Desde que Berta se tivo que facer cargo da axencia de detectives de seu pai e se enfrontou a unha chea de casos e problemas, xa non é a mesma. E o último ano converteuse nunha espiral de tensións, sucesos e cambios na súa vida.
Agora está piques de saír o primeiro disco do seu grupo, que a enche de ilusión; pero ten que decidir se continúa a súa relación con Néstor, se segue coa axencia e resolver dous casos complicados, un de acoso sexual e outro de tráfico de drogas, e todo isto co inspector Sanllehí no hospital, ferido de bala por un asasino invisible.
Un remuíño de tensións que nos envolve durante toda a novela, a derradeira da serie.
17,75 € 17.75 EUR
LUME - J.L. Baños de Cos
Roi, un rapaz de dezaseis anos, cunha vida igual á doutros rapaces da súa idade, toma unha serie de decisións que o levarán a cometer un horrible crime. Cal é a causa pola que isto sucede? A verdadeira protagonista de Lume é a violencia, cada vez máis presente na nosa sociedade, con múltiples formas e, en moitos casos, agochada tralo anonimato da masa grupal. Contada de xeito non lineal, ademais de Roi, tamén teñen cabida as voces dos seus achegados, que amosan os feitos e as súas consecuencias desde diversos puntos de vista. Lume é unha invitación a preguntarnos de onde procede a violencia.
10,20 € 10.200000000000001 EUR
CASA DE FERAS - Edgar Costas
É unha fábula actual onde se abordan temas como o maltrato animal, as relacións de poder e a liberdade. Animais engaiolados entre reixas de ferro e humanos engaiolados en pre-xuízos férreos, todos buscan unha liberdade pola que hai que pagar un alto prezo. Edgar Costas bota man nesta peza dun humor cheo de ironía para abordar os conflitos que se xeran nun ambiente hostil, asfixiado de normas e prexuízos e sitúanos nun escenario real, ateigado de historia. A antiga Casa de Feras de Madrid, no Parque do Retiro, conforma o decorado da obra onde hai, tamén, unha homenaxe aos animais que no seu día habitaron estas dependencias, como a protagonista, a elefanta Pizarro, que no século XIX, chegada dun circo, dominou coa súa presenza este lugar.
10,50 € 10.5 EUR
RUN BABY RUN - Fátima Delgado
Alba é unha atleta que adestra duro para conseguir a vitoria. Vén de gañar unha medalla de ouro no Mundial de atletismo e está no seu mellor momento. Pero a súa carreira verase truncada por unha acusación inesperada. Uns meses antes dos Xogos Olímpicos a deportista é apartada da competición oficial. Para Alba correr é respirar, e nese momento o seu mundo derrúbase. Acompañada pola súa inseparable adestradora, atópase nunha encrucillada da que intenta saír para cumprir o seu soño sen renunciar ao seu verdadeiro ser.
Run baby run aborda a discriminación de xénero no deporte. Unha reflexión sobre canto se pode chegar a loitar sen traizoar os propios principios.
12,40 € 12.4 EUR
OS MESTRES MORTOS DE AQUEL VERÁN - Narciso de Gabriel
Os principais protagonistas deste libro son dez homes e dúas mulleres. Ábrese con María Vázquez Suárez, mestra compostelá destinada en Miño, asasinada polos fascistas nunha praia deste concello o 19 de agosto de 1936, e remata con Francisco Ponzán Vidal, mestre aragonés destinado en Camelle (Camariñas), asasinado polos nazis nun bosque próximo a Toulouse o 17 de agosto de 1944. Entre unha e outro figuran Rafael Fernández Casas, Jesús Álvaro López Brenlla, Mercedes Romero Abella, Rafael Pardo Carmona e Fernando Barcia Veiras, Manuel Rodríguez Castelao e Xosé Losada Castelao, Arximiro Rico Trabada, Víctor Fraiz Villanueva e Ramón Amadeo Figueroa Vilachá.
23,65 € 23.650000000000002 EUR
O LIBRO DA ROSA - VVAA.
As rosas, dende sempre, foron material literario, e non só para os poetas.
Simples e evocadoras, viaxan a través da historia da literatura dende que alguén, pechando os ollos e aspirando o seu recendo, se sentiu impelido a escribir. Inspiración de aromas e inspiración de historias. Con esa premisa, pedímoslles a dez autoras e autores de primeira liña da literatura galega que escribisen un relato tomando a rosa como elemento inspirador. E como hai tantas rosas coma estrelas no ceo, velaquí o resultado, dispar, diferente. Relatos uns que son espiñas e outros que son deleite estético; relatos que recenden, en todo caso, a verdade. Literatura rosa, pouca. Literatura grande, toda.
16,90 € 16.9 EUR
AS BENFALADAS - María Xosé Porteiro
Esta obra, escrita en clave feminista por María Xosé Porteiro, comeza cun prólogo de Priscila Retamozo, politóloga.

Para poder falar ben é preciso, en primeira instancia, poder falar, algo que as mulleres tiveron prohibido durante séculos, cando menos, desde que hai testemuños escritos. No decurso de As benfaladas, publicado na colección Feminismos de Editorial Galaxia, reflexiónase sobre esta circunstancia e propóñense alternativas para acelerar o proceso de normalización equitativa e civilizador que supón respectar e propiciar o acceso da voz e do pensamento feminino á sociedade, entendido como necesidade perentoria para combater a violencia simbólica que padece.

Unha publicación que xa está en todas as librarías de Galicia e que nos convida a reflexionar.
23,40 € 23.400000000000002 EUR
HACKEAMOS O PATRIARCADO - Unha análise do machismo dixital - Soledad Torres Guijarro
As desigualdades de xénero amplifícanse no mundo dixital, onde non hai barreiras temporais e xeográficas, nin, por tanto, refuxio. Nas redes sociais, a violencia contra as mulleres e as disidencias sexuais e identitarias multiplícase. Tamén a asistencia dixital, cada vez máis presente nas nosas vidas, está ateigada de estereotipos sexistas e de tolerancia á violencia de xénero. Reverter esta realidade é necesario e urxente e, para iso, resulta imprescindible que máis mulleres se formen en ciencia e tecnoloxía. Pero, de novo, os nesgos de xénero expulsan as mozas destas carreiras e empúrranas aos coidados. Neste libro achéganse os resultados de investigacións que se desenvolveron na Universidade de Vigo, onde se analizan estes problemas e se propoñen solucións e referentes para que o mundo dixital sexa un espazo seguro e de crecemento para todas.
23,65 € 23.650000000000002 EUR
AS CRÓNICAS DO SOCHANTRE - Álvaro Cunqueiro
Son as crónicas dos espectros as que chegan ao lector na voz do Sochantre Pontivy. Nos tempos da Revolución Francesa, o sochantre viaxa polos camiños da Bretaña acompañado por unha comitiva de mortos contadores de historias. En palabras de Carballo Calero, "asombra a coherencia xeográfica e histórica" do libro, no que se bota de ver o fondo coñecemento que Cunqueiro posuía do país da Bretaña coma dos costumes franceses da época da Revolución.

Historias de misterio e crime, que o autor escribiu cun gran talento creador, acaban por seducir a todo tipo de lectores. As crónicas do Sochantre, publicadas no ano 1956, son hoxe un clásico da literatura galega.
17,40 € 17.400000000000002 EUR
TEATRO DE GUIÑOL - Pirilampo- Manuel María
Pirilampo volve coa súa enerxía de sempre e, desta volta, abeirado aos poemas retranqueiros e festivos de Manuel María. Unha combinación que é garantía de moitas horas de diversión
20,55 € 20.55 EUR
CRONICA VIVA DO PENSAMENTO GALEGO - Marcelino Agís Villaverde
Esta obra viu a luz co obxectivo de sensibilizar e levar
ao gran público unha visión sintética e esencial do que foi a vida e a obra de figuras senlleiras da nosa historia cultural e do presente.Guiado por un talento didáctico exemplar, escrito cun estilo sinxelo, diáfano e atraente, sen pretensión erudita ou sistemática, e penetrado de quentura, humor e subxectividade, é un libro ideal para iniciar e incitar ao coñecemento necesario dos nosos grandes pensadores.
26,70 € 26.7 EUR
ROSALÍA DE CASTRO - Cantos de independencia e liberdade (1837-1863) - María Xesús Lama
Esta obra recibiu unha axuda á edición do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. “Premio Fervenzas Literarias 2017 ao Mellor Ensaio do ano”. "Premio Nacional de Ensaio 2018"
Neste primeiro volume da biografía de Rosalía de Castro nárranse as súas orixes familiares e os seus anos de mocidade. María Xesús Lama, profesora de estudos galegos na Universidade de Barcelona e editora de Cantares gallegos, pescuda con rigor e admiración, con obxectividade non exenta de paixón, na vida da poeta en Galicia e Madrid nun tempo de ideais e de aprendizaxe para a mocidade que na segunda metade do século XIX decide intentar vivir da pluma. A autora aproveita as últimas descubertas da investigación filolóxica e histórica para afondar nas viraxes inesperadas que obrigan a poeta a regresar a Compostela coa carga dunha responsabilidades familiares que lle fan reconsiderar a orientación da súa vida.
27,90 € 27.900000000000002 EUR
MIGRANTAS - María Alonso Alonso
é un libro de conversas coas que marcharon forzadas por unha crise, ou crises, que nada teñen que ver con elas.
Un libro de historias en primeira persoa sobre a nova diáspora galega onde falan as súas protagonistas, e que intenta romper coa idea patriarcal da emigración galega. Os testemuños das mulleres que aquí participan abordan temas relacionados cos sentimentos de pertenza e de desarraigamento, a idea de fogar, o concepto de tránsito ou o do regreso imposible. As historias que dan forma a este libro son historias dispares condicionadas por variadas causas e con diferentes resultados, historias de superación e de frustración, en moitos casos, que quedarán como memoria oral dunha xeración e dunha época.
20,35 € 20.35 EUR
NON É TARAMUNDI - Luis Manuel García Mañá
Os anos cincuenta representan para Galicia e comarcas limítrofes novos avances para a mellora da situación económica. España remata o “racionamento” e consegue entrar na ONU. A existencia do ferrocarril de vía estreita de Vilaoudriz a Ribadeo vai dirixíndose cara á súa fin, o mesmo que certos modos de vida. Constrúense novas estradas en substitución de vellos camiños polos que circulan vehículos de motor xunto aos de tracción animal. Algunhas mulleres reivindican un papel de igualdade cos homes nunha sociedade máis plural. Pero o Rexime resístese a ceder.
16,75 € 16.75 EUR
MERLÍN E FAMILIA - Álvaro Cunqueiro
O libro fundacional da narrativa de Cunqueiro, poboado de personaxes inverosímiles pero absolutamente verdadeiros cos que a invención do seu autor chega a cotas prodixiosas. Publicada en 1955, esta é a novela coa que Cunqueiro comezou a súa obra narrativa logo de escribir varios libros de poemas. A historia dun Merlín xa vello e refuxiado nas terras da Miranda luguesa chega ao lector a través do relato dunha testemuña directa, o paxe Felipe de Amancia, que lembra os tempos nos que traballou como criado do mago. A historia desenvólvese cunha permanente tensión entre o marabilloso e o cotián; pola casa de Merlín pasan numerosos e curiosos personaxes na procura de consello, mais tamén se narran as aventuras de Felipe cando vai facer os encargos do seu amo. Un universo único na literatura xorde nas fascinantes e engaioladoras historias que conta esta novela, que desde o momento da súa publicación supuxo un fito no tocante á renovación da narrativa galega. En Cunqueiro, a arte do narrador, adobiada dun fino sesgo humorístico, sorprende pola capacidade para facer convivir o mito co mundo cotián.
16,55 € 16.55 EUR
A SEREA DO MUNDO - Encarna Otero
Fermoso álbum con textos de Encarna Otero e ilustracións de Elisa Gallego Picard
17,60 € 17.6 EUR
MEMORIAS DUN NENO LABREGO - Banda deseñada - Xosé Neira Vilas
Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre.”
Así comeza o libro máis lido e traducido da literatura galega. Unha das obras que fundan a nosa narrativa contemporánea e que agora se presenta por vez primeira nunha adaptación gráfica.
Iria Aldegunde, con mestría e sensibilidade, pon en imaxes ese mundo que Balbino contempla ao seu redor cos ollos moi abertos e que adoece por entender, pois, como el afirma, vimos ao mundo cunha alforxa de preguntas.
Nesta novela gráfica atoparedes moitas desas respostas.
14,00 € 14.0 EUR
CABALGAREMOS TODA A NOITE - Carlota Gurt
Carlota Gurt debuta na literatura con Cabalgaremos toda a noite, un talentoso libro que nos achega á liberdade, un abismo de desexos e medos ao que nos asomamos transitando por unha corda frouxa, con personaxes próximos, que poderían ser calquera de nós, cos seus amores e medos. Un avanzar ás escuras cara a metas aparentemente inalcanzables, que ao final non o son.

Un traballo cheo de humor, retranca e mala uva, que nos trae sorrisos e desacougos.
15,10 € 15.1 EUR
MILLENIALS - Unha xeración entre dúas crises - Raquel C. Pico
A xeración millennial medrou na España que “vai ben” e estaba chegando á idade adulta cando o país estaba na “Champions da economía”. Todo apuntaba a un futuro cor de rosa, mais a realidade acabou sendo moi diferente. A crise de 2008 freou a súa entrada no mundo laboral e a pandemia foi un golpe inesperado cando estaban comezando a ver unha lixeira recuperación. E agora seguen atrapados nunha sorte de eterna xuventude precaria. Dano colateral dunha sucesión de crises históricas, esta xeración está queimada pola precariedade laboral, o inaccesible mercado da vivenda, por ter que pospoñer unha e outra vez os grandes fitos da vida adulta. E, se miran ao futuro, non son optimistas. Malia todo, a gran conquista millennial é, xustamente, que as relacións, as actividades e as realidades importantes poden ser as que decidan que sexan.
20,75 € 20.75 EUR
MAR BRANCO - Crónicas de Rusia e Europa Oriental - Brais Suárez González
Moscova é o centro dun remuíño de crónicas que van dos Balcáns ao Báltico, dun Kíiv enfermo a un San Petersburgo concupiscente e das chairas árticas á tropical Crimea, pasando por retiros ortodoxos e cidades remotas. En tren e autostop, o percorrido obedece á fascinación estética que a arquitectura brutalista e as paisaxes xeadas suscitan nun xornalista que prefire ser escritor. Polo camiño, da man da literatura e novos personaxes, Rusia desprega a súa cultura, gastronomía e carácter. Pero tras a liberdade eufórica e inconsciente das primeiras viaxes, ábrese paso unha visión máis madura, co sabor da emigración e o fedor do nacionalismo e da guerra, que revela as tebras do país e pon final ao libro.
25,00 € 25.0 EUR
O TEMPO DOS LAGARTOS - Carlos Negro e Raquel Senra
A fenda, as escamas, a metamorfose; este libro intenta ser un punto de sutura entre un tempo clausurado e unha expectativa de cambio; desa crise abrollan imaxes e palabras nun acto de supervivencia que transforma o amor nun dente de león a voar polo aire, porque medrar manca a pel, a casa, os adentros.
16,00 € 16.0 EUR
ANTOLOXÍA DA LITERATURA GALEGA (1981-2011) GAL-ENG - Jonathan Dunne
Esta Antoloxía da literatura galega 1981-2011 é unha continuación da histórica Antoloxía da literatura galega 1196-1981 publicada en 2010 e presenta, en edición bilingüe galego-inglés, sesenta textos de sesenta escritores galegos contemporáneos.
30,75 € 30.75 EUR
ANTOLOXÍA DA LITERATURA GALEGA (1196-981) gal-eng - Jonathan Dunne
ESTA Antoloxía da literatura galega 1196-1981 proponse introducir o lector á literatura galega tal e como se leva expresando durante case oitocentos anos.

27,30 € 27.3 EUR
DURMINDO SOBRE OS ESPELLOS - Jordi Sierra i Fabra
Diego ten 19 anos. Un día descobre que o seu avó, a quen cría morto, vive en Cuba. Na procura deses retrincos familiares agochados, Diego viaxa á illa caribela. Alí atopa un vello, unha historia e mais a Tania, o seu primeiro amor.
15,50 € 15.5 EUR
UNHA HUMANIDADE VIVIDA - Alfonso Zulueta
Alfonso Zulueta de Haz (1924-2017) foi home de fondas conviccións e compromisos. Neste libro recóllense testemuños de persoas que o acompañaron por distintas etapas dunha vida marcada polas preocupacións políticas, sociais e culturais, eidos en que desenvolveu unha intensa actividade. Desde o Cineclub e o Ateneo de Pontevedra ata a creación, xunto coa súa dona, María Teresa Fernández Cabaleiro, da Asociación Juan XXIII para a atención de discapacitados intelectuais e a Fundación Sálvora, de asesoramento das súas familias, ata as presidencias do Partido Galego Socialdemócrata (PGSD), o Consello Social da Universidade de Vigo, o Consello da Cultura Galega, a editorial SEPT e a Fundación Penzol. Tamén foi vicepresidente de Editorial Galaxia e colaborou noutras moitas entidades de tipo social e cultural.
22,00 € 22.0 EUR
O CAMIÑO DE SANTIAGO - Guía de guías - Laura Méndez Vergel
El Camino de Santiago. Guía de guías analiza el itinerario jacobeo para un estudio sociohistórico a través de las ideas que se reflejan en los tiempos por los que transitó, y dar luz a las mentalidades que fueron apareciendo en la transición del pleno medievo al bajo medievo en la sociedad occidental, centrándose en cuatro conceptos: actores, motivaciones, camino y creación, en cuya revisión histórica se aprecian matices que se van reformulando con el cambio de pensamiento medieval.

Laura Méndez Vergel (Zamora, 1990) es graduada en Historia da Arte por la Universidad de Salamanca y contratada predoctoral del Programa Nacional de Formación del Profesorado Universitario na USC, donde elabora su tesis de doctoramiento sobre el orden y caos en la cosmovisión bajomedieval en la literatura y en el arte de los siglos XII-XIII.
17,00 € 17.0 EUR
NOTICIAS DA MODERNIDADE - A muller moderna na prensa galefa dos anos 20 - Raquel C. Pico
Estamos na Galicia dos anos 20 e asistimos a unha revolución:
as mulleres cortan o pelo, fuman e bailan charlestón!, e os medios galegos non poden parar de falar de todo iso. “A muller dos nosos días é inquieta e dinámica”, asegura unha crónica. “Farei golf, pintareime, non me prohibirás, querido, que saia no meu Chevrolet sen o cravo do marido”, promete a protagonista dun poema. Internarse nos medios galegos de entón permite descubrir unha Galicia un tanto esquecida e que parece case secreta, a da época dourada da muller moderna. Ademais de cambiar o corte de pelo e o das saias, as mulleres do momento estudan, traballan e son vistas con certa incomprensión polos señores da súa época.
19,20 € 19.2 EUR
GUERRILLEROS ANTIFRANQUISTAS DA PROVINCIA DA CORUÑA - Lupe Martínez
Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña é unha parte da Historia dos homes e mulleres que fixeron que aquela idea de que en Galicia a sublevación dos militares franquistas foi un paseo sen resistencia, virase nunha falsidade perfectamente constatada, plena de argumentario intelixente, deixando que falen os documentos.
É este un traballo rigoroso onde a autora achega un catálogo de combatentes antifranquistas que actuaron na provincia da Coruña, tamén con conexións noutras provincias. Recóllense biografías individualizadas e un amplo contexto onde situar o fenómeno das guerrillas na provincia da Coruña, a máis activa e combativa, aínda que en todo o país tivo un papel importante tras o final da Guerra Civil e a posterior ditadura.
Homes e mulleres senlleir@s, como Benigno Andrade García Foucellas, Manuel Ponte Pedreira, Adolfo Allegue Allegue Riqueche e Marcelino Rodríguez Fernández Marrofer, comparten protagonismo con outros e outras menos coñecidos, grazas a un salientable traballo de pescuda arquivística que nos achega Lupe Martínez.
28,40 € 28.400000000000002 EUR
DUBLINESES - James Joyce
James Joyce publicou Dublineses en 1914. Unha colección de quince relatos escritos dun xeito realista nos que se retrata a clase media de Dublín e arredores durante os primeiros anos do século XX. No momento en que o autor escribe estas narracións, o nacionalismo irlandés e a súa defensa da identidade nacional estaban en plena efervescencia. O centro da concepción narrativa de Joyce é a idea da epifanía, a dunha revelación do senso da vida como consecuencia dunha experiencia concreta. Para o autor deste libro, a busca da identidade nacional representaba unha parálise, unha pexa no progreso da arte e da cultura cara a esa revelación. E Dublín estaba na cerna dese movemento regresivo. Por iso hai nestes contos un intento de representar o paso do tempo, da infancia á vellez, como un proceso de iniciación e iluminación que conclúe na historia final, “Os mortos”. Para poder levar a cabo ese proceso, o autor do Ulises remataría por exiliarse.
20,65 € 20.650000000000002 EUR
ANARQUISTAS GALEGOS EN AMÉRICA - Bieito Alonso
Este de Bieito Alonso é un verdadeiro libro de Historia como descuberta do pasado. Descóbrenos o descoñecido do pasado e achéganos pasados descoñecidos. Afeitos como estamos en Galicia a camiñar sempre polos mesmos estreitos carreiros marcados polos devanceiros, cunha máis que marcada tendencia filolóxica, a obra de Alonso tráenos a frescura dun coñecemento historiográfico anovador e sobre un tema que por máis visitado e revisitado non deixa de ser un pozo sen fondo. Do limiar de Lourenzo Fernández Prieto.
24,00 € 24.0 EUR
A FABRICA DO TEATRO - Michel Pruner
O sexto volume da colección Biblioteca de teatro que editan Galaxia e o IGAEM que nace como ferramenta útil para consulta e espallamento de todo o relacionado co mundo do teatro. Unha colección que propón diferentes maneiras de abordar o xeito teatral.

Michel Pruner en A fábrica do teatro presenta os diversos axentes que participan no teatro, definfindo polo miúdo o seu estatuto e presentando as súas funcións básicas: o autor dramático, o actor, o director de escena, o escénografo, o figurinista... O libro parte da realidade de que a elaboración dun espéctaculo teatral é un traballo colectivo que comporta aspectos moi diversos, desde os culturais ata os técnicos ou económicos.
28,75 € 28.75 EUR
10,00 € 10.0 EUR