Por unha compra superior a 50€ gastos de envío gratis. 

Se hai algún libro que non atopas, conseguímolo!

                                                                                                                                                            
Axenda 2025 formato por día
Axenda en galego.
22,00 € 22.0 EUR
18,90 € 18.900000000000002 EUR
QUEDA SITIO NA VASOIRA? - Julia Donaldson
A bruxa vai toda contenta na súa vasoira co seu gato, ata que lle cae o lazo da súa trenza entre as silvas. Aí comeza unha aventura que acabará liando a unha paxara, unha ra, un can e un dragón nunha aventura trepidante e fascinante por terra, por mar e sobre todo, por aire. Este libro é unha mestura de aventuras, risas e nervios nesta historia inesquecible de amizade, monstros e sobre todo, moita maxia!
16,00 € 16.0 EUR
BIM BAM BUM - María Girón
Unha disparatada aventura de amizade e un divertido xogo cos nomes e cos sons.

Este XVII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado é unha obra fresca e divertida que amosa a cara máis lúdica da infancia, unha etapa na que a amizade e a felicidade son compoñentes esenciais. Tanto no texto como nas ilustracións están presentes de forma harmónica o xogo, a liberdade, o movemento, a experimentación fonética e o humor.

O relato, sinxelo e musical, apóiase en recursos da tradición oral como os acumulativos e as repeticións, unidos a xogos fonéticos propios das vangardas.Conta cun ritmo vibrante que anima a continuar a súa lectura ata o final. Plasticamente destacan as imaxes de trazo libre que xogan co espazo e coas cores.
17,00 € 17.0 EUR
A QUE SABE A LÚA? - Michael Greiniec
Había moito tempo que os animais andaban a matinar a que sabía a lúa. Era doce ou salgada? Só querían probar un anaco pequeno. Polas noites, miraban ansiosos para o ceo. Estarricábanse e estiraban o pescozo, as pernas e os brazos, tentando collela...Quen non soñou algunha vez con darlle unha dentada á lúa? Este foi precisamente o desexo dos animais deste conto. Tan só querían probar un anaquiño pero, por máis que se estiraban, non eran quen de tocala. Daquela, a tartaruga tivo unha idea xenial: ?Se sobes ao meu lombo, poida que cheguemos onda ela?, díxolle ao elefante

16,50 € 16.5 EUR
MONSTR3S
Chega a hora de durmir e o pequeno pide deixar a luz acesa porque ten medo do mostro de debaixo da cama. Coma nun teatriño, a lectora vai descubrindo que nese cuarto habitan tres criaturas diferentes, e goza de saber que ningunha sabe da existencia das outras. De forma divertida e emocionate, este conto, a modo de kamishibai, móstranos como as criaturas se atopan, se asustan e se reconcilian, mentres o escenario vai cambiando e se vai ordenando e desordeando en función do estado anímico dos personaxes. Ten un final con moitas posibilidades que fará gozar a lectoras e mediadoras da lectura, que non podemos desvelar nesta sinopse porque tedes que ler este libro.
15,90 € 15.9 EUR
LICOR CAFÉ - VV.AA.
Unha apaixonante banda deseñada sobre o noso maravilloso e máxico Licor Café!
13,90 € 13.9 EUR