Por unha compra superior a 50€ gastos de envío gratis. 

Se hai algún libro que non atopas, conseguímolo!

SEMPRE EN GALIZA - Castelao
No ano 1944 publicábase en Bos Aires a primeira edición de Sempre en Galiza. O libro que mellor condensa a historia e as esperanzas de toda unha nación vía a luz no exilio hai agora sesenta anos. A obra de Castelao é unha colección de ensaios nos que a historia, a cultura, os problemas e a identidade de todo un país abrollan proxectándose cara ao futuro. Desde a súa publicación, o libro no que se recolle o pensamento de Castelao continúa a estar vixente para toda a sociedade galega precisamente pola forza das súas conviccións, a valentía para expresalas e a gran capacidade do autor para transmitir as ideas.

Símbolo da cultura e do país galego, Sempre en Galiza representa os anceios dunha nación que se quere situar a carón doutras culturas e en igualdade co resto dos pobos.
24,35 € 24.35 EUR
MEIRÁS - Un pazo, un caudillo, un espolio . Carlos Babío e Manuel Pérez
Unha das imaxes que máis asociamos á ditadura de Franco é a da silueta do Pazo de Meirás . Residencia de verán do Xefe do Estado durante catro décadas , o edificio , construído pola escritora Emilia Pardo Bazán , chegaría ás mans do ditador nun proceso marcado polas coaccións e os abusos sobre unha poboación sometida ao aparello represivo do réxime . O presente volume estuda e documenta esrs procedementos e analiza a actuación das administracións en Meirás , co investimento continuado de fondos públicos nunha propiedade que , á morte de Franco , ficaría nas mans da súa familia . Un relato que vén a botar luz sobre unha historia que o franquismo nos transmitira en termos ben diferenes . O relato dun tempo que axuda a explicar , en boa medida , o noso presente .
22,00 € 22.0 EUR
DAS PIONEIRAS ÁS PRIMEIRAS FEDERADAS - Unha historia social do deporte feminino en Boiro - Antón Rodríguez Gallardo
As mulleres en xeral e as de Boiro en particular son o núcleo desta obra que é de historia local, é de historia do deporte pero, sobre todo, é da historia da muller. Unha historia con perspectiva de xénero que, centrada nas mulleres dunha localidade costeira da Ría de Arousa, pon o foco, sobre as mulleres dunha realidade galega e española que pasaron dos anhelos de liberdade a ter que socializar e expresarse nunha ditadura que a contemplaba supeditada ao home e, a pesar disto, planeaba a súa participación nunha rede deportiva de orientación filofascista que evolucionaría dende os tempos da vitoria até o tardofranquismo.
Quen vai a dispoñerse a ler este libro que saiba que está ante un traballo complexo e, á vez, de lectura doada e pracenteira. Un traballo local e universal sobre o deporte, a sociedade e a muller. Un traballo perfectamente concluído e, polo tanto, e isto é o máis interesante, aberto a ser continuado, porque, con seguridade, a lectura destas liñas invitarán a querer saber máis sobre as mulleres deportistas de Boiro.
16,00 € 16.0 EUR
HISTORIA VISUAL DO REINO MEDIEVAL DE GALICIA
Trespés ven de lanzar a publicación centrada no período medieval, a “Historia visual do Reino Medieval de Galicia”. Combinando ilustracións, mapas e fotografías que se acompañan con textos accesíbeis, esta publicación pretende ser un recurso divulgativo para o público xeral, especialmente para o estudantado, que procure saber máis sobre a fascinante historia de Galicia, e concretamente do seu período medieval.

A través da publicación, o público achegarase a un período histórico que non deixa de sorprender. Unha ferramenta para nos aproximar dunha das etapas máis sobresaíntes, e ao tempo máis descoñecidas do pasado do país.

Esta produción foi realizada por Trespés Producións Culturais e contou co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña ao abeiro da liña de subvencións a proxectos centrados no Reino medieval de Galicia.
20,00 € 20.0 EUR
ROSALÍA DE CASTRO, ESTRANXEIRA NA SÚA PATRIA - Francisco Rodríguez
No 2010 cumpríronse 125 anos da morte de Rosalía . Todo o que se fixo , e no foi pouco con tanta indiferenza e mal disimulada hostilidade oficial , foi á iniciativa social , impulsado por sectores populares ou pequenas empresas conscientes do seu valor e da súa vixencia , coa axuda dalgúns concellos . Este libro hai que inserilo dentro do esforzo colectivo por nos facer conscientes do noso propio valor , neste caso do valor dunha obra literaria e dunha muller , Rosalia de Castro , que trascenden o campo da literatura por seren sintomáticas da aspiración e do dereito á existencia do pobo galego , e tamén dunha perspectiva da historia e do mundo xenuína e moi esclarecedora , imprescindíbel . Mantendo o rigor analítico e o manexo de fontes históricas abondosas , característicos do seu autor , é un texto de fácil , entretida e suxerinte lectura . De seguro que vai incitar a reler a obra rosaliana , nuns casos ; noutros , a lela na súa totalidade ; en moitos , a achegarse a ela por primeira vez con interese e devezo .
23,00 € 23.0 EUR
CANTA, MIÑA COMPAÑEIRA - O legado das cantareiras - María Lado
Adolfina, Rosa, Eva, Prudencia, Asunción e Manuela son os nomes propios de seis das miles de cantareiras ou pandeireteiras que ao longo do tempo crearon e conservaron unha rica poesía popular oral, que foi transmitida de xeración en xeración. Grazas a mulleres coma elas, chegaron a nós coplas, ritmos, bailes, contos, xogos, remedios e costumes. Sen ese prezado saber, a música galega que escoitas hoxe en día e a literatura que les non serían as mesmas. Por iso, esas mulleres son as homenaxeadas no Días das Letras Galegas de 2025. Este libro é unha viaxe ao seu tempo e ao seu lugar, durante a
12,95 € 12.950000000000001 EUR
A GALICIA DO SÉCULO XXI - Antón Álvarez Sousa
O mundo en xeral, e a sociedade galega en particular, está a experimentar profundos cambios asociados con procesos de dixitalización que afectan as organizacións e a nosa vida cotiá: os grandes riscos e as crises globais e, en concreto, o cambio climático e a transición ecolóxica que cambian os nosos océanos, os nosos montes; a nosa forma de consumir; o envellecemento da poboación que afecta a vida activa e o xeito de nos relacionar e de organizar as familias; o abandono do rural e a ordenación dos espazos que fan necesario mudar a estrutura tradicional de municipios e provincias por outras máis axeitadas; a posmodernidade e a forma de ordenar o traballo e o lecer. Tamén está aí o xurdimento de novas desigualdades e a exclusión social; a loita pola igualdade de xénero; a globalización e o xeito de influenciar na economía, na política e na cultura; a gobernanza da sociedade a nivel micro nos pequenos ambientes e a nivel macro como o caso da Unión Europea, en que Galicia debe estar atenta a participar nas problemáticas que nos atinxen. Ao longo dos diferentes capítulos o lector pode descubrir como están condicionando estas cuestións o territorio de Galicia, a súa natureza e os montes, a pesca, os mares, o turismo, o lecer e o xeito de nos divertir, o mercado laboral, a educación, a poboación e a despoboación, a riqueza e a pobreza, a saúde mental, as migracións, a reconfiguración urbana, os incendios e mesmo a nosa lingua da man de 34 autores e autoras de recoñecido prestixio que fan unha análise precisa e con proxección de futuro.
22,95 € 22.95 EUR
GALICIA, UN MAR CON HISTORIA - Isidro Dubert
Galicia ten un mar con historia e unha historia con mar. O mar situou o país na cerna da historia europea e do mar chegaron mudanzas que mesmo afectaron á vida cotiá das xentes do interior. Neste libro abórdase a importancia de Galicia nas rutas marítimas que trouxeron a fenicios, gregos e romanos até ás súas costas. Igualmente, a participación do vello reino na reactivación dos grandes intercambios económicos e culturais ocorridos en Europa e o desenvolvemento que experimentou a pesca e o comercio marítimo a partir do século XIII. Ademais, aténdese aquí á loita pola "posesión do mar" e aos conflitos sociais durante o Antigo Réxime, á posta en funcionamento da Matrícula do Mar en 1748, á conformación no país dunha nova elite social a finais do século XVIII e a súa participación no tráfico de escravos no XIX, e aos motíns e as revoltas populares acaecidas nas cidades litorais. E iso sen esquecer o que para Galicia supuxo a chegada do capitalismo ao mar, a forza do anarquismo nos portos entre 1900 e 1936, a importancia das mulleres nas industrias pesqueira e conserveira, a creación dunha industria naval punteira a partir de 1960, a reconversión industrial de 1983-1996, as modificacións que experimentou a estrutura portuaria galega durante o século XX...
22,95 € 22.95 EUR
GALICIA - Terra, mar e xentes - Milagre da Terra / Flora - Gwendolyn Luo
A obra que tes entre as mans mostra, baixo títulos suxestivos, espectaculares imaxes acompañadas dun breve texto que, dunha forma curiosamente orixinal, proporciona algún dato do que aparece en cada fotografía.

Considerando o número de especies fotografadas, así como a súa diversidade, formas e cores representadas, parece que estamos diante dun pequeno tratado de botánica, onde podemos ver musgos, fungos, fieitos, plantas superiores (as máis numerosas) e até algún dos insectos relacionados co mundo vexetal.

Como as especies comprendidas nesta colección son as máis coñecidas e abundantes no noso país, o tratado resultará moi interesante para todas as persoas amantes da natureza, que atoparán os exemplares retratados nos campos máis próximos aos seus fogares.

No texto fálase das características importantes ou curiosidades dalgunhas plantas, das crenzas populares de outras, dos lugares onde é frecuente atopalas por ser o seu hábitat ou da función que exercen na natureza. Tamén se suxiren as formas de aproveitalas, facendo relación á similitude cos obxectos comúns da vida cotiá e destacando as características polas que deben ser admiradas.

Sendo un traballo esencialmente fotográfico, como tal foi realizado, hai que valorar o contido botánico que encerra.

Se nas guías de plantas as descricións deben ir acompañadas dunha ilustración que mostre de maneira nítida as partes e os detalles de cada unha das especies, estas fotografías cumpren perfectamente ese cometido.
11,05 € 11.05 EUR
NARRATIVA E TEATRO - Castelao
La narrativa y el teatro completo de Castelao, acompañados de las ilustraciones realizadas por el propio autor para cada libro. Alfonso Rodríguez Castelao es una figura sin la cual no se puede comprender la significación de Galicia contemporánea. Su obra escrita, ampliamente diversificada en distintos géneros -narrativa, teatro, ensayo, pensamiento, discurso, articulos de prensa, correspondencia- nunca disoció arte de compromiso, ética y estética, entendiendo la obra artistica como un vehículo de concienciación y afirmación de la identidad de un pueblo.
16,00 € 16.0 EUR
SUPERSTICIONES DE GALICIA - Jesús Rodríguez López
Varios autores se ha ocupado en describir alguna que otra de las supersticiones gallegas. La mayor parte de los poetas regionales que describieron costumbres del país, han tocado con la superstición, que acompaña a muchos de los actos de nuestro pueblo. En esta obra se abordan supersticiones gallegas que nunca antes se habían dejado por escrito.
19,00 € 19.0 EUR
CANTARES GALLEGOS - Rosalía de Castro
Rosalía de Castro (1837-1885) é a voz emblemática da nosa literatura, símbolo do Rexurdimento cultural no século XIX, e Cantares gallegos, publicado por vez primeira o 17 de maio de 1863, representa o primeiro gran paso cualitativo cara á madurez poética de Galicia.
Inspirada nas raíces do seu pobo, nos ritmos e fórmulas tradicionais, na fala viva, nos costumes e nas xentes que a autora sentía arredor de si, este libro vai máis alá e encarna, dende sempre, a esencia máis íntima do sentimento galego.

16,95 € 16.95 EUR
AS HORAS MORTAS - Emma Pereira
Concibido como unha guía de lugares mais tamén como un compendio de historias para ler desde o sofá, este libro percorre unha pequena parte dos máis de 3.600 cemiterios da nosa comunidade autónoma, desde o histórico Santo Amaro ata un dos cemiterios máis pequenos do mundo. Da tumba dun Nobel ata a dun actor proposto ao Óscar.
A autora viaxa, ás veces soa e outras acompañada por persoeiros vencellados ao cemiterio que visita para coñecer máis de cerca as lendas e as historias reais, ás veces con límites difusos, achegando á nosa literatura unha viaxe única e persoal, resultando unha antoloxía de lugares fúnebres e rituais e crenzas relacionadas coa vida e a morte.
Percorridos como a Ruta dos Cemiterios indianos do norte, os cemiterios illegos, os desaparecidos, republicanos, protestantes e de disidentes, son algunhas das propostas d’As horas mortas.
28,00 € 28.0 EUR
A TOPONIMIA DOS CELTAS BRIGANTINOS E DOUTRO POBOS DA GALLAECIA - Fernando Cabeza Quiles
Obra de investigación predominantemente filolóxica, desentraña os arcanos da toponimia máis antiga e escura dos "brigantinos", sen esquecer as pegadas toponímicas deixadas por outros pobos celtas que viviron e laboraron na antiga Gallaecia. O presente volume ofrece porpostas toponímicas novidosas, ata o de agora inéditas, e porfía en exhumar un período da historia de Galicia pouco coñecido e especialmente ignorado: o dos celtas ou celtici do noso antigo territorio. A toponimia dos celtas brigantinos e doutros pobos da Gallaecia contribúe a librar do esquecemento o atlantismo galego -complemento sine qua non do celtismo-, ignorado e disimulado a mantenta polo poder centralizador do corte e intereses mediterráneos.

Fernando Cabeza Quiles, figura fundamental na cultura do noso tempo, recoñecida internacionalmente pola súa investigación toponímica- con máis de 30 anos de especialización na materia-, atinxe na presente obra, con ánimo ameno e divulgativo, un fito no coñecemento dos nomes de lugar de orixe celta na rexión de Bergantiños e no conxunto de Galicia.

20,00 € 20.0 EUR
ANTOLOXÍA DA LITERATURA GALEGA (1981-2011) GAL-ENG - Jonathan Dunne
Esta Antoloxía da literatura galega 1981-2011 é unha continuación da histórica Antoloxía da literatura galega 1196-1981 publicada en 2010 e presenta, en edición bilingüe galego-inglés, sesenta textos de sesenta escritores galegos contemporáneos.
30,75 € 30.75 EUR
ANTOLOXÍA DA LITERATURA GALEGA (1196-981) gal-eng - Jonathan Dunne
ESTA Antoloxía da literatura galega 1196-1981 proponse introducir o lector á literatura galega tal e como se leva expresando durante case oitocentos anos.

27,30 € 27.3 EUR
ANARQUISTAS GALEGOS EN AMÉRICA - Bieito Alonso
Este de Bieito Alonso é un verdadeiro libro de Historia como descuberta do pasado. Descóbrenos o descoñecido do pasado e achéganos pasados descoñecidos. Afeitos como estamos en Galicia a camiñar sempre polos mesmos estreitos carreiros marcados polos devanceiros, cunha máis que marcada tendencia filolóxica, a obra de Alonso tráenos a frescura dun coñecemento historiográfico anovador e sobre un tema que por máis visitado e revisitado non deixa de ser un pozo sen fondo. Do limiar de Lourenzo Fernández Prieto.
24,00 € 24.0 EUR
DESVENDANDO ROSALÍA E A SÚA OBRA - Francisco Rodríguez
Este libro é máis un contributo para desvendar a verdadeira Rosalía e a real significación da súa obra da man de quen, con obras fundamentais como Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro (1988) ou Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria (2011), contribuíu como ninguén a deitar por terra os estereotipos e deturpacións interesadas sobre a nosa autora nacional e a restaurar a súa figura.

Reunimos aquí unha colección de artigos publicados por Francisco Rodríguez nos últimos anos en diversos dixitais, xornais e publicacións especializadas, sempre co ánimo de facer chegar ao grande público unha outra imaxe de Rosalía de Castro, resultado de anos de investigacións e análises rigorosas, fiel á realidade mais aínda hoxe non plenmanente asumida.

Nas páxinas deste libro vaise perfilando unha Rosalía pioneira non só na escrita en galego, mais tamén na defensa da Galiza frente ao proceso de asimilación política polo novo Estado centralista español, coñecedora das ideas socialistas e profundamente identificada coas clases populares galegas, especialmente coas mulleres labregas. Unha Rosalía coraxosa, consciente do seu papel e determinada a exercer como escritora pese a quen pesar e asumindo os custos persoais desa decisión. Unha muller heterodoxa en múltiples aspectos. Unha galega que só se identificou coa súa patria e que nunca desertou da causa da Galiza. A nosa Rosalía.
15,00 € 15.0 EUR
A LAVANDEIRA DE SAN SIMÓN - Eva Mejuto e Bea Gregores
«Nunca vira esta parte da illa, nin a torreta nin o enreixado, nin os gardas cos fusís que vixiaban, nin os centos de homes que agardaban detrás deles, coa fame e o medo nos ollos. Desde a nosa casa só se vían unhas poucas árbores e a ponte. Máis nada. As cousas non sempre son como parecen...» A illa de San Simón foi, durante a Guerra Civil, cadea e campo de concentración de máis de seis mil homes inocentes. Moitas foron as mulleres que axudaron, desinteresadamente, a facerlles máis soportable a condena levando comida e roupa limpa á illa. Esta é unha de tantas historias de mulleres e crianzas que padeceron a represión e a inxustiza, e que loitaron por cambiar o mundo que lles tocou vivir.
17,50 € 17.5 EUR
A XUSTIZA POLA MAN - Violencia e conflitividade na Galicia comtemporánea - VVAA
«A xustiza pola man» achega unha panorámica sobre as formas de conflitividade e violencia cotiá na Galicia contemporánea. Partindo dunha óptica común, inténtase comprender a sociedade a través dos conflitos e dunha das súas posibles derivacións, a violencia, entendida esta non como unha manifestación de irracionalidade, senón como síntoma das oposicións e loitas de poder inherentes a calquera comunidade. En definitiva, preténdese expoñer unha visión afastada dos estereotipos que afondan nunha Galicia resignada aos designios do poder imperante. «Un análisis novedoso, detallado y coherente sobre la violencia en el pasado que descubre las diferentes caras de la violencia, sus mutaciones y el lugar central que ha ocupado en la historia». Óscar Bascuñán Añover (Universidad Complutense de Madrid). «Uma obra de leitura indispensável e urgente para quem deseje pensar a Galiza num tempo longo, além dos estereótipos sobre o conflito e a violencia». Paula Godinho (Universidade Nova de Lisboa). «No tempo do retorno da política do medo e do neofascismo, estudar a violencia contribúe a suspender a súa aparente irracionalidade e axuda a entender o pasado e o noso presente». Álex Alonso Nogueira (City University of New York).
26,95 € 26.95 EUR
ANTOLOXÍA DA LÍRICA GALEGO-PORTUGUESA
Esta Antoloxía da lírica galego-portuguesa é unha obra monumental. A través dela, os lectores e lectoras galegos teñen acceso, por primeira vez desde unha edición galega, a un corpus tan amplo como xeneroso da nosa lírica medieval. Da man do especialista en estudios literarios medievais Xosé Bieito Arias Freixedo ofrécese por fin a oportunidade de acceder ao máis salientable do cancioneiro profano -cantigas de amigo, cantigas de amor e cantigas de escarnio e maldicir-. Poemas de Martin Codax, Airas Nunes, Don Dinis, Meendinho ou Pero Meogo, por só citar algúns entre unha amplísima nómina de autores e de textos seleccionados, dispostos nunha edición que conta cun amplo e accesible estudio introductorio e que analiza e nos guía, con erudición e sinxeleza, por este tesouro literario que é a nosa lírica medieval.
36,50 € 36.5 EUR
HISTORIA VISUAL DO RC CELTA (1923-2023) - César Cequeliños e Jorge Campos
O Celta fai cen anos. Cen anos de goles, de bágoas, de sorrisos, de unión. Con este libro descubrirás os momentos e as persoas que fixeron posible esta fazaña.
19,95 € 19.95 EUR