Por unha compra superior a 50€ gastos de envío gratis. 

Se hai algún libro que non atopas, conseguímolo!

"MÁS VALE FORTUNA EN TIERRA QUE BONANZA EN LA MAR" - Franquismo y vivienda social para pescadores en Galicia - Xurxo Antelo e Daniel Lanera
Este libro es una contribución al conocimiento de la vivienda social destinada a los marineros durante el franquismo. Pero la obra pretende ir mucho más allá. Tomando la cuestión de la vivienda como hilo conductor, su objetivo es recuperar y poner en valor la memoria laboral, social y política de los marineros, de sus familias y de sus comunidades a través de la reconstrucción de sus historias de vida. Por ello trata también asuntos como las experiencias laborales de los hombres y las mujeres del sector pesquero, sus prácticas y lugares de sociabilidad o la dimensión comunitaria de la vida cotidiana.
La obra parte de la particular conceptualización que la dictadura elaboró acerca de los marineros y de sus familias como colectivo laboral, grupo social y sujeto político. El régimen de Franco manejó dos premisas principales. En primer lugar, la consciencia de que los trabajadores del mar eran —dadas sus culturas políticas y su militancia sindical previas a la Guerra Civil (1936–1939)— un colectivo profesional desafecto. En segundo, la consideración de los marineros y sus familias como un grupo social que debía ser objeto —desde una perspectiva higienista y moral que asentaba sus bases en el primer tercio del siglo XX— de una intervención decidida de los poderes públicos en ámbitos como las condiciones laborales y la gestión de los ingresos, la formación, el control del tiempo de ocio o la situación de la vivienda familiar.
15,00 € 15.0 EUR
LUME - Análise social dos incendios forestais - VVAA
«Lume. Análise social dos incendios forestais» é un libro de plena actualidade, que aborda o enorme problema que supoñen os incendios forestais e propón a necesidade de deseñar estratexias de xestión que superen a concepción clásica que se aplica á hora de tratalos. Que tipo de evolución se produciu nos incendios nas últimas décadas Cales son as características sociais, culturais e políticas propias destes lumes de quinta e sexta xeración Desde a análise política, as autoras achéganse á experiencia das comunidades locais cos incendios forestais, confiando na participación pública como mecanismo para incorporar e transferir o coñecemento social baseado na experiencia ao deseño das políticas públicas de loita contra o lume. Desde a análise cultural, abordan a conflitiva relación entre o bosque e o lume en Galicia, unha relación contra natura que pon en risco a sustentabilidade das formas de vida e suxire a necesidade dunha apreciación en profundidade do contexto social onde se xera o incendio e a figura do incendiario, así como o papel que desempeñan os medios de comunicación á hora de informar a cidadanía.

17,95 € 17.95 EUR
MERLÍN E FAMILIA - Álvaro Cunqueiro
Publicada en 1955, esta é a novela coa que Cunqueiro comezou a súa obra narrativa logo de escribir varios libros de poemas. A historia dun Merlín xa vello e refuxiado nas terras da Miranda luguesa chega ao lector a través do relato dunha testemuña directa, o paxe Felipe de Amancia, que lembra os tempos nos que traballou como criado do mago. A historia desenvólvese cunha permanente tensión entre o marabilloso e o cotián; pola casa de Merlín pasan numerosos e curiosos personaxes na procura de consello, mais tamén se narran as aventuras de Felipe cando vai facer os encargos do seu amo. Un universo único na literatura xorde nas fascinantes e engaioladoras historias que conta esta novela, que desde o momento da súa publicación supuxo un fito no tocante á renovación da narrativa galega. En Cunqueiro, a arte do narrador, adobiada dun fino sesgo humorístico, sorprende pola capacidade para facer convivir o mito co mundo cotián. O libro fundacional da narrativa de Cunqueiro, poboado de personaxes inverosímiles pero absolutamente verdadeiros cos que a invención do seu autor chega a cotas prodixiosas.
16,55 € 16.55 EUR
NOVO DIÁLOGO - Achegas á obra de Castelao - Carlos L. Bernárdez
No 75 aniversario da morte de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1866-1950) en Bos Aires, Galiza lembra unha figura clave da súa cultura. Este volume céntrase na súa contribución ás artes plásticas, onde destacou como creador dunha arte galega moderna, cun estilo orixinal que combinou o debuxo satírico cun fondo compromiso ético e político. A súa obra denuncia a inxustiza, o caciquismo, a emigración ou o racismo, mais faino sempre a través dunha coidada cosntrución visual.

Reúnense aquí dous estudos complementarios: Dar forma á diferenza, que ofrece unha visión sintética da súa obra ata a Guerra Civil, e Novo diálogo, centrado nos seus "Debuxos de negros" e na súa mirada solidaria cara a poboacións racializadas. Ambos textos reflexionan sobre a forza expresiva dunha obra que une cultura popular e compromiso político, e que segue a ser esencial para ententer o noso pasado e presente.
19,95 € 19.95 EUR
AS HISTÓRIAS DA GALIZA NATURAL - João Aveledo
É este um livro feito com mimo, armado devagar durante uma vida inteira de caminhadas “das ribeiras do Návia às do Douro, da Costa da Morte aos Montes de Leão”, por “terras mornas e húmidas”, “entre granitos e xistos”. É uma caixa em que o autor foi guardando, nas suas excursões e leituras, pedaços dos “bosques antigos e lendários”, das “águas oceânicas, que no Aquém-Minho se adentram nos vales fluviais” e até mesmo de “relíquias de eras glaciais”.
Hoje recupera, desses vinte e cinco anos de trabalho, um total de 80 textos, publicados em diferentes meios de comunicação social galegos, arrumados por temáticas e acompanhados de vários índices onomásticos. Uma ferramenta incontornável para conhecer melhor “um variado território de características naturais peculiares”: um “país velho e suavemente ondulado” que se estende “por cima de estados, por cima de comunidades autónomas”. O Maciço Galaico-Duriense. A Galiza Natural.
17,50 € 17.5 EUR
CASTELAO - Chama e alento incesantes - VVAA
É innegábel —nun marco sistémico de desatención oficial da Historia da Galiza e das súas moi diversas manifestacións— que a ignorancia, a manipulación e o desprezo sobre todo o que representa Castelao se teñen conformado como unha tríade perversa que impide o coñecemento real e efectivo da súa figura e da súa obra, de valor incuestionábel e moi representativas do mellor que deu a Galiza na política, na arte e na literatura nunha etapa tan crucial da nosa historia como foi a primeira metade do século XX.

De aí a importancia deste libro colectivo, que ten como finalidade guiarnos polo camiño do coñecemento sobre o que Castelao é e sobre o que Castelao foi, tomando como punto de partida o que el mesmo deixou por escrito no seu Sempre en Galiza, a nosa fonte principal e directa de coñecemento para tales efectos. E facemos este camiño da man sabia e xenerosa de persoas cuxas colaboracións teñen en común servir, con eficacia, a desfacer a tríade perversa e a revelar o potencial do exemplo e do pensamento de Castelao para reforzar no presente a dignidade colectiva do pobo galego e para construír a Galiza libre do futuro.
21,00 € 21.0 EUR
LAS INVIERNAS - Cristina Sánchez-Andrade
Galicia, años cincuenta. Dos hermanas regresan a Tierra de Chá después de una larga ausencia, muy unidas por un hecho oscuro cometido en el pasado, y también por su pasión por el cine y la vida de los artistas de Hollywood. Vuelven a la que fue la casa de su abuelo, de la que tuvieron que huir cuando eran niñas, y donde hombres y animales conviven bajo el mismo techo. En Tierra de Chá, nada y todo ha cambiado, las gentes, la pequeña casa lejana bajo la lluvia, el olor acre del tojo, las flores, las cosechas, las costumbres... Pero las fronteras entre la verdad y la mentira, los recuerdos y la realidad son difusas. Por algún motivo, el regreso de las hermanas trastoca la plácida existencia de los habitantes de la aldea. ¿Por qué nadie quiere hablar de don Reinaldo, el abuelo? ¿Qué ocurrió durante la guerra que ahora les ocultan? ¿Por qué las llaman así, «las Inviernas»?
Las subidas al monte con la vaca; la costura; las discusiones; la novela de la radio que las hace llorar: a pesar de todo, la rutina acaba imponiéndose poco a poco. Pero cuando, a la caída de una tarde de verano, una de las Inviernas escucha en la radio la noticia de que la famosa actriz americana Ava Gardner, «el animal más bello del mundo», tiene previsto viajar a España, Tossa de Mar, para rodar una película en la que buscan dobles, las hermanas no tienen ninguna duda de que al fin ha llegado la oportunidad de convertirse en las actrices que han estado esperando toda su vida...
En paralelo, una serie de acontecimientos están teniendo lugar en la aldea: una vieja centenaria revela que don Reinaldo le pagó dinero para quedarse con su cerebro cuando muriera, con el fin de investigarlo. A partir de que este macabro hecho se hace público, todos los habitantes empiezan a inquietarse. Poco a poco, mientras pasado y presente se funden y entrecruzan, vamos descubriendo quién fue don Reinaldo, qué hizo y por qué tuvieron que huir sus nietas. También descubrimos qué hecho misterioso hizo regresar a las Inviernas a tan recóndito lugar.
¿Conseguirán las hermanas hacer realidad su sueño de convertirse en actrices o quedarán atrapadas en la ciénaga del remordimiento?
Cristina Sánchez-Andrade nos regala una deliciosa historia con tintes de los grandes clásicos de nuestra literatura, mezclando hábilmente la ficción con los hechos históricos -la revolucionaria llegada de Ava Gardner a España en los años cincuenta para rodar Pandora y el holandés errante-, dosificando de forma magistral la intriga, y aportando un sutil e ingenioso sentido del humor, haciendo de las Inviernas dos personajes perversos y a la vez entrañables que se quedarán con el lector mucho tiempo después de su lectura. Esta novela es, además, un homenaje a Galicia y a la tradición oral, a todas las historias que se cuentan en las casas, al amor de la lumbre en las noches. En las noches frías de invierno.
18,90 € 18.900000000000002 EUR
MUDAR EN COMÚN : GALIZA 1959-1982 - Alba Diaz-Geada
Unha análise sociohistórica dos cambios no rural galego.
32,00 € 32.0 EUR
FEIJÓO- Biografía dun farsante (non autorizada) - Manuel Monge González
Difúndese que Alberto Núñez Feijóo é unha persoa de centro dereita, reformista, liberal, dialogante,etc. Outros din que é un ultra disfrazado de moderado, que ten dúas caras. Falemos claro, Feijóo é un farsante: "hipócrita, mentireiro, troleiro, patrañeiro", segundo o Diccionario Xerais de sinónimos"
Feijóo manifestaba: "No tengo intención de pactar con Vox, y no lo haré, es un partido que está contra Galicia". Hoxe é un valedor de pactos e gobernos de coalición con Vox e asume o discurso da extrema dereita.
Pode dicir unha cousa hoxe, mañá outra e ao día seguinte todo o contrario. En Oursense cualificaba como "leta" a posibilidade dun pacto con Gonzalo Pérez Jácome. Despois mantiña a Jácome como alcalde porque "garantiza la estabilidad". Feijóo é un "marxista" ( de Groucho Marx) convencido: "Estes son os meus principios. Se non lle gustan, teño outros".
O libro pode ser útil para coñecer as "amizades perigosas" de Feijóo; que fixo como presidente da Xunta de Galiza en educación, sanidade, servizos sociais, medio ambiente ou desenvolvemento económico. Lectoras e lectores terán información para comprobar que Feijóo non ten nada de bo xestor e nada de moderado e que sería un pésimo Presidente do Goberno.
Existen outras biografías sobre Feijóo. Esta é unha biografía non autorizada, que ten pouco de literatura. É un libro de consulta, que pode ser útil para desmontar o discurso da dereita e ultradereita e conseguir que non gobernen nin en Galiza, nin no Estado, asi de claro.
24,95 € 24.95 EUR
LUAR NA LUBRE: ENCRUCILLADA XX (Contén CD)
Luar Na Lubre XX- Encrucillada é o vixésimo traballo discográfico de Luar Na Lubre, por unha banda agasallo para o seu público na forma de libro (divulgativo do seu percorrido de case corenta anos na historia da música folk na Galiza) - CD (integrado por dezaseis temas) e, por outra, un emocionante e agradecido encontro con amigas e amigos nese cruzamento de múltiples camiños no que Galiza e Luar na Lubre se unen a distintas e complementares expresións culturais.

Este libro-disco é o resultado de máis de setenta colaboracións doutras tantas persoas pertencentes ao mundo da música, da literatura, do periodismo, la ilustración..., colaboracións que enchen de orgullo e agradecen inmensamente todas e todos os compoñentes de Luar Na Lubre, con Bieito Romero á batuta. Valoran dun xeito moi especial tanto esforzo e paciencia achegados durante este proceso de creación e, ao mesmo tempo, desexan que resultase gratificante esta esperanzadora "encrucillada" de proxecto compartido.
34,00 € 34.0 EUR
MEMORIA DUNHA ALDEA - Xoán Gándara
Esta é unha historia que fala de pasado, de cando as aldeas estaban cheas de xente miúda e maior, de cando os camiños eran iso, camiños, e non tiñan letreiro. De cando andaba moita xente por eles, fose luns ou sábado, e había poucos arames pendurados. Os mesmos camiños que agora teñen letreiros e ascenderon a rúas, asfaltados e sen bosteiras, xa con moitos arames e moitas luces que alumean a case ninguén pois os camiños seguen pero a a xente xa non.
15,00 € 15.0 EUR
O CAMIÑO INGLÉS - Unha ruta xacobea medieval no século XXI - Cristóbal Ramírez
O Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña, coincidindo coa celebración do Ano Xacobeo, inaugura a colección Camiños do Mar, que se irá formando con libros relativos aos Camiños de Santiago da provincia da Coruña, en edición bilingüe, realizados por acreditados especialistas. Esta colección editase en colaboración coa Deputación da Coruña e a Asociación de Concellos do Camiño Inglés. O Camiño Inglés. Unha ruta xacobea medieval no século XXI, de Cristóbal Ramírez, é o primeiro libro da colección. Ofrece un achegamento histórico, artístico e cultural ao Camiño Inglés, complementado coa descripción do itinerario ata Santiago de Compostela.
36,00 € 36.0 EUR
SEMPRE EN GALIZA - Escolma posible - Castelao
Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950 traendo aos lectores e lectoras do século XXI moitas destas obras que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade. Neste cuarto volume, Sempre en Galiza, escolmado por Henrique Monteagudo e con limiar de Xosé Manuel Dasilva.
22,00 € 22.0 EUR
A HISTORIA DE GALICIA EN 30 OBXECTOS - David Gesteira
Disque os obxectos son quen de gardar o pasado e mantelo vivo para nós. Con este libro vas coñecer como elementos tan cotiáns coma unha campá, un carro, unha moeda ou un reloxo nos comunican coa historia de Galicia.
Polas páxinas desta obra do historiador David Gesteira pasan libros prodixiosos, ferramentas do pasado, edificacións senlleiras e multitude de historias do noso pobo.
19,95 € 19.95 EUR
ÁRBOL DE FAMILIA - María Rosa Lojo
Entre las orillas de Galicia y Buenos Aires peregrinan las historias de una familia que trasciende a sus orígenes. La tentación del progreso en América, o los exilios, dividen a los miembros de dos estirpes españolas, las de la madre (castellana y andaluza) y la gallega del padre. Una voz en primera persona va entretejiendo estas vidas que forman parte de su herencia cultural. Entre milagros cotidianos, cismas íntimos y la poesía de los deseos más profundos se encuentran y se despiden hijos e hijas, tíos y abuelas, cada uno un mundo irrepetible.
19,00 € 19.0 EUR
DO ARITÓMETRO Á COMPUTACIÓN CUÁNTICA - Como as máquinas de cálculo, informáticas, robóticas e de comunicación transformaron Galicia nun século e medio - Henrique Neira Pereira
Premio XXI edición do Premio Risco de Creación Literaria.

Historia (ou moitas) que fala do próximo, do recoñecible, e que nos leva a pensar sobre as conductas humanas e os seus intereses (segundo palabras do xurado).
16,00 € 16.0 EUR
AS PONTES DO RÍO ULLA - Nature e cultura - Raiceiros
As pontes do río Ulla. Natureza e cultura, constitúe un soporte indeleble que axuda á valorización do río como un recurso natural, social, cultural e turístico. Promóvese así a preservación do seu valor para as vindeiras xeracións.
15,00 € 15.0 EUR
COMO SE FORMOU ESTA PAISAXE? Xeoloxía de Galicia - Eduardo González Clavijo
A xeoloxía é unha ciencia nova e pouco coñecida. Todo o mundo ten algúns coñecementos dos animais, das plantas, da arquitectura e das tradicións da súa contorna, pero poucas persoas se cuestionan como se orixinou o chan que pisan cada mañá, ou a paisaxe que ven cada día.
Por iso, con este pequeno traballo tratamos de facer chegar aos afeccionados e ás afeccionadas os coñecementos actuais sobre a xeoloxía de Galicia dun xeito accesible, a un nivel divulgativo, pois existe un crecente interese en coñecer a apaixonante historia do planeta Terra, a súa evolución e a súa influencia na nosa vida diaria.
22,00 € 22.0 EUR
GUÍA ILUSTRADA DEL CAMINO DE SANTIAGO - Joaquín González Dorao
El ilustrador Joaquín González Dorao (Cádiz,1962) recorre el Camino de Santiago equipado con lápices y acuarelas para ofrecernos un cuaderno que es una completa guía para el viajero. Como cualquiar peregrino, el gaditano realiza cada etapa en una jornada, pero con una dificultad añadida: el reto de dibujar todo aquello que vive y ve. Poco a poco, página a página, el lector podrá visualizar la experiencia del Camino a través de dibujos y textos, compartir el día adía con otros y otras caminantes, conocer el arte de cada lugar, experimentar la naturaleza como una constante, los momentos de soledad, las paradas para el descanso, el dolor físico, el objetivo diario de ir dejando kilómetros atrás...
25,00 € 25.0 EUR
FÍOS DE TRANSPARENCIA ACESA - Narrativa, poesía e tradución en Xosé Manuel Beiras - Esperanza L. Mariño Davila
A poliédrica figura de X. M. Beiras -economista, profesor, político, músico, ensaísta, narrador e tradutor-, referente imprescindible no contexto cultural e político galego dos séculos XX e XXI, destaca por unha excepcional cultura humanística de raíz afrancesada. O presente ensaio aspira a ofrecer unha visión integral dunha parte da próspera faceta literaria, desde os primeiros textos adolescentes da revista Vamos e a intensa pegada das estadías parísinas. Así mesmo, preséntase unha breve historia da tradución en galego; porén, a cerna desenvolve o estudo das obras escolleitas, que converten a traxectoria do tradutor en infrecuente tanto pola orixinal e coidada selección dos autores coma polo desenvolvemento durante máis de medio século, algo insólito non só no ámbito literario galego senón universal. Alén da letra de sobranceira da canción Venceremos nós, as obras traducidas son: Os xustos (1985), Calígula (1992), Catro cartas a un amigo alemán e otros textos (2018) e A desfeita (2019) de Camus; Antígona (1967) de Anouilh, Non As moscas (2008) de Sartre, Adolphe (2020) de B. Constant e Espertemos! (2022) de E. Morin. Por último, o propio autor quixo autotraducirse mediante a Exhortación a la desobediencia (2015), nunha nidia mensaxe ou espallamento da obriga ética da responsabilidade, continuando na liña dun forte compromiso individual fronte á desigualdade, á inxustiza e ás guerras.

19,95 € 19.95 EUR
CANTIGAS DA ULLA - Raiceiros
Recollida de coplas no Val do Ulla, 50 das cales foron publicadas acompañadas por ilustracións. Libro ‘Cántigas da Ulla’ Libro ‘Coplas ulláns’ Velaquí unha das composicións recollidas: Eu da Ulla ausenteime, a moi lonxe fun vivir. Sin os airiños da Ulla, eu non sei cantar, eu non sei vivir. Eu non sei cantar, eu non sei vivir, pasei o río chorando e suspirando, amor, por ti.
15,00 € 15.0 EUR
GALIZA MATER, RAÍZ ANTERGA - Manuel Rodrigues Lapa na lingua e na cultura galegas - Henrique Monteagudo
"Á Galiza de sempre, raíz anterga da nosa cultura, adico afervoadamente iste libro". Velaí a dedicatoria que Manuel Rodrigues Lapa antepuxo á súa monumental edición das 'Cantigas d'escarnho e maldizer dos cancioneiros trovadorescos galego-portugueses' (1965), un fito sobranceiro tanto da filoloxía galego-portuguesa canto da traxectoria de Editorial Galaxia.
Henrique Monteagudo atopa nesa dedicatoria a chave do ollas que Lapa deitou sobe Galicia e o seu idioma, e que desembocaría na súa proposta reintegracionista. Ao longo da súa brillante traxectoria, desde os seus primeiros estudos filolóxicos sobre a lírica medieval, e especialemnte despois da súa primeira visita a Galicia (1932), cando contactou co movemento galeguista, o filólogo portugués demostrou unha fonda paixón pola nosa lingua. Neste libro, botando man da súa correspondendia con Del Riego e Ramón Piñeiro, e mais dos fondos que o autor legou á Fundación Penzol, desenvólvese unha análise das súas ideas sobre o galego e percórrese a súa colaboracíón coa resistencia galeguista nucleada arredor de Editorial Galaxia, especialmente entre 1950 e 1971, unha estreira relación en que Francisco Fernández del Riego xogou un papel chave, e da que a edición das 'Cantigas' é testemuño perenne.
17,35 € 17.35 EUR
O IDIOMA GALEGO BAIXO O FRANQUISMO - Da resistencia á normalización - Henrique Monteagudo
Esta obra, continuación da Historia social da lingua galega, ofrece unha aproximación de conxunto ao período franquista. Nela analízase a política lingüística represiva da ditadura, consistente na imposición coactiva do castelán e na marxinación sistemática do galego, e aténdese ás dinámicas sociais que abocaron a un proceso de substitución masiva do galego. O seu foco sitúase na resistencia políticocultural galeguista, nomeadamente, na súa estratexia dirixida a constituír un sistema cultural autónomo, co idioma como o seu elemento definidor. Analízanse os avances conseguidos no estudo, cultivo e elaboración do galego e os debates públicos que se desenvolveron ao redor de todas estas cuestións.
30,00 € 30.0 EUR
OS XÉNEROS MUSICAIS TRADICIONAIS E POPULARES GALEGOS - Moisés Quintas e Victoria Pérez
Os xéneros musicais tradicionais e populares galegos consta de dúas partes complementarias. Por unha banda, un texto onde quedan clasificados de xeito didáctico os xéneros cantados, instrumentais, bailados e danzados da nosa terra, afondando nas súas características, momento da interpretación, finalidade… E por outra parte, un CD con 31 melodías escollidas dos nosos cancioneiros e de fontes vivas, que recompilan a maior parte dos xéneros musicais que se tratan no texto, incluíndo as súas partituras.
Unha viaxe no tempo para sentir o alalá na voz cálida de Uxía, que nos leva séculos atrás, a esa hora do serán onde as notas melancólicas do alalá falan da alma de Galicia, para escoitar un arrieiro solitario turrando pola besta na impoñente voz de Xisco Feijoó, o anguriante canto de cego ao son da zanfona na profunda voz de Tino Baz, ou mesmo melodías de gaita inéditas do gaiteiro Libardón, escoitadas na montaña de Lobeira.
O noso desexo é que te achegues, coñezas e desfrutes dos xéneros musicais tradicionais e populares da nosa terra a través destas páxinas e audios, e así, valorar e apreciar este gran legado musical que nos pertence a todas e a todos
35,00 € 35.0 EUR
POLA GRAZA DE DEUS - A relixiosidade popular en Galicia - Rafael Quintía Pereira
Na presente obra o antropólogo Rafael Quintiá fai un percorrido por algúns dos aspectos máis salientables de cantos configuran a relixiosidade popular galega.
O culto aos santos ou ás reliquias, as romarías, o feito da peregrinación, a importancia dos santuarios, a función dos exvotos, as festas rituais do ciclo do ano, as crenzas sobre a morte e o Alén ou os cultos asociados ás pedras, ás augas, ás árbores e aos astros son algúns dos múltiples aspectos nos que se afonda neste traballo onde se achega unha rigorosa ollada sobre un dos elementos fundamentais da nosa cultura, do noso patrimonio inmaterial e, en definitiva, da cosmovisión do pobo galego.
20,00 € 20.0 EUR
FARIÑA - Nacho Carretero
Coca, farlopa, perico, merca, Fariña. Nunca Galicia comercializó un producto con tanto éxito. Aunque ahora parezca una pesadilla lejana, en la década de 1990 el 80 % de la cocaína desembarcaba en Europa por las costas gallegas. A través de testimonios directos de capos, pilotos de planeadoras, arrepentidos, jueces, policías, periodistas y madres de toxicómanos, Nacho Carretero retrata con minuciosidad este paisaje criminal. Fariña incluye, además, un repaso inédito por los clanes que siguen operando hoy en día.

18,90 € 18.900000000000002 EUR
UNHA HISTORIA DA MÚSICA EN GALICIA (1952-2018) - Fernando Fernández Rego
Estamos ante unha intensa viaxe que comeza con aquelas orquestras que percorrían o mundo en furgonetas por estradas imposibles. Continúa coas formacións que viñeron despois co pop, rock, beat, yé-yé, progresivo, jazz rock, folk, garage, blues, surf, a canción de autor, a movida dos anos 80, que arranca en Vigo… O autor manexa centos de horas de entrevistas que dan voz aqueles pioneiros que construíron as partituras felices da música galega. Máis de mil imaxes de discos, grupos, festivais… fan deste libro unha cumprida enciclopedia sobre a música de nós onde está todo, absolutamente todo.
43,00 € 43.0 EUR
A COCIÑA GALEGA - Álvaro Cunqueiro
Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950 traendo aos lectores e lectoras do século XXI moitas destas obras que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade. Neste segundo volume voltamos á cociña de Cunqueiro, un libro básico da historia da literatura galega, desta volta con limiar de Javier Olleros.

21,00 € 21.0 EUR
AS VELLAS DE MENS - José Manuel Fernández Pensado
Con motivo da concesión das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificada nas cantareiras, José Manuel Fernández Pensado (Manel de Aturuxo) achéganos un relato de primeira man das Vellas de Mens desde a perspectiva de quen as viu aparecer en 1972 e coas que conviviu artisticamente durante vinte anos, compartindo infinidade de vivencias con elas e as súas familias. Relátanos como foi posible que unhas mulleres labregas xa maiores se integrasen nunha agrupación folclórica por espazo de tanto tempo, quen eran, cal era a súa contorna, os seu devezos e o que significaron para o eido folclórico galego. O seu legado. Unha obra imprescindible para coñecer máis fondamente o noso folclore e unhas mulleres senlleiras neste ámbito.

14,50 € 14.5 EUR
O SÉCULO DO MILAGRE - Rodrigo Costoya
De milagres fantasiosos Disque Compostela naceu cando Paio, o eremita, foi guiado por unhas luminarias misteriosas ata a tumba do apóstolo Santiago. De aí o nome de Campus Stellae. E tamén disque o rei Afonso II foi o primeiro peregrino da historia. E que comezou así unha afluencia masiva de camiñantes que non cesou ata os nosos días. Unha incrible sucesión de milagres, non é Pois lamento dicir que todo isto é mentira. Unha lenda, máis nada. Unha fantasía. A Compostela primixenia Nos primeiros tempos, ao redor dun sepulcro sen identificar non había máis nada que un burgo modesto e unha pequena igrexa. O propio Vaticano desmentiu que esa puidese ser a tumba de Iacobus, e mesmo algún bispo chegou a ser excomungado por defender esa tese. Un milagre tanxible É no ano 1068 cando nace Diego. El fixo de Compostela un arcebispado, e creou a catedral máis fastosa do mundo. El coroou reis e entronizou papas, ordenou escribir os códices máis marabillosos e puxo a insignificante Compostela á altura de Roma e de Xerusalén. El creou o Camiño de Santiago, e en base a el forxou Europa. Esta é a súa historia, e é real. Isto é o que el construíu no século do milagre. Ata agora coñecías a lenda. Agora has descubrir a verdade.

22,95 € 22.95 EUR
CAMIÑO BERTREMOSO - Xosé Neira Vilas
Xosé Neira Vilas trata un tema que coñece por propia experiencia, a emigración. Un vello emigrante vai facendo reconto do seu traxecto vital perante un interlocutor que non intervén mais serve para darlle ao monólogo máis vivacidade e dramatismo. A vida non é igual para todos, tampouco a maneira de contala. A novela dun mestre na arte de narrar.
14,00 € 14.0 EUR
MAL DE OJO - Mitología gallega - Cristian Robles
Este libro nos sumerge en la densa mitología gallega. Un imprescindible para noches terroríficas y divertidas a la vez.¿Te aterrorizan los Monstruos, brujas, esqueletos y otros seres mágicos ¡este libro no es para ti! Si decides leer estas escalofriantes historias, es muy probable que nunca más puedas cerrar los ojos.¡Estás avisado!La mitología y la magia despiertan la imaginación, ofrecen explicaciones a lo inexplicable y reflejan la eterna fascinación de la humanidad por lo misterioso y lo desconocido en un mundo lleno de maravillas y enigmas.La mitología gallega es un tesoro cultural que emerge de las brumosas tierras de Galicia. Rodeada de verdes bosques y océanos salvajes, esta rica tradición se entrelaza con la influencia celta, dando vida a seres mágicos como las ômeigasö o brujas benevolentes, los traviesos ôtrasnosö, y las enigmáticas ômourasö que habitan fuentes y ríos.La mitología gallega es un reflejo de la profunda conexión de la región con la naturaleza y un testimonio de su rica herencia cultural.
15,00 € 15.0 EUR
LA SANTA COMPAÑA - Lorenzo G. Acebedo
Una lectura trepidante en la que la intriga y el humor se mezclan con el terror y la erudición histórica.«Un narrador cínico y ético, mujeriego, solitario y aficionado al bebercio En la prosa española dudo que haya algo mejor. ¡Bravo!» Ángeles López, La Razón «Hay en este autor enmascarado bajo un seudónimo un gran escritor agazapado capaz de lanzar en medio de una trama detectivesca guiños de altura, pensamientos profundos y sagaces, párrafos soberbios sobre el amor, la vida y la escritura.» Gonzalo Núñez, El Debate Gonzalo de Berceo ha llegado a Santiago de Compostela para participar, como tantos otros peregrinos, en la celebración del jubileo. Además, siente curiosidad por probar una nueva variedad de vino elaborada por su amigo Lope con uva mencía. Mientras asiste a la misa mayor en la catedral, contempla cómo un arcediano, presa de un delirio místico, se interpone al paso devastador del botafumeiro, que lo destroza para horror de los fieles que atestan el templo. Este episodio se suma a una serie de sucesos inexplicables que está diezmando el cabildo de la catedral, lo que llevará al arzobispo, antiguo compañero de estudios de Berceo, a pedirle ayuda. En una atmósfera inquietante en la que no faltan extrañas visiones, acusaciones de brujería y apariciones de la Santa Compaña, Berceo se enfrenta al caso ayudado por el gustoso vino que Lope y la tabernera Lupe no dejan de ofrecerle. Una lectura trepidante en la que la intriga y el humor se mezclan con el terror y la erudición histórica, y con la memorable aparición de un joven poeta: el futuro rey Alfonso X el Sabio.

19,00 € 19.0 EUR
A PEDRA DA PEZOÑA - Un amuleto alexifármaco da tradición galega - Rafael Quintía Pereira
Neste traballo monográfico de corte etnográfica, o antropólogo Rafael Quintía achéganos unha completa investigación sobre un dos amuletos curativos máis sobranceiros da nosa cultura: a Pedra da pezoña, un talismán alexifármaco utilizado para o tratamento da pezoña, aireadas e outras doenzas. A Perda da pezoña, rodeada de mitos e crenzas, é un obxecto de poder documentado dende antigo e aínda vixente e activo na medicina polpular de Galicia. Os datos recollidos neste libro son froito de case dúas décadas de investigación e traballo de campo no eido da etnomedicina galega.

18,00 € 18.0 EUR
COPLAS ANALFABETAS - Antonio Tizón
Coplas analfabetas é un proxecto literario que afonda na tradición oral galega recuperando a forza das coplas como forma de transmisión da memoria e da identidade colectiva. Inspirado na figura de María Dominga Cordeiro García, madriña do autor, unha muller analfabeta, pero portadora dun vasto repertorio de cantigas populares, este libro busca dignificar a voz das persoas silenciadas pola historia.

A obra estrutúrase en dúas partes: «Coplas analfabetas e revolucionarias», que denuncia a inxustiza social, a desigualdade e o esquecemento das clases populares, e «Coplas de vida trala morte», cunha reflexión poética sobre o paso do tempo, a memoria e a transcendencia. No eido literario, a obra bebe da tradición rosaliana e conta cun limiar de Anxo Angueira. No que atinxe á musica, baixo a coordinación de Eugenia Sanmartín, reúne destacadas voces da escena galega, como Barahunda, Davide Salvado ou Carmen Penim, que adaptan as coplas á sonoridade contemporánea. No referido á parte plástica, a obra de cuberta e interiores pertence á pintora María do Carme Quinteiro Alonso.

Máis aló do seu valor estético, Coplas analfabetas é un proxecto de recuperación e posta en valor do patrimonio cultural galego, é un canto á memoria e á identidade, unha homenaxe á palabra transmitida de xeración en xeración e unha aposta pola cultura galega como espazo de creación, reivindicación e futuro.
20,00 € 20.0 EUR
CASTELAO, DESTA TERRA E DESTE TEMPO - Manuel Rei Romeu
Esta obra ofrece unha imaxe integral e sen deturpacións dun referente imprescindíbel para a Galiza de hoxe. Ao longo desta monografía o autor fai un percorrido lineal pola obra artística e polas chaves ideolóxicas do pensamento de Castelao, esclarecendo que non está o artista confrontado ou illado do político nin o político á marxe do artista, como ben el mesmo se encargou de advertir en innúmeras ocasións. Hai sintonía de intereses e obxectivos entre ambas as facetas.

Nun momento en que o poder se esforza por estender a imaxe dun Castelao light, rebaixado nos seus presupostos ideolóxicos fundamentais, reducíndoo a “artista xenial” ou a unha especie de santo galeguista, é preciso coñecer e divulgar o Castelao auténtico, artista, caricaturista, pintor, escritor, pensador e dirixente político nacionalista, o home que colocou a súa vida e a súa obra ao servizo do pobo galego. Porque a súa obra e o seu pensamento continúan tendo plena vixencia e utilidade para construír a Galiza que el soñou, libre e dona do seu destino.
17,00 € 17.0 EUR
PANDEIRETEIRAS - VVAA
Pandeireteiras convídanos a un percorrido esencial pola traxectoria biográfica e artística das cantareiras que protagonizan as Letras Galegas de 2025. Representantes contemporáneas daquelas mulleres que inspiran a Rosaía de Castro á hora de escribir Cantares Gallegos, obra fundacional do Rexurdimento literario galego no século XIX.

Mulleres que nos albores do último cuarto de século XX marcaron novos camiños para a música popular galega. Voces cuxo legado está moi vivo aínda nos espectáculos de artistas e agrupacións do século XXI.
19,00 € 19.0 EUR
AS FILLAS BRAVAS DE MOMÁN - Chévere
Unha homenaxe teatral ás cantareiras e á poesía popular, protagonistas do Día das Letras Galegas 2025. As Fillas Bravas son tres mulleres maiores que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos. Viven en Momán, unha aldea que representa todas as aldeas e na que todo é posible. Elas veñen a reafirmar modelos apoderados de muller, vencellados a expresións culturais tradicionais que agochan berros emancipatorios e cantos de rebeldía insospeitados, valorizando a participación das mulleres na construción dunha memoria e dunha identidade colectiva. Este novo título da colección Biblioteca de Teatro é un recital teatralizado que actualiza a vixencia dos valores que as mulleres achegaron á cultura tradicional, creando e transmitindo un importante repertorio de creatividade colectiva arredor da música, o baile e do canto. É tamén un traballo de investigación sobre a sexualidade, as relacións de xénero e os roles da muller na sociedade tradicional que aparecen reflectidos nas coplas do cancioneiro popular galego, para o que o grupo Chévere realizou unha escolma e adaptación de textos de transmisión oral.

13,00 € 13.0 EUR
EROSKI PARAÍSO - Chévere
Eroski Paraíso é a historia de alguén que non parou en ningures para volver ao mesmo punto de partida, como se estivese parada exactamente no mesmo lugar mentres a vida lle pasaba por diante a toda présa. Unha maneira coma calquera outra para retratar o desarraigamento que arrastrou a unha parte da nosa sociedade fóra da súa casa, da súa paisaxe, da súa fala,dos seus afectos, da súa comunidade de orixe e da súa propia memoria . [Fragmento do limiar de Xesús Ron: O estado de benestar desde o lado da sombra] Eroski Paraíso é unha comedia documental que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación das relacións dentro dunha pequena comunidade a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros de 1972 a 1990 e que despois converteuse nun supermercado Eroski. Este feito repítese en numerosas vilas e cidades onde os cines, as salas de festa e outros espazos de socialización foron virando en lugares de consumo.
13,00 € 13.0 EUR
FEIXE DE FLORES - Un programa humano, económico e ecolóxico - Xosé Luís Outes Ruso
Feixe de flores para Galicia é o froito dalgunhas reflexións sobre o desenvolvemento do capitalismo desde os anos oitenta do século pasado e a proposta dun programa humano, económico e ecolóxico para o noso país. Estas propostas teñen como finalidade facer de Galicia un país moderno e tecnoloxicamente adiantado, onde prime o colectivo sobre o individualismo, a igualdade e o benestar sobre a precariedade e, sobre todo, o respecto ao medio ambiente e á biodiversidade.

Entre as suxestións que se presentan, compre mencionar a creación dunha banca pública galega, unha axencia enerxética galega, un sector industrial de propiedade pública, o deseño dunha nova política forestal que faga de Galicia unha potencia neste sector, respectuosa co medio ambiente, así como políticas deseñadas para combater a desertización demográfica.
23,20 € 23.2 EUR
IRMANDIÑAS - Aurora Marco
Malia os tímidos avances que se produciron nas primeiras décadas do século XX , non foi nada doado para as mulleres a incorporación aos espazos públicos . As irmandiñas non foron unha excepción e a súa proxección pública foi abondo limitada se a comparamos coa dos compañeiros , mais o seu compromiso e actividades non foron en absoluto irrelevantes . Quer no activismo inicial tras o nacemento das Irmandades , quer nos coros e agrupacións teatrais , na actividade intelectual no Seminario de Estudos Galegos , no desemvolvemento editorial galego , na actividade política , no espallamento do ideal galeguista e republicano , na defensa da lingua , na escritura ... Alí estaban as mullleres galegas cuxas traxectorias se recollen neste libro ,para tentar cubrir un inxusto baleiro...
33,35 € 33.35 EUR
A MULLER CELTA - Espírito e misterio - Edain McCoy
Esta muller guerreira sabe cando loitar como un león... A coraxe das súas conviccións é o seu escudo, a súa alma é a súa lanza e a súa vontade, a súa fonte de sabedoría. Moitas mulleres andan a buscar unha imaxe do divino que reflicta como queren ser: fortes, creadoras e feminas. Atopándose a si mesmas na espiritualidade céltiga, unha tradición que louva tódolos aspectos da divindade feminina.
16,00 € 16.0 EUR
SEMPRE EN GALIZA - Castelao
Este libro es un amplio tratado que recoge los problemas económicos y territoriales más importantes de la España de las Autonomías ante el umbral de la nueva Europa del siglo XXI.El libro se estructura básicamente en tres partes. En la primera se ofrece una síntesis de la evolución doctrinal de la ciencia regional, las teorías del crecimiento regional y los modelos de desarrollo local y de localización industrial. En la segunda parte se analizan las disparidades regionales de la economía española en el contexto de la UE tanto por Comunidades Autónomas como por grandes espacios territoriales. Y, en la tercera parte, se estudian detenidamente las diferentes vertientes de las políticas regionales en España.

5,77 € 5.7700000000000005 EUR
CRÓNICAS HISTÓRICAS DAS ILLAS CÍES - De mitos, ermitáns, piratas e mar polo medio - Juan Miguel González-Alemparte Fernández
Crónicas históricas das illas Cíes é un libro agarimoso que, sen perder seriedade e rigor na exposición das múltiples facetas históricas, logra ofrecer un relato polo que discorren topónimos, mitos, piratas, chouzos, monumentos, faros e personaxes entrañables como ôO Coxoö e ôO Chucoö. Unha guía cultural do arquipélago máis famoso do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
18,00 € 18.0 EUR
POESÍA E SOCIEDADE NO CANCIONEIRO POPULAR GALEGO - Dezaseis leccións - Xesús Alonso Montero
Cántigas hai que son faíscas sorprendentes de poesía, algunhas recolleitas por Rosalía, que non se resistiu a telas en conta como raíz íntima de fermosos e significativos poemas. En Poesía e sociedade no cancioneiro popular galego, Xesús Alonso Montero pon a atención en dúas dimensións das nosas composicións populares: no que teñen de artístico, de poético, e no que conteñen como documento sociohistórico, así como nos creadores e re-creadores anónimos populares, nunha gran maioría mulleres. Este estudo intenta mergullarse nos estamentos sociais subalternos que non só forxaron as cancións populares á luz do candil, senón que, re-creándoas ou non, nolas transmitiron ata os nosos días.
16,50 € 16.5 EUR
TIMPARRANTELA - Se te quixen foi polos grelos (CD)
Unha das mellores novas no eido musical dos últimos anos en Galicia é a proliferación de bandas compostas por mulleres. Donas afoutas que agarran de clarinete ou de piano e cantan ao mundo como elas o entenden. Velaquí unha desas propostas. Un disco que percorre moitos vieiros, bebendo do tradicional e do folk pero tamén das charangas e desa música espontánea que nace cando hai gorxas dispostas a se unir nunha canción. Textos cheos de retranca e de empoderamento, de crítica e de amor, de luz e de sombras. Como é todo na vida. É unha declaración: se te quixen, foi polos grelos. Quen as escoite, vai querelas. Con ou sen grelos polo medio.

21,00 € 21.0 EUR