Por unha compra superior a 50€ gastos de envío gratis. 

Se hai algún libro que non atopas, conseguímolo!

VIOLETA AS AGACHADAS - Ramón D. Veiga e Abi Castillo
A Violeta nada lle gusta máis que xogar ás agachadas. Na casa, sempre busca o mellor lugar onde esconderse: debaixo das camas, dentro dos armarios, nas lacenas da cociña... E cando xa non lle queda ningún escondedoiro por descubrir, procura outros refuxios. E así... Un álbum ilustrado onde aprender e percorrer os meses do ano e as súas características seguindo os soños de Violeta, a protagonista.
13,50 € 13.5 EUR
DEZ GATIÑAS VIAXEIRAS - Eva Mejuto e Víctor Rivas
Dez gatiñas curiosas, rebuldeiras, intrépidas, van coas súas mochilas percorrendo toda Galicia. Ata onde as levará a súa viaxe? Con base na tradición oral e un gran sentido do humor, Eva Mejuto e Víctor Rivas crean unha divertida aventura ao longo da xeografía galega, chea de ritmo e con moito que descubrir en cada páxina.
13,50 € 13.5 EUR
MAMÁ, QUERO SER ZIGGY STARDUST - Iria Misa
Aine contaba nove anos a primeira vez que viaxou cos seus pais de vacacións. Naqueles días, ademais de percorrer a cidade, visitaron unha exposición. Era sobre unha estrela de rock que mudaba de aspecto coma os camaleóns. Un arreguizo estraño percorreulle o corpo cando se fixou na roupa que vestía, pois non soubo se era de home ou de muller. Emocionouse ao ver que tiña o cabelo roxo, tan semellante ao seu. Escoitou aquela canción que falaba dun extraterrestre que só quería cantar e bailar e tivo unha revelación: Aine, de maior, sería igual que Ziggy Stardust, un músico marciano que podía ser todo o que lle dese a gana. Coa axuda de Thomas, o seu inseparable amigo imaxinario, íao lograr.
13,50 € 13.5 EUR
CASTELAO - Máis alá - Inacio e Iván Suárez
Terceira entrega da serie «Castelao». Durante a Asemblea de Monforte das Irmandades da Fala, Castelao recibe o encargo de recoller nun artigo para a revista Nós a experiencia da súa viaxe por Europa. Isto levarao a rememorar a súa estadía de 1921 en París coas súas continúas visitas aos museos, e os seus encontros co filósofo Bergson, o pintor Corredoira e o músico Manuel Quiroga, entre outros, a través dos cales poderemos ver algúns dos seus posicionamentos éticos e estéticos, ao mesmo tempo que se amosa a súa vida cotiá na Pontevedra daquela época.
12,00 € 12.0 EUR
O LIBRO DOS MEDOS - María Canosa
Un fermoso libro para recorrer os medos mediante contos e poemas.
18,00 € 18.0 EUR
GUÍA DOS ANFIBIOS E REPTILES DE GALICIA - Moisés Asensi Cabirta
Esta guía estuda os 14 anfibios e 29 réptiles que é posíbel observar en Galicia, ilustrados a toda cor por Calros Silvar. Acompáñase a súa descrición coa información sobre a situación e riscos actuais que padecen, mapas de distribución e cunha completa clave de identificación con debuxos detallados das características morfolóxicas das distintas especies estudadas. Como novidade, inclúese un anexo que permite diferenciar as especies de máis difícil identificación. Recollendo o mellor da divulgación e dos estudos realizados con anterioridade sobre a herpetoloxía galega, esta guía convértese, ademais, nun magnífico punto de partida para que persoas afeccionadas ao contacto coa natureza coñezan un mundo sempre sorprendente e "escorregadizo" e nun manual de uso imprescindíbel para estudantes e especialistas.
16,55 € 16.55 EUR
ANDRÉ - Óscar Senra Gómez
Uma grave acusaçao de cinquenta anos atrás agita a familia Fredberg, e dous irmâos decidem viajar de Vedra a Oslo á procura de respostas. Mas, apesar de partilharem fuso horário, o tempo corre em paralelo na Galiza e na Noruega.
Recorda como ás vezes golpeava suavemente o video do relógio com o dedo indicador e ficava calado olhando para ele, ausente. Um dia atreveu-se a perguntar-lhe que pensava nesse momento. A resposta chegou-lhe de mui longe, apenas audível. "É incrível pensar que aqui temos exactamente a mesma hora que em Alesund, verdade?"
Ainda que pode ser lido de jeito independente, André encerra a Trilogia de Vedra, da qual também formam parte Sete dias com Elisa e 1928 km.
13,00 € 13.0 EUR
CARMIÑA SIERRA - Aurora Marco
Entre as poucas mulleres que ingresaron no Seminario de Estudos Galegos en 1923, a primeira admitida naquela entidade científica, a poucos días de se constituír, foi unha cesureña que percorreu case todo o século XX, Carmiña Sierra Domínguez (Pontecesures, 1906-Caracas, 1996). Esta obra de Aurora Marco descúbrenos unha biografía totalmente descoñecida . Carmiña Sierra estudou Filosofía e Letras en Compostela, obtivo unha cátedra de Literatura Española e exerceu en varios centros de ensino medio fóra de Galiza. Tras a sublevación militar, rexentou co seu home unha granxa en Cortinallas (Pontecesures) e, tras ser detida polo súa militancia política e compromiso antifranquista, estivo tres anos encarcerada en Ventas. A comezos dos anos 50 exiliouse en Venezuela.
19,50 € 19.5 EUR
IRMÁS - Oito diálogos contra a desmemori- Varias
Oito escritoras actuais renden homenaxe a algunhas das mulleres máis destacadas na Galicia do período 1916-1936. Mujeres que, desde logo, non correron a mesma sorte que os seus contemporáneos, homes, que si permanecerían nas páxinas da nosa Historia formando parte das coñecidas como Irmandades da Fala.
A través de poemas, relatos ou ilustracións, en Irmás. Oito diálogos contra a desmemoria (Alvarellos Editora) conflúe a mirada de oito mulleres do pasado e oito do presente. Este volume xorde a partir do «Proxecto Irmás», impulsado por Culturalia GZ, a entidade que comanda o escritor e activista cultural Martiño Maseda. A obra está coordinada pola tamén escritora, e docente, Beatriz Dourado.
14,00 € 14.0 EUR
O BO VASALO - Francisco Narla
Principios do século XII: O Galego é un xeseiro que leva mal as inxustizas. Mais baixo o seu perenne silencio garda un segredo. O segredo do que ocorreu en Valencia tras a conquista do Cide uns anos antes.

Francisco Narla recrea un dos episodios máis coñecidos e peor contados da historia medieval: as fazañas dun guerreiro que se enfrontou por igual a cristiáns e musulmáns, que se arrepuxo contra a inxustiza, tamén a exercida polo rei.

O sangue e o ruído das batallas e o latexo das máis altas e máis baixas paixóns aparece dun xeito vívido nesta novela, a mellor do autor.
23,90 € 23.900000000000002 EUR