Por unha compra superior a 50 euros gastos de envío gratis. 

Se hai algún libro que non atopas, conseguímolo!

9 KILÓMETROS - Claudio Aguilera e Gabriela Lyon
Un niño sale al alba de su casa. Mientras cuenta sus pasos, se interna por bosques de arrayanes, atraviesa inmensos potreros y cruza caudalosos ríos. ¿Adónde lo lleva este largo camino? Todos los días, millones de niñas y niños alrededor del mundo asisten a la escuela en sus ciudades o pueblos. Pero otros miles deben recorrer largas distancias a través de selvas, ríos, cerros y llanuras para poder estudiar. Este emocionante libro es un homenaje a su esfuerzo diario, al deseo de aprender y al derecho a la educación.
15,50 € 15.5 EUR
TRABAJO SUCIO - Eneko Olza
La calle le enseñó a resistir, y la cárcel le mostró la impiedad de la vida en los márgenes y el valor de la lealtad. Unai, el Dina, intenta rehacer su vida tras cumplir una condena por ser insumiso, prolongada por enfrentamientos dentro de prisión pero pronto se dará cuenta de que eso no va a resultar nada fácil y se verá obligado a tomar decisiones difíciles. El asalto a la mansión de un empresario poderoso parecía ser el golpe definitivo para dejar atrás un pasado marcado primero por la lucha callejera y después por la delincuencia, pero termina convirtiéndose en una trampa de la que parece imposible escapar. Traicionado y perseguido, Unai se ve obligado a buscar refugio en las pocas personas que aún le son fieles, compañeros en tiempos de militancia y lucha política en la convulsa Iruñea de los años 90. Trabajo sucio es una historia de alianzas frágiles y violencia, de amistad y resistencia, que muestra cómo las circunstancias extremas pueden torcer los ideales y transformar los principios en actos de supervivencia.
17,50 € 17.5 EUR
UN MUNDO EN PIE DE GUERRAS - Dabid Lazkanoiturburu
En un mundo cada vez más convulso, las guerras y los conflictos internacionales han alcanzado niveles sin precedentes en las últimas décadas. Ucrania y Palestina han captado la atención global en tiempos recientes, pero además de estos, numerosos conflictos armados continúan activos en otras partes del planeta, muchos de los cuales podrían agravarse en un futuro cercano. En 2023, el número de guerras activas superó cualquier registro desde la Segunda Guerra Mundial, lo que demuestra la necesidad de análisis en torno a las dinámicas geopolíticas actuales.
El periodista experto en relaciones internacionales Dabid Lazkanoiturburu ofrece en este ensayo una visión amplia y detallada de esta realidad. Revisa la evolución reciente de las relaciones internacionales y se enfoca en algunos de los conflictos que más atención requieren en la actualidad. Mira, inevitablemente, a Gaza y Ucrania; pero también a Nagorno Karabaj y Taiwán en el entorno de Asia-Pacífico, y a Sudán, la República Democrática del Congo, Tigray, el Sáhara Occidental y el Sahel en África. Esta es una invitación a reflexionar sobre el estado actual del mundo y a no perder de vista los conflictos que ocupan menos titulares.
17,00 € 17.0 EUR
POR MUJER - Unha historia desigual - Cristina Gutierrez-Meurs
Un encuentro fortuito destapa una hebra invisible que une a mujeres de distintas épocas, cuyas vidas y voces resisten al silencio. Con mirada atenta y pulso de hilandera, Cristina Gutiérrez-Meurs sigue las huellas de aquellas que, por el hecho de ser mujeres, cargaron con el peso de sus tiempos: escritoras, artistas, sanadoras, maestras y tantas otras. Fragmentos de cartas, noticias, testimonios y memorias se entrelazan hasta construir un mosaico que se opone al olvido. En él se recogen vidas marcadas por siglos de represión, que muestran cómo generaciones de mujeres han tenido que enfrentarse a las normas sociales y culturales hasta nuestros días. Este es un viaje personal y colectivo en el que palabras, imágenes, vivencias e historias confluyen para reivindicar a quienes, a pesar de todo, se negaron a dejar de ser.

17,50 € 17.5 EUR
OS MEGATOXOS E OS TEMPLARIOS DA LUZ - Anxo Fariña
A vida de Ninfa, Lúa, Ruxe e Faísca mudou por completo desde o accidente que os converteu en mutantes. O que prometera ser unha divertida viaxe de estudos a esquiar, vaise converter nun pesadelo xeado no corazón dos Pireneos. Para complicar máis a súa situación, no medio dunha competición de snowboard descubrirán que teñen máis en común cos xemelgos, Exeria e Ezbel, do que lles gustaría. Veranse obrigados a viaxar ao pasado, á cidade de París no medio da Revolución industrial, onde coñecerán o poder dos Templarios da Luz. E alí terán que facer fronte á terrible decisión: escoller entre a vida dun ser querido ou a dunha cidade enteira... Ti que escollerías?
14,50 € 14.5 EUR
MAR, INDUSTRIA E SOBERANÍA ALIMENTARIA - Gonzalo Rodríguez
A pesca como sector de actividade económica que produce pescado foi e é motor de crecemento económico galego. Gonzalo Rodríguez achéganos, como experto coñecedor, aos escenarios en que se desenvolve esta actividade: a pesca extractiva, a piscicultura mariña, a produción mitícola, o subsector marisqueiro, os procesos de produción de conxelado, a industria transformadora de novas presentacións do produto pescado, a conserva clásica e, por suposto, a actividade comercializadora na UE e no resto do mundo. A pesca galega completa de inicio a fin o conxunto de procesos que van desde pescar até producir pescado como alimento distribuído e faino de forma sustentábel, innovadora e rendíbel. Producir pescado é ser capaz de contribuír á soberania alimentaria e a pesca galega realiza con éxito sostido esta actividade.

15,60 € 15.6 EUR
DA GALIZA AO GALEUZCA - Memorias dun nacionalista e investigacións sobre as relacións entre Galiza, Euskadi e Catalunya - Xosé Estévez
MEMORIAS DUN NACIONALISTA E INVESTIGACIÓNS SOBRE AS RELACIÓNS ENTRE GALIZA, EUSKADI E CATALUNYA

Contrahistorias de Galicia son as outras historias ou, se o prefiren, o lado escuro e encuberto do noso pasado. Este libro trae ao presente mediante textos breves, apoiados «contra» profusas e fermosas ilustracións de Rita Gutiérrez, unha visión desde ángulos dispares, coas cores, figuras e memorias dunha presada de personaxes secundarios, esquecidos e ignorados pola historia oficial. Un libro para ler e ver, ou viceversa. Un libro que, como todos, ten tapas e que de apetecerlles, poden usalas como contraventás: abrilas ou pechalas a criterio da súa curiosidade.
10,00 € 10.0 EUR
OS RESTOS DO FRANQUISMO EN GALIZA - Exaltación, honras, privilexios e distincións a golpistas, franquistas e criminais - Manuel Morge González
Nun primeiro inventario, este libro pon de manifesto que aínda quedan en Galiza sobre 600 símbolos franquistas en 87 concellos: rúas, retratos, placas, esculturas e todo tipo de distincións que exaltan, honran e distinguen golpistas, franquistas e criminais. Fundacións franquistas; malfeitores e servidores da ditadura son premiados con títulos nobiliarios; a familia Franco conserva propiedades que roubou e recibe todo tipo de privilexios; policías torturadores conservan as medallas e incrementan a súa pensión pola actividade criminal na ditadura franquista. Todo isto xa foi denunciado en numerosas ocasións por organizacións internacionais e comisións de dereitos humanos da propia ONU, sen que esas denuncias fosen atendidas polo goberno. A permanencia da simboloxía franquista é unha exaltación das persoas que participaron en 1936 no golpe de Estado contra a República e das que formaron parte dos gobernos da ditadura, colaboraron ou ocuparon cargos de responsabilidade nas distintas institucións do franquismo.histo
29,95 € 29.95 EUR
FEDERACIÓN DE GUERRILLAS DE LEÓN-GALICIA - VVAA
A historia da guerrilla antifranquista foi ocultada polo silencio e a
desmemoria. Pero desde os anos 70 e 80 do século pasado vense
investigando e publicando traballos que van traendo luz sobre
este movemento. E a historiografía e a arqueoloxía están a seguir
proporcionándonos investigacións determinantes, e abrindo liñas
de estudo necesarias. As páxinas publicadas neste volume,
centradas na Federación de Guerrillas de León-Galicia, así o
demostran.
18,00 € 18.0 EUR
O CORPO DE CRISTO - Bea Lema
Cando Vera era nena, un demo roldaba a súa casa e acosaba á súa nai, martelándolle os nervios ata prostrala na cama durante días. Entre as sesións de exorcismo coa meiga e as citas co psiquiatra, ano tras ano, a superstición esvaécese para deixar paso ao diagnóstico. Mais, malia os malos tratos, a enfermidade e as excentricidades, o amor dunha nai e a súa filla é máis forte ca calquera outra cousa, sobrevivindo ao paso do tempo e ás tormentas. Realizada durante unha residencia na Maisons des Auteurs de Angoulême (Francia), O Corpo de Cristo é a declaración de amor dunha filla á súa nai, á que ten que coidar sendo demasiado nova, pero, máis alá da tolemia, tamén é o retrato tráxico e universal dunha muller encerrada no seu papel de filla, nai e esposa nunha España patriarcal, pobre e católica. A autora resultou gañadora do Premio Nacional de Cómic 2024 que outorga o Ministerio de Cultura e Deporte. O xurado apuntou que O Corpo de Cristo é “unha obra innovadora, arriscada no formal, con texturas e composicións que transcenden as técnicas máis utilizadas sen renunciar ao emprego do humor e a unha mirada poética. A obra posúe unha gran profundidade e sensibilidade polo xeito de abordar un tema tan complexo coma o da saúde mental desde a propia experiencia da autora, así coma a reivindicación da importancia dos coidados”. Así mesmo, sinalou que é “unha obra de gran beleza visual e profunda emoción que ofrece unha mirada sorprendente na relación nai e filla, sendo unha auténtica exploración da linguaxe que emprega recursos estéticos alternativos e mostra unha nova forma de tecer a historia reivindicando a propia memoria migrante”. Pola súa parte, o ministro de Cultura, Ernest Urtasun, destacou que “a sensibilidade e o respecto que Bea Lema dedica á saúde mental e a reivindicación dos coidados n’O Corpo de Cristo, ademais das súas asombrosas ilustracións e bordados, fan que este Premio Nacional de Cómic 2024 sexa merecidísimo”. O Premio Nacional de Cómic, que agora Astiberri publica por primeira vez en galego, únese á longa lista de premios e nominacións estranxeiras que recibiu este cómic: • Premio Nacional de Cómic de España – Gañadora 2024 • Premio Miguel Gallardo a Autora Emerxente no Salón de Cómic de Barcelona - Nominada 2024 • Premio ACDCómic a Autora Revelación - Finalista 2024 • Premio de Cómic dos Lectores das Bibliotecas de Burdeos - Nominada 2024 • Gran Premio da Heroína Madame Figaro - Gañadora 2024 • Premio Bédélys 2024 do Festival de Cómic de Montreal a mellor obra estranxeira - Gañadora 2024 • Premio literario rexional de estudantes de Secundaria Agence régionale du Livre Provence-Alpes-Côté d’Azur - Short-list 2024-2025 • Premio do Público no Festival de Cómic de Angoulême 2024 – Gañadora 2024 • Fauve des Lycéens / Festival Internacional de Cómic de Angoulême 2024 – Nominada 2024 • Premio Artémisia - Nominada 2024 • Premio Première vague BD / Librairie l’esprit large - Nominada 2024 • Premio do Xurado / Festival BD en Périgord de Bassillac - Gañadora 2023 Ás cinco edicións en castelán de O Corpo de Cristo, Astiberri suma a edición en galego. Ademais, na actualidade Bea Lema traballa na adaptación d’O Corpo de Cristo a curtametraxe de animación.
21,00 € 21.0 EUR
O HOTEL CEREBRO - Marja Baseler e Annemarie Van Den Brink
Ven ao hotel Cerebro o hotel máis listo do mundo! Aquí vas atopar os mellores segredos do cerebro e os mellores consellos para mantelo en excelente forma. Sube connosco a esta viaxe ao cerebro e descubre o que se che dá ben. Investiga no piso de arriba como funciona o cerebro. Que rexión se encarga da memoria? Que parte do teu xenial cerebro te advirte do perigo? Que tal xestionas as emocións? Descubre o teu talento. E trata de dar co segredo da familia Stein. Rexístrate no noso hotel e apréndeo todo acerca do cerebro.
17,00 € 17.0 EUR
MIRADAS TRANSVERSALES DESDE LOS FEMINISMOS - VVAA
La crisis sistémica que padecemos nos plantea enormes retos que, sí o sí, debemos afrontar con un enfoque transversal, que atienda a las diferentes dimensiones de los problemas e injusticias y la intrínseca relación entre ellos. El trasfondo de esta obra colectiva está impregnado de claros deseos y voluntades intelectuales y políticas delineadas cuidadosamente. Hemos tratado de aportar una pequeña semilla a la necesaria despatriarcalización y descolonización del conocimiento, buscando el encuentro de voces y saberes procdentes de un grupo de mujeres activistas, pensadoras, intelectuales irreverentes. Así, en este libro nos encontramos textos que abordan la lucha feminista desde perspectivas anticapacitistas, antirracistas, decoloniales, agroecológicas, etc. con el anticapitalismo como telónd de fondo y condición sine qua non para lograr avanzar en justicia social. Transcripción de las jornadas celebradas el 29 y 30 de septiembre de 2022 en la Facultad de Comunicación de la Universidad de Sevilla y el centro vecinal Pumarejo y financiadas por el Instituto de la Mujeres del Ministerio de Igualdad.
18,00 € 18.0 EUR
KAIJU8 - Núm. 2
En la fase final de la última prueba para convertirse en miembros de las Fuerzas de Defensa, un misterioso Kaiju humanoide resucita al monstruo que habían derrotado y ataca a Kikoru Shinomiya y a los demás candidatos. Cuando Kikoru se encuentra en una situación desesperada, frente a ella aparece Kafka Hibino convertido en Kaiju para ayudarla... ¿Cuál es la verdadera identidad del Kaiju humanoide? ¿Y cuál es su objetivo?
8,50 € 8.5 EUR
RESCATADORAS DE UNICORNIOS - Ana Punset
ALERTA BRILLI-BRILLI ¡SE HA PERDIDO UN UNICORNIO EN EL PAÍS DE LAS SIRENAS! ¿Aceptas la misión? ¡Acompaña a Paula, Claudia y Sara para vivir el viaje más increíble! En esta ocasión tendrán que... 1) Volar hasta el País de las Sirenas--> ¡Y también nadar entre medusas y tortugas parlanchinas! 2) Superar un montón de retos mágicos -->¡Las sirenas son muy traviesas y no quieren que encuentren al unicornio perdido! 3) Devolverlo a Unicornia sano y salvo -->¿Conseguirán demostrar que ellas también pueden ser Rescatadoras de Unicornios? Con brilli-brilli y diversión rescataremos al unicornio y completaremos nuestra misión
___________________________
Escuela, amistad y unicornios en una serie de primeras lecturas llena de magia: -Preciosas y divertidas ilustraciones a todo color que acompañan la historia en cada página. -Texto sencillo y entretenido, fácil de leer y entender. -Con brilli-brilli en la cubierta. -Para jóvenes lectores a quienes gusten los unicornios o quieran flotar entre nubes de azúcar. -De la autora bestseller Ana Punset, que también sueña con volar con unicornios. ¡Únete a las Resca
15,95 € 15.950000000000001 EUR
GUÍA ILUSTRADA DA CATEDRAL DE SANTIAGO - Marta González e Joaquín González
A Guía Ilustrada da Catedral de Santiago é un traballo minucioso e exhaustivo no que se quixo mostrar este monumento a través da súa historia e da súa arte. Para iso contamos con Joaquín González Dorao, ilustrador gaditano cunha longa traxectoria nas mellores editoriais de viaxes como Lonely Planet ou a turca Boyut; e a medievalista galega Marta González, que escribiu numerosos estudos e libros sobre a peregrinación a Santiago. Os argumentos de ambos os dous autores
fusiónanse nesta guía de forma natural, ofrecendo ao público unha visión actual da Catedral e o seu ámbito, con edicións en castelán e galego. Un
libro necesario para os visitantes e imprescindible para todos aqueles que queiran coñecer mellor o primeiro monumento de Galicia.

En Santiago, todo comozou moi probablemente arredor de 814-830. A Península Ibérica sufrira un século antes a invasión árabe e só o norte resistía os novos dominadores. Nun recóndito extremo do reino atsur, onde se concentra a resistencia contra os inimigos musulmáns, encóntrase un antigo sepulcro. A noticia corre polo reino e fóra del, e pronto se identifica esta tumba coa do Apóstolo Santiago, que, segundo a tradición, viñera a Hispania predicar o Evanxeo. Moi rapidamente o lugar, no que se constrúe una pequena igrexa ao estilo das prerrománicas asturianas, torna nun centro de peregrinación para un número cada vez maior de fieis.
20,00 € 20.0 EUR
A PÉS DESCALZOS - Katarzyna Samosiej
Os seres humanos tamén temos as nosas antenas. Isto é o que denominamos <>. É o que fai que nos sintamos parte do mundo e que reaccionemos ante el. Gústanos sentir! Préstannos as apertas, os aloumiños. E tamén o contacto directo coa natureza.

Ser sensibles é experimentar emocións. Hai persoas que senten todo con moita intensidade. E disto trata este libro. Persoas que contan cunha imaxinación formidable, que son creativas, empáticas, preocupadas polas demais.
A sensibilidade é un agasallo. Sentir é existir!
Andar A Pés Descalzos é un conto fascinante e cheo de beleza. Anímaste a dar o primeiro paso... a pés descalzos ?

Comprender a riqueza da alta sensibilidade. Ser capaz de entender que cada persoa é singular e diferente, e diversa, e que hai moitas persoas que senten todo profundamente, e isto non ten nada de negativo.

O conto tamén ensina a sentir a natureza dun xeito especial, directo. Probar a camiñar a pés descalzos e notar a textura das diferentes superficies...

As ilustracións son poderosas, cheas de cromatismo e forza visual para ir desfrutando páxina a páxina.

Este volume incorpora unha explicación didactica moi útil para entender ás persoas pas (persoas con alta sensibilidade).
18,90 € 18.900000000000002 EUR
CONTOS ÁS CINCO - Enid Blyton
O posible e o imposible entrelázanse nesta colección de contos de Enid Blyton. De aventuras de animais a historias da escola, pasando por feitizos de bruxas e angueiras domésticas, hai contos para todos os gustos!
15,00 € 15.0 EUR
FEMINISMO DE PROXIMIDADE - Lola Varela
O libro que tes nas mans é unha recompilación, unha selección de artigos, relatorios, investigacións e proxectos publicados en diversos medios, cun claro fío condutor: a muller e a súa condición. A proposta recolle feitos actuais, repasa aspectos históricos, reivindica accións positivas, fai visibles situacións....

15,00 € 15.0 EUR
ECOFEMINISMO - Intersecciones feministas con otros animales y con la Tierra - Carol J. Adams e Lori Gruen (eds.)
La crisis climática amenaza la vida en la tierra. La combinación de capitalismo, colonialismo y patriar cado ha llevado al planeta a una situación crítica que solo podemos superar con cambios profundos y rápidos. Para ponerlos en marcha, contamos con la teoría y la práctica ecofeminista, basada en una relación completamente diferente con la naturaleza y con el resto de animales. Frente al extractivismo, la dominación y la explotación, el ecofeminismo opone una forma de ver el mundo en la que todos los seres que habitan el planeta forman parte de una única red de relaciones que debe cuidarse y protegerse. Este volumen, coordinado por dos de las activistas antiespecistas más reconocidas, recoge propuestas para pensar el fin del capitalismo, el colonialismo y el patriarcado desde ámbitos tan diferentes como los feminismos negros, las teorías queer o el ecologismo radical. El resultado es una caja de herramientas que sirve tanto para la reflexión teórica como para la acción práctica y que se torna imprescindible de cara a la superación de la crisis climática.
26,00 € 26.0 EUR
O EMISARIO SUBMARINO - Félix Longueira
A reacción colectiva a un accidente da construción. Unha excursión ao mar unha tarde de tormenta. A lembranza daquel gol de Vicente Celeiro que evitou o descenso do Deportivo. Unha mula desbocada no peirao da Coruña... O debú literario de Félix Longueira está composto por trece relatos onde o ordinario acolle, espera ou esquiva o inesperado.
18,00 € 18.0 EUR
COMO APRENDÍN A LER - Agnes Desarthe
Agnès Desarthe explica con humor a súa tortuosa relación coa lectura e como se resistiu a ela durante a infancia e a adolescencia, ata que, xa en plena universidade, deu co libro axeitado. Hoxe, a palabra escrita ou lida é o seu medio de vida.
17,00 € 17.0 EUR
A HISTÓRIA DA LUZ (breve biografía política e conversa com Luz Fandiño) - Antom Santos
Luz Fandiño(Santiago de Compostela, 1931-2024) tornara-se nas últimas décadas da sua vida umha figura central na vida cultural, social e política da cidade que a viu nascer.
Dumha conversa da Luz com esta mocidade que a admirava, no extinto Grupo de Estudos da Fouce, parte o texto que serviu de pau para erguer este palheiro. O historiador Antom Santos contextualiza este relato de vida com os momentos históricos que a atravessárom: a infância na Compostela obreira de pós-guerra - e a geografía popular da mesma -; a emigraçom á Argentina do primeiro peronismo e ao Paris do Maio revolucionário; e o seu regresso á Galiza pós-franquista.
15,00 € 15.0 EUR
ATRAPADOS EN EL PARQUE DE ATRACCIONES MALDITO - Iker Unzu
¡Ayuda a Iker a escapar del parque con tus decisiones!¡Algo misterioso está sucediendo en el parque de atracciones! De repente, se va la luz y las puertas se cierran. ¡Oh, no! Iker y su familia se han quedado atrapados. Cuando las pantallas se vuelven a encender, aparece Arancha la Aventurera, una curiosa niña que les revela que tendrán que pasar por todas las zonas del parque para lograr escapar. ¿Serán capaces de superar las distintas pruebas y sus peligros Atrévete a investigar en… - Diversión - Locura - Vértigo - Misterio - Catarata Un momento, pero ¿qué hacen aquí Granny y el bebé amarillo ¿Serán amigos o enemigos En este libro interactivo tipo “Elige tu propia aventura”, podrás ayudar a Iker y a su familia a avanzar por el parque con tus decisiones… o se quedarán encerrados para siempre. ¡Solo tú puedes ayudarles a salir!
19,90 € 19.900000000000002 EUR
OS LOBOS DE MOECHE - Manel Cráneo
No ano 1497, na cidade italiana de Boloña, Martín de Ferreira asina un libro coas súas memorias no que lembra os feitos que fixeron que pasase de ser un mozo labrego a converterse nun home do renacemento. Xunto ao seu irmán Lopo vivirá, nas terras do Eume, unha intensa aventura marcada por dramáticos acontecementos, nunha época socialmente afogada polo sistema feudal, onde a xente dos pobos e vilas non tardarán en reaccionar aos abusos da nobreza de forma contundente.

Os Lobos de Moeche é a obra fundacional e máis vendida do catálogo de Demo Editorial, supón tamén a primeira obra longa de Manuel Cráneo. Esta nova edición complétase con dúas historias curtas ambientadas na Galiza medieval: Vasco o trovador e A Torre dos mouros.
20,00 € 20.0 EUR
MORTIÑA - O amigo pantasma
Quen é o misterioso neno pantasma que desde hai días intenta entrar en Vila Decadente? Mortiña está desexando sabelo, pero o espectro non lembra nada... nin tan sequera o seu nome! Ademais vaise esvaecendo e, se continúa así, rematará por desaparecer completamente. E xusto agora na vila están a punto de celebrar a festa de Aninovo Defuntiño. Xunto a Tristeiro, o seu inseparable can, Mortiña busca calquera pista que poida axudar a descubrir de onde vén o novo e pálido amigo: unha divertida pescuda que lle porá o corazón a cen por hora.

12,90 € 12.9 EUR
FORMIGAS MISIÓN TOKYO - Meixide e ToBaruela
FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 E FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados.

" Misión Tokyo " leva os FORMIG4S á capital do Xapón. O caso empeza co DOUTOR PAUMAO nun barco de deseño futurista, liberando centos e centos de bolboretas que tinxen de cores o ceo da cidade. Que tramará desta vez o científico?
13,50 € 13.5 EUR
CONXO, NON RESTRAINT - Alberto Ramos
Isto non é un xuízo. Non hai fiscais nin tribunal nin xurado. En Conxo, non restraint tan só atoparemos as posibles deliberacións do Comité de Ética Asistencial dunha área sanitaria que se enfronta á reclamación interposta por Marcos García, un cidadán, un fillo, talvez un simple actor. No seu requirimento, un de tantos outros, esíxense explicacións polo que considera o trato vexatorio que sufriu a súa nai nunha planta de psiquiatría. Un trato que, a ollos de Marcos, resulta contrario aos estándar de calidade e de atención digna propios dun servizo público.

Sobre o papel, catro actrices e dous actores, unha familia, varios equipos médicos, as dúbidas, a incerteza, as declaracións e os xogos escénicos. Todo isto fai de Conxo, non restraint o que é: un artefacto de sutil intriga, de cómplice reflexión co público e de ácido humor. En definitiva, un artefacto teatral.
18,00 € 18.0 EUR
HORTA MEDICINAL - Remedios da casa - Maria Frá Bagaria
A horta tradicional forneceu á casa de comida, pero tamén de medicina. Ao longo das páxinas deste libro, Maria Frá preséntanos por volta de 40 plantas comúns nas hortas galegas que son remedios, convidándonos a transformar as nosas hortas, xardíns e balcóns nunha botica viva. Moitos dos remedios recollidos nesta guía poden resultar familiares, porque son as mesmas receitas e están elaborados coas mesmas herbas que utilizaban as nosas avoas. Foron seleccionados desde o convencemento de que a medicina que necesitamos está aquí, aos nosos pés, recusando os remedios exóticos e as panaceas que nos ofrece a industria baixo a etiqueta de“natural”, pero sen ignorar que a medicina popular ten que estar viva e, polo tanto, permeábel a novos coñecementos e novas adquisicións. Coa convicción de que os saberes tradicionais sobre plantas medicinais non son soamente historia, nin deben ficar ancorados no pasado ou convertidos en obxectos de museo, esta guía ofrécenos un punto de partida para comezar a tecer na vella rede da medicina popular coas nosas propias experiencias e a formar parte da cadea de transmisión da sabedoría ancestral do noso pobo sobre autoxestión da saúde.
27,60 € 27.6 EUR
EL COLOR DE TU PIEL - Desirée Acevedo e Silvia Álvarez
Como una paleta de lápiz multicolor, lo que define a los seres humanos es su singularidad y su diversidad. Una historia entretenida y creativa que aborda y celebra la diversidad entre los niños pequeños.Vega y sus lápices de colores eran inseparables. Juntos creaban los dibujos más impresionantes que luego colgaban en el mejor museo del mundo: la nevera de casa. Sus pinturas contenían todos los colores que os podáis imaginar: rojo, amarillo, azul, dorado? En el colegio, Vega estaba sumergida en una de sus nuevas creaciones cuando su amigo Álex se acercó a ella y, mirando la caja de colores que tenía Vega, le preguntó:?¿Me dejas el color carne?¿El color carne? Vega y Álex se preguntaron por qué en la caja de lápices de colores hay uno que se llama así. Con curiosidad y creatividad explorarán la diversidad de tonos de piel de personas que forman parte de su día a día y descubrirán que el ?color carne? puede tener mil tonalidades y no solo una.
14,90 € 14.9 EUR
MAX BURBUJA - Dejadme en paz - El Hematocrítico
Mi madre dice que me llamo Burbuja porque soy especial, delicado, fantástico, maravilloso y porque le gusto a todo el mundo. Eso no es cierto. Me llamo Burbuja porque ese es mi apellido. Mis padres se han separado. Mi madre insiste en hacer siempre actividades creativas y mindfulness. Mi padre planea actividades en la naturaleza cada fin de semana. Si en algo están de acuerdo es en no dejarme ni un minuto libre. He perdido la cuenta de a cuántas clases después del cole me han apuntado en los últimos años. ¡Estoy agotado! Para mi próximo cumpleaños ya sé lo que voy a pedir... ¡Quiero que me dejen en paz!

9,95 € 9.950000000000001 EUR
MAX BURBUJA - Se hace viral - El Hematocrítico

Max Burbuja, la nueva serie para primeros lectores llena de aventuras, acción, y grandes dosis de humor. El Hematocrítico: ¡más de 100.000 ejemplares vendidos! Matías se ha enterado de que Leo Misterious, nuestro autor favorito, va a estar firmando libros en nuestra ciudad, así que lo organiza todo para que vayamos a conocerlo sí o sí. Su plan es perfecto: nos llevará su madre, Leo Misterious nos dedicará todos nuestros ejemplares y lo convenceremos para salir en su próximo libro. ¡Será brutal! Sin embargo, un extraño virus amenaza con desbaratar nuestros planes: primero cae la profesora María, después nuestra compañera Adriana. Cada día aparecen nuevas víctimas, la gente vomita por las esquinas... ¡Tenemos que mantenernos sanos para la firma! La cosa no pinta nada bien... esa gripe bomba SE HACE VIRAL.
9,95 € 9.950000000000001 EUR
MAX BURBUJA - El fin del mundo - El hematocrítico
¡SOCORRO! ¡Es el fin del mundo! En el patio del cole se ha empezado a correr la voz de que el fin del mundo está a punto de llegar. En la clase de ciencias les han explicado que el Sol es una estrella y que, algún día, se apagará. ¿Cómo se puede estar tranquilo si en unos cuantos millones de años se acabará la vida del planeta ¿Qué sentido tiene la vida ¡Qué bajonazo! Max y su pandilla tendrán que superar esta crisis y aguantar la presión del... ¡FIN DEL MUNDO!
9,95 € 9.950000000000001 EUR
MAGIC ANIMALS - El poder del amuleto - Susanna Isern
Algo está ocurriendo en el valle de Blim? Abi, un pájaro acostumbrado a dormir en las ramas de las secuoyas, despierta de pronto convertida en niña. Y parece que no es la única: Éric, Cloe, Yuna, Nico y la misteriosa Hela Crow eran animales corrientes que habitaban en el bosque. Ahora son seres fantásticos que deben cumplir una misión: detener los planes del malvado mago Otto. Si lo consiguen o no, depende del poder de sus amuletos, pero también de su valentía. Ellos son los Magic Animals.
11,95 € 11.950000000000001 EUR
MAX BURBUJA - Contra el comedor - El Hematocrítico
Max Burbuja, la nueva serie para primeros lectores llena de aventuras, acción, y grandes dosis de humor. El Hematocrítico: ¡más de 100.000 ejemplares vendidos! El abuelo le ha regalado a la abuela un viaje a Tenerife por su cumpleaños y eso significa que me voy a tener que quedar a comer en la escuela. ¡ES EL FIN DEL MUNDO! Dicen que el comedor es un lugar poblado de salvajes. Son los Comedores, el grupo más temido del colegio. Llevan huesos de pollo colgando del cuello y tienen rituales extraños. ¡¿Cómo voy a salir vivo?! Para el colmo, el viernes nos toca el guiso, con el que hasta ellos lloran. Pero por más que se lo cuente a mi madre, no me hace caso. No hay remedio, esta vez estoy yo solo... CONTRA EL COMEDOR.
9,95 € 9.950000000000001 EUR
MAX BURBUJA - Robar está fatal - El Hematocrítico
Sancho, que es mi mejor amigo y también mi mejor enemigo, según el día. Hoy me ha convencido para poner en marcha la gran operación robo de masilla. Yo no quería robar, no soy un ladrón. Soy un niño bastante bueno. Pero la idea de diseñar un plan de robo molón me atraía bastante. El plan de Sancho solo nos incluía a nosotros, hasta que Jimena nos ha pillado con las manos en la masa. Jimena va a mi clase, pero no es exactamente mi amiga. Es la niña más salvaje del colegio y la culpable de que el plan robo no salga como teníamos previsto... Ya había advertido a Sancho que ¡robar está fatal!
9,95 € 9.950000000000001 EUR
OS SERÁNS EN VILANCOSTA - Unha homenaxe a Avelina Valladares
Nos seráns, en Vilancosta, soa a música e a poes¡a.
De acabalo pola beira do Ulla, melena longa, ollos azuis, expresión humilde, pero decidida, pasea a imaxe de Avelina Valladares: intelixente, culta, dedicada á familia, empática cos humildes e dona dun carácter independente e resolutivo; dona de seu.
13,80 € 13.8 EUR
O POVO IMPROVISADOR - Aventuras sobre regueifa e poesía oral - Séchu Sende
Este livro está escrito mas fala de poesia oral. Fala de mistérios, aventuras e curiosidades do repente galego, um mundo cheio de oportunidades para mudar a realidade do século XXI com as vozes, as músicas e as palavras do povo.

Improvisar implica abrir caminhos novos, fugir dos tópicos, com criatividade e rebeldia. Porque se fizeres o que sempre fizeste terás o que sempre tiveste.
Este livro fala sobre umha capacidade que todas as pessoas possuímos e podemos desenvolver: a poesía.

O povo improvisador é umha reivindicaçom de que tu também podes ser regueifeira.

O povo improvisador transmite energia para mudar o mundo através das palavras.
16,00 € 16.0 EUR
MERIDIANO DE ORIXE - Andrea F. Maneiro
Versos e imaxes, palabra e cor. A maxia habita nas esquinas e Andrea F. Maneiro atopouna nos momentos sinxelos da vida. "Meridiano orixe" é o lugar onde comeza e remata o tempo. I Premio de Poesía do Concello de Vilalba (Lugo).
16,90 € 16.9 EUR
LEVITACIÓN, NIVEL INICIACIÓN - Naho Taibo
"Levitación, nivel iniciación" é a historia, en boa parte verdadeira, de Ákira, un diplomático xaponés que chega a España ao pouco de acabar a Guerra Civil. Na súa inopinada conversión ao catolicismo coñece unha familia coruñesa que o anima a visitar Galiza. Descobre que alí levita. Para el será a Terra da Felicidade.
No marco das viaxes e dun tristeiro Madrid en ruínas, onde algúns veneran a Alemaña triunfante, abrolla un tenue amor entre Ákira e Isaura, filla daqueles galegos, sobrevoando as abismais diferenzas culturais que o xaponés enfronta con valorosa vontade.
No medio interponse, acaparador, Cholo, irmán da rapaza, un falanghista convencido, aproveitado, chupón e lacazán, tan xermanófilo como para seguir ao minuto a visita do xerarca nazi Himmler. Malia o sentido poético da vida que o oriental desprega, Cholo chega a ser un dos protagonistas desta historia, contra a súa vontade –supoñemos– e a nosa. Mentres o xentil diplomático segue levitando en segredo, en ningún outro lugar que en Galiza.
Despois, a barafunda da Guerra Mundial arredaraos, levando o Ákira moi lonxe, perdido no turbillón tumultuoso da Historia. Sen remisión, aparentemente, pois a loura Isaura e o diplomático seguen camiños moi diverxentes.
Á volta do novo século, superando a distancia no espazo, o sentimento renacerá baixo a forma dunha fiel, honesta e sosegada amizade que non se detén ante océanos nin continentes.
14,95 € 14.950000000000001 EUR
RASHÕMON E OUTROS RELATOS - Ry~unosuke Akutagawa
Un samurai sen amo que pensa en entregarse ao crime, un sacerdote budista atormentado polo tamaño do seu nariz, un garda de palacio namorado dunha dama casada, un pintor que recibe unha peculiar encarga, unha moza que acode a un baile cheo de dignitarios estranxeiros e un matrimonio que é asaltado nun bosque preto de Toquio son os protagonistas desta presada de relatos, entre os que se atopan algúns dos máis emblemáticos do seu autor.

14,50 € 14.5 EUR
PASADO E PRESENTE DA VIVENDA EN GALICIA - Manuel Vilas Fernández
O profesor Vilas realiza unha análise exhaustiva da vivenda como subsector de construción de residencias habitábeis. No libro presente e mediante instrumentos analíticos axeitados desvéndanse os elementos que rodean o acceso á mesma e que son complexos, mesmos estruturais. A oferta e a demanda, a evolución dos prezos, a relación desa evolución coa da renda dispoñíbel, os segmentos de demanda por idades e renda, así como o papel das perspectivas económicas xerais. A política económica de vivenda á tratada de forma clara como elemento de contrapeso ao mercado mais de longo prazo, necesariamente.

Na Galiza dáse unha situación ben diferenciada da do resto do estado: por propiedade, por vivenda paga -mellor que no resto do Estado- e por maior incidencia do paro xuvenil- peor acceso nesa franxa de idade. Os desequilibrios e dificultades do acceso non foron paliados por unha política de vivenda pública de responsabilidade autonómica xa que practicamente non existiu.
15,60 € 15.6 EUR
A BUSCA DE MUNCHO - Tiago Delgado
"Cando o gato Muncho esperta unha mañá na súa casa, e non atopa o seu máis adorado sombreiro, decide embarcarse nunha misión para recuperalo, e atopar a resposta a unha crucial enquisa: onde está agora o seu sombreiro?Nesta banda deseñada para cativos achegamos a historia do gato Muncho, e os amigos que atopa polo camiño. Viaxarán na procura dun obxecto moi apreciado. Unha aventurxa chea de sorpresa, amizade, acertixos e moito misterio. Aprendendo o valor da amizade e do compañeirismo."

14,90 € 14.9 EUR
OS MÉDICOS TAMÉN ENFERMAN - Martiño Noriega
Doce anos despois de exercer como
alcalde, primeiro no Concello de Teo, e despois
en Santiago de Compostela, Martiño Noriega
regresou á súa profesión, a Medicina. Esta
primavera publica Os médicos tamén enferman
(Alvarellos Editora), unha crónica persoal
onde Noriega relata o seu retorno ao mundo
sanitario nestes anos precarios.
Escrito entre os anos 2021 e 2024, este libro
permítenos descubrir directamente o sentir
dun médico no duro contexto da sanidade
pública nesta época da post-Covid, mais tamén
está inspirado nas voces directas das propias
persoas que escoita cada día na súa consulta de
atención primaria.
«Reincorporeime á medicina ao comezo
da pandemia, despois de moitos anos
de sobreexposición pública ?afirma no Limiar ?.
Na Medicina de Familia reencontreime nos
coidados coa palabra acompañar, co exercicio
de escoitar e co innecesario de ter que opinar
de todo a todas horas. Este feixe de historias naceron precisamente desa escoita atenta que pode ser parte da cura>>.
16,90 € 16.9 EUR
BLACK IS BELTZA - Fermin Muguruza (en galego)
Outubro de 1965. A comparsa de xigantes de Pamplona, imaxe típica das festas de San Firmino, é convidada a desfilar na Quinta Avenida de Nova York. Porén, non todos poderán saír: debido á discriminación racial, as autoridades norteamericanas prohibirán a participación dos dous xigantes negros.

A partir deste feito real, BLACK IS BELTZA narra a historia de Manex, o mozo encargado de portar un dos xigantes. Abocado a unha longa e inesperada viaxe, Manex será testemuña de acontecementos claves da historia: os disturbios raciais derivados do asasinato de Malcolm X, as excentricidades dos personaxes de The Factory, a alianza entre os servizos secretos cubanos e os Black Panthers, e a psicodelia proto-hippy dos primeiros festivais de música.
25,00 € 25.0 EUR
AINHOA - BLACK IS BELTZA - Fermin Muguruza
Ainhoa nace de milagre en La Paz (Bolivia), tras morrer a súa nai, Amanda, nun suposto atentado parapolicial. Crece en Cuba e, en 1988, aos 21 anos, comeza unha viaxe iniciátiva, co País Vasco como primeiro destino, para coñecer a terra de Manex, o seu pai. En pleno conflito represivo, coñece a Josune, unha xornalista comprometida, e a súa cuadrilla de amigas e amigos. Cando o mozo de Josune morre por sobredose de heroína, esta decide acompañar a Ainhoa na súa viaxe, que as levará ata Beirut, despois a Kabul e finalmente a Marsella. Son os últimos anos de Guerra Fría e ambas internaranse no escuro mundo das redes no narcotráfico e os seus estreitos vínculos coas tramas políticas.
22,00 € 22.0 EUR
UNHA CIDADE CHAMADA PERFECTA - Helena Duggan
Quen quere vivir nunha vila onde todo o mundo ten que levar lentes para evitar quedar cego? E quen quere ser limpo e ordenado e portarse ben todo o tempo?Violet descobre rapidamente que algo estraño pasa nesta vila: escoita voces, a súa nai fai cousas raras e o seu pai desaparece. Coa axuda do Neno e un pouco de imaxinación, Violet proponse desvelar o arrepiante segredo que agocha esta vila.
17,50 € 17.5 EUR
AVES TURQUESAS DA SOIDADE - Ramón Torrado Romero
Ramón Torrado Romero ignorou a súa innata timidez mentres escribiu no xa desaparecido xornal dixital Certo. A vida en Barbanza, os seus sentimentos ou a figura de Rosaía de Castro repican nos artigos que escribiu entre 2008 e 2014.

Pensamentos, vivencias e fascinacións dan conta neles dos intereses deste nostálxico profesor e escritor, especialista en admirar todas as formas de beleza que acompañan a existencia do ser humano.
18,00 € 18.0 EUR
INSUBMISIÓN AMBIGUA - Voces e relatos alén da monosexualidade - Anxela Lema e Ana M. Amigo-Ventureira
Benvide a esta sorte de asemblea-aquelarre de corte libertario. Aquí estamos es ambigües, fluídes, indecises, reivindicándonos cómplices do que escape dun esencialismo que precisa que nos identifiquemos con respecto a un único xénero (definido, ademais, baixo uns parámetros moi concretos) polo que sintamos atracción sexual e/ou romántica. Se a fluidez ou a ambigüidade se senten como ameaza en tantos espazos débese, en gran medida, a romperen cos binarismos. A incapacidade de poder situarnos nun sitio ou noutro, de sabernos en continuo movemento, incomoda. O cisheteropatriarcado quérenos ordenades, predicibles e ben definides. Por iso, nós reivindicámonos ambigües, confuses, inestables, indóciles, desobedientes e problemátiques, porque se iso molesta débese, xustamente, a que fai cambalear todos os sistemas: o cisheterosexual, o monosexual e o monógamo. Aí encóntrase, baixo o noso punto de vista, a verdadeira revolución. Tratando cuestións tan porosas, facíanos falta un enfoque colectivo, porque xuntes somos máis fortes, crecemos e creamos mellor. Aquí poderás encontrar textos de persoas que, tal como fixeron no seu momento quen representaron o fenómeno da insubmisión, se negan cada día a se incorporar a filas, pero tamén a declarar obxección de conciencia. Así, este libro-aquelarre ofrécenos desde textos máis biográficos e políticos, até textos máis literarios que contribúen á creación dun imaxinario artístico e literario non-monosexual, falamos desde e para a periferia, tamén territorial e lingüística.
19,95 € 19.95 EUR
TEOREMAS DEL SILENCIO - Natacha G. Mendoza
Teoremas del silencio asienta a Natacha G. Mendoza como una de las voces más personales dentro del género del relato, en esta ocasión, largo. Después de sus reconocidos Los bares del diablo e Historias Mínimas, y de su participación en Saudade de Hércules de Ediciones, vuelve a sorprendernos con estas nueve historias construidas con enorme solidez, piedra a piedra, desde una oscuridad que deslumbra. Un tratado de silencios hecho con palabras, que nos remueve, sacude e involucra emocionalmente. Nueve cuentos en los que la autora canaria salta entre estilos con gran solvencia. Nos confronta con el amor, el vacío existencial, la dulzura, la ausencia, lo fantástico y la realidad cruel. Nos vincula hábilmente con los personajes o con la propia voz narradora, sin permitirnos saber en qué momento hemos dejado de ser lectores para ser parte de la trama. Relatos unidos por la verdad que respira en lo más profundo del ser humano. Silencios que dicen más de lo que matemáticamente pueden contener unos caracteres: la verificación misma de la certeza de la existencia. Nunca lo callado fue tan elocuente. La belleza oscura de la monumental «Isolda», el torrente arrollador de «Planetas», la desoladora «Menguante», la nostalgia evocadora de «Cartas a ella», la genialidad de «Ranuras»… Escritos con precisión, delicadeza, pulcritud y maestría, recibimos cada relato como un cañonazo desde un mundo reconocible e intransferible, el de Natacha G. Mendoza. Leer Teoremas del silencio es aceptar entrar en su juego. Un juego inteligente, fabricado con precisión fría de una hábil relojera y el alma en llamas de algún infierno interior.
19,00 € 19.0 EUR
AS MULLERES NAS MATEMÁTICAS - Matilde Ríos Fachal
Este libro tenta achegar as mulleres e as Matemáticas a calquera que teña curiosidade, pero está especialmente pensado para que sexa accesible ás estudantes e aos estudantes de Secundaria. Nestes tempos nos que hai que falar de igualdade e transversalidade nas aulas, pode ser unha boa maneira de dar a coñecer a algunhas mulleres que fixeron e aplicaron Matemáticas, pero que, polo xeral, están ausentes nos libros de texto. As mulleres que aparecen neste manual non son as únicas que se dedicaron ás Matemáticas, pódense elixir outras, pero todas as que aparecen teñen méritos sobrados para estar nel. En calquera caso, estas e as que non están teñen un factor común: por seren mulleres tiveron que romper barreiras para dedicarse á súa paixón. De seguro que outras moitas permanecen esquecidas porque esas mesmas barreiras puideron con elas. A día de hoxe esa tendencia a silenciarnos semella ir mudando, non só na Ciencia, pero aínda así, parece que hai un "teito de cristal" que, por non verse, é moi difícil romper, e que, por exemplo, fai que en Galicia o 65 % dos estudantes universitarios sexan mulleres, pero entre o profesorado universitario esta cifra redúcese ao 44 %, e as catedráticas representan case un 14 % deste colectivo. E isto mesmo pode trasladarse, con poucas variacións, a calquera empresa, se falamos de Consellos de Dirección ou outros cargos directivos, no que chamamos o Primeiro Mundo, porque se falamos de países non desenvolvidos, os dereitos redúcense en moitos casos a ningún. Esperemos que estas mulleres e as súas historias lles sirvan ás xeracións futuras de exemplo e poidamos todas e todos defender os intereses propios en igualdade de condicións.
16,55 € 16.55 EUR