Por unha compra superior a 50€ gastos de envío gratis. 

Se hai algún libro que non atopas, conseguímolo!

A AVOA GANGSTER - David Williams
"Para Ben, os venres son o peor día da semana. Mentres os seus pais ven Bailando coas estrelas, el ten que pasar a noite coa súa vellísima avoa. Non pode faltar a sopa de repolo e a partida de Scrabble. Pero un día Ben descobre que a súa avoa agocha un auténtico tesouro… Será a ladroa de xoias máis buscada do mundo?"
16,00 € 16.0 EUR
AS AVENTURAS DE EMIL - Astrid Lindgren
Un novo clásico de Astrid Lindgren en lingua galega protagonizado por un dos seus personaxes máis queridos. Un divertido libro de aventuras ideal para os que comenzan a ler de forma autónoma. Emil ten cinco anos, é un neno forte coma un touro, valente e algo testán que vive nunha granxa chea de animais coa súa familia. Cos seus ollos azuis e o pelo loiro e laúdo semella un anxiño, mais as súas trasnadas volven tola a toda a vila. Unha obra inspirada nos recordos e anécdotas de infancia do pai da autora nunha granxa de Småland, que nos achega a unha infancia feliz, en contacto coa natureza, á que Astrid Lidgren aspiraba para todos os nenos e nenas. Un entorno familiar no que transcorren as aventuras deste atrevido personaxe que aprende coa experiencia do día a día e cuxos actos ás veces teñen consecuencias inesperadas que poñen a proba o seu enxeño. Unha edición que conserva as ilustracións orixinais de Björn Berg, agora restauradas e coloreadas, quen, no seu día, viaxou a Småland para estudar con minuciosidade as casas, xardíns, valados, portas e a contorna natural para darlle vida a esta obra.
17,00 € 17.0 EUR
A INCREÍBLE VIAXE DE ANTÍA AO CEREBRO HUMANO- Paula Rivas Ramírez
Un libro de contidos científicos para aprender gozando da lectura.

A medio camiño entre a ficción e a divulgación, "A incrible viaxe de Antía ao cerebro humano" é un libro de contidos científicos para aprender gozando da lectura. Durante unha excursión a un instituto de investigación en neurociencia, a protagonista desta historia pérdese dos seus compañeiros e coñece uns ratiños científicos que lle explican como funcionan o cerebro e o sistema nervioso, e tamén que son as neuronas e como percibimos as cousas a través dos sentidos.Pouco a pouco, Antía vai descubrindo que detrás dos ratiños hai nomes de científicos famosos (Santiago Ramón y Cajal, Alois Alzheimer, James Parkinson e Margarita Salas) e vive unha experiencia extraordinaria.A medio camiño entre a ficción e a divulgación, "A incrible viaxe de Antía ao cerebro humano" é un libro de contidos científicos para aprender gozando da lectura. Durante unha excursión a un instituto de investigación en neurociencia, a protagonista desta historia pérdese dos seus compañeiros e coñece uns ratiños científicos que lle explican como funcionan o cerebro e o sistema nervioso, e tamén que son as neuronas e como percibimos as cousas a través dos sentidos.Pouco a pouco, Antía vai descubrindo que detrás dos ratiños hai nomes de científicos famosos (Santiago Ramón y Cajal, Alois Alzheimer, James Parkinson e Margarita Salas) e vive unha experiencia extraordinaria.
13,95 € 13.950000000000001 EUR
ANIMAIS FANTÁSTICOS DE ALDEA - Andrea García Martínez
O galiñeiro do señor Benito anda alborotado: as galiñas están fartas de vivir explotadas para acabar servidas no prato dos seus donos. Como vinganza, deciden falar co resto dos animais da aldea e argallar un plan terrorífico que lle porá a carne de galiña á veciñanza de Froxán. Os adultos non atopan unha explicación lóxica aos estraños sucesos que comezan a padecer, pero Xanciño, Nela e Milucho, tres rapaces da aldea, sospeitan algo e deciden embarcarse na resolución do arrepiante misterio.
12,95 € 12.950000000000001 EUR
AS MEIGAS DE LUPA - María Solar
María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus curmáns Pablo e Martiño, para pasar unha semana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán compartir a estancia con varias amigas da avoa, que veñen participar nun congreso de meigas. Tras a desaparición dunha vella chave da avoa e tras a presenza daquelas mulleres agóchase a historia dun segredo milenario, que foi gardado xeración tras xeración, que pasou de bocas a oídos, unha e outra vez, e que nunca se contou a quen non era merecedor de sabelo.Unha emocionante novela de intriga no século XXI. Unha trepidante viaxe no tempo á Galicia castrexa do primeiro século, cando chegaron aos territorios da raíña Lupa uns estranxeiros que traían o corpo do Apóstolo Santiago desde a afastada Palestina.María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus curmáns Pablo e Martiño, para pasar unha semana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán compartir a estancia con varias amigas da avoa, que veñen participar nun congreso de meigas. Tras a desaparición dunha vella chave da avoa e tras a presenza daquelas mulleres agóchase a historia dun segredo milenario, que foi gardado xeración tras xeración, que pasou de bocas a oídos, unha e outra vez, e que nunca se contou a quen non era merecedor de sabelo.Unha emocionante novela de intriga no século XXI. Unha trepidante viaxe no tempo á Galicia castrexa do primeiro século, cando chegaron aos territorios da raíña Lupa uns estranxeiros que traían o corpo do Apóstolo Santiago desde a afastada Palestina.
13,50 € 13.5 EUR
OS MEGATOXOS E O APRENDIZ DE DRUÍDA - Anxo Fariña
Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo. O día en que Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa comezaron o curso, apenas se coñecían. Mais un accidente inesperado fará que as súas vidas muden para sempre. Decataranse de que teñen algo especial en común, máis aló de asistir ao mesmo instituto, e que nas súas vidas hai preocupacións máis fondas que entregar a tempo os traballos de clase. Estraños poderes, aventuras sorprendentes e misteriosos encontros. Os catro mozos terán que viaxar no tempo para procurar respostas na terra dos seus antepasados, os celtas...
14,50 € 14.5 EUR
A MIÑA AMIGA INVISIBLE - Eduardo Santiago
Cando a súa familia abandona a cidade para vivir nunha aldea preto do bosque, Uxía descobre un mundo descoñecido onde nada é o que parece. O veciño máis próximo é un apicultor rabudo que non quere que ninguén se achegue ás súas colmeas; a nova escola tampouco é como esperaba: está farta de soportar o acoso e as burlas dos máis brutáns simplemente polo seu aspecto e por ser máis intelixente ca todos eles. Coa inesperada aparición dunha amiga invisible intentará superar todos os atrancos que a realidade teima en poñer no seu camiño.

Un conto de fadas pouco convencional sobre o poder da imaxinación para enfrontar problemas reais.
12,95 € 12.950000000000001 EUR
BASTA! Guía de autodefensa feminista para adolescentes (e máis) - María Kronsky e Marion Le Muzic

Ser muller nesta sociedade implica enfrontarse a comportamentos machistas de forma regular. Como identificar e afrontar esas condutas? Neste cómic atoparás un conxunto de técnicas para que te sintas máis preparada: posturas corporais, defensa verbal, o xiro de cento oitenta graos, a intervención paradóxica, a defensa física... En definitiva, diferentes ferramentas para axudarche a que te sintas máis libre e segura, tanto nos espazos públicos como na esfera privada.
18,00 € 18.0 EUR
A LINGUAXE DAS PLANTAS - O seres más fascinantes do planeta - Helena Harastová
Que pasaría se as plantas tivesen súper poderes dos que nada sabemos? Podería ser que as plantas sexan as donas do mundo? Cando miras para as plantas e as árbores seguramente dirás: moi bonitas, pero un pouquiño aburridas. As plantas nin andan nin falan e aínd por riba non fan nada cando as arrincamos, cortamos e cando lles prendemos lume. Pero sabemos o que facemos? Hai moitos científicos recentes que poñen patas arriba a nosa percepción tradicional das plantas e das árbores. Agora non só sabemos que se interesan polo mundo que as rodea, senón que reaccionan ante el. Ademais, comunícanse de xeitos que quen nos dera aos humanos!
20,00 € 20.0 EUR
ESCONXUROS PARA UN REI - Mari Carmen Rey Núñez
Zeltia, posuidora de capacidades precognitivas especiais, é vendida pola súa nai Xacinta (que por mor de ter o pelo roxo e pencas fuxe da inquisición de Castela,) e mais o seu pai a unha meiga da montaña de Lugo.

Con ela Zeltia pasa por unha fase de aprendizaxe até que esa meiga morre nun incendo, o que obriga a Zeltia a fuxir iniciando unha viaxe a Compostela disfrazada de rapaz. Alí empeza unha nova vida e acaba coñecendo ao rei Filipe IV, co que inicia unha relación de amor pasional.

Novela de fácil lectura, con un punto de novela picaresca ao inicio que vai avanzando cara unha novela de corte histórico, na que autora nos presenta diversas situacións de abuso de poder, inxustizas, feminismos e loita de clases.
23,00 € 23.0 EUR
AS ARELAS DE MARIÑA - Maria del Carmen Rey Núñez
Mariña, a protagonista da novela, non coñeceu o amor dos seus proxenitores. Era unha empregada que atendía e lle daba agarimos. Con todo, ela fixábase no proceder dos seus. Sobre todo, no da avoa materna, á que consideraba excepcional, soberbia. De maior, quería ser coma ela.
Xa no colexio, na compaña de dona Celia, a súa tartaruga, tentou materializar todos os seus anhelos: incluso o de namorar a don Amador, o crego. As monxas xa non sabían a que santo rezar. Raro era o día que a nena non argallase unha desfeita.
15,00 € 15.0 EUR
A NENA DO VESTIDO DE FLORES - Manuel Fontemoura
Dania Vitoria é unha nena de once anos con dous ollos, dúas pernas, dous brazos, unha cabeza… vaia, o normal. Mais quen quere ser normal? Dania Vitoria é tamén unha nena Asperger. Asperger? Vaia palabra tan rara e tan mal entendida!

Velaquí a historia dunha nena dotada dunha grande imaxinación para quen todos os días teñen a súa propia aventura.
15,00 € 15.0 EUR
ALICIA NO LABIRINTO DAS SOMBRAS - Guadalupe Vázquez Formoso
Lucía, Manuela, Candea, Lidia e Alicia son as protagonistas desta historia sobre acoso escolar no que cada unha se verá implicada de forma diferente e que lles suporá tamén consecuencias distintas.
16,00 € 16.0 EUR