Por unha compra superior a 50 euros gastos de envío gratis. 

Se hai algún libro que non atopas, conseguímolo!

ALICIA NO LABIRINTO DAS SOMBRAS - Guadalupe Vázquez Formoso
Lucía, Manuela, Candea, Lidia e Alicia son as protagonistas desta historia sobre acoso escolar no que cada unha se verá implicada de forma diferente e que lles suporá tamén consecuencias distintas.
16,00 € 16.0 EUR
A NENA DO VESTIDO DE FLORES - Manuel Fontemoura
Dania Vitoria é unha nena de once anos con dous ollos, dúas pernas, dous brazos, unha cabeza… vaia, o normal. Mais quen quere ser normal? Dania Vitoria é tamén unha nena Asperger. Asperger? Vaia palabra tan rara e tan mal entendida!

Velaquí a historia dunha nena dotada dunha grande imaxinación para quen todos os días teñen a súa propia aventura.
15,00 € 15.0 EUR
AS ARELAS DE MARIÑA - Maria del Carmen Rey Núñez
Mariña, a protagonista da novela, non coñeceu o amor dos seus proxenitores. Era unha empregada que atendía e lle daba agarimos. Con todo, ela fixábase no proceder dos seus. Sobre todo, no da avoa materna, á que consideraba excepcional, soberbia. De maior, quería ser coma ela.
Xa no colexio, na compaña de dona Celia, a súa tartaruga, tentou materializar todos os seus anhelos: incluso o de namorar a don Amador, o crego. As monxas xa non sabían a que santo rezar. Raro era o día que a nena non argallase unha desfeita.
15,00 € 15.0 EUR
ESCONXUROS PARA UN REI - Mari Carmen Rey Núñez
Zeltia, posuidora de capacidades precognitivas especiais, é vendida pola súa nai Xacinta (que por mor de ter o pelo roxo e pencas fuxe da inquisición de Castela,) e mais o seu pai a unha meiga da montaña de Lugo.

Con ela Zeltia pasa por unha fase de aprendizaxe até que esa meiga morre nun incendo, o que obriga a Zeltia a fuxir iniciando unha viaxe a Compostela disfrazada de rapaz. Alí empeza unha nova vida e acaba coñecendo ao rei Filipe IV, co que inicia unha relación de amor pasional.

Novela de fácil lectura, con un punto de novela picaresca ao inicio que vai avanzando cara unha novela de corte histórico, na que autora nos presenta diversas situacións de abuso de poder, inxustizas, feminismos e loita de clases.
23,00 € 23.0 EUR
A LINGUAXE DAS PLANTAS - O seres más fascinantes do planeta - Helena Harastová
Que pasaría se as plantas tivesen súper poderes dos que nada sabemos? Podería ser que as plantas sexan as donas do mundo? Cando miras para as plantas e as árbores seguramente dirás: moi bonitas, pero un pouquiño aburridas. As plantas nin andan nin falan e aínd por riba non fan nada cando as arrincamos, cortamos e cando lles prendemos lume. Pero sabemos o que facemos? Hai moitos científicos recentes que poñen patas arriba a nosa percepción tradicional das plantas e das árbores. Agora non só sabemos que se interesan polo mundo que as rodea, senón que reaccionan ante el. Ademais, comunícanse de xeitos que quen nos dera aos humanos!
20,00 € 20.0 EUR
BASTA! Guía de autodefensa feminista para adolescentes (e máis) - María Kronsky e Marion Le Muzic

Ser muller nesta sociedade implica enfrontarse a comportamentos machistas de forma regular. Como identificar e afrontar esas condutas? Neste cómic atoparás un conxunto de técnicas para que te sintas máis preparada: posturas corporais, defensa verbal, o xiro de cento oitenta graos, a intervención paradóxica, a defensa física... En definitiva, diferentes ferramentas para axudarche a que te sintas máis libre e segura, tanto nos espazos públicos como na esfera privada.
18,00 € 18.0 EUR
BUFIÑO E BRUNILDA - Bárbara Cantini
Bufiño é un gato da rúa case todo negro, que busca alguén con quen estar. Brunilda é unha nena cunhas mestas guedellas roxas, que vive nunha casa extravagante con mil cuartos. Durante o día axuda nunha floraría, e de noite transfórmase nunha aspirante a bruxa. Para facer o seu primeiro voo e converterse nunha bruxa como é debido só lle falta unha cousa: un gato negro! Achégase o gran día, e do gato non hai nin rastro... Cando velaquí que pola porta da tenda asoma o pequeno vagabundo. E, aínda que Bufiño ten a punta do rabo branca, Brunilda sabe que era mesmamente a el a quen estaba esperando.
1,00 € 1.0 EUR
A MIÑA AMIGA INVISIBLE - Eduardo Santiago
Cando a súa familia abandona a cidade para vivir nunha aldea preto do bosque, Uxía descobre un mundo descoñecido onde nada é o que parece. O veciño máis próximo é un apicultor rabudo que non quere que ninguén se achegue ás súas colmeas; a nova escola tampouco é como esperaba: está farta de soportar o acoso e as burlas dos máis brutáns simplemente polo seu aspecto e por ser máis intelixente ca todos eles. Coa inesperada aparición dunha amiga invisible intentará superar todos os atrancos que a realidade teima en poñer no seu camiño.

Un conto de fadas pouco convencional sobre o poder da imaxinación para enfrontar problemas reais.
12,95 € 12.950000000000001 EUR
OS MEGATOXOS E O APRENDIZ DE DRUÍDA - Anxo Fariña
Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo. O día en que Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa comezaron o curso, apenas se coñecían. Mais un accidente inesperado fará que as súas vidas muden para sempre. Decataranse de que teñen algo especial en común, máis aló de asistir ao mesmo instituto, e que nas súas vidas hai preocupacións máis fondas que entregar a tempo os traballos de clase. Estraños poderes, aventuras sorprendentes e misteriosos encontros. Os catro mozos terán que viaxar no tempo para procurar respostas na terra dos seus antepasados, os celtas...
14,50 € 14.5 EUR
AS MEIGAS DE LUPA - María Solar
María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus curmáns Pablo e Martiño, para pasar unha semana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán compartir a estancia con varias amigas da avoa, que veñen participar nun congreso de meigas. Tras a desaparición dunha vella chave da avoa e tras a presenza daquelas mulleres agóchase a historia dun segredo milenario, que foi gardado xeración tras xeración, que pasou de bocas a oídos, unha e outra vez, e que nunca se contou a quen non era merecedor de sabelo.Unha emocionante novela de intriga no século XXI. Unha trepidante viaxe no tempo á Galicia castrexa do primeiro século, cando chegaron aos territorios da raíña Lupa uns estranxeiros que traían o corpo do Apóstolo Santiago desde a afastada Palestina.María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus curmáns Pablo e Martiño, para pasar unha semana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán compartir a estancia con varias amigas da avoa, que veñen participar nun congreso de meigas. Tras a desaparición dunha vella chave da avoa e tras a presenza daquelas mulleres agóchase a historia dun segredo milenario, que foi gardado xeración tras xeración, que pasou de bocas a oídos, unha e outra vez, e que nunca se contou a quen non era merecedor de sabelo.Unha emocionante novela de intriga no século XXI. Unha trepidante viaxe no tempo á Galicia castrexa do primeiro século, cando chegaron aos territorios da raíña Lupa uns estranxeiros que traían o corpo do Apóstolo Santiago desde a afastada Palestina.
13,50 € 13.5 EUR
ANIMAIS FANTÁSTICOS DE ALDEA - Andrea García Martínez
O galiñeiro do señor Benito anda alborotado: as galiñas están fartas de vivir explotadas para acabar servidas no prato dos seus donos. Como vinganza, deciden falar co resto dos animais da aldea e argallar un plan terrorífico que lle porá a carne de galiña á veciñanza de Froxán. Os adultos non atopan unha explicación lóxica aos estraños sucesos que comezan a padecer, pero Xanciño, Nela e Milucho, tres rapaces da aldea, sospeitan algo e deciden embarcarse na resolución do arrepiante misterio.
12,95 € 12.950000000000001 EUR
A INCREÍBLE VIAXE DE ANTÍA AO CEREBRO HUMANO- Paula Rivas Ramírez
Un libro de contidos científicos para aprender gozando da lectura.

A medio camiño entre a ficción e a divulgación, "A incrible viaxe de Antía ao cerebro humano" é un libro de contidos científicos para aprender gozando da lectura. Durante unha excursión a un instituto de investigación en neurociencia, a protagonista desta historia pérdese dos seus compañeiros e coñece uns ratiños científicos que lle explican como funcionan o cerebro e o sistema nervioso, e tamén que son as neuronas e como percibimos as cousas a través dos sentidos.Pouco a pouco, Antía vai descubrindo que detrás dos ratiños hai nomes de científicos famosos (Santiago Ramón y Cajal, Alois Alzheimer, James Parkinson e Margarita Salas) e vive unha experiencia extraordinaria.A medio camiño entre a ficción e a divulgación, "A incrible viaxe de Antía ao cerebro humano" é un libro de contidos científicos para aprender gozando da lectura. Durante unha excursión a un instituto de investigación en neurociencia, a protagonista desta historia pérdese dos seus compañeiros e coñece uns ratiños científicos que lle explican como funcionan o cerebro e o sistema nervioso, e tamén que son as neuronas e como percibimos as cousas a través dos sentidos.Pouco a pouco, Antía vai descubrindo que detrás dos ratiños hai nomes de científicos famosos (Santiago Ramón y Cajal, Alois Alzheimer, James Parkinson e Margarita Salas) e vive unha experiencia extraordinaria.
13,95 € 13.950000000000001 EUR
AS AVENTURAS DE EMIL - Astrid Lindgren
Un novo clásico de Astrid Lindgren en lingua galega protagonizado por un dos seus personaxes máis queridos. Un divertido libro de aventuras ideal para os que comenzan a ler de forma autónoma. Emil ten cinco anos, é un neno forte coma un touro, valente e algo testán que vive nunha granxa chea de animais coa súa familia. Cos seus ollos azuis e o pelo loiro e laúdo semella un anxiño, mais as súas trasnadas volven tola a toda a vila. Unha obra inspirada nos recordos e anécdotas de infancia do pai da autora nunha granxa de Småland, que nos achega a unha infancia feliz, en contacto coa natureza, á que Astrid Lidgren aspiraba para todos os nenos e nenas. Un entorno familiar no que transcorren as aventuras deste atrevido personaxe que aprende coa experiencia do día a día e cuxos actos ás veces teñen consecuencias inesperadas que poñen a proba o seu enxeño. Unha edición que conserva as ilustracións orixinais de Björn Berg, agora restauradas e coloreadas, quen, no seu día, viaxou a Småland para estudar con minuciosidade as casas, xardíns, valados, portas e a contorna natural para darlle vida a esta obra.
17,00 € 17.0 EUR
A AVOA GANGSTER - David Williams
"Para Ben, os venres son o peor día da semana. Mentres os seus pais ven Bailando coas estrelas, el ten que pasar a noite coa súa vellísima avoa. Non pode faltar a sopa de repolo e a partida de Scrabble. Pero un día Ben descobre que a súa avoa agocha un auténtico tesouro… Será a ladroa de xoias máis buscada do mundo?"
16,00 € 16.0 EUR
O COUSO - David Williams (Ilustr. Tony Ross)
Myrtle Manso é unha nena consentida que sempre quere máis e máis cousas. O problema é que agora quere "un couso", pero ninguén sabe a que se refire. Os seus país desviviranse por atopalo, e atopan algunha información na Monstropedia, así que non dubidan en adentrarse na selva máis selvática, profunda e escura para facerse con el.
17,00 € 17.0 EUR
BICHOS INCREÍBLES - Roberts Rurans
Este colorido y maravilloso libro ilustrado nos abre la puerta al mundo de los insectos. Conoceremos sus secretos, sus particularidades, qué comen y detalles increíbles de sus vidas… Un libro de conocimientos que fascinará a pequeños y mayores gracias a las fantásticas ilustraciones de Roberts Rurans, reconocido ilustrador de Letonia. "Bichos increíbles" pone bajo la lupa un mundo fascinante de pequeñas criaturas con capacidades parecidas a las de los superhéroes. Aunque aparentemente son poco atractivos a primera vista, en sus extraños y maravillosos exteriores podemos encontrar sus grandes poderes; este libro destaca como sobreviven en su vida diaria bajo tierra, bajo el agua y en el aire, así como sus extraordinarias habilidades. El libro aporta una mirada atractiva y entrañable a un reino desconocido para la mayoría de los adultos y las criaturas.
18,50 € 18.5 EUR
A HISTORIA DE GRETA - Non es demasiado pequeno para facer cousas grandes - Biogr.
Para ser unha mañá de finais do verán en Estocolmo, o 20 de agosto de 2018 vai unha calor incrible na cidade. E segundo se oe na televisión, nos últimos meses as temperaturas foron altas, quizais a causa dos numerosos incendios en toda Suecia. Ese día, Greta Thunberg, que daquela tiña quince anos comezou a súa folga fronte ó edificio do Parlamento: os políticos non deben esperar máis, hai que facer algo para salvar o medio ambiente. É o primeiro #fridaysforfuture da Historia. Preparádevos para ler unha historia de esperanza, valor e determinación. Esta é a verdadeira historia de Greta Thunberg, mais tamén a de moitos outros nenos e nenas de todo o mundo dispostos a loitar contra o desinterese dos maiores, en nome dun futuro mellor. Nunca es demasiado pequeno para marcar a diferenza.
14,00 € 14.0 EUR
AMELIA FANG - Baile Barbárico - Laura Ellen Anderson
Le encanta jugar a atrapa el goblin y pasar tiempo con Pulposi, su calabaza de compañía. No soporta el Baile Barbárico que organizan sus padres porque es un aburrimiento total. Ah, y una cosa: Amelia es una vampira. Cuando el príncipe de Nocturnia, que es un mimado, rapta a Pulposi, Amelia y sus amigos tienen que planear un rescate de lo más arriesgado. Pero en el Reino de la Oscuridad no todo es lo que parece... Acompaña a amelia en esta monstruosa aventura. ¡No muerde!
15,50 € 15.5 EUR
BÁRBARAS! - María Reimóndez
Por incrible que pareza, falar da menstruación segue sendo complicado e mesmo controvertido. Un proceso corporal e cultural que afecta nalgún momento da vida a máis da metade da poboación humana non debería ser un tema fundamental de reflexión? Cun enfoque desenfadado e co obxectivo de facernos reflexionar, Bárbaras! utiliza a menstruación como vía de entrada para achegarnos unha gran diversidade de temas: os corpos, o sexismo, a ecoloxía, o racismo, a transfobia. Porque, ao final, falar da regra é falar do mundo enteiro e, en particular, de tantas Bárbaras! que se negan a seguir os ditados e que, coa súa rebeldía, crean un mundo mellor para tantas outras.
13,95 € 13.950000000000001 EUR
COMO MATAR A UN INMORTAL
Cuando "lemy, un joven aprendiz de alqui- mista, se encuentra por casualidad el elixir de la eterna juventud, no puede creerse la suerte que ha tenido. Hasta que un acciden- te le obliga a bebérselo para sobrevivir. y es la Muerte quien viene a su encuentro. Risha es una segadora encargada de recolectar las almas de los muertos y devol- verlas al Ciclo de la Reencarnación. Pero el espíritu de ese aprendiz de alquimista se resiste a abandonar su cuerpo. Decidida a culminar su trabajo, ella lo arrastra al mundo Espiritual. No podría haber elegido peor momento, pues allí la Gran Muerte busca al ladrón de una sustancia que podría poner en peligro el equilibrio entre ambos planos. Entre rumores de traición, Risha y su equipo deberán averiguar cómo matar a ese inmortal antes de que la ira de Uróboros sa- cuda de nuevo el universo.
11,00 € 11.0 EUR
DESTROZA ESTE DIARIO - Keri Smith
Puede que seas un experto destrozador y que hayas devorado uno o varios ejemplares de Destroza este diario. O tal vez esta sea tu primera vez (pst, puede que esta experiencia te cambie la vida). Sea como sea, no busques más, has encontrado el libro perfecto para destrozar.Te presentamos el nuevo Destroza este diario, íahora en una impresionante edición a todo color! Dentro encontrarás retos para pintar, romper, transformar y dar rienda suelta a tu creatividad; una mezcla de tus retos favoritos y otros completamente nuevos. Destroza este diario. Ahora a todo color te invita a destrozar en colores: mezcla pinturas para crear barro, deja que la suerte elija el tono, recorta tiras de papel de brillantes colores, y mucho más.¿Qué colores usarás para destrozar tu diario?
11,95 € 11.950000000000001 EUR
O PEQUENO LIBRO DA INTRÉPIDA EIRE - juáncho
Cando un ousado libro quere transcender, busca o xeito de narrar unha historia épica. Poucos hai tan impetuosos coma este. Nas súas páxinas é el o protagonista. O libro dentro do libro. E, xunto a el, unha nena valorosa. Unha aventura onde a natureza, o misterio e as emocións se abren camiño a cabalo da afouteza da pequena Éire. O amor desta nena pola súa xente vaina levar tan lonxe que lle será difícil atopar o camiño de volta.
20,20 € 20.2 EUR
45 CONTOS DOS IRMÁNS GRIMM PARA NENOS E FAMILIA
O gato con botas, Caparuchiña vermella, Polgariño, a Cincenta, os músicos de Bremen, Hänsel e Gretel, Raponcio e Branca de Neve chegaron ós nosos días, narrados de xeración en xeración e en múltiples versións. Os irmáns Grimm compilaron estes e outros contos para as familias burguesas de hai dous séculos. Nesta edición seleccionamos 45 dos relatos, traducidos ó galego directamente dende a súa versión orixinal e acompañados de ilustracións clásicas.seño, ilustrada con bocetos y representaciones, así como con fotografías terminadas. Cuenta con una introducción del editor de diseño de Architectural Digest, Mitchell Owens, que da una descripción general de la trayectoria del arquitecto, mientras que el propio ensayo de Kligerman se centra en su interés en desarrollar un estilo verdaderamente estadounidense que refleje tanto el estilo Puebloan del suroeste como el estilo de guijarros que ha prevalecido a lo largo del Costa Este desde finales del siglo XIX.
18,00 € 18.0 EUR
ATLAS DE DINOSAURIOS Y OTRA CRIATURAS PREHISTÓRICAS
Viaja al pasado y descubre dónde vivían los animales más fascinantes que han poblado la Tierra

Un atlas infantil excepcional que explora cada continente: contempla un T.Rex en America del Norte, ten cuidado con las peligrosas garras de los velociraptores en el desierto de Gobi y viaja a la tundra siberiana para descubrir un mamut lanudo.

Los dinosaurios cobran vida gracias a las impresionantes imágenes generadas por ordenador. Repleto de mapas de la epoca prehistórica, más de 40 perfiles de dinosaurios y de otros animales prehistóricos y con los últimos descubrimientos científicos.

Con mapas especialmente encargados para este libro, Atlas de dinosaurios y otras criaturas prehistóricas muestra a los jóvenes lectores cómo era el mundo hace millones de años.

Este atlas de dinosaurios para niños:

- Enseña dónde aparecieron los dinosaurios y otros animales prehistóricos.

- Muestra la conexión de cada dinosaurio con un período: Triásico, Jurásico o Cretácico.

- Cuenta con mapas encargados especialmente para este libro.

Un libro que no puede faltar en la biblioteca de los jóvenes lectores.
18,00 € 18.0 EUR
PUBERDADE EN MARCHA - VVAA
Unha guía esencial para mozas e mozos que comezan a etapa da puberdade escrita con claridade e rigor.
Que é a menstruación? Que teñen que ver os cambios coa reprodución? Que é a masturbación? Estas son só tres das moitas preguntas ás que Puberdade en marcha dá resposta de forma clara e dinámica, incluíndo consellos, refutando mitos e animando a formularse preguntas que poder compartir con outros adolescentes.
Nunha etapa vital de grandes cambios, de incertezas e confusión, este libro, escrito por tres profesionais novas comprometidas coa educación sexual integral, ofrece información cun estilo fresco e amigable, para axudarlles aos e ás adolescentes a entender o que lles está a pasar. Tamén aborda temas importantes como a toma de decisións, as relacións interpersoais, os ideais de beleza e a seguranza en Internet.
17,00 € 17.0 EUR
O DESTINO DE KAMEKO - Abel Alves e Jorge Campos
Chiharu é unha moza orfa salvada da morte por unha misteriosa guerreira. Quen é esa nena que leva sempre unha tartaruga no alto da cocorota? Por que apreixala o máis desapiadado asasino do imperio? Abel Alves e Jorge Campos compoñen unha trepidante historia de aventuras, unha homenaxe á cultura do Xapón. Unha lectura que te vai deixar sen alento.
15,00 € 15.0 EUR
SEI CANTAR E SEI BAILAR - Eva Mejuto e Lucía Cobo
Enfiando un ronsel de cantigas, muiñeiras, maneos e xotas, «Sei cantar e sei bailar» segue a pegada das viaxes de Dorothé Shubarth por Galicia. Neste álbum ilustrado compañaremos a musicóloga suíza do Courel á Costa da Morte, recollendo as voces das mulleres que mantiveron viva a faísca da lingua no seu cantar.Tocaremos coa pandeireteiras de Mens, cantaremos con Adolfina e Rosa Casás e bailaremos con Eva Castiñeiras para homenaxear a todas as mulleres anónimas que teceron, amaron e transmitiron a nosa música, poesía e cultura ao longo dos séculos. Elas todas son as homenaxeadas no Día das Letras Galegas 2025. O álbum, con texto de Eva Mejuto e ilustracións de Lucía Cobo, conta cun apéndice informativo e cunha web para achegarlle á rapazada, e traballar na aula, un petisco do amplo universo da poesía e da música tradicional galega: a de onte e a de hoxe.
15,50 € 15.5 EUR
ALAS DE ONIX - Rebecca Yarros
No te pierdas la tercera entrega de la serie Empíreo, tras Alas de sangre y Alas de hierro.Tras casi dieciocho meses en el Colegio de Guerra Basgiath, Violet Sorrengail tiene claro que no queda tiempo para entrenar. Hay que tomar decisiones. La batalla ha comenzado y, con enemigos acercándose a las murallas e infiltrados en sus propias filas, es imposible saber en quién confiar.
Ahora Violet deberá emprender un viaje fuera de los límites de Aretia, en busca de aliados de tierras desconocidas que acepten pelear por Navarre. La misión pondrá a prueba su suerte, y la obligará a usar todo su ingenio y fortaleza para salvar lo que más ama: sus dragones, su familia, su hogar y a él.
Aunque eso signifique tener que guardar un secreto tan peligroso que podría destruirlo todo.
Navarre necesita un ejército. Necesita poder. Necesita magia. Y necesitará algo que solo Violet puede encontrar: la verdad.
Pero una tormenta se aproxima… y no todos sobrevivirán a su furia.
23,90 € 23.900000000000002 EUR
O RAPAZ DO VESTIDO - David Walliams
Dennis vive nunha casa aburrida, nunha rúa aburrida, nunha cidade aburrida, e non ten grandes aspiracións. Pero o que si ten son soños, e cando comeza a seguilos, as cousas non volverán ser iguais.
15,00 € 15.0 EUR
EL INFINITO EN UN JUNCO - Tyto Alba e Irene Vallejo
El infinito en un junco, de Irene Vallejo, es un canto extraordinario al amor por los libros que ha seducido a millones de personas en todo el mundo. Este libro sobre libros emprende otro vuelo en forma de adaptación gráfica a cargo del dibujante Tyto Alba, cuyas excepcionales ilustraciones nos trasladan a los campos de batalla de Alejandro Magno, los palacios de Cleopatra, las primeras librerías y los talleres de copia manuscrita, pero también a las hogueras donde ardieron códices prohibidos, la biblioteca bombardeada de Sarajevo y el laberinto subterráneo de Oxford en el año 2000. Estos dibujos y acuarelas, que cuentan la historia de un artefacto incomparable nacido hace cinco milenios, cuando los egipcios descubrieron el potencial de un junco al que llamaron papiro, nos hacen partícipes de la aventura colectiva de quienes han salvaguardado los libros desde entonces.

En esta nueva versión, revisada y aumentada, las fabulosas ilustraciones de Tyto Alba cobran aún más relevancia y el resultado es una adaptación gráfica para jóvenes de todas las edades.
22,90 € 22.900000000000002 EUR
ATLAS DA GALICIA PEQUENIÑA - Ce´sar Cequeliños e Jorge Campos
Unha viaxe para todos os públicos pola identidade galega. Xeografía, historia, lendas, costumes Todo un mundo de mapas e personaxes.
19,95 € 19.95 EUR
27,90 € 27.900000000000002 EUR
UN VERÁN EN FAMILIA - Marcos Calveiro
Uxío é un rapaz espelido pero algo problemático. Mentres os seus pais e irmáns marchan de vacacións a un parque temático, el asiste contrariado a un campamento nunha illa onde os participantes teñen vedado o uso do móbil e deben alimentarse do que colleitan. Ese clima de malestar irá tornando en fascinación cando investiga sobre un misterioso edificio en ruínas, unhas estrañas sombras no mar e un pasado polo que algúns dos seus poboadores aínda teñen resentimentos.
11,50 € 11.5 EUR
ERIK VOGLER - Los crímenes del rey blanco - Beatriz Osés
Para el estrafalario Erik Vogler, maniático del orden y la pulcritud, las cosas no podían empezar peor aquellas vacaciones de Semana Santa: en lugar del soñado viaje a Nueva York con su padre, iba a tener que pasar esos días con su abuela. Aun así, ni en su peor pesadilla el obsesivo y temeroso Erik hubiera imaginado que se vería involucrado en los asesinatos en serie que estaban conmoviendo a toda Alemania. Con un protagonista aparentemente repelente, la escritora Beatriz Osés ha iniciado una de las más originales sagas de novelas policíacas de los últimos años. Impactante y sorprendente en cada frase. Te atrapa desde el primer capítulo en una espiral de tensión. Puro thriller. Una vuelta de tuerca a la literatura paranormal combinada con el género negro.
13,00 € 13.0 EUR
A TRIBO DO MAR - Lois Pérez
Alexandra mira o mar de Burela e soña con goles imposíbeis; cando virá súa nai de Cabo Verde? Namentres, a miles de quilómetros ao outro lado do océano, o señor Abdallahi non sabe de Tihani; onde se metería o rapaz? Terá problemas co vello Mahmoud? Samba estraña moito o seu pai, pois Souleymane marchou hai xa un mes. Libia non era o que pensaba. O Mediterráneo parece agora infranqueábel. No entanto, a "influencer" Dakota Amazing ultima o seu novo "reel". O deserto é "supercool"! Pero o deserto é unha boca que ten sede nun mundo que ten fame. E non hai nada comparábel a Simún. Porque, quen ouse desafialo, será envolto polas ondas de area. Cando se vai, quen sobrevive non esquece o seu rostro. Unha aventura que mira as feridas do mundo e navega polas súas historias invisíbeis. Coma unha tribo do mar.
12,95 € 12.950000000000001 EUR
O SEGREDO DE AL´EUME - Pilar Ortega Pereiro
Despois do accidente en bibicleta da súa irmá Teba, nunha visita ao mosteiro de Caaveiro, Xiana ve como os seus problemas van en aumento e conseguir os cartos para a carísima operación da nena convértese no obxectivo familiar. Presionada polo segredo que agocha en relación co accidente, embárcase, xunto coa súa amiga Lúa, na procura dun suposto tesouro, tras o que andan tamén o seu tío, uns investigadores da Universidade de Oxford e un compañeiro de instituto. Quen conseguirá dar co tesouro de Al'eume?
15,50 € 15.5 EUR
SUPERULEX - Susana Sanches Arins
A químio afastou a Clara da sua escola durante semanas, mas ao regressar, tudo nela mudou. Já não é a mesma e não pode ficar indiferente perante as injustiças e atropelos que acontecem à sua volta, venham de quem vier. A sua força e reflexos viram-se afetados de jeito descomunal, tanto que nem ela mesma é capaz de os controlar. Deixou de ser Clara para se converter, com a ajuda da avó Rorita e da tropa fandanga, em SuperUlex, a heroína que todas estávamos a aguardar.

15,50 € 15.5 EUR
CARTAS NA ESCURIDADE - Lois Pérez
Olivier lembra a partida do Call of Duty ao entrar no estadio. É enorme. Non pode crelo! Vai asistir en directo a un partido do Mundial para ver a Mbappé! A algúns quilómetros de alí, nun barracón ás escuras, Denis, namentres as súas compañeiras dormen, escribe á luz da candea unha carta para seu irmán Moses. Poderán volver algún día a Uganda sen caer nas mans das bestas do LRA? Salman percorreu o deserto en autobús e agora mira en fite ese feixe de cartas. Farán un bo lume. Aluma, a estrela mundial do reggaeton, ensaia o seu novo hit antes da gran final. Mentres tanto, súa noiva Ann Drolla Ice fai globos coa goma de mascar mirando o teito. Amira camiña cara á universidade. Sabe que non hai moito tempo, pero a revolución non agarda. É o momento. Os fíos da esperanza e o medo entretécense nas historias desta xeografía dos afectos, como a calixe do deserto. Acompáñasnos?
15,50 € 15.5 EUR
AS MIL VIDAS DE DOROTEA - Lorena Conde
Nenas e nenos! Señoras e señores!
Permanezan en silencio e apaguen os seus teléfonos.
Nuns intres, dará comezo a peza teatral “As mil vidas de Dorotea”.
Prometemos que durante os tres actos que forman esta obra, pasarán por un feixe de estados de ánimo e,
ao mesmo tempo, coñecerán a historia de Dorotea Bárcena, a mestra, actriz, dramaturga e muller brava,
que traballou moito e moi duro por facer o que máis quería: teatro.
Pasen e lean!
14,00 € 14.0 EUR
A MESTRA CORREMUNDOS - Arancha Nogueira
Do ganchete e xa co abrigo de entretempo, Pura e Dora pasean por Ourense nun periplo que as leva desde a Alameda até o parque do Barbaña, pasando pola estación de tren, a zona vella e outros lugares da súa querida cidade. Con todo, a andaina é tamén unha oportunidade para que Dora nos fale dunha muller valente e talentosa, amante das palabras e dos retos e que nunca dubidou en levar a cabo o que se propuña. A muller máis importante da súa vida: a súa irmá Pura Vázquez.
14,00 € 14.0 EUR
BE WATER - Antía Yáñez
Xa non existe a Era Superficial no planeta Terra. Tras o Gran Cataclismo, a humanidade sobrevive
soterrada nas Colmeas, estruturas elípticas con minúsculos cubículos hexagonais onde dormen os seus
habitantes. Iolanda é unha adolescente que, xunto a súa filla e o seu curmán, vive nunha destas Colmeas
baixo a tiranía da Raíña e a escaseza de auga, un ben que se converteu no artigo máis prezado do mundo e
polo que a xente é mesmo quen de matar. Iolanda sábeo: a estraña aparición dun cadáver desencadea unha
serie de acontecementos que farán que xa nada volva ser o que era.
15,50 € 15.5 EUR
BURBULLAS DE CALMA SERENA - Andrea Maceiras
Casiopea é unha gata doméstica, pouco afeita ás aventuras. Non pode imaxinar que será a primeira gata de Agarimo en ver un alien, tampouco que o acollerá na súa casa nin o desastre que se vai formar.

Do outro lado da rúa, Alma vive con ansiedade a chegada dos seus tres terribles curmáns. Noa está sempre enfadada, Luc non para de chorar e Nico só cala e observa. Así é imposible concentrarse nos deberes de matemáticas!

Malia todo, Agarimo non é un lugar tan tranquilo como parece... E un alien capaz de fundir todas as luces da urbanización cando perde os nervios non é un segredo fácil de agochar.

Se cadra, no planeta Sosego teñen razón e a calma é a solución perfecta.

O problema é que, ás veces, as emocións estouran coma burbullas.
15,50 € 15.5 EUR
VELLOUCAS & MINCHAS - Lorena Conde
Despois do “suceso”, a Sofía non lle queda outra que ir pasar parte do verán ao piso da súa avoa Rosa en Veigamoa, onde parece que nunca acontece nada. Unha vez alí, a rapaza decátase de que o ambiente na vila está enrarecido, de que a xente escapa da súa avoa e das súas amigas cando van pola rúa, de que reciben chamadas telefónicas no medio da noite e de que sofren actos vandálicos no edificio. Coa mosca detrás da orella, Sofía decide pescudar. Non lle gusta nada o que descobre, se hai algo que non pode soportar, son as inxustizas.

Coa axuda da súa mellor amiga Gabri e as boas persoas da vila, trata de resolver o sarillo no que está metida a avoa Rosa e mais as súas amigas e veciñas Gloria e Lita. Conseguirano?
15,50 € 15.5 EUR
COMO ESCORRENTAR UN LOBO - Antonio M. Fraga
Ano 1944. Nunha Polonia ocupada polos nazis, Noncia rescata dúas crianzas xudeas do seu tráxico destino e agóchaas na súa casa. Para as axudar a combater o medo, relátalles unha incrible aventura que viviu na súa infancia, cando percorría os camiños acompañando o tabor xitano ao que pertencía. A historia trasládaos ao corazón do misterioso bosque de Białowieża, onde a familia de Noncia, tras extraviarse no medio dunha treboada, chega á vila secreta de Polana Wilków, o fogar dos Neuri. Alí coñecerá as distintas criaturas fantásticas que se agochan no bosque e aprenderá a mirar o medo cara a cara.
15,50 € 15.5 EUR
XIRAREI! - Pablo Carreiro
Xirarei! é un percorrido único por Galicia que mestura humor, tenrura e unha fonda admiración pola cultura galega. A través dun itinerario que abrangue os recunchos máis fermosos e emblemáticos da terra, o autor fainos partícipes dunha viaxe onde cada páxina é unha homenaxe ao noso patrimonio cultural. O lector poderá gozar de anécdotas cotiás con moita chispa ao tempo que descobre lugares máxicos, tradicións ancestrais e personaxes entrañables.

Pablo Carreiro celebra unha oda á identidade galega relatada con agarimo e retranca e ofrece unha experiencia que deixará unha pegada fonda no corazón de quen a lea.
18,00 € 18.0 EUR
MATILDA - Roald Dahl
«Meu pai cría que todos os nenos gardan no seu interior unha brasa. Pero alguén debe prender o lume. Unha vez aceso, é vital avivalo para que nunca se apague». TESSA DAHLMatilda é unha lectora empedernida e só ten cinco anos. Sensible e intelixente, é admirada por todos agás polos seus mediocres pais, que a consideran unha inútil. Ademais, posúe poderes estraños e marabillosos. Un día decide desquitarse e comeza a empregalos contra a cruel señorita Trunchbull.
12,30 € 12.3 EUR
ANNE, A DE TELLAS VERDES - L.M. Montgomery
Matthew e Marilla Cuthbert, irmáns de mediana idade, pretenden adoptar un neno que os axude coa granxa. Por equivocación reciben a Anne Shirley, unha orfa fraca e rubia de once anos, chea de enerxía e vitalidade, que deixará unha pegada imborrable ao seu redor, grazas á súa vívida imaxinación e constante charla.
Anne, a de Tellas Verdesáé un clásico literario do século XX para todas as idades, levada á pantalla en múltiples ocasións.

18,00 € 18.0 EUR
OS SECUESTRADORES DE BURROS - Gerald Durrell
Ambientada nunha illa grega, esta entretida historia conta como Amanda e David conspiran para burlarse do desagradable alcalde local e axudar ao seu amigo Yani, que está a piques de perder a casa e as terras. Os veciños, e especialmente o alcalde, dependen dos seus burros para o transporte. Se os burros desaparecen, paralizarase toda a aldea…

Esta obra recibiu unha axuda da Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia na convocatoria de axudas para a tradución e/ou edición do ano 2019.
15,00 € 15.0 EUR
CUANDO EL CIELO SE VUELVA AMARILLO - Nerea Pascual
¿Qué harías si tu relación tuviese fecha de caducidad? Basada en la historia real de Charlie y Nerea, esta novela es un canto a la vida y al amor.

Lola, una adolescente en su último año de instituto, está llena de inquietudes sobre su futuro y no sabe qué hacer con su vida. Aunque tiene muchas ganas de conquistar el mundo, también está repleta de inseguridades, que la mantienen atada a su zona de confort.

Nico, por su parte, vive cada día como si fuera el último, disfrutando intensamente del presente porque su futuro es incierto.

Sin esperarlo, los caminos de Nico y Lola se cruzan e, inmediatamente, se convierten el uno para el otro en «la persona perfecta en el momento perfecto». Nadie dijo que sería una relación fácil, pero juntos aprenderán a vivir un carpe diem real.

Cuando el cielo se vuelva amarillo es una auténtica lección de vida que te hará comprender el verdadero significado del amor, algo muy simple en esencia, pero que el ser humano tiende a complicar innecesariamente.
16,90 € 16.9 EUR