Por unha compra superior a 50€ gastos de envío gratis. 

Se hai algún libro que non atopas, conseguímolo!

FRANKY FRANKESTEIN - Jose Carlos Andres
Franky é unha nena monstra grande, moi grande. Papá Frankenstein fabrica xoguetes para a súa filla; Hera, a caveira, é a súa profesora; e as súas amigas son a piraña que raña e a serpente mordente. Pero o que Franky realmente quere é ir á escola. Seu pai ten medo de que os nenos e nenas da vila se asusten ao ver á súa filla e non queiran xogar con ela. Conseguirá Franky ir á escola
15,90 € 15.9 EUR
OS NOSOS BOSQUES - Diego García, Judit Santos, Clara Cerviño e Andrea Soto
Non se pode defender o que non se ama e non se pode amar o que non se coñece
"Coñecer para amar" é unha colección que desexa contribuír cunha pequena mostra do gran coñecemento que temos na Galiza para nomear o seres vivos que nos acompañan, esperando sementar amor nos corazóns para coidar e defender a biodiversidade na noso terra.
18,00 € 18.0 EUR
OS NOSOS MARES - Diego García, Noela Sánchez, Jorge Pascual e Clara Cerviño
Non se pode defender o que non se ama e non se pode amar o que non se coñece
"Coñecer para amar" é unha colección que desexa contribuír cunha pequena mostra do gran coñecemento que temos na Galiza para nomear o seres vivos que nos acompañan, esperando sementar amor nos corazóns para coidar e defender a biodiversidade na noso terra.
18,00 € 18.0 EUR
COMO SE DI? - Lawrence Schimel
Se lle tes que pedir permiso ao rei para xogar no labirinto do seu castelo , como se di ? E cando os avós che traen un agasallo da súa viaxe a Exipto , como se di ? Un conto cheo de imaxes fantásticas e nas que expresións como << por favor >> ou << grazas >> son a chave para viaxar coa imaxinación .
16,00 € 16.0 EUR
PINTIÑAS - Inés Mosquera e Isabel Blanco Alonso
Pintiñas perdeu as súas pintiñas. Coa axuda da clínica Parchís e a súa terapia de cores recuperará aquelas calidades que lle axuden a ser feliz.
16,00 € 16.0 EUR
A MIÑA SOMBRA - Nacho Rubio e Rebeca Luciani
Un pequeno álbum ilustrado —profundo e ensoñador— que nos leva a explorar a relación máis íntima que mantemos coa nosa sombra. Un texto intimista e poético, co que nos formular máis dunha pregunta sobre a identidade e o descubrimento persoal. Escrito por Nacho Rubio e ilustrado por Rebeca Luciani con técnica analóxica.

15,50 € 15.5 EUR
PATAS ARRIBA - Anne Derenne
Un divertido libro-xogo no que a participación de lectoras e lectores é imprescindible para axudar aos animais da sabana. É un día tranquilo na sabana. Todo o mundo está no seu lugar agás o elefante, que se achega trotando mentres o chan retumba cos seus pasos. Mais axiña repara no desastre: todo está PATAS ARRIBA. Agora é omomento dos pequenos lectores e lectoras, os verdadeiros protagonistas deste álbum, aos que lles tocará sacudir unha vez e outra o libro ata que todo volva ao seu sitio. Se o sacoden forte de máis, a paisaxe porase patas arriba. Se non o sacoden o suficiente, algunhas cousas seguirán desorganizadas. Sacudir arriba e abaixo, á dereita e á esquerda. Pero Quen se agocha detrás do arbusto Un cazador Sigamos sacudindo ata facelo desaparecer! Unha paleta de cores vivas, figuras de contornos definidos sobre fondos planos e personaxes con expresións divertidas caracterizan plasticamente esta obra de Anne Derenne que nos lembra a algunhas producións de animación. Un orixinal libro-xogo cheo de humor que convida a lectoras e lectores a pasar á acción para axudar aos desconcertados habitantes da sabana e libralos dun final non desexado. Feliz aventura!
16,00 € 16.0 EUR
O QUE QUERO É GAÑAR - Simon Philip e Lucia Graggiotti
O QUE QUERO É GAÑAR é o segundo título da colección O QUE QUERO de Cumio, centrada nas emocións infantís cotiáns. Nesta ocasión, a protagonista ten un obxectivo claro: gañar. Compite en deportes, concursos, xogosà e cada derrota énchea de frustración, enfado e decepción. A través de situacións recoñecibles para calquera neno ou nena (carreiras, competicións, probas, comparacións con outros), a historia amosa con humor como se vive a frustración cando as cousas non saen como unha espera. Pero tamén introduce un xiro clave: descubrir que gañar non sempre significa quedar de primeiro, e que hai outras formas de sentirse orgullosa dunha mesma.

16,95 € 16.95 EUR
CARRERAS DE DINOSAURIOS - Deivid e Diego Greco
Diante y Lin debutan en las Ligas Menores con sus dinosaurios, enfrentándose a trampas, a rivales y a sus propios miedos.En Weellwood, las carreras de dinosaurios son legado, emoción y desafío. Diante y Lin, hijos de dos leyendas de este deporte, debutan en las Ligas Menores con sus dinosaurios, enfrentándose a trampas, a rivales y a sus propios miedos. Una aventura emocionante donde correr es solo el comienzo, y la amistad, la clave para llegar a la meta.
14,96 € 14.96 EUR
BEGOÑISIMA - Andrea Nunes Brións
Este libro non é só un conto sobre a vida e a obra da autora Begoña Caamaño, referente feminista, defensora da lingua, dos dereitos humanos e da xustiza. É tamén unha homenaxe a todas as persoas que se organizan, que soñan xuntas, que transforman o mundo desde o coidado e a rebeldía.

Begoñísima lémbranos que a maxia máis poderosa é a que nace do colectivo. E se esa fose a maxia que necesitamos para cambiar o mundo?
16,50 € 16.5 EUR
PIPI CALZASLARGAS - Astrid Lindgren
Pippi Calzaslargas vive sola en Villa Villekulla con su caballo y su mono.
También tiene una maleta llena de monedas de oro y por eso puede comprar todos los caramelos y juguetes que quiera.
Además de lista, generosa, divertida, independiente e imaginativa, es la niña más fuerte del mundo y jamás permite que nada, ni nadie, socave su confianza en sí misma, ni que ningún abusón se salga con la suya.Pippi Calzaslargas armó una revolución en el cuarto de los niños cuando se editó por primera vez en 1945. Desde entonces, varias generaciones de pequeños y grandes en todo el mundo han llegado a conocerla y quererla.
16,90 € 16.9 EUR
PIPPI LLEGA A VILLA VILLEKULLA - Astrid lindgren, Ingrid Vang Nyman
Pippi Calzaslargas es muy conocida y querida en todo el mundo. A lo largo de
varias generaciones, niños y grandes, se han sentido cautivados por su espíritu independiente, imaginativo, generoso y divertido.
Este volumen, en formato cómic, es el primero de una colección que pretende acercar, a los primeros lectores, al extraordinario personaje de Pippi, la niña más fuerte del mundo.
11,50 € 11.5 EUR
PIPI EN LOS MARES DEL SUR - ASTRID LINDGREN
Pippi Calzaslargas vive sola en Villa Villekulla con su caballo y su mono.
También tiene una maleta llena de monedas de oro y por eso puede comprar todos los caramelos y juguetes que quiera.
Además de lista, generosa, divertida, independiente e imaginativa, es la niña más fuerte del mundo y jamás permite que nada, ni nadie, socave su confianza en sí misma, ni que ningún abusón se salga con la suya.Pippi Calzaslargas armó una revolución en el cuarto de los niños cuando se editó por primera vez en 1945. Desde entonces, varias generaciones de pequeños y grandes en todo el mundo han llegado a conocerla y quererla.
16,90 € 16.9 EUR
UN MUNDO QUENTIÑO - Mónica Inés Varela Gestoso
Poemario infantil no que, explorando o que nos rodea descubrimos un mundo sorprendente en todo aquilo que está ao noso carón: caracois nos estantes dos libros, landras e bugallos na alfombra do salón, formigas no chineiro da cociña... Buscamos tesouros nas cortizas das árbores, detrás das follas, nos balados... A fada da chuvia vén a mollarnos, collemos leña para acender o lume e asamos as castañas... Todo un mundo quentiño que descubrimos cada día e que nos permite coñecer a maxia do cotián.
15,00 € 15.0 EUR
PARCHIS - Maria Girón
Un libro que celebra a amizade e o pracer de compartir. Unha radiante mañá de inverno, Gata pensou que sería un día perfecto para tomar unha cunca de leite quente e decidiu ir á casa dos seus amigos para compartila con eles. Coella ofreceu un biscoito acabado de facer e Parrulo propuxo tocar o ukelele a carón do lume, pero ao chegar á casa de Teixugo... alí non había ninguén. Saíra había xa un bo anaco, gardando na súa bolsa un taboleiro de parchís. Tras Cinco ratiños, Maria Girón, gañadora do XVII Premio Internacional Compostela por Bim Bam Bum, volve utilizar os recursos do conto de tradición oral para sorprendernos cunha historia tenra, enxeñosa e divertida sobre a amizade e o pracer de compartir as pequenas cousas. As ilustracións, luminosas e cheas dun colorido que resalta sobre o branco da neve, xogan co amarelo, co vermello, co verde e co azul das pezas de roupa dos personaxes e dos seus fogares, nunha chiscadela ao clásico xogo de mesa. Precisamente, este álbum inclúe como elemento adicional un taboleiro de parchís deseñado pola autora para seguir gozando do libro máis alá da lectura.

17,00 € 17.0 EUR
ALETAS E BURBULLAS - Mercè Galí
Un libro de tea perfecto para iniciar o hábito da lectura e fortalecer o vínculo co bebé, ao tempo que se adquire un vocabulario básico relacionado coa vida mariña.

15,00 € 15.0 EUR
PELOS E PLUMAS - Mercè Galí
Un libro de tea perfecto para iniciar o hábito da lectura e fortalecer o vínculo co bebé, ao tempo que se adquire un vocabulario básico relacionado cos animais da granxa.

15,00 € 15.0 EUR
CAER DE CU POLO UNIVERSO - Estíbaliz Espinosa e Lucía Cobo
Cantas veces nos din que algo está

«no cu do mundo» !

Pero, sabemos onde queda o cu do mundo?

E alguén lle viu o cu ao mundo?

Por que ler?

-Porque a ilustradora Lucía Cobo fixo un traballo exquisito para o particular universo de Estíbaliz Espinosa.

-Porque a aventura espacial máis vertixinosa e poética acontece nestas páxinas.

-Porque Pandora é a mellor compañeira nesta viaxe galáctica.

-Porque poderemos coñecer o universo moiiiiiii de perto.
18,00 € 18.0 EUR
OLA! SON UN BICHO BÓLA! - Elvira Ribeiro Tobío e Noe González Caamaño
Ola! Son un bicho bóla! É un libro para prelector*s e primeir*s lector*s, para explorar a soas ou ler xunt*s. Un libro para rir e descubrir as habilidades dos bichos bóla que viven ao redor do mundo.

Por que ler?

-Porque Elvira Ribeiro e Noe Caamaño conseguen total complicidade entre texto e ilustración.

-Porque os bichos bóla non teñen comezo nin fin.

-Porque a diversión neste caso vai da man da unión e do colectivo.

-Porque nestas páxinas a comunidade constrúese dende a diversidade.
16,00 € 16.0 EUR
HAI ALGUÉN MÁIS FEROZCA MIN? - Hugo Fernandes e Zé Carlos Pinto
Todos temían o monstro, e el mesmo estaba convencido de que non había ninguén máis feroz ca el; pero un día atopouse cun cativo que non lle tiña medo ningún. O monstro tratou de convencelo das súas tremendas e horripilantes características, pero lonxe de persuadir o rapaz, este demostroulle que nada daquilo era tan horrible e mesmo que os seus problemas tiñan solución doada. Case sen decatarse, o monstro empezou a mudar e a botar de menos o seu amigo.A percepción dun mesmo ante o mundo que nos rodea, é a base da conduta humana. Dun modo fantástico e divertido, o álbum pode axudar a valorar a importancia da auto-estima. Así mesmo vai dar pistas, a nivel inconsciente, para comprenderque unha visión negativa dun mesmo afecta na relación cos outros, na inseguridade en determinadas situacións,e en diversos ámbitos na vida. Con empatía, apoio e a axuda adecuada, as dificultades poden superarse e os problemas, resolverse. E posto que os cativos descobren o mundo recibindo información polos cinco sentidos, este álbum fai un divertido percorrido por eles, xogando coas características do monstro, e as situacións familiares do neno, e contrapoñendo logo a percepción a través de sensacións e experiencias gratificantes que invitan a descubrir outro modo de sentir e relacionarse

15,90 € 15.9 EUR
O GALO QUE PUXO UN OVO - Indy García e Laura Tova
Aquela mañá, as galiñas puxeran dez ovos; pero no galiñeiro só había nove. Despois de buscalo por todos os recunchos, descubriron que o galo agochárao entre as súas plumas. - Hai moito tempo que non hai pitiños; se vós non queredes fareino eu! - Un galo? -preguntan as galiñas, sorprendidas. -E por que non? Dareille calor ao ovo día e noite e, cando naza o pito, podo ensinarlle as cousas da granxa. Nunha sociedade moderna e desenvolvida, aberta e democrática, os roles de xénero póñense en cuestión, discútense, e ata se experimenta coa súa inversión. En moitos aspectos sociais, as fronteiras son cada vez máis anchas, mesmo difusas. Vivimos nun contexto no que se proclama e defende a normalización e o respecto polas ôdiferenzasö. A loita pola liberdade e o dereito para vivir as identidades e sexualidades de forma libre permitíronnos avanzar en modelos de familia e convivencia, máis alá do molde heteropatriarcal. Neste contexto, as funcións e responsabilidades dos proxenitores biolóxicos cara aos seus descendentes escenifícanse e repártense, ata o extremo de aparecer como algo natural aquilo que a bioloxía non parecía capaz de asumir. È un reto educar na defensa e a reivindicación de todos estes avances sociais. Desta maneira, e xogando con personaxes animais, para afianzar o aspecto emocional e dos sentimentos, trasládase ao lector en formación a posibilidade, quizá tamén a necesidade, de comprender e asumir determinados comportamentos humanos e sociais que, cada vez máis, se contemplan e aceptan como ônaturaisö.

15,90 € 15.9 EUR
OS ANIMAIS DA GRANXA - Baía Edicións
Un libro para aprender a recoñecer as voces do galo, o porco a ovella, a vaca e o burro.

5 chips sonoros de gran duración e realismo.
15,00 € 15.0 EUR
XA NON SON MALO - Paula Merlán e Blanca Millán
Xa non son malo, é unha fermosa historia sobre a natureza, a amizade, e sobre todo, sobre as segundas oportunidades. Lobo Feroz vive nas Fragas Floridas co seu amigo Ourizo Rufo. Xuntos vixían os bosques e reciclan o lixo que atopan polo camiño. Aínda así, algúns desconfían del. Lobo Feroz xa non é malo, pero será quen de demostralo?

17,50 € 17.5 EUR
NON PARE A FESTA - É tempo de entroido 2 - Ramón D. Veiga e David Sierra
Un grupo de personaxes do Entroido galego, armados de instrumentos musicais e outros útiles para montar estrondo, xúntanse co propósito de organizar unha boa festa. Porque o Entroido é para enchedoiros, mais tamén para trouleiros e folieiras.

15,50 € 15.5 EUR
O LADRÓN DE FLORES - Alice Hemming
«Xunto a Esquío, Paxaro e as demais criaturas do bosque, descubrirás os cambios da primavera e aprenderás moitísimas cousas polo camiño» Cando atopa una preciosa flor creciendo no bosque, Esquío decide que é súa. Después de que pasou coas follas no outono, a nuestra amiga está decidida a mantela a salva. Pero quizais Esquío quere protexela demasiado...
16,95 € 16.95 EUR
ONDE ESTÁ A MAMÁ? - Julia Donaldson e Axel Scheffler
Onde está a mama? é un álbum ilustrado imprescindible no catálogo infantil: recoñecible, probado en aula e cunha demanda constante. Con texto rimado, humor intelixente e as inconfundibles ilustracións de Axel Scheffler, este título conecta de inmediato co público infantil e co mediador adulto. È ideal para lecturas en galego, cunha riqueza de vocabulario sobre o medio notable, ideal para lectura en voz alta e recomendación escolar, o que o converte nun libro de rotación segura para librarías e distribuidoras. Funciona a nivel comercial porque ten unha autoría de referencia con fondo estable, alta prescrición por parte de profesorado e bibliotecas, público amplo: Infantil e Primaria. È un título atemporal, fácil de recomendar e de manter en stock. Onde está a mama? é unha aposta sólida: calidade literaria, valor educativo e rendemento sostido no tempo.

16,50 € 16.5 EUR
BEGOÑA CAAMAÑO- Pequena biografía
"É o momento non de cambiar as regras, senón de cambiar o xogo. É o momento de mudar o mundo, de introducir transformacións profundas e estruturais, pero tamén conceptuais; é o momento do feminismo, é dicir, da xustiza, da igualdade, da liberdade, da dignidade e tamén, por que non?, da felicidade".

6,00 € 6.0 EUR
O PEQUENO LEÓN - Jacques Prévert e Ylla
Un relato entrañable e comprometido narrado coa mestría de Jacques Prévert e a mirada única da gran fotógrafa Ylla.

Na Casa de Feras o cachorro de león soña coa selva, da que a súa nai tanto lle falou. Tras lograr a súa liberdade, comeza unha trepidante aventura para explorar o mundo na que descubrirá que a vida cos humanos non é o que el buscaba. De volta na casa, contaralle ao seu irmán máis novo as súas vivencias con certas doses de imaxinación porque ?a vida das plantas, das persoas e dos animais está feita de realidade, pero tamén de marabillosos segredos, de imaxinación e de verdades inventadas.?

Así termina ?O pequeno león?, un clásico publicado en 1947 froito da colaboración da fotógrafa Ylla e o poeta Jacques Prévert. Un canto á liberdade, ao amor e á natureza; un relato audaz e comprometido que superou o paso do tempo e que formula interesantes reflexións sobre o comportamento humano e animal. Kalandraka recupera por vez primeira no noso país o texto íntegro censurado no momento da súa publicación, nunha edición que permite valorar o traballo excepcional de Ylla, unha das grandes figuras da fotografía de entreguerras xunto co gran poeta francés Jacques Prévert.
16,50 € 16.5 EUR
AVELINA ES DIVINA - Gracia Iglesias e Sara Sánchez
«Acompaña a Avelina e os seus amigos neste álbum onde ti es o que elixe a aventura.» A hipopótama Avelina está na casa morta de aburrimento, pero apareceranlle unha morea de opcións para ter cousas que facer. Saír da casa e dar un paseo Dar unha volta en coche con Timoteo Quedar coas amigas Ler un libro ou quedar na casa calcetando Neste libro-xogo terás que elixir que camiño tomará Avelina para ver que acabará facendo ao final.

16,50 € 16.5 EUR
ARREDOR DO SOL - Mónica Inés Varela Gestoso
Poesía infantil.Achega un mundo de versos que orbitan arredor dos astros, a lúa, o sol e as estrelas e propónnos unha viaxe, á vez interior e exterior, na que sobrevoamos o universo.
17,00 € 17.0 EUR
ALICIA NO PAIS DAS MARABILLAS - Lewis Carrol
Hai 150 anos que saíu do prelo por vez primeira o conto que o diácono e matemático Charles Lutwidge Dodgson inventara para distraer o recreo das irmás Liddell, e que o converteu xa para sempre no escritor Lewis Carroll, seudónimo co que firmou esta obra, unha das máis influintes da literatura universal

Hai 150 anos que saíu do prelo por vez primeira o conto que o diácono e matemático Charles Lutwidge Dodgson inventara para distraer o recreo das irmás Liddell, e que o converteu xa para sempre no escritor Lewis Carroll, seudónimo co que firmou esta obra, unha das máis influintes da literatura universal. Co gallo da efeméride velaquí esta edición, que conta coa versión galega de Xavier Queipo, escritor cunha recoñecida carreira que abrangue narrativa, poesía e ensaio, e que ten acadado numerosos galardóns —entre eles o Premio da Crítica española en 1990, o Xerais no 2011 ou o Arcebispo Juan de San Clemente do ano 2012. No campo da tradución recibiu, entre outros galardóns, o Premio Nacional pola súa colaboración na versión galega de Ulysses, de James Joyce. As colaxes que adornan o libro, obra de Fausto Isorna, pretenden fuxir da clásica iconografía de Alicia —asentada na espléndida versión de Tenniel—, e ofrecer unha ollada máis adulta, explorando as vertentes máis surrealistas e psicodélicas do texto.
25,00 € 25.0 EUR
PIOLLIÑOS - Paula Merlán e Laura Miranda Moreno
Aroa e Adri son os mellores amigos, teñen moitas cousas en común, tantas... que ata comparten piollos!
Mais non quedarán de brazos cruzados e poranse a traballar para facelos desaparecer.

Serán quen de acadar o seu obxectivo ?
16,90 € 16.9 EUR
¡UALAAA! - Hervé Tullet
En este dinámico y divertido título de Hervé Tullet, los pequeños pueden jugar con sus propias manos subiendo y bajando escaleras, explorando los movimientos a derecha e izquierda, asociando los colores, los tamaños, las sensaciones táctiles… Su tipografía en mayúsculas es ideal para primeros lectores. Un libro para recorrer con la mano de principio a fin… ¡Con un montón de desplegables y sorpresas!

19,90 € 19.900000000000002 EUR
A SEÑORITA BUBBLE - Ledicia Costas
A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da señorita Bubble.

14,90 € 14.9 EUR
BUSCA AL POLLO PEPE - Ant Parker e Nick Denchfield
Un divertido libro con sonidos de los animales de la granja donde vive el pollo Pepe.

15,95 € 15.950000000000001 EUR
COLORES - Hervé Tullet
Un punto gris da la señal de partida a un montón de juegos de colores. ¿Qué pasa si se aprieta ese punto? ¿Y si apoyamos la mano sobre un montón de puntos de colores? ¿O si mezclamos el rojo y el azul? ¿Y si el libro de agita, se inclina, se cierra y se abre? ¡Magia! Eso es lo que pasa ... Hervé Tullet, genio de los libros interactivos, retoma la línea de su anterior creación llamada Un libro, jugando esta vez y haciendo jugar a los lectores con los colores. Les invita a experimentar con ellos, oscurecerlos, aclararlos, mezclarlos, descubrirlos, derrochando pinceladas para aquí y para allí. No hay niño -ni adulto- que se resista a los juegos que Tullet propone. Es como recibir una divertida clase de pintura con el mejor profesor, el que desafía al alumno, le acompaña y le aplaude. Un libro que dejará la memoria del niño pintada de colores, asombro y placer.
16,00 € 16.0 EUR
EL GRAN LIBRO DE... EL POLLO PEPE - Nick Denchfield e Ant Parker
El pollo Pepe está creciendo mucho porque es muy tragón. El libro favorito de los niños de 1 a 3 años, ahora en gran formato.
15,00 € 15.0 EUR
O LADRÓN DE NEVE - Alice Hemming e Nicola Slater
«Quen se levou toda a neve, Paxaro » Nesta nova aventura, o noso duo formado por Paxaro e Esquío penétranse no inverno, estación que Esquío vai descubrindo da man de Paxaro. Que é iso branco que entrou na casa de Esquío Que pasa se Esquío cómese un floco de neve Todas estas preguntas terán a súa resposta!

16,95 € 16.95 EUR
¡TE LO ESTÁS PERDIENDO! - Brady Smith e Tiffani Thiessen
Hace un día precioso y en el parque hay un montón de aventuras que vivir. Los pájaros cantan, las ardillas saltan de árbol en árbol, los perros arman jaleo... y las niñas y los niños están fascinados por todo lo que sucede a su alrededor. ¡Qué lástima que el papá y la mamá que acompañan a los protagonistas de este cuento se lo estén perdiendo! Tiene que ocurrir algo realmente GRANDE que les quite el móvil de las manos... Esta historia tan actual, plasmada en este hermoso libro, es una llamada a desconectar y a disfrutar del tiempo que pasamos con nuestros peques.

18,00 € 18.0 EUR
O TRASEIRO DO REI - Raquel Saiz e Evelyn Daviddi
O rei dispoñíase a almorzar como todos os días no comedor real. Cando foi sentar no trono... cravou un alfinete no cu. 𠅊i! Ai! Ai! —laiábase suplicando axuda. Pero ninguén se atrevía a tocar o traseiro do rei. Desmitificando os costumes e os hábitos de palacio Raquel Saiz constrúe un texto áxil sinxelo e divertido moi apropiado para os máis cativos. Con enxeño e gran sentido do humor amósanos a cara máis absurda de persoas de alta categoría social que por por mor do seu rango parecen incapaces de resolver un asunto tan sinxelo como o de lle quitar ao rei un alfinete do cu.

15,90 € 15.9 EUR
PEQUERRECHO - Mireia Aleu
Pequerrecho era un lugar tan pequeniño, que a xente alí sempe facía dous traballos a un tempo. Un día, a carteira malabarista e o pasteleiro astrónomo marcharon xuntos, e os oficios que sempre foran sinxelos empezaron a complicarse.

Pequerrecho é un canto ao divertimento e unha reclamación sen complexos de situaciónsabsurdas e disparatadas que poderían xurdir na vida real -e quizais haberá quen as teña vivido-. Esta entretida e provocadora historia ofrécenos, ao longo das súas páxinas, unha relación de disparidade entre a palabra e a imaxe, que coloca o lector ante situacións inverosímiles e

provoca unha dúbida final, que terá que ser resolta confrontando ficción e realidade.

Ante esta orixinal proposta, aparentemente lúdica e sinxela, o lector terá que tirar as súas propias conclusións tras unha coidadosa reflexión e segundo os seus criterios particulares, quizás co sentido común dun adulto ou coa inocencia dun lector en formación.
15,90 € 15.9 EUR
ELVIRA - Lucía Cobo
Que pode facer unha avestruz coas súas ás Pode brincar, aplaudir, saudar, apertar, tocar pero Elvira quere algo máis Con este álbum ilustrado para cativos, queremos achegar a historia de Elvira. Unha pequena avestruz que a pesar de ter multitude de cualidades, o que quere ela é poder voar. Fermosa historia que fomenta nas crianzas o a autoaceptación e o amor por un mesmo dun xeito ameno e atractivo.

17,50 € 17.5 EUR
LATEXOS - Beatriz Dourado e Irene Sanjuan
Este poemario resultou gañador do Premio Arume de Poesía para a Infancia que organizan conxuntamente a Fundación Xosé Neira Vilas, a empresa Deleite e a asociación do libro infantil e xuvenil Gálix. En opinión do xurado, Latexos constrúe un universo poético engaiolante para o público novo.

20,00 € 20.0 EUR
VAIA ENLEO, TIMOTEO! - Gracia Iglesias e Sara Sánchez
O xabaril Timoteo ten un problema co aseo: aínda que se cre un galán, cheira como un marrán. Un día chega á casa a súa amiga Tomasa, quen, con graza e cariño, sinala o seu desaliño.Outros amigos axudan nesta tola aventura mentres o noso Timoteo vai de enleo en enleo.
Chega a terceira entrega desta divertidísima serie escrita por Gracia Iglesias e ilustrada por Sara Sánchez. Non poderedes deixar de rir.
Oink oink!
14,50 € 14.5 EUR
CAL É A TÚA COR? - José Carlos Román e Esther Burgueño
«Un libro para bebés repleto de diversidade no que todos somos iguais.» De que cor é a pel de Alberto E a de Ming E a de Maryamu Todos dan a mesma resposta: cor carne. Igual que todas as familias, sen importar quen as compoña.

9,00 € 9.0 EUR