Por unha compra superior a 50 euros gastos de envío gratis. 

Se hai algún libro que non atopas, conseguímolo!

O MEU DESEXO É... - Ana Meilán, Raquel rodríguez G. e Silvina Eduardo
Pecha os ollos, sopra a candea e pide o teu desexo!
14,90 € 14.9 EUR
AS MANCHAS DE PALMIRA - Ana Meilán e Silvina Eduardo
Palmira ten moitas preguntas na súa cabeza. Aurelio moitas respuestas nas súas raíces. Xunto a eles descubriremos que todos somos gardiáns de historias. Xa sabes cal é a da túa familia? É hora de vivires á túa!
14,90 € 14.9 EUR
COUSIÑA LINDA - Anthony Browne
Unha das obras imprescindibles de Anthony Browne, un álbum tenro e con doses de humor sobre o valor da amizade e a solidariedade. En 1974, Koko, unha gorila adestrada na Universidade de Standford para usar a lingua de sinais, pediulles un gato aos científicos que a observaban e coidou del coma se fose o seu fillo. Uns meses despois o gato desapareceu e durante varios días Koko expresou a súa tristura a través de sinais. Este feito, que provocou a discusión sobre se outras especies poden sentir emocións humanas, serviulle de inspiración a Anthony Browne para a creación dunha das súas obras máis coñecidas. En Cousiña Linda, como o caso real, un gorila que sabe comunicarse por sinais, e ten todo o que desexa, séntese só e decide pedirlles aos seus coidadores un pouco de compañía. Así coñece a Linda, unha gatiña coa que toma leite e mel, pasea, xoga... Xuntos son felices, mais unha noite, mentres ven unha película, o gorila ponse moi nervioso, enfurécese, e os seus coidadores deciden separalos. Nese momento, Linda mira para o gorila e na súa reacción revélase o verdadeiro valor da amizade. Anthony Browne sente unha gran paixón polos gorilas, e esa fascinación, que xorde do contraste entre a forza e a tenrura destes animais, reflíctese en boa parte da súa obra. Nas coloridas ilustracións deste álbum, combina elementos realistas cun toque de fantasía e humor, dando vida a dous entrañables personaxes.

16,50 € 16.5 EUR
ANNA KADABRA 2 - Un problema con ás - Pedro Mañas e David Sierra
A calor chegou a Moonville e Anna e os demais bruxos e bruxas planean unha excursión ao pantano para refrescarse. Por desgraza, os veciños da vila converteron aquel lugar nun vertedoiro. Está cheo de latas de refrescos, bolsas de plástico, un monstro con tentáculos... Un monstro?! O máxico Club da Lúa Chea terá que vencelo! Ou quizais salvalo?!

12,95 € 12.950000000000001 EUR
¿DE QUÉ COLOR ES UN BESO? - Rocío Bonilla
A Mónica le encanta pintar mil cosas de colores: mariquitas rojas, cielos azules, plátanos amarillos? pero nunca ha pintado un beso. ¿De qué color será? ¿Rojo como una deliciosa salsa de tomate? No, porque también es el color de cuando estás enfadado? ¿Será verde como los cocodrilos, que siempre le han parecido tan simpáticos? Imposible, porque es el color de las verduras y ¡no le gusta comérselas! ¿Cómo podría averiguar de qué color es un beso?

17,50 € 17.5 EUR
DÓ RE MI - Antonio Rubio e Óscar Villán
Cada exemplar de Do berce á lúa é un exercicio poético para educar o ollo e adozar o oído, como explica o seu autor Antonio Rubio. Pese á súa aparente sinxeleza, tanto o seu deseño como o seu contido, a partir de temas próximos aos intereses dos máis pequenos, son froito dun longo proceso de reflexión e creación. Apoiándose nos recursos do cancioneiro tradicional infantil (rima, ritmo, enumeración, repetición, acumulación...) e en imaxes recoñecibles que destacan sobre fondos claros, esta colección para cantar e contar é xa un referente da LIX para o tramo 0-3 anos e contribúe a iniciar o camiño da prelectura de moitos nenos e nenas. Dó re mi achéganos á diversidade das aves e ás notas musicais.

9,50 € 9.5 EUR
CANTA XENTE SE NECESITA...? - Anna Font
Un orixinal libro-xogo para pensar e compartir sobre os afectos, a convivencia e a solidariedade. Somos animais sociais. Desde que chegamos ao mundo necesitamos ao noso lado persoas que nos coiden, que nos apoien e que nos queiran, persoas que nos axuden a crecer e a compartir, persoas coas que poder construír un mundo mellor. Este álbum convídanos a reflexionar sobre estes aspectos dun modo poético e sinxelo, ao alcance dos máis pequenos; tamén a repensar o concepto de comunidade e a valorar as relacións humanas e a convivencia. A obra, ideal para compartir a calquera idade, preséntase como un xogo de preguntas e respostas que permite responder libremente a cada lector ou lectora ou darlle a volta ao libro e, coma se se tratase da solución dunha adiviña, ler a resposta oculta que a autora nos propón. As ilustracións a dobre páxina son divertidas colaxes cheas de humor e de cor que achegan nova información que nos axudará a reflexionar e a responder ás cuestións que aquí se formulan. Atrévete a pensar por ti mesmo, non hai respostas incorrectas!

16,00 € 16.0 EUR
UNHA CAIXA MISTERIOSA - Jordi Gastó e Christian Inaraja
Un novo acartonado con texto rimado ideal para compartir e iniciarse no camiño da lectura. Unha caixa misteriosa aparece no xardín, que haberá dentro A imaxinación de Ana dispárase e ao lombo da caixa percorre o mundo da fantasía, dende os lugares máis próximos e familiares aos máis afastados e extraordinarios. Visita unha bruxa, viaxa ata unha illa misteriosa, percorre grandes ríos conxelados, adéntrase en mestos bosques onde viven uns trasnos... Cando finalmente abre a caixa, unha sorpresa aínda máis grande que a que esperaba agarda por ela. Regresan as divertidas rimas de Jordi Gastó e as expresivas ilustracións de Christian Inaraja nun novo álbum acartonado para prelectores ideal para compartir e tamén para iniciarse no camiño da lectura.

12,00 € 12.0 EUR
VIAXES - Antonio Rubio e Óscar Villán
Os protagonistas de «Viaxes»-de distintas idades e culturas como
aceno á diversidade- desprázanse en medios de locomoción
individuais e colectivos tanto para xogar como para chegar a outros
lugares: monopatín, bicicleta, automóbil...
9,50 € 9.5 EUR
UN, DOUS, TRES QUE VES? - Nadia Rude
"Uno, dous, tres, que ves?
Iago, Brais, Cristovo, lobo
grande, mediano, pequeniño, porquiño..."
O tándem texto-ilustracións é a clave para que ?Un, dous, tres,
que ves?? se convirta nun dos libros favoritos dos primeiros lectores. A sucesión de personaxes que desfilan por estas páxinas en diferentes situacións, actitudes e con distintas aparencias, permite que as nenas e os nenos aprendan a recoñecer imaxes
e palabras.
12,00 € 12.0 EUR