A BANDA QUE NINGUÉN COÑECE - Nadia Budde

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/2069/image_1920?unique=74c85a9
(0 reseña)

Quen son os estraños personaxes que chegan na furgoneta? O primeiro ten mirada de moucho, o segundo perruca de la, o terceiro gorro de gala e a cuarta unha voz sorprendente. Ante a mirada atónita dos habitantes do lugar, despregan os seus misteriosos artefactos e comezan a tocar. Sons estridentes, compases atolados, moi pouco afinados, con voces sen alento…. Que comece o concerto!

Unha nova proposta da ilustradora alemá Nadia Budde repleta de situacións disparatadas, xogos de palabras e rimas delirantes para imaxinar a historia dun particular grupo de rock: A banda que ninguén coñece. Un álbum diferente, protagonizado por personaxes argalleiros, do máis diverso e disparatado, e unha nova proposta que convida a cantar e contar” ideal para compartir con prelectores e primeiros lectores.

16,00 € 16.0 EUR 16,00 €

16,00 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.