Por unha compra superior a 50€ gastos de envío gratis. 

Se hai algún libro que non atopas, conseguímolo!

                                                                                                                                                            
LUZ NO ARMARIO. UNHA PROPOSTA PARA SUPERAR A HOMOFOBIA E A MISOXINIA NA IGREXA - Pedro Castelao
Luz no armario. Unha proposta para superar a homofobia e a misoxinia na igrexa é un libro de ensaio e teoloxía actual escrito polo prestixioso teólogo e filósofo galego Pedro Castelao. A obra publicouse en xuño de 2026 baixo o selo da Editorial SEPT (Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos), unha histórica editorial galega recoñecida polo seu catálogo de pensamento cristián, ecuménico e transformador.
Este libro preséntase como un valente e necesario espazo de reflexión cristiá e social nun eido tradicionalmente complexo.
⛪ Eixes temáticos e proposta do libro
A obra asume unha postura crítica pero construtiva dende dentro do pensamento eclesial, abordando dúas grandes problemáticas estruturais:
Superación da homofobia: O ensaio pon o foco na necesidade de que a Igrexa abra as súas portas de xeito real á diversidade sexual. Analiza os prexuízos históricos e teolóxicos que recluíron a moitos fieis e membros do clero nun "armario" de silencio e sufrimento, propoñendo unha pastoral baseada na acollida e na igualdade de dereitos de todas as persoas sen importar a súa orientación.
Erradicación da misoxinia: Castelao denuncia a discriminación histórica cara ás mulleres nas estruturas institucionais da Igrexa. A proposta aposta por recoñecer con urxencia o papel protagonista, decisivo e ministerial da muller na comunidade cristiá,rachando cos teitos de cristal relixiosos.
Unha teoloxía da inclusión: O obxectivo final non é atacar a fe, senón "acender a luz" para axudar a que a propia institución supere estes atrancos morais, reconciliándose cos valores evanxeos de xustiza, dignidade e amor universal.
✍️ Sobre o autor
Pedro Castelao é un dos pensadores máis lúcidos da teoloxía galega contemporánea. Doutor en Teoloxía e licenciado en Filosofía, destaca pola súa capacidade para conectar os grandes misterios da fe cristiá coas realidades e demandas da sociedade civil do século XXI (como o feminismo, o avance dos dereitos LGTBIQ+ ou o pensamento laico).
15,00 € 15.0 EUR
A MIÑA AMIZADE CON CASTELAO E OUTROS ESCRITOS - Ramón Otero Pedrayo
Estas páxinas, en edición de Patricia Arias Chachero, pretenden contextualizar a sólida amizade que uniu a Alfonso Daniel Rodr¡guez Castelao e a Ramón Otero Pedrayo a través dunha recompilación de escritos dispersos, onde o se?or de Trasalba deixa ver a súa fonda admiración polo escritor, artista e pol¡tico de Rianxo, que serve para enlazar o Ano Castelao 2025 co Ano Oteriano 2026.

22,50 € 22.5 EUR
TERRA DE SACRIFICIO - Suso de Toro
Esta novela, que ensaia unha nova e polémica interpretación da historia recente de Galicia, consegue xuntar os personaxes de Ramón Piñeiro e de Castelao coa intención de que afronten a verdade do que ocorreu cando o mozo Ramón Piñeiro non agardou por Castelao en París. O autor da entrevista imaxinada en que se basea toda a narración pon o foco en aspectos culturais, políticos e mesmo persoais dos protagonistas, e evidénciase que, en moitos casos, a construción histórica dos personaxes difire da realidade dos feitos que sucederon. As explicacións sobre contas pendentes que Ramón Piñeiro ofrece nesta novela, respondendo a algunha pregunta incómoda, van deconstruíndo a súa propia figura, que se considera consolidada por unha parte da sociedade galega. Cun ton ameno e moi accesible, mais sen renunciar ao tratamento en profundidade que o tema require, Suso de Toro constrúe un relato esclarecedor dun momento crucial da nosa historia. Unha reivindicación do que puido ser e do que aínda pode ser. E unha rebelión contra o designio de que sexamos «Terra de sacrificio».

18,50 € 18.5 EUR
A RAÍÑA CADAVER - Laura Suárez
Inés de Castro, a raíña galega que foi coroada en Portugal despois de morta. Esta lenda, unha das máis famosas da Europa medieval, renace nos ollos e os pinceis de Laura Suárez, que actualiza o mito nunha obra chea de cor, imaxinación e poesía.

XIX Premio Castelao de banda Deseñada Infantil e Xuvenil.
16,00 € 16.0 EUR
AS CRUCESDE PEDRA NA BRETAÑA POR CASTELAO
Un estudo presentado en edición facsímile que afonda na linguaxe expresiva dos cruceiros bretóns. Facsímile do último libro que Castelao deu a imprimir antes do seu falecemento. Trátase dun amplo estudo feito no marco do Seminario de Estudos Galegos sobre as cruces de pedra en Bretaña, no que se investiga a linguaxe formal destas expresións artísticas tan características dese país. Castelao pon, ademais, estas cruces en relación coas do mundo celto-atlántico (Escocia, Irlandae Galicia) e afonda na idea de afinidade cultural con eses países. Este libro de formato grande incorpora numerosos debuxos así como láminas con ilustracións feitas polo propio autor e algunhas fotografías.

24,70 € 24.7 EUR
UN SOCIALISMO PROPIO - O cooperativismo no Beiras mozo - Xosé Manuel Beiras e Carlos Calvo Varela
En 1959 un mozo Xosé Manuel Beiras publica os seus dous primeiros traballos científicos na recén creada Revista de Economía de Galicia. Durante o último curso en París frecuentara asiduamente o fondo nórdico da Bibliothèque Sainte-Geneviève e os seminarios do especialista en economía cooperativista Georges Lasserre. Esta nova bagaxe teórica moderna xunto co acopio de material empírico, conxugada coas conversas que desde adolescente viña mantendo con Cruz Gallástegui, permítenlle culminar o programa máis acabado teoricamente da proposta económica clásica do Partido Galeguista: o cooperativismo de base agropecuaria inspirado no modelo danés. Unha «utopía real», como diría Erik O. Wright, descrita por Castelao con todo o colorismo: «Vexo pazos para albergar as Cooperativas, mellores que en Dinamarca».

Agora, no Ano Internacional das Cooperativas, publicamos de novo estes textos, traducidos ao galego e cun estudo introdutorio dos primeiros anos de formación política e intelectual de Xosé Manuel Beiras.
20,00 € 20.0 EUR
NOVO DIÁLOGO - Achegas á obra de Castelao - Carlos L. Bernárdez
No 75 aniversario da morte de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1866-1950) en Bos Aires, Galiza lembra unha figura clave da súa cultura. Este volume céntrase na súa contribución ás artes plásticas, onde destacou como creador dunha arte galega moderna, cun estilo orixinal que combinou o debuxo satírico cun fondo compromiso ético e político. A súa obra denuncia a inxustiza, o caciquismo, a emigración ou o racismo, mais faino sempre a través dunha coidada cosntrución visual.

Reúnense aquí dous estudos complementarios: Dar forma á diferenza, que ofrece unha visión sintética da súa obra ata a Guerra Civil, e Novo diálogo, centrado nos seus "Debuxos de negros" e na súa mirada solidaria cara a poboacións racializadas. Ambos textos reflexionan sobre a forza expresiva dunha obra que une cultura popular e compromiso político, e que segue a ser esencial para ententer o noso pasado e presente.
19,95 € 19.95 EUR
DAR VOZ AO TEATRO GALEGO - O premio Castelao de teatro 1964-1967 - VVAA
Recopilación das obras gañadoras do premio Castelao entre 1964 e 1967.
23,50 € 23.5 EUR
CASTELAO - Chama e alento incesantes - VVAA
É innegábel —nun marco sistémico de desatención oficial da Historia da Galiza e das súas moi diversas manifestacións— que a ignorancia, a manipulación e o desprezo sobre todo o que representa Castelao se teñen conformado como unha tríade perversa que impide o coñecemento real e efectivo da súa figura e da súa obra, de valor incuestionábel e moi representativas do mellor que deu a Galiza na política, na arte e na literatura nunha etapa tan crucial da nosa historia como foi a primeira metade do século XX.

De aí a importancia deste libro colectivo, que ten como finalidade guiarnos polo camiño do coñecemento sobre o que Castelao é e sobre o que Castelao foi, tomando como punto de partida o que el mesmo deixou por escrito no seu Sempre en Galiza, a nosa fonte principal e directa de coñecemento para tales efectos. E facemos este camiño da man sabia e xenerosa de persoas cuxas colaboracións teñen en común servir, con eficacia, a desfacer a tríade perversa e a revelar o potencial do exemplo e do pensamento de Castelao para reforzar no presente a dignidade colectiva do pobo galego e para construír a Galiza libre do futuro.
21,00 € 21.0 EUR
SEMPRE EN GALIZA - Escolma posible - Castelao
Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950 traendo aos lectores e lectoras do século XXI moitas destas obras que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade. Neste cuarto volume, Sempre en Galiza, escolmado por Henrique Monteagudo e con limiar de Xosé Manuel Dasilva.
22,00 € 22.0 EUR
CASTELAO, DESTA TERRA E DESTE TEMPO - Manuel Rei Romeu
Esta obra ofrece unha imaxe integral e sen deturpacións dun referente imprescindíbel para a Galiza de hoxe. Ao longo desta monografía o autor fai un percorrido lineal pola obra artística e polas chaves ideolóxicas do pensamento de Castelao, esclarecendo que non está o artista confrontado ou illado do político nin o político á marxe do artista, como ben el mesmo se encargou de advertir en innúmeras ocasións. Hai sintonía de intereses e obxectivos entre ambas as facetas.

Nun momento en que o poder se esforza por estender a imaxe dun Castelao light, rebaixado nos seus presupostos ideolóxicos fundamentais, reducíndoo a “artista xenial” ou a unha especie de santo galeguista, é preciso coñecer e divulgar o Castelao auténtico, artista, caricaturista, pintor, escritor, pensador e dirixente político nacionalista, o home que colocou a súa vida e a súa obra ao servizo do pobo galego. Porque a súa obra e o seu pensamento continúan tendo plena vixencia e utilidade para construír a Galiza que el soñou, libre e dona do seu destino.
17,00 € 17.0 EUR
SEMPRE EN GALIZA - Castelao
Este libro es un amplio tratado que recoge los problemas económicos y territoriales más importantes de la España de las Autonomías ante el umbral de la nueva Europa del siglo XXI.El libro se estructura básicamente en tres partes. En la primera se ofrece una síntesis de la evolución doctrinal de la ciencia regional, las teorías del crecimiento regional y los modelos de desarrollo local y de localización industrial. En la segunda parte se analizan las disparidades regionales de la economía española en el contexto de la UE tanto por Comunidades Autónomas como por grandes espacios territoriales. Y, en la tercera parte, se estudian detenidamente las diferentes vertientes de las políticas regionales en España.

5,77 € 5.7700000000000005 EUR
11,70 € 11.700000000000001 EUR
COUSAS DA VIDA - Vellos- CASTELAO
Os vellos de Castelao son os depositarios da sabedoría do refraneiro, que vale tanto como dicir a sabedoría acumulada polos homes ao londo da súa vida.
15,50 € 15.5 EUR
MILICIANOS POR CASTELAO - Frente Popular Antifascista Gallego
Láminas debuxadas por Castelao en New York no 1936.
11,70 € 11.700000000000001 EUR
COUSAS DE NENOS - Castelao
A obra de Castelao tivo moi presente a mirada dos nenos e das nenas. Esta mirada sobre as cousas da vida que aos adultos lles escapa e que os máis novos si son quen de advertir. As cousas dos nenos e das nenas, tamén as dos seus compañeiros de xogos, de alegrías e de penas, os animais, están presentes en cada unha das páxinas deste libro, onde o Castelao de sempre chega de novo ás vosas mans.
12,40 € 12.4 EUR
COUSAS DA VIDA (NENOS) - Castelao
Nos debuxos de Castelao, os nenos foron sempre tratados cun exquisito coidado formal.
15,50 € 15.5 EUR
ALFONSO R. CASTELAO, A FORXA DUN MITO - Henrique Monteagudo
Con este traballo, Henrique Monteagudo aspira a contribuír ao reforzamento da memoria colectiva da cidadanía galega mediante a divulgación do coñecemento dunha figura central na nosa historia contemporánea, en campos tan diversos como o pensamento, a política, as artes plásticas, a literatura e a defensa e ilustración do idioma. Ao tempo, ponse de vulto a súa achega fundamental á forxa de Galicia como nación, á reivindicación do seu autogoberno e dos intereses das clases populares, ao desenvolvemento da súa cultura nun paradigma de normalidade e modernidade e á configuración dun imaxinario colectivo, dunha identidade propia, amplamente partillada polo conxunto do país. A vida e a obra de Castelao, indisolublemente ligadas, fixeron del un mito popular que comezou a forxarse en vida, especialmente durante os durísimos anos do seu exilio, nas comunidades galegas da diáspora americana.
18,50 € 18.5 EUR
CASTELAO - Segundo Rañolas
Esta é unha biografía de Castelao un pouco diferente das que estamos afeitos a ler, pois a autora tivo a brillante idea de pedirlles aos personaxes creados por Alfonso Daniel que a axudasen a contar algúns detalles da súa vida. Porque, no fin de contas, estes personaxes viviron moi de preto os pasos do grande escritor, debuxante, político e pensador de Rianxo.
Así foi como Rañolas, Peito de Lobo, Pimpinela, o esquelete, Melchor e algún outro acudiron á chamada de Marilar Aleixandre. Pero estes personaxes ás veces non conseguiron poñerse de acordo, porque cadaquén tiña a súa particular idea de Castelao. Tras moito teimar, a autora logrou que lle contasen unhas poucas lembranzas que lle permitisen rematar o libro que tedes nas mans e acceder á vida dun Castelao do que nunca oirades falar deste xeito, a través dos personaxes creados por el. Seguro que despois desta lectura decidiredes acudir aos seus libros e saber máis del.
14,50 € 14.5 EUR
A VIDA INCERTA - Montse Fajardo
A maioría da xente non sabe como se chamaba a muller de Castelao, e entre a xente que si o sabe, prevalece a idea errónea de que Virxinia Pereira Renda -que así se chamaba- non era mais ca unha señorita conservadora, relixiosa e algo superficial da Estrada. Como moito, xorde a abnegada enfermeira e compañeira do home no exilio que si era, pero hai máis. Esa imaxe deixaba atrás outras facetas dunha muller que permaneceu rexa durante o tempo en que padeceu os rigores do exilio coa mesma intensidade que Castelao, e aínda así puxo por riba de todo a defensa dos valores galeguistas, republicanos e antifascistas que pode que lle trasmitise el, pero que ela asumiu coma propios e defendeu ata o final da súa vida.
9,95 € 9.950000000000001 EUR
ARREDOR DE CASTELAO no século XXI - Mª Pilar García Negro
Castelao compuxo o mellor painel de coñecemento histórico, social, artístico, legado polo contemporaneidade. Sen a súa achega, a representación da Galiza estaría moito máis fragmentada e oculta. Representa, a súa obra artístico-literario e o seu pensamento e actividade política, un auténtico antídoto contra o minifundismo, porque nos significou e nos universalizou a través de espellos non falsificados. É proba do que dá de si o povo galego, cando a vontade de existir autonomamente se traduce en práctica social e cultural, e el propio contribuíu a exhibilo, a facelo certo.
19,95 € 19.95 EUR
CASTELAO - Titoán - Inacio e Iván Suárez
Neste volume da excepcional serie biográfica sobre Castelao, cando este acaba os seus estudos de medicina e volve a Rianxo provoca, sen querelo, a ira dun veciño ao deseñar un cabezudo para as festas. Xusto nesa época, en que comezan a conformarse algúns dos seus ideais políticos, casa con Virxinia.

O xurado do Premio Castelao cualificouna como «unha achega adulta a un personaxe histórico, a través dunha narrativa medida e axustada, que funciona á perfección».
12,00 € 12.0 EUR
EMILIA PARDO BAZÁN E GALICIA - José María Paz Gago
Emilia Pardo Bazán amou Galicia apaixonadamente, entregándose en corpo e alma á súa terra, con toda a forza do seu xeneroso corpo e con todos os folgos do seu espírito magnánimo. Reflectiu esa paixón polo país ao longo de toda a súa extensa obra literaria, ensaística e xornalística, universalizando as nosas grandes urbes marítimas e as pequenas vilas mariñeiras, os nosos profundos vales e fermosas rías, toda a tipoloxía humana e a morfoloxía natural, a paisaxe e a paisanaxe galegas. Prestou particular atención, como modelo do seu adiantado feminismo, á labrega galega, exemplo de muller empoderada.
Coincidindo co seu centenario (1921-2021), faise necesario reafirmar a condición galega da autora de Los Pazos de Ulloa e o seu compromiso irrenunciable coa terra que a viu nacer e que ela contribuíu a dar a coñecer en Europa e en América. Nas súas novelas e contos foi quen de converter a realidade galega do seu tempo en mito universal, como farán Rosalía e Curros, Valle, Castelao, Cela, Torrente ou Cunqueiro.
Non se cinxe só á súa cidade natal ou á veciña Sada onde tiña a súa residencia estival; a cabeza e o corazón de Emilia Pardo Bazán abranguen Galicia enteira, dende as Mariñas coruñesas ata a comarca do Ribeiro do Avia e o Miño, dende Santiago de Compostela a Celanova, as Rías Baixas e as Rías Altas. Como afirma axeitadamente Ramón Villares, nada de Galicia lle era alleo, e iso reflíctese tanto no conxunto da súa obra como na realidade da súa vida.
A escritora coruñesa participou activamente no movemento rexionalista galego, ao que fixo importantes achegas, pero o seu rexionalismo é esencialmente cultural e literario, non político. No seu pensamento, Galicia é unha terra privilexiada e diferente dentro da gran nación que é España. Chegou a recoñecer para Galicia a condición de nacionalidade, pero advirte que o protonacionalismo rexionalista pode levar ao separatismo, que ela rexeita abertamente.
24,00 € 24.0 EUR
CASTELAO É NOSO - X.L. MÉNDEZ FERRÍN
Este breve volume reúne parte da obra
ensaística dispersa de X. L. Méndez Ferrín
na que aborda o pensamento político
de A. Daniel Rodríguez Castelao. O eixo
aglutinador é a crítica á apropiación da súa
figura por quen actúa en contradición co
que Castelao fixo e deixou escrito.

Castelao é noso reúne os ensaios que Xosé Luís Méndez
Ferrín dedicou á ??igura política de Castelao dentro
da súa coñecida serie de artigos «No Fondo dos
Espellos» (publicada no Faro de Vigo entre 2007
e 2020). En total, trece textos aparecidos entre
2014 e 2019. Entre eles, a serie completa (en sete
entregas) dos que titulou como «Castelao é noso»,
recollendo así un verso dun coñecido poema de
Celso Emilio Ferreiro.
A presente edición, supervisada polo propio autor,
está ao coidado do catedrático de Lingüística Xeral
da Universidade de Vigo Fernando Ramallo,
quen afirma no limiar: «A clarividencia coa que
Ferrín reflexiona sobre a actividade política
de Castelao permite achegármonos a unha
mellor comprensión dos acontecementos que
singularizaron a loita pola liberdade dunha etapa
fundamental da nosa historia recente».
No texto, no que Ferrín percorre a súa memoria
persoal e activismo político dende 1953 ata
a actualidade, afirma o autor: «Castelao é dos
demócratas, dos nacionalistas e dos antifeixistas. É
dos republicanos. Sobre todo é dos que manteñen
a memoria dos que sufriron e dos que perderon na
Guerra Civil, coma el. Castelao é dos que resistiron o
oprobio ao longo de corenta anos e máis».
13,90 € 13.9 EUR
O EXILIO DE CASTELAO - Bieito Alonso
De entre as miles de páxinas dedicadas a estudiar as facetas artísticas, literaria, humanista, social, moral ou mesmo política de Castelao, semella que unha lousa indelébel foi ocultando o seu intenso labor no exilio.

Aínda hoxe, tantos anos despois, esa xeira alimenta pudores e prevencións, comprensíbeis entre aqueles que quixeran dar por finiquitado o compromiso ético e político de quen fora Presidente do Conselo de Galiza.

Este libro trata con outra mirada ao Castelao do exilio, recoñecendo nel un direixente político nacionalista, republicano e progresista que nos trasladou unha mensaxe nidia e contundente: Galiza é unha nación e os límites da sua soberanía só pode determinalos o pobo que lle dá sentido.
5,00 € 5.0 EUR
G - Diego Cousillas Novo
Greguería, haiku, caligrama, poesía concreta, soneto visual, poesía tipográfica, experimentación.. Cousas... Con permiso de Castelao. É do que se compón G, título que fai referencia a Greguería, pero tamén a Galego, a matería coa que está feita a obra. A expresión concreta do idioma representada por unha letra que se converte en homenaxe ao dicionario, ese libro escrito sen Grandes palabras, sen maiúsculas, pero que dá entrada a todas as voces, ao H mudo e aos sons excluídos pero non inexistentes na lingua: Y, J, K, W. Un "G" con ou sen G "H" eada e o seu séquito alfabético que aquí se ordena a modo de particular abecedario para enumerar as seis partes do libro:

"G" de Greguería, de Galego e de Ghaliza.
"H" de Haiku e de Horizonte.
"Y" de Yin-Yang e Ye-Ye ou viceversa.
"J" de Jaiku Jam sesión Jazzzzzz
"K" de Kún de Hai-Kú, de Kamikace e de Kamiño.
"W" de VVisual ou Wisky, unha invitación a ver dobre.
14,95 € 14.950000000000001 EUR
SEMPRE EN GALIZA - Castelao
No ano 1944 publicábase en Bos Aires a primeira edición de Sempre en Galiza. O libro que mellor condensa a historia e as esperanzas de toda unha nación vía a luz no exilio hai agora sesenta anos. A obra de Castelao é unha colección de ensaios nos que a historia, a cultura, os problemas e a identidade de todo un país abrollan proxectándose cara ao futuro. Desde a súa publicación, o libro no que se recolle o pensamento de Castelao continúa a estar vixente para toda a sociedade galega precisamente pola forza das súas conviccións, a valentía para expresalas e a gran capacidade do autor para transmitir as ideas.

Símbolo da cultura e do país galego, Sempre en Galiza representa os anceios dunha nación que se quere situar a carón doutras culturas e en igualdade co resto dos pobos.
25,00 € 25.0 EUR
OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE - Castelao
Os vellos non deben de namorarse é unha excelente mostra das ideas e das capacidades teatrais de Castelao, que logrou plasmar nesta peza un mundo escénico no que a tradición popular galega avivece en contacto coas tendencias renovadoras do teatro europeo. Pedra angular da literatura dramática galega, a popularidade desta fermosa obra non deixou de medrar desde a súa estrea en Bos Aires no ano 1941. Chega agora esta versión dentro da Edición do cincuentenario, ilustrada coas láminas en branco e negro e en cor elaboradas polo propio Castelao.
16,85 € 16.85 EUR
NARRATIVA E TEATRO - Castelao
La narrativa y el teatro completo de Castelao, acompañados de las ilustraciones realizadas por el propio autor para cada libro. Alfonso Rodríguez Castelao es una figura sin la cual no se puede comprender la significación de Galicia contemporánea. Su obra escrita, ampliamente diversificada en distintos géneros -narrativa, teatro, ensayo, pensamiento, discurso, articulos de prensa, correspondencia- nunca disoció arte de compromiso, ética y estética, entendiendo la obra artistica como un vehículo de concienciación y afirmación de la identidad de un pueblo.
16,00 € 16.0 EUR
OS MESTRES MORTOS DE AQUEL VERÁN - Narciso de Gabriel
Os principais protagonistas deste libro son dez homes e dúas mulleres. Ábrese con María Vázquez Suárez, mestra compostelá destinada en Miño, asasinada polos fascistas nunha praia deste concello o 19 de agosto de 1936, e remata con Francisco Ponzán Vidal, mestre aragonés destinado en Camelle (Camariñas), asasinado polos nazis nun bosque próximo a Toulouse o 17 de agosto de 1944. Entre unha e outro figuran Rafael Fernández Casas, Jesús Álvaro López Brenlla, Mercedes Romero Abella, Rafael Pardo Carmona e Fernando Barcia Veiras, Manuel Rodríguez Castelao e Xosé Losada Castelao, Arximiro Rico Trabada, Víctor Fraiz Villanueva e Ramón Amadeo Figueroa Vilachá.
23,65 € 23.650000000000002 EUR
CASTELAO - O pobre tolo - Inacio e Iván Suárez
Primeira entrega de oito, esta serie aborda a biografía do intelectual e político Daniel A. Rodríguez Castelao. Excelentemente ambientada e documentada, sinxela e ao tempo narrativamente ambiciosa, este tratamento da vida dunha das grandes figuras na cultura e a historia galega non ten precedentes en dimensión e calidade.

Neste volume da excepcional serie biográfica sobre esta gran figura da cultura e da historia galega coñecemos un Castelao no desterro político, exercendo de funcionario en Badaxoz, en 1934. Alí coñece outros galegos e interésase pola situación social en Estremadura. Vivindo entre a morriña e as escapadas a Portugal, nunha das súas viaxes atopa un libro que marcará a súa vida nese momento, unha etapa fundamental para entender moitas das súas ideas.
12,00 € 12.0 EUR
CASTELAO - Máis alá - Inacio e Iván Suárez
Terceira entrega da serie «Castelao». Durante a Asemblea de Monforte das Irmandades da Fala, Castelao recibe o encargo de recoller nun artigo para a revista Nós a experiencia da súa viaxe por Europa. Isto levarao a rememorar a súa estadía de 1921 en París coas súas continúas visitas aos museos, e os seus encontros co filósofo Bergson, o pintor Corredoira e o músico Manuel Quiroga, entre outros, a través dos cales poderemos ver algúns dos seus posicionamentos éticos e estéticos, ao mesmo tempo que se amosa a súa vida cotiá na Pontevedra daquela época.
12,00 € 12.0 EUR