UN MONTE TODOS OS MONTES - AZUL MAIS VERDE COOP. - AUTORÍA COLECTIVA

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/3874/image_1920?unique=8ddbcb0
(0 reseña)

Un monte todos os montes concíbese como unha “publica-acción” para o pensamento e a acción colectiva. Impulsada por Azul mais Verde Coop. co apoio e financiamento da Fundación Daniel y Nina Carasso, reúne voces, prácticas e saberes situados que dialogan arredor do monte como espazo cultural, político e comunitario en Galicia. A través dunha escrita plural -que incorpora diferentes formas da lingua galega en diálogo co portugués- e dun ensaio visual, o libro articula un dispositivo colectivo que pon en relación experiencias, memorias e metodoloxías vinculadas ao monte en distintos territorios. O propio libro, na súa forma e materialidade, desde a edición e o deseño, ensaia unha práctica de biodiversidade, incorporando unha composición aberta de escalas, ritmos e disposicións que o lector percorre como experiencia. Constrúese desde o encontro entre investigación e prácticas situadas —entre a investigación-acción, a creación artística, a mediación cultural e o traballo comunitario— en relación co territorio e en diálogo con estratexias de gobernanza do monte.

16,00 € 16.0 EUR 16,00 €

16,00 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.