RASTROS - Carlos Lixó

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/3398/image_1920?unique=ece99c8
(0 reseña)

Unha muller do Paleolítico discute co seu clan se un bebé sen pelo merece vivir. Un cabaleiro franco redacta unha doazón solemne para lle asegurar a casa, as vacas e unha pedra milagreira ao home a quen ama. Un mozo de hoxe, en Santiago de Compostela, busca sexo sen preservativo baixo a protección química das pílulas mentres tenta persuadirse de que o medo tamén pode ser un sistema filosófico En Rastros, Carlos Lixó percorre milenios e xeografías para construír unha arqueoloxía imaxinaria do desexo. Convértese nun falso editor de documentos -cartas feudais, actas inquisitoriais, crónicas de conquista, lendas, diarios contemporáneos- percorridos por un mesmo fío invisible: a violencia normativa sobre os corpos desviados e a maneira en que a historia os ordena e os castiga. Cada un dos relatos que compoñen este libro é unha peza autónoma e ao mesmo tempo unha cámara dun único arquivo imposible e asombroso. Cunha prosa afiada e brillante, sen concesións nin solemnidade, o autor propón un xogo serio no seu extraordinario debut na narrativa: volver ler o que sempre estivo escrito para procurar aquilo que preferimos non ver.

18,00 € 18.0 EUR 18,00 €

18,00 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.