QUERIDA MORTE RACHADA - Latife Tekin

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/3781/image_1920?unique=797ea89
(0 reseña)

Querida morte rachada abriu en 1983 unha fenda luminosa na literatura turca. Con ela, Latife Tekin converteu o realismo máxico nunha lingua propia para narrar a ferida da emigración e a beleza teimuda da supervivencia. A familia Aktas, arrancada da súa aldea e empurrada ao arrabales de Estambul, avanza entre sombras e revelacións mentres Dirmit - a filla máis nova- transforma o mundo qeu a rodea nun tecido onde o real e o imposible se entrelazan sen costura.
Nos seus ollos a pobreza convértese en mito, a cidade en criatura viva, e a memoria rural en canto que resiste a desaparecer. Os contos de fadas, as cancións populares e o folclore anatolio non son só ecos do pasado: son a materia coa que Dirmit ergue un territorio íntimo, un refuxio onde a dor se volve símbola e a esperanza, presaxio.

19,95 € 19.95 EUR 19,95 €

19,95 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.