OS DÍAS FELICES DE BENVIDO SEIXAS - Eduard Velasco

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/849/image_1920?unique=750d14f
(0 reseña)

Bienvenido queda sen tabaco e acaba nun centro sociocultural contrario aos seus intereses de clase. Un home coma el nunca entraría nun sitio coma ese, pero tampouco acabaría pasando a noite con Mariña, a camareira activista que lle serviu a primeira copa de moitas. Desenfreados pola paixón, durante un ano viaxarán por Galicia (das Rías Baixas ao Courel), explorarán os límites dos corpos e as fronteiras das súas conviccións e xogarán coas identidades ata transformárense en persoas insospeitadas nas súas vidas anteriores, para incomprensión e hilaridade do seu círculo máis próximo. Pero quen non estaría disposto a traizoar a memoria familiar para seguir a chamada do desexo?
" Os días felices de Benvido Seixas " é unha novela retranqueira, irónica, divertidísima, que enreda cos tópicos da cultura galega para facer un brinde a favor do humor.

19,50 € 19.5 EUR 19,50 €

19,50 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.