O PEQUENO LEÓN - Jacques Prévert e Ylla

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/3242/image_1920?unique=66bd426
(0 reseña)

Un relato entrañable e comprometido narrado coa mestría de Jacques Prévert e a mirada única da gran fotógrafa Ylla.

Na Casa de Feras o cachorro de león soña coa selva, da que a súa nai tanto lle falou. Tras lograr a súa liberdade, comeza unha trepidante aventura para explorar o mundo na que descubrirá que a vida cos humanos non é o que el buscaba. De volta na casa, contaralle ao seu irmán máis novo as súas vivencias con certas doses de imaxinación porque ?a vida das plantas, das persoas e dos animais está feita de realidade, pero tamén de marabillosos segredos, de imaxinación e de verdades inventadas.?

Así termina ?O pequeno león?, un clásico publicado en 1947 froito da colaboración da fotógrafa Ylla e o poeta Jacques Prévert. Un canto á liberdade, ao amor e á natureza; un relato audaz e comprometido que superou o paso do tempo e que formula interesantes reflexións sobre o comportamento humano e animal. Kalandraka recupera por vez primeira no noso país o texto íntegro censurado no momento da súa publicación, nunha edición que permite valorar o traballo excepcional de Ylla, unha das grandes figuras da fotografía de entreguerras xunto co gran poeta francés Jacques Prévert.

16,50 € 16.5 EUR 16,50 €

16,50 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.