O DERRADEIRO GIMLET - Diego Ameixeiras

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/4483/image_1920?unique=88fe094
(0 reseña)

Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de po?er a cabeza en orde. Bebe demasiado, leva mal unha ruptura de parella e na Comisar¡a a¡nda se comenta o incidente violento que mantivo co inspector xefe. O seu destino é unha aldea costeira na que un compa?eiro da Brigada lle deixa unha casa onde se aloxará nas seguintes semanas, mentres o inverno insiste en recruar con intensidade. Todo vai ben durante os primeiros d¡as. Amador esfórzase por manter unha rutina ordenada, goza da soidade correndo pola praia e revisa os erros cometidos no pasado. Pensa que axi?a regresará á cidade convertido nun polic¡a distinto, a salvo dos seus impulsos. Pero as cousas cambian cando co?ece a Lola e Ismael, dous enigmáticos habitantes da zona, que o arrastrarán a tomar unha decisión insospeitada.
Con homenaxes ao fatalismo de James M. Cain e ao romanticismo de Charles Williams, «O derradeiro gimlet» presenta unha historia onde se entrecuzan crime, desexo e amoralidade nun medio natural inquietante. Escrita con aromas de «noir» clásico e guiada pola mellor tradición do xénero.

18,50 € 18.5 EUR 18,50 €

18,50 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.