MORGANA EN ESMELLE - Begoña Caamaño

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/3253/image_1920?unique=0f4dfa9
(0 reseña)

A chegada de Morgana altera a aparente serenidade coa que Merlín vive no bosque de Esmelle. A amante de Artur entra na casa de Miranda en procura de respostas á súa infelicidade. Coa súa dor e coas lembranzas de Merlín vaise tecendo o fío da memoria ata descubrir as razóns últimas da ruína de Avalon e da caída de Camelot. Morgana en Esmelle é unha reflexión en torno á responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos. Un debate sobre a necesidade de adoptar compromisos incómodos e implicarse nos momentos históricos. Sacrificada na loita entre dúas concepcións do mundo, Morgana interróganos sobre a lexitimidade das nosas razóns; mais, acaso a súa condición de vítima faina máis inocente Unha novela que reescribe o mito cunha ollada contemporánea.

19,50 € 19.5 EUR 19,50 €

19,50 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.