MAR, INDUSTRIA E SOBERANÍA ALIMENTARIA - Gonzalo Rodríguez

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/1547/image_1920?unique=f8dd400
(0 reseña)

A pesca como sector de actividade económica que produce pescado foi e é motor de crecemento económico galego. Gonzalo Rodríguez achéganos, como experto coñecedor, aos escenarios en que se desenvolve esta actividade: a pesca extractiva, a piscicultura mariña, a produción mitícola, o subsector marisqueiro, os procesos de produción de conxelado, a industria transformadora de novas presentacións do produto pescado, a conserva clásica e, por suposto, a actividade comercializadora na UE e no resto do mundo. A pesca galega completa de inicio a fin o conxunto de procesos que van desde pescar até producir pescado como alimento distribuído e faino de forma sustentábel, innovadora e rendíbel. Producir pescado é ser capaz de contribuír á soberania alimentaria e a pesca galega realiza con éxito sostido esta actividade.

15,60 € 15.6 EUR 15,60 €

15,60 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.