INDIANA - Amantine Aurore Dupin

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/2104/image_1920?unique=b3ce5f2
(0 reseña)

Indiana (París, 1832) é a primeira novela que Amantine Aurore Dupin escribe baixo o pseudónimo de George Sand, onde denuncia as condicións de vida das mulleres casadas en Francia ao longo da primeira metade do século XIX. A autora crea, con audacia, a personaxe de Indiana, unha fermosa rapaza crioula, arredada dos estereotipos, e, a través da súa historia, aborda temas tabú e inmorais naquel intre, coma o adulterio e o desexo feminino. Á parte de cuestionar o modelo do matrimonio convencional e explorar os temas do amor, a liberdade e a emancipación feminina, George Sand ofrece un estudo da sociedade e os costumes da súa época, ademais de retratar o contexto histórico e político da convulsa Francia do momento, que combina cunha intriga sentimental. O seu estilo recorre a unha linguaxe poética na descrición das paisaxes e as emocións, ademais de dotar os personaxes de gran profundidade psicolóxica.

23,40 € 23.400000000000002 EUR 23,40 €

23,40 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.