FANECA BRAVA - Manuel Portas

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/241/image_1920?unique=373a3a0
(0 reseña)

A prima Concha é unha muller singular. Homes singulares sempre os houbo. Algúns chegan a ser recoñecidos por esa singularidade. No caso das mulleres —se cadra non, seguro—, o recoñecemento é para moi poucas. A vara de medir non é a mesma. Mais elas están aí, Concha está aí.
Só de cando en vez, a vida anónima dunha muller coma ela sae á luz e eríxese, grandiosa, na afirmación da súa rebeldía. A familia Pereira, o clan de Concha, asentara a súa identidade na gran mentira das aparencias. Unicamente Fernando esculcou a verdade da súa curmá.
A historia da Faneca non é das que se escriban con pomposas letras maiúsculas, mais fica aquí para quen a queira ler. Pode non só ser novela. Mais, iso, que máis ten…

21,50 € 21.5 EUR 21,50 €

21,50 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.