TEATRO COMPLETO - Luisa Villalta
Henrique Rabuñal estuda e edita a obra dramática de Luísa Villalta, incluída a peza inédita Os pasos contados. O teatro ocupa un lugar moi relevante na súa biografía. Lectora e espectadora de teatro, estudosa do Hamlet de Cunqueiro, editora e tradutora, cómplice de autores e autoras, actores e actrices.
O seu teatro evoluciona desde o simbolismo e expresionismo a textos onde o feminismo, e tamén a ollada crítica sobre a sociedade, están moi presentes e seguen a ser actuais.