AS BENFALADAS - María Xosé Porteiro
Esta obra, escrita en clave feminista por María Xosé Porteiro, comeza cun prólogo de Priscila Retamozo, politóloga.
Para poder falar ben é preciso, en primeira instancia, poder falar, algo que as mulleres tiveron prohibido durante séculos, cando menos, desde que hai testemuños escritos. No decurso de As benfaladas, publicado na colección Feminismos de Editorial Galaxia, reflexiónase sobre esta circunstancia e propóñense alternativas para acelerar o proceso de normalización equitativa e civilizador que supón respectar e propiciar o acceso da voz e do pensamento feminino á sociedade, entendido como necesidade perentoria para combater a violencia simbólica que padece.
Unha publicación que xa está en todas as librarías de Galicia e que nos convida a reflexionar.