EU SON O MONTE - Sara Guerrero

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/1531/image_1920?unique=2d8e2da
(0 reseña)

En aparencia, o monte non é completamente hostil, non é unha selva. Nel asexa un tipo de vida que, sendo parcialmente allea, tamén nos é propia. O monte seméntano, cóidano e chapódano os seres humanos.
Sara Guerrero conta neste libro, ao tempo fami­liar e inhóspito, a chegada dunha parella a unha aldea galega. Regresan á casa semiabandonada dos devanceiros, forman parte dos que logo de xeracións volven de América. ¿Que os agarda? ¿Como afastar a desconfianza dos veciños e anoar outra vez vencellos? ¿É posible sobrevivir sen traballo nin recursos?

Cun xeito de narrar directo e xenuíno, sen esquivar verdades, a autora acada os matices delicados da proximidade mais tamén os desa aspereza que asoma por tras da literatura de cerna, a da xente iner­me, sen coiraza, aberta ao mundo.

Velaquí un libro que raña coma as silvas e tamén é doce coma as amoras, unha narración ás veces estremecedora, ás veces balsámica. O relato dunha muller que noutro país —no noso país— consegue atopar tamén o seu.

12,00 € 12.0 EUR 12,00 €

12,00 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.