QUE FAI O MOSQUITO POR NÓS? A biodiversidade a clave da vida humana - Frauke Fischer e Hilke Oberhansberg
Atendede ben: sen mosquitos, ídevos esquecendo do chocolate! A natureza é unha rede en que cada organismo desempeña unha función esencial. Non hai especie que non dependa doutra, e os seres humanos non iamos ser a excepción. Sen a diversidade da natureza non dariamos sobrevivido: sen insectos non habería froita, sen microorganismos non habería humus? e, o dito, sen mosquitos non habería chocolate.
Para que iso non pase, este libro, Premio Alemán de Comunicación Medioambiental en 2021, preséntanos, con humor e claridade, o mundo fascinante dos animais e das plantas, que nos agasallan alimentos, seguridade, saúde e moito máis, e amósanos que debemos facer para deter? aínda estamos a tempo!? a sexta extinción masiva.