O INCREÍBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS - Oliver Jeffers
Un día Henry decidiu comer unha palabriña… logo unha folla e logo un libro. Foise facendo máis e máis listo ata que, ehem… descubriu que igual comer libros non é a mellor maneira de aprender. Crítica e enfoque pedagóxico: Este é un libro sobre a animación á lectura e a relación entre as persoas e os libros. Descubre o gozo da lectura a través da viaxe de Henry polo mundo do coñecemento… e do brécol.