RECEITAS PARA COCIÑAR O AR - Pebablo Patinho
A miña avoa tamén era unha meiga. Ela lía moitísimo máis ca min. Tiña libros por toda a casa; andeis, caixóns, arquetas…; habíaos baixo da cama e incluso na cociña! Alí tiña libros nun alzadeiro cheos de feixes de herbas que recendían a marabilla. E foi alí onde, precisamente, lin o primeiro libro que me transformou: Receitas para cociñar o ar.