ESTRELAS GALEGAS NA CIENCIA (Unha historia de persoeiros e de achados asombrosos) - VV.AA.
Estrelas Galegas da Ciencia é un libro para nenos, ilustrado, de ton divulgativo e divertido, que pretende explicar a historia da ciencia feita en Galicia e a dos seus persoeiros e achados científicos máis significativos. Cando se crearon as universidades e centros galegos de investigación? Quen foron aqueles científicos e inventores máis sobresaíntes ao longo da historia? Cales foron os achados máis fascinantes? Nesta historia da ciencia contada a nenos, responderanse estas preguntas e moitas outras. Un libro necesario e sorprendente, para un público sempre curioso e con vontade de aprender o que non se atopa nos libros de texto.