O CABUCHÓN VERMELLO - Alejandro Otero Jamardo

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/506/image_1920?unique=da3146c
(0 reseña)

Novela de fición "esotérica" e de alento "histórico", a acción narrativa desenvólvese en dúas épocas que se imbrican e superpoñen: o curso universitario 1992-1993 en Santiago de Compostela e o século XIV, sendo arcebispo da cidade Santiago Suero Gómez, asasinado na Rúa da Balconada. Novela de "tramas" e historias -as vivencias dun estudante de Arqueoloxía, que compartilla piso en Compostela con tres amigos e membros da Estudiantina, e un grupo de buscadores de obxectos misteriosos e de poder oculto dirixidos por un catedrático de Historia Medieval-, campa sobre o relato a poderosa cruz de Santiago co cabuchón vermello, que pasa ás mans da familia dos Churruchao tras o coñecido popularmente como "crime da Balconada". O cabuchón vermello trata, en definitiva, das miserias e das ambicións desmedidas do ser humano, e explica o porqué dos abusos das elites para coa xente común, e como a loita interna contra os pantasmas dun mesmo é moi semellante á eterna teima contra os poderosos.

28,00 € 28.0 EUR 28,00 €

28,00 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.