Por unha compra superior a 50 euros gastos de envío gratis. 

Se hai algún libro que non atopas, conseguímolo!

CONTOS TRADICIONAIS (Bierzo, L. Lacana e Cabreira)
Estes CONTOS TRADICIONAIS, recollidos no Bierzo, na Ll.aciana e na Cabreira, e transcritos nas linguas en que foron transmitidos (galego e leonés), son unha mostra vivaz da riqueza lingüística e literaria destas terras. Para o seu maior espallamento tamén se acompañan da súa tradución ao castelán.
A este pequena antoloxía únea o mundo dos animais, verdadeiros personaxes de todos os contos.
Tanto a antoloxía, como a tradución ao castelán e a edición literaria foron realizadas polo maior coñecedor da literatura oral destas comarcas, Aquilino Poncelas.
15,00 € 15.0 EUR
CANTAREAS DO FARO - Miguel Anxo Romero e Leandro Lamas (inclúe CD)
Cantareas do faro é un libro-disco que contén unha ducia de poemas escritos por Miguel Anxo Romero, ilustrados por Leandro Lamas e musicados pola pianista Bárbara Mourelo.
20,00 € 20.0 EUR
MÁXICAMENTE VELLA ETERNAMENTE NOVA - Carlos Callón
Por que a túa tataravoa estaría contenta co Día das Letras de 2025. Que son as "recolleitas" que fascinaron a C. Tangana. Por que os Séculos Escuros tamén foron Séculos Radiantes. Que ten a cultura tradicional galega para abrir tanto os ollos de quen a descobre.
11,50 € 11.5 EUR
CANTAREIRAS - A poesía popular nas Letras Galegas 2025
Foron creadoras e transmisoras de arte e beleza malia a vida difícil que lles tocou vivir.

6,00 € 6.0 EUR
TACÓN, PUNTA, TACÓN - Anxo Iglesias
No universo, unha galaxia; nela, un sistema solar, un planeta, un continente, unha península e, na súa punta máis salgada, un recanto feliz. Un lugar onde os mexillóns non xogan ao béisbol e Doraemon ten gardado no seu peto máxico un chimpín. Alí poderás facer piragüismo, empanadas, beatbox... e mesmo cantar un gol! Un sitio distinto, de mulleres bravas e cabalos ao galope, onde caen chuzos de punta e contan os tacóns, hai troula a todas as horas e, no faro da fin do mundo, agarda por ti un solpor. E mentres, a poesía, chovendo versos, na súa tinta ou masterchof, que vén pra quedar, pra quedar, pra quedar... E as palabras, patas arriba, aturuxando e facendo equilibrios imposibles. Mergúllate nas páxinas deste libro: malo será que non descubras, antes ou despois, de que estamos a falar. Dígocho eu!
12,95 € 12.950000000000001 EUR
O POVO IMPROVISADOR - Aventuras sobre regueifa e poesía oral - Séchu Sende
Este livro está escrito mas fala de poesia oral. Fala de mistérios, aventuras e curiosidades do repente galego, um mundo cheio de oportunidades para mudar a realidade do século XXI com as vozes, as músicas e as palavras do povo.

Improvisar implica abrir caminhos novos, fugir dos tópicos, com criatividade e rebeldia. Porque se fizeres o que sempre fizeste terás o que sempre tiveste.
Este livro fala sobre umha capacidade que todas as pessoas possuímos e podemos desenvolver: a poesía.

O povo improvisador é umha reivindicaçom de que tu também podes ser regueifeira.

O povo improvisador transmite energia para mudar o mundo através das palavras.
16,00 € 16.0 EUR
TIMPARRANTELA - Se te quixen foi polos grelos (CD)
Unha das mellores novas no eido musical dos últimos anos en Galicia é a proliferación de bandas compostas por mulleres. Donas afoutas que agarran de clarinete ou de piano e cantan ao mundo como elas o entenden. Velaquí unha desas propostas. Un disco que percorre moitos vieiros, bebendo do tradicional e do folk pero tamén das charangas e desa música espontánea que nace cando hai gorxas dispostas a se unir nunha canción. Textos cheos de retranca e de empoderamento, de crítica e de amor, de luz e de sombras. Como é todo na vida. É unha declaración: se te quixen, foi polos grelos. Quen as escoite, vai querelas. Con ou sen grelos polo medio.

21,00 € 21.0 EUR
POESÍA E SOCIEDADE NO CANCIONEIRO POPULAR GALEGO - Dezaseis leccións - Xesús Alonso Montero
Cántigas hai que son faíscas sorprendentes de poesía, algunhas recolleitas por Rosalía, que non se resistiu a telas en conta como raíz íntima de fermosos e significativos poemas. En Poesía e sociedade no cancioneiro popular galego, Xesús Alonso Montero pon a atención en dúas dimensións das nosas composicións populares: no que teñen de artístico, de poético, e no que conteñen como documento sociohistórico, así como nos creadores e re-creadores anónimos populares, nunha gran maioría mulleres. Este estudo intenta mergullarse nos estamentos sociais subalternos que non só forxaron as cancións populares á luz do candil, senón que, re-creándoas ou non, nolas transmitiron ata os nosos días.
16,50 € 16.5 EUR
PANDEIRETEIRAS - VVAA
Pandeireteiras convídanos a un percorrido esencial pola traxectoria biográfica e artística das cantareiras que protagonizan as Letras Galegas de 2025. Representantes contemporáneas daquelas mulleres que inspiran a Rosaía de Castro á hora de escribir Cantares Gallegos, obra fundacional do Rexurdimento literario galego no século XIX.

Mulleres que nos albores do último cuarto de século XX marcaron novos camiños para a música popular galega. Voces cuxo legado está moi vivo aínda nos espectáculos de artistas e agrupacións do século XXI.
19,00 € 19.0 EUR
COPLAS ANALFABETAS - Antonio Tizón
Coplas analfabetas é un proxecto literario que afonda na tradición oral galega recuperando a forza das coplas como forma de transmisión da memoria e da identidade colectiva. Inspirado na figura de María Dominga Cordeiro García, madriña do autor, unha muller analfabeta, pero portadora dun vasto repertorio de cantigas populares, este libro busca dignificar a voz das persoas silenciadas pola historia.

A obra estrutúrase en dúas partes: «Coplas analfabetas e revolucionarias», que denuncia a inxustiza social, a desigualdade e o esquecemento das clases populares, e «Coplas de vida trala morte», cunha reflexión poética sobre o paso do tempo, a memoria e a transcendencia. No eido literario, a obra bebe da tradición rosaliana e conta cun limiar de Anxo Angueira. No que atinxe á musica, baixo a coordinación de Eugenia Sanmartín, reúne destacadas voces da escena galega, como Barahunda, Davide Salvado ou Carmen Penim, que adaptan as coplas á sonoridade contemporánea. No referido á parte plástica, a obra de cuberta e interiores pertence á pintora María do Carme Quinteiro Alonso.

Máis aló do seu valor estético, Coplas analfabetas é un proxecto de recuperación e posta en valor do patrimonio cultural galego, é un canto á memoria e á identidade, unha homenaxe á palabra transmitida de xeración en xeración e unha aposta pola cultura galega como espazo de creación, reivindicación e futuro.
20,00 € 20.0 EUR
CÁNTIGAS POPULARES - Dorothé Schubart e Antón Santamarina
A finais da década de 1970, Dorothé Schubarth e Antón Santamarina percorreron Galicia recollendo os cantares populares de tradición oral da boca dos seus intérpretes, que se reuniron nos sete volumes do Cancioneiro popular galego, o repertorio máis extenso da música popular de tradición oral galega, de onde se escolmaron estas Cántigas populares, agrupadas por xéneros e tipos: unha abundante colleita que vén enriquecer a nosa tradición cultural.
18,00 € 18.0 EUR
AS VELLAS DE MENS - José Manuel Fernández Pensado
Con motivo da concesión das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificada nas cantareiras, José Manuel Fernández Pensado (Manel de Aturuxo) achéganos un relato de primeira man das Vellas de Mens desde a perspectiva de quen as viu aparecer en 1972 e coas que conviviu artisticamente durante vinte anos, compartindo infinidade de vivencias con elas e as súas familias. Relátanos como foi posible que unhas mulleres labregas xa maiores se integrasen nunha agrupación folclórica por espazo de tanto tempo, quen eran, cal era a súa contorna, os seu devezos e o que significaron para o eido folclórico galego. O seu legado. Unha obra imprescindible para coñecer máis fondamente o noso folclore e unhas mulleres senlleiras neste ámbito.

14,50 € 14.5 EUR
OS XÉNEROS MUSICAIS TRADICIONAIS E POPULARES GALEGOS - Moisés Quintas e Victoria Pérez
Os xéneros musicais tradicionais e populares galegos consta de dúas partes complementarias. Por unha banda, un texto onde quedan clasificados de xeito didáctico os xéneros cantados, instrumentais, bailados e danzados da nosa terra, afondando nas súas características, momento da interpretación, finalidade… E por outra parte, un CD con 31 melodías escollidas dos nosos cancioneiros e de fontes vivas, que recompilan a maior parte dos xéneros musicais que se tratan no texto, incluíndo as súas partituras.
Unha viaxe no tempo para sentir o alalá na voz cálida de Uxía, que nos leva séculos atrás, a esa hora do serán onde as notas melancólicas do alalá falan da alma de Galicia, para escoitar un arrieiro solitario turrando pola besta na impoñente voz de Xisco Feijoó, o anguriante canto de cego ao son da zanfona na profunda voz de Tino Baz, ou mesmo melodías de gaita inéditas do gaiteiro Libardón, escoitadas na montaña de Lobeira.
O noso desexo é que te achegues, coñezas e desfrutes dos xéneros musicais tradicionais e populares da nosa terra a través destas páxinas e audios, e así, valorar e apreciar este gran legado musical que nos pertence a todas e a todos
35,00 € 35.0 EUR
CANTIGAS DA ULLA - Raiceiros
Recollida de coplas no Val do Ulla, 50 das cales foron publicadas acompañadas por ilustracións. Libro ‘Cántigas da Ulla’ Libro ‘Coplas ulláns’ Velaquí unha das composicións recollidas: Eu da Ulla ausenteime, a moi lonxe fun vivir. Sin os airiños da Ulla, eu non sei cantar, eu non sei vivir. Eu non sei cantar, eu non sei vivir, pasei o río chorando e suspirando, amor, por ti.
15,00 € 15.0 EUR