Por unha compra superior a 50 euros gastos de envío gratis. 

Se hai algún libro que non atopas, conseguímolo!

AS ESCUMAS DA LETRA (Bibliografía de Luisa Villalta) - Esperanza L. Mariño Davila
A teor do subtítulo do libro, na biografía, con sólidas raíces na cidade da Coruña e na súa prolongación atlántica, pódese percibir a evolución da escritora, a configuración da personalidade xunto coa forxa do compromiso social e político, nun vencello particular coa lingua e a literatura, mais tamén co ensino público e sempre con Galiza. Nunha liña de coherencia absoluta entre vida e obra, o volume componse de dúas partes, pois os aspectos biográficos compleméntanse co estudo da extensa obra literaria. Segundo unha cita textual da autora Esperanza Mariño, o feito de ser Luísa Villalta unha “escritora polifacética que desenvolveu os catro xéneros literarios -poesía, narrativa, teatro e ensaio- xunto coa tradución e o xornalismo sendo, ademais, prolífica, con certeza constitúe algo pouco habitual no mundo literario. Cómpre salientar unha faceta minimizada, como a do exercicio da crítica literaria que, a pesar de ter sido menos practicada, nela demostrou unha agudeza e precisión pouco usuais. Sen esquecer tampouco a cooperación na elaboración de manuais didácticos para o ensino secundario. As editoriais nas que publicou foron moi diversas, pero sempre se caracterizaron polo compromiso coa lingua e cultura galegas. Relacionado co anterior, estivo pronta a colaborar en publicacións periódicas ou volumes colectivos e mesmo en revistas en liña.” En conclusión, o estudo pormenorizado e global garante unha imaxe fidedigna e completa de Luísa Villalta, como ser humano e como artista, do mesmo xeito que corrobora a súa importancia para a lingua e literatura galegas e, por extensión, para a cultura, alicerzada na escolla para o Día das Letras de 2024.
20,00 € 20.0 EUR
A HISTORIA DE GRETA - Non es demasiado pequeno para facer cousas grandes - Biogr.
Para ser unha mañá de finais do verán en Estocolmo, o 20 de agosto de 2018 vai unha calor incrible na cidade. E segundo se oe na televisión, nos últimos meses as temperaturas foron altas, quizais a causa dos numerosos incendios en toda Suecia. Ese día, Greta Thunberg, que daquela tiña quince anos comezou a súa folga fronte ó edificio do Parlamento: os políticos non deben esperar máis, hai que facer algo para salvar o medio ambiente. É o primeiro #fridaysforfuture da Historia. Preparádevos para ler unha historia de esperanza, valor e determinación. Esta é a verdadeira historia de Greta Thunberg, mais tamén a de moitos outros nenos e nenas de todo o mundo dispostos a loitar contra o desinterese dos maiores, en nome dun futuro mellor. Nunca es demasiado pequeno para marcar a diferenza.
14,00 € 14.0 EUR
ROSALÍA DE CASTRO, ESTRANXEIRA NA SÚA PATRIA - Francisco Rodríguez
No 2010 cumpríronse 125 anos da morte de Rosalía . Todo o que se fixo , e no foi pouco con tanta indiferenza e mal disimulada hostilidade oficial , foi á iniciativa social , impulsado por sectores populares ou pequenas empresas conscientes do seu valor e da súa vixencia , coa axuda dalgúns concellos . Este libro hai que inserilo dentro do esforzo colectivo por nos facer conscientes do noso propio valor , neste caso do valor dunha obra literaria e dunha muller , Rosalia de Castro , que trascenden o campo da literatura por seren sintomáticas da aspiración e do dereito á existencia do pobo galego , e tamén dunha perspectiva da historia e do mundo xenuína e moi esclarecedora , imprescindíbel . Mantendo o rigor analítico e o manexo de fontes históricas abondosas , característicos do seu autor , é un texto de fácil , entretida e suxerinte lectura . De seguro que vai incitar a reler a obra rosaliana , nuns casos ; noutros , a lela na súa totalidade ; en moitos , a achegarse a ela por primeira vez con interese e devezo .
23,00 € 23.0 EUR
CARLOS NÚÑEZ - O comunista que non foi gaiteiro - Perfecto Conde
Carlos Núñez Rodríguez figura na memoria de moita xente, e nalgúns libros de Historia, como un esforzado militante comunista, nomeadamente nos anos do franquismo serodio, que tivo gran relevancia nos acontecementos da folga xeral viguesa de setembro de 1972, cando a cidade estivo condicionada polas mobilizacións obreiras. Mais na biografía de Carlos Núñez hai moito máis: desde as torturas do franquismo, o exilio en París e Moscova e a fundación do PCG, ata as súas innovacións municipalistas en 1979 e o 23-F.
Un percorrido biográfico da man de Perfecto Conde, quen, con habelencia, enfía unha conversa que non deixará indiferente a ninguén.
24,50 € 24.5 EUR
DESCUBRINDO ANA PONTÓN - Suso De Toro
Nesta obra, o escritor Suso de Toro segue os pasos de Ana Pontón, dende a súa infancia até a actualidade, dende aquela nena até esta muller que é observada por moita xente, desvelando a súa personalidade e o seu traballo diario. Trátase do retrato en movemento dunha persoa e dunha personaxe que resultan unha novidade para o noso país. Na súa voz destílanse as experiencias do nacionalismo galego, de xeracións de persoas comprometidas cunha causa que se visibiliza como froito dunha estirpe das mulleres galegas. Esta crónica de Suso de Toro acompaña a ilusión de centos de cidadás e cidadáns que ven en Ana Pontón a líder indiscutible que agarda gobernar Galiza como consecuencia dunha historia de resistencias e de afirmacións de liberdade; esa figura propia dun tempo novo en que as expectativas van da man dunha muller.
12,30 € 12.3 EUR
ÚNICAS - Historias desconocidas de mujeres extraordinarias - Alicia Vallina
Una ilustradora antifascista, la pasión femenina de Lorca, la fusilera que fue azote de los franceses durante la guerra de la Independencia, la mejor trapecista del mundo, la guerrera de Lepanto, las hermanas Sorolla, la creadora de la muñeca Mariquita Pérez, la cantante de ópera que pudo ser reina o la esclava que se convirtió en la dramaturga más importante del Siglo de Oro son solo algunas de las 50 vidas que recoge este libro. Los sufrimientos, luchas, esperanzas e increíbles gestas de todas estas mujeres que, con su visión talentosa, a veces compleja y silenciosa, y siempre polifacética, trataron de construir un mundo más igualitario a través de su excelsa capacidad y de su excepcional talento creativo.
20,90 € 20.900000000000002 EUR
O EXILIO DE CASTELAO - Bieito Alonso
De entre as miles de páxinas dedicadas a estudiar as facetas artísticas, literaria, humanista, social, moral ou mesmo política de Castelao, semella que unha lousa indelébel foi ocultando o seu intenso labor no exilio.

Aínda hoxe, tantos anos despois, esa xeira alimenta pudores e prevencións, comprensíbeis entre aqueles que quixeran dar por finiquitado o compromiso ético e político de quen fora Presidente do Conselo de Galiza.

Este libro trata con outra mirada ao Castelao do exilio, recoñecendo nel un direixente político nacionalista, republicano e progresista que nos trasladou unha mensaxe nidia e contundente: Galiza é unha nación e os límites da sua soberanía só pode determinalos o pobo que lle dá sentido.
5,00 € 5.0 EUR
O FILLO DA FURIA - Mamed Casanova
Inspirado na historia real de Mamed Casanova, Toribio. A cabalo entre os séculos XIX e XX, nunha Galicia en que as cidades comezaban a engulir o rural e en plena época de emigración, Mamed, lonxe de cumprir o seu soño de emigración para procurar éxito en América, refuxiouse nos montes para forxar a lenda do último bandoleiro clásico.

Unha apaixonante historia marcada pola acción e o dramatismo, acerca dun personaxe que foi condenado ao malditismo pola prensa da época e mitificado por escritores como Valle-Inclán ou Emilia Pardo Bazán.
13,50 € 13.5 EUR
A VIDA INCERTA - Montse Fajardo
A maioría da xente non sabe como se chamaba a muller de Castelao, e entre a xente que si o sabe, prevalece a idea errónea de que Virxinia Pereira Renda -que así se chamaba- non era mais ca unha señorita conservadora, relixiosa e algo superficial da Estrada. Como moito, xorde a abnegada enfermeira e compañeira do home no exilio que si era, pero hai máis. Esa imaxe deixaba atrás outras facetas dunha muller que permaneceu rexa durante o tempo en que padeceu os rigores do exilio coa mesma intensidade que Castelao, e aínda así puxo por riba de todo a defensa dos valores galeguistas, republicanos e antifascistas que pode que lle trasmitise el, pero que ela asumiu coma propios e defendeu ata o final da súa vida.
9,95 € 9.950000000000001 EUR
ROSALÍA EN FAMILIA - X.L. Méndez Ferrín
Rosalía de Castro en familia, no seu fogar. De primeiras, nai, pai, parella filla e fillo. Unha Rosalía revelada, inmensa. Ollamos para Ela desde a convinción da súa certeza, da súa palabra e do seu cantar.

A orixinalidade deste libro áchase na reflexión sobre a súa vida coa que Méndez Ferrín nos agasalla. Desde o nacemento ata o pasamento. Unha Rosalía familiar, unha muller engaiolante e inconfundíbel.
14,90 € 14.9 EUR
CASTELAO - Segundo Rañolas
Esta é unha biografía de Castelao un pouco diferente das que estamos afeitos a ler, pois a autora tivo a brillante idea de pedirlles aos personaxes creados por Alfonso Daniel que a axudasen a contar algúns detalles da súa vida. Porque, no fin de contas, estes personaxes viviron moi de preto os pasos do grande escritor, debuxante, político e pensador de Rianxo.
Así foi como Rañolas, Peito de Lobo, Pimpinela, o esquelete, Melchor e algún outro acudiron á chamada de Marilar Aleixandre. Pero estes personaxes ás veces non conseguiron poñerse de acordo, porque cadaquén tiña a súa particular idea de Castelao. Tras moito teimar, a autora logrou que lle contasen unhas poucas lembranzas que lle permitisen rematar o libro que tedes nas mans e acceder á vida dun Castelao do que nunca oirades falar deste xeito, a través dos personaxes creados por el. Seguro que despois desta lectura decidiredes acudir aos seus libros e saber máis del.
14,50 € 14.5 EUR
PÁJAROS AZULES - Un relato del sistema carcelario por Santi Cobos
Sí, me considero un superviviente. Porque durante muchos años tuve asumido que no sobreviviría a la cárcel. Porque he salido vivo de una guerra, a diferencia de la mayoría de mis compañeros. Por eso toda esta conversación, y la predisposición a dar testimonio allí donde me llamen. Dar testimonio es lo más valioso que puedo hacer. Denunciar todo lo que no pude denunciar durante aquellos años: el sistema carcelario, la impunidad de los carceleros, las torturas, todas las personas que se dejaron allí la piel como perros, y las que se la siguen dejando hoy en día. Este libro también es en su honor. Siento que tengo la opción de plantar una pequeña semilla de empatía hacia las personas presas, de conocimiento sobre lo que ocurre en las cárceles, de duda hacia el sistema de castigo basado en el encierro. A veces me preguntan, sobre todo en ambientes religiosos, “¿Les has perdonado?”; “Sí, por supuesto. Porque, como escribió Oscar Wilde, ‘Perdona siempre a tu enemigo, no hay nada que le enfurezca más’”. Y se parten todos de risa.
20,00 € 20.0 EUR
TRABAJO SUCIO - Eneko Olza
La calle le enseñó a resistir, y la cárcel le mostró la impiedad de la vida en los márgenes y el valor de la lealtad. Unai, el Dina, intenta rehacer su vida tras cumplir una condena por ser insumiso, prolongada por enfrentamientos dentro de prisión pero pronto se dará cuenta de que eso no va a resultar nada fácil y se verá obligado a tomar decisiones difíciles. El asalto a la mansión de un empresario poderoso parecía ser el golpe definitivo para dejar atrás un pasado marcado primero por la lucha callejera y después por la delincuencia, pero termina convirtiéndose en una trampa de la que parece imposible escapar. Traicionado y perseguido, Unai se ve obligado a buscar refugio en las pocas personas que aún le son fieles, compañeros en tiempos de militancia y lucha política en la convulsa Iruñea de los años 90. Trabajo sucio es una historia de alianzas frágiles y violencia, de amistad y resistencia, que muestra cómo las circunstancias extremas pueden torcer los ideales y transformar los principios en actos de supervivencia.
17,50 € 17.5 EUR
A HISTÓRIA DA LUZ (breve biografía política e conversa com Luz Fandiño) - Antom Santos
Luz Fandiño(Santiago de Compostela, 1931-2024) tornara-se nas últimas décadas da sua vida umha figura central na vida cultural, social e política da cidade que a viu nascer.
Dumha conversa da Luz com esta mocidade que a admirava, no extinto Grupo de Estudos da Fouce, parte o texto que serviu de pau para erguer este palheiro. O historiador Antom Santos contextualiza este relato de vida com os momentos históricos que a atravessárom: a infância na Compostela obreira de pós-guerra - e a geografía popular da mesma -; a emigraçom á Argentina do primeiro peronismo e ao Paris do Maio revolucionário; e o seu regresso á Galiza pós-franquista.
15,00 € 15.0 EUR
AVES TURQUESAS DA SOIDADE - Ramón Torrado Romero
Ramón Torrado Romero ignorou a súa innata timidez mentres escribiu no xa desaparecido xornal dixital Certo. A vida en Barbanza, os seus sentimentos ou a figura de Rosaía de Castro repican nos artigos que escribiu entre 2008 e 2014.

Pensamentos, vivencias e fascinacións dan conta neles dos intereses deste nostálxico profesor e escritor, especialista en admirar todas as formas de beleza que acompañan a existencia do ser humano.
18,00 € 18.0 EUR
NELSON MANDELA - O camiño cara a liberdade - Antonio Lozano
Hai un lugar no mundo onde se garda a memoria
de Nelson Mandela. É un museo que leva o seu nome
na aldea de Qunu, onde pasou a súa infancia. Alí traballa
como guía Sipho, o vello compañeiro do líder, que adoita narrar
aos visitantes do museo secuencias da vida de Mandela.
Ata alí chega un día o mozo Walter na procura das súas raíces
e con moitas preguntas por facer: por que os brancos de África
do Sur desprezaban os negros ata encerralos en guetos?
Por que un acomodado negro se rebelou contra a tiranía
dos brancos poñendo en perigo a súa propia vida?
Canto custa facer o camiño cara á liberdade?
13,00 € 13.0 EUR
EN BUSCA DE MARY SHELLEY - La joven que escribió Frankenstein - Fiona Sampson
Mary Shelley (1797-1851) fue criada por su padre, el escritor William Godwin, en un hogar frecuentado por los poetas, pensadores, filósofos y escritores radicales del momento. A los dieciséis años se fugó con el poeta romántico Percy Bysse Shelley, embarcándose en una relación que la llevó de Inglaterra a Europa y a una existencia marcada por las deudas, la infidelidad de su marido y la muerte de sus tres primeros hijos, antes de quedar viuda a los veinticuatro años, cuando Shelley murió ahogado en Italia. Lo más asombroso es que fue durante estos años de adolescencia y primera juventud cuando Mary escribió Frankenstein, novela canónica que ha creado dos de los arquetipos centrales de nuestra modernidad. Los datos de la vida de Mary Shelley son bien conocidos. Pero ¿quién fue la mujer que llevó esa vida? A su muerte nos legó multitud de escritos y documentos, lo que permite a la poeta Fiona Sampson revisar cartas, diarios y todo tipo de registros para entablar un diálogo fascinante con el pasado y exhumar para los lectores a la verdadera Mary Shelley. En este proceso descubre un personaje complejo y generoso -amiga, intelectual, madre y amante- que intenta ser fiel a su intensa vocación literaria en una época en la que ser mujer y escritora era una anomalía. Mary Shelley fue una pionera en su campo, pero el precio que hubo de pagar fue extraordinario.
23,50 € 23.5 EUR
CASTELAO, DESTA TERRA E DESTE TEMPO - Manuel Rei Romeu
Esta obra ofrece unha imaxe integral e sen deturpacións dun referente imprescindíbel para a Galiza de hoxe. Ao longo desta monografía o autor fai un percorrido lineal pola obra artística e polas chaves ideolóxicas do pensamento de Castelao, esclarecendo que non está o artista confrontado ou illado do político nin o político á marxe do artista, como ben el mesmo se encargou de advertir en innúmeras ocasións. Hai sintonía de intereses e obxectivos entre ambas as facetas.

Nun momento en que o poder se esforza por estender a imaxe dun Castelao light, rebaixado nos seus presupostos ideolóxicos fundamentais, reducíndoo a “artista xenial” ou a unha especie de santo galeguista, é preciso coñecer e divulgar o Castelao auténtico, artista, caricaturista, pintor, escritor, pensador e dirixente político nacionalista, o home que colocou a súa vida e a súa obra ao servizo do pobo galego. Porque a súa obra e o seu pensamento continúan tendo plena vixencia e utilidade para construír a Galiza que el soñou, libre e dona do seu destino.
17,00 € 17.0 EUR
ARGALA - Iker Casanova e Paul Asensio
En vida fue una referencia política de primer orden en la sociedad vasca y el principal baluarte teórico de ETA militar. Tras su muerte comenzó a convertirse en un mito. José Miguel Beñaran Ordeñana ' Argala ' participó en algunas de las acciones armadas más importantes de la historia de ETA, a la vez que realizó aportaciones ideológicas de gran calado. Este libro nos acerca con sencillez y rigor las claves de su vida, al tiempo que nos permite realizar un recorrido por la efervescente actividad política de la Euskal Herria de los años setenta.
18,55 € 18.55 EUR
CUARTO DE DESECHOS Y OTRAS OBRAS - Carolina Maria de Jesús
Tradicionalmente se dice que Carolina Maria de Jesus fue descubierta por el periodista Audálio Dantas, pero bien se puede afirmar lo contrario. En abril de 1958, Dantas visitó la favela de Canindé, en São Paulo, para hacer un reportaje. Al notar la presencia del periodista, Carolina comenzó a vociferar contra unos hombres que estaban ocupando el parque para niños recientemente instalado en la favela: les gritaba que iba a incluir sus nombres en el libro que estaba escribiendo. El periodista sintió curiosidad por el libro del que hablaba esa mujer negra. Ella le mostró varios cuadernos en los que había ido registrando sus escritos literarios. Dos años después, en 1960, la entonces prestigiosa editorial Francisco Alves publicó una selección de los diarios, bajo el título Cuarto de desechos, obra con la que la autora se hizo mundialmente famosa. Pero ella nunca se resignó a ocupar el lugar que le indicaban, y eso le costó permanecer en un segundo plano durante décadas. Este libro se une al movimiento de recuperación y reconocimiento de la obra de la escritora.
23,50 € 23.5 EUR
FÍOS DE TRANSPARENCIA ACESA - Narrativa, poesía e tradución en Xosé Manuel Beiras - Esperanza L. Mariño Davila
A poliédrica figura de X. M. Beiras -economista, profesor, político, músico, ensaísta, narrador e tradutor-, referente imprescindible no contexto cultural e político galego dos séculos XX e XXI, destaca por unha excepcional cultura humanística de raíz afrancesada. O presente ensaio aspira a ofrecer unha visión integral dunha parte da próspera faceta literaria, desde os primeiros textos adolescentes da revista Vamos e a intensa pegada das estadías parísinas. Así mesmo, preséntase unha breve historia da tradución en galego; porén, a cerna desenvolve o estudo das obras escolleitas, que converten a traxectoria do tradutor en infrecuente tanto pola orixinal e coidada selección dos autores coma polo desenvolvemento durante máis de medio século, algo insólito non só no ámbito literario galego senón universal. Alén da letra de sobranceira da canción Venceremos nós, as obras traducidas son: Os xustos (1985), Calígula (1992), Catro cartas a un amigo alemán e otros textos (2018) e A desfeita (2019) de Camus; Antígona (1967) de Anouilh, Non As moscas (2008) de Sartre, Adolphe (2020) de B. Constant e Espertemos! (2022) de E. Morin. Por último, o propio autor quixo autotraducirse mediante a Exhortación a la desobediencia (2015), nunha nidia mensaxe ou espallamento da obriga ética da responsabilidade, continuando na liña dun forte compromiso individual fronte á desigualdade, á inxustiza e ás guerras.

19,95 € 19.95 EUR
JOSÉ BARRIO, EL ÚLTIMO GUARDA DE LA MINA DE BALBORRAZ - Christian Barro
En el otoño de 1958 un joven bañés de dieciséis años decide emigrar a un pequeño poblado minero localizado a tan solo unos pocos kilómetros de su pueblo natal. Allí, comienza a trabajar en la mina de Valborraz, uno de los principales bastiones de wolframio en España, queáhabía gozado de especial protagonismo durante los primeros años de la Segunda Guerra Mundial. Veinte años después, tras más de una década y media de inactividad, la mina de Valborraz se convierte en una reliquia del pasado. En este escrito se cuenta la historia del último de los habitantes y del último de los protectores de tal reliquia.
18,86 € 18.86 EUR
FEIJÓO- Biografía dun farsante (non autorizada) - Manuel Monge González
Difúndese que Alberto Núñez Feijóo é unha persoa de centro dereita, reformista, liberal, dialogante,etc. Outros din que é un ultra disfrazado de moderado, que ten dúas caras. Falemos claro, Feijóo é un farsante: "hipócrita, mentireiro, troleiro, patrañeiro", segundo o Diccionario Xerais de sinónimos"
Feijóo manifestaba: "No tengo intención de pactar con Vox, y no lo haré, es un partido que está contra Galicia". Hoxe é un valedor de pactos e gobernos de coalición con Vox e asume o discurso da extrema dereita.
Pode dicir unha cousa hoxe, mañá outra e ao día seguinte todo o contrario. En Oursense cualificaba como "leta" a posibilidade dun pacto con Gonzalo Pérez Jácome. Despois mantiña a Jácome como alcalde porque "garantiza la estabilidad". Feijóo é un "marxista" ( de Groucho Marx) convencido: "Estes son os meus principios. Se non lle gustan, teño outros".
O libro pode ser útil para coñecer as "amizades perigosas" de Feijóo; que fixo como presidente da Xunta de Galiza en educación, sanidade, servizos sociais, medio ambiente ou desenvolvemento económico. Lectoras e lectores terán información para comprobar que Feijóo non ten nada de bo xestor e nada de moderado e que sería un pésimo Presidente do Goberno.
Existen outras biografías sobre Feijóo. Esta é unha biografía non autorizada, que ten pouco de literatura. É un libro de consulta, que pode ser útil para desmontar o discurso da dereita e ultradereita e conseguir que non gobernen nin en Galiza, nin no Estado, asi de claro.
24,95 € 24.95 EUR