CANTA XENTE SE NECESITA...? - Anna Font

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/2469/image_1920?unique=4a54fe1
(0 reseña)

Un orixinal libro-xogo para pensar e compartir sobre os afectos, a convivencia e a solidariedade. Somos animais sociais. Desde que chegamos ao mundo necesitamos ao noso lado persoas que nos coiden, que nos apoien e que nos queiran, persoas que nos axuden a crecer e a compartir, persoas coas que poder construír un mundo mellor. Este álbum convídanos a reflexionar sobre estes aspectos dun modo poético e sinxelo, ao alcance dos máis pequenos; tamén a repensar o concepto de comunidade e a valorar as relacións humanas e a convivencia. A obra, ideal para compartir a calquera idade, preséntase como un xogo de preguntas e respostas que permite responder libremente a cada lector ou lectora ou darlle a volta ao libro e, coma se se tratase da solución dunha adiviña, ler a resposta oculta que a autora nos propón. As ilustracións a dobre páxina son divertidas colaxes cheas de humor e de cor que achegan nova información que nos axudará a reflexionar e a responder ás cuestións que aquí se formulan. Atrévete a pensar por ti mesmo, non hai respostas incorrectas!

16,00 € 16.0 EUR 16,00 €

16,00 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.