CABO DO MUNDO - Juan Andrés Fernández Castro

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/1961/image_1920?unique=3672eae
(0 reseña)

Conxunto de relatos nos que o autor traslada ao lector, como se dunha posta en escena se tratase, para dar vida a historias que demostran a inmensa capacidade de ficción do seu creador.
Dragóns xenerosos e lagartos observadores, utopías onde a felicidade existe, ermitáns que a todo renuncian, relembranzas da guerra mundial, episodios dos tempos clásicos da nosa emigración, manuscritos fuxidíos, mundos clásicos recuperados, contos boreais e bretemosos, lendas enchoupadas de misterio, historias bizarras, fermosas, cotiás, ucrónicas, antigas e modernas, posibles ou imposibles... De todo isto, e máis, hai nas páxinas deste Cabo do mundo.

20,00 € 20.0 EUR 20,00 €

20,00 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.