BE WATER II - Terra - Antía Yáñez

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/1113/image_1920?unique=b69d5c9
(0 reseña)

Xa non existe a Era Superficial no planeta Terra… ou si, porque o Gran Cataclismo non rematou con todos os seres humanos do Exterior. Iolanda e a súa filla Lucrecia conseguen deixar atrás as súas miserentas vidas na Colmea pagando un prezo moi alto. E agora que están fóra, a moza terá que facerse preguntas que nunca afrontara: que futuro quere para a súa nena? E para ela mesma? Que sente por Aquiles? Mentres se afán a todo o novo que as arrodea, a Raíña e os seus esbirros conspiran para o único que lles importa: incrementar o seu poder, custe o que custe e á custa de quen sexa. Ou terá Hera un talón de Aquiles?

Be Water II: Terra é a segunda parte desta distopía sobre o que estamos dispostos a facer para colmar os nosos desexos, sen importar que ou a quen levemos por diante.

15,50 € 15.5 EUR 15,50 €

15,50 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.