AI, FILOMENA, FILOMENA! E outros contos -Miquel Obiols e Miguel Calatayud

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/1685/image_1920?unique=482fe48
(0 reseña)

Este libro de relatos breves e sorprendentes, publicado
por primeira vez en 1977, foi a primeira obra de Miquel Obiols
quen, cos anos, seguiu fiel ao seu estilo transgresor, rebelde
e provocador, fronte a certa tendencia paternalista da literatura
infantil, moralista e didáctica. Coa fantasía e coa imaxinación
como eixes creativos, "Ai, Filomena, Filomena!" está cheo de
exercicios lingüísticos, caligramas e brincadeiras de palabras.
"Interésame a escritura como experimento, gústame recrear
temas, xogar coa linguaxe", chegou a dicir Obiols sobre este
volume innovador e atemporal. Inspirado por Lewis Carroll,
Gianni Rodari e as técnicas do grupo OuLiPo (Ouvroir
de Littérature Potentielle), o autor constrúe historias
cun enxeño desbordante e cunha linguaxe sinxela, aínda que
coidada e estudada. O resultado son oito contos sorprendentes
que divirten dende o absurdo e o surrealismo.

15,00 € 15.0 EUR 15,00 €

15,00 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.