A SEÑORA A E O SEÑOR Z - Teresa Duran e gustavo Roldán

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/3988/image_1920?unique=a752bef
(0 reseña)

Un álbum sobre a convivencia e as relacións humanas co sentido do humor e a fina ironía de Teresa Duran e Gustavo Roldán. A señora A tíñalle pánico ás cores. O amarelo dáballe calafríos; o verde, urticaria; o azul, dor de gorxa e o vermello causáballe febre, dor de estómago, cagarría e espirros. Por iso a súa casa, os seus obxectos e a súa comida son soamente en branco e negro. Mais a súa vida verase alterada cando o señor Z, un pallaso moi famoso e colorido, aluga o piso de arriba. Teresa Duran asina unha historia chea de humor e ironía sobre a superación de medos e traumas grazas á axuda dos demais. As ilustracións, co estilo inconfundible de Gustavo Roldán, acentúan o carácter cómico da trama cuns trazos simples e moi próximos á linguaxe visual do cómic.

14,00 € 14.0 EUR 14,00 €

14,00 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.