A PÉS DESCALZOS - Katarzyna Samosiej

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/1571/image_1920?unique=0fbbdb1
(0 reseña)

Os seres humanos tamén temos as nosas antenas. Isto é o que denominamos <>. É o que fai que nos sintamos parte do mundo e que reaccionemos ante el. Gústanos sentir! Préstannos as apertas, os aloumiños. E tamén o contacto directo coa natureza.

Ser sensibles é experimentar emocións. Hai persoas que senten todo con moita intensidade. E disto trata este libro. Persoas que contan cunha imaxinación formidable, que son creativas, empáticas, preocupadas polas demais.
A sensibilidade é un agasallo. Sentir é existir!
Andar A Pés Descalzos é un conto fascinante e cheo de beleza. Anímaste a dar o primeiro paso... a pés descalzos ?

Comprender a riqueza da alta sensibilidade. Ser capaz de entender que cada persoa é singular e diferente, e diversa, e que hai moitas persoas que senten todo profundamente, e isto non ten nada de negativo.

O conto tamén ensina a sentir a natureza dun xeito especial, directo. Probar a camiñar a pés descalzos e notar a textura das diferentes superficies...

As ilustracións son poderosas, cheas de cromatismo e forza visual para ir desfrutando páxina a páxina.

Este volume incorpora unha explicación didactica moi útil para entender ás persoas pas (persoas con alta sensibilidade).

18,90 € 18.900000000000002 EUR 18,90 €

18,90 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.