A MIÑA OUTRA VIDA - Miguel Rojo

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/1960/image_1920?unique=b59f5b1
(0 reseña)

Un debuxante afeccionado e coleccionista de cómics que vive amargado polo seu traballo e tenso polas fortes discusións coa súa muller e o seu fillo adolescente, afronta a crise dos 40 con angustia debido aos seus problemas de saúde e unha sensación cada vez máis forte de estar vivindo unha vida que non é a que soñaba vivir.

Como terapia, acode sempre que pode á bocatería dun amigo para desafogarse. Este recoméndallle que use a súa habilidade cos lapis para recrear a súa vida ideal nun cómic e comparala coa actual, pero non lle convence moito a idea.

Ao día seguinte, cando visita a súa libraría habitual, decátase, mediante un cartaz, de que un antigo compañeiro de clase e rival, logrou ter éxito como debuxante de cómics. Isto cabréao e faille atopar a motivación que precisaba, pero a súa vida comeza a abalar cando vai á presentación do seu rival e coñece unha atractiva muller que podería ser a súa media laranxa.

23,00 € 23.0 EUR 23,00 €

23,00 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.