Presentación "OS CÓMAROS DA VIDA" de Xosé Antonio Andrade

Entradas

Las inscripciones están cerradas

Presentación "OS CÓMAROS DA VIDA" de Xosé Antonio Andrade

Presentación "OS CÓMAROS DA VIDA" de Xosé Antonio Andrade



A presente obra, os cómaros da vida. Diarios 2020-2022, é unha crónica de carácter personal, por veces inmersa na "interioridade profundo" do humano, que se manifesta en notas de experiencia individual, elementos abertos de reflexión, confesións particularidades e visións diversas que parten do autobiográfico: un mapa de cláusulas temporais na memoria do vivir, en acción comunicante e progreso expresivo, mais tamén unha psicoloxía e unha ética de vida que nos ofrecen con definida e decidida ambición literaria.


A estructura da obra e o ritmo narrativo cultivado con mestría polo autor teñen a innegábel virtude de nos ir amosando, ás veces a través dunha finísima ironía, e en moitas ocasións facendo uso dun marcado carácter poético, como a vida é unha sucesión de cómaros emocionais, entendidos estes como accidentes do vivir -os paso dados no fluír do tempo- ou como lampexos dramáticos e existenciais que conforman unha ética e unha estética de xeito concreto.

Entradas

Las inscripciones están cerradas
Fecha y Hora
viernes, 7 de marzo de 2025
19:30 20:30 (Europe/Madrid) Agregar al calendario
Ubicación

ULA Libraría Social

Rúa Capela 11
15230 Serra de Outes
A Coruña (La Coruña)
España
info@ulalibrariasocial.com
Obtener la dirección
Organizador

ULA Libraría Social

info@ulalibrariasocial.com
Compartir

Descubra lo que la gente ve y dice sobre este evento, y únase a la conversación.