Unha libraría social e rural

Libros, actividades, formacións e moito máis!

ULA Libraría Social é un proxecto creativo e innovador que pretende poñer no centro que no rural tamén é posible. Cunha visión social e cultural da realidade, aposta polo cambio e o poder dos libros, para poder pintar o mundo de cores máis diversas. É Unha Libraría Amiga e, por suposto, un lugar onde sempre será todo o mundo benvido.

Nesta páxina atoparás as novidades de lectura e as diferentes actividades que levamos a cabo na ULA Libraría Social, pero se queres saber un pouquiño sobre o proxecto, podes acceder ao apartado O proxecto.

  Contacto

Envíamos un boletín de novidades e eventos semanal por lista e sempre tratamos que sexa interesante. Podes cancelar a suscrición cando queiras.

¡Gracias por suscribirse!

Ahora estará al tanto de las últimas noticias.

ULA é parte de: