UNHA HISTORIA DE AMOR COMO AUTRA CALQUERA - Rosa Aneiros

https://ulalibrariasocial.com/web/image/product.template/2811/image_1920?unique=1a5f0f2
(0 reseña)

Que teñen en común o explorador Ernest Shackleton e a brillante científica Olalla Caínzos Exacto! A fascinación pola Antártida! A iso debemos sumar o odio que Alma sente por eles. A súa nai era divertida e unha contadora de historias magnífica ata que a obsesión polo continente branco e polo quecemento global a papou enteiriña. Por iso, ela está en guerra aberta co mundo, un mundo que inclúe ao seu pai, a profe Patricia, a súa examiga Lía e o instituto enteiro. Mais Alma non tardará en aprender que na fría, inhóspita e hostil Antártida, numerosas especies sobreviven grazas a unha inmensa capacidade de adaptación ao medio. E ela é un deses fascinantes seres, só que aínda non o sabe. Unha novela chea de xistras, liques extraordinarios, calcetíns desparellos, cibercarrachos, infernos de neve e trenzas viquingas que conforman unha historia de amor coma outra calquera.

12,95 € 12.950000000000001 EUR 12,95 €

12,95 €

Non dispoñible para venda​

Esta combinación no existe.